Despois de 16 anos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra converteuse por dereito propio nunha das grandes citas anuais na cidade.
Non é para menos, e é que na última edición, celebrada durante o mes de marzo, pasaron polo Pazo da Cultura e o Recinto Feiral máis de...
Unha vez realizado o reconto dos 2.160 votos recibidos ao longo das catro semanas que durou o XVI Salón do Libro "Da ciencia á ficción", o Premio do Público por segundo ano consecutivo foi para o CEIP Carballal.
O "Traballius" do centro de educación infantil e primaria de Marín, representaba a...
O balance do Salón do Libro Infantil e Xuvenil deste 2015 mostra un incremento de máis de 5.000 visitantes respecto á anterior edición. Se en 2014 a cifra se situaba en ao redor de 29.000 persoas, nas últimas semanas 34.000 menores e adultos achegáronse ata o Pazo da Cultura e...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil chega este sábado 28 á súa última xornada na que, a través dun acto simbólico, os nenos depositaron unha caixa na Illa do Covo (Illa das Esculturas) cos desexos para o futuro da cidade, ademais de plantar unha árbore. En 2020 abrirase a...
Tres actrices para dar vida a oito personaxes. Noelia Fernández, Areta Bolado e Ailén Kendelman son as protagonistas absolutas da obra de teatro Pan! Pan!, que A Panadaría interpretará este venres 27 de marzo no Pazo da Cultura da man do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Será a partir...
Humor negro, absurdo e sen palabras. As claves dos espectáculos da compañía Yllana volven entusiasmar ao público pontevedrés a través do espectáculo Star Trip, que se representa dentro das actividades previstas no Salón do Libro no Pazo da Cultura.
A historia deste espectáculo lévanos ao espazo onde catro astronautas que levan...
O Pazo da Cultura estase a preparar para afrontar unha ponte festiva que chega cunha chea de actividades dentro do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O grande atractivo será a representación de Star Trip, o novo espectáculo da compañía Yllana. O auditorio pontevedrés acollerá o domingo 22 de marzo,...
A compañía pontevedresa Baobab Teatro non podía faltar neste Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Colaboran desde hai anos con este evento cultural e, desta volta, foi o escenario elixido para estrear o seu novo espectáculo, Luppo. Esta obra, que se representou este martes no auditorio do Pazo da Cultura,...
O Salón do Libro chega á metade do seu percorrido, tras doce días de numerosas actividades, coa presenza de preto de 19.000 visitas procedentes de toda Galicia, entre as que destacan máis de 2.900 escolares pertencentes a centros colaboradores desta edición.
A partir deste martes 17 de marzo e ata o...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acollerá nos vindeiros días tres estreas, dúas delas creadas en exclusiva para esta cita cultura: a obra de teatro Luppo de Baobab e A miña estrela, da Orquestra de Cámara Lira e os bailaríns da Escola de Baile Deborah.
A primeira destas...
A compañía galega Tropa de Trapo estreou un novo espectáculo en Pontevedra. O XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil foi o escenario elixido para representar O ritmo do camiño, unha montaxe baseada en contacontos e música que fixo as delicias de centos dos escolares que, durante estes dous días,...
O primeiro Concurso de Microrrelatos en Twitter organizado polo Salón do Libro de Pontevedra ten como gañadora á estudante Teresa Guerra Sobral do IES Torrente Ballester, alumna do grupo C de 3º da ESO.
O concurso, convocado vía Twitter para os institutos da cidade, consistía en poñerlle final a un texto baseado na...
Máis actividades que nunca e máis visitas que a pasada edición. Este XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está batendo marcas. Segundo desvelou a organización, durante a súa primeira semana pasaron por esta imprescindible cita cultural un total de 11.178 persoas. ÿ unha cifra superior mesmo á...
Poucas veces un espectáculo amosou tanta beleza como o que protagonizou o mimo catalán Pep Bou no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O artista, un dos máis recoñecidos do panorama nacional, non quixo perderse esta cita cultural que se celebra no Pazo da Cultura e o Recinto Feiral...
A compañía teatral Chévere ofreceu tres representacións durante este xoves da 'O circo atómico das irmás Faynman', un espectáculo dirixido por Xesús Ron, que fora estreado en 2007 para ser recuperado agora para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se desenvolve no Pazo da Cultura.
A través dunha montaxe...
Nenos de toda Galicia asistiron este martes no Salón do Libro a un espectáculo moi especial. Tratábase de A guerra dos números, unha montaxe creada en exclusiva para esta cita cultural e que está baseada nun conto de OQO Editora.
Recomendada para nenos a partir de tres anos, preto de 800...
Estudou Dereito, pero dende hai uns anos a súa vida tomou o rumbo da imaxinación, algo lóxico tendo en conta que os seus pais teñen unha libraría especializada en libros infantís depregabres.
A vallisoletana Rosana Largo Rodríguez visitou esta fin de semana o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,...
"Manuel púxose moi mal da tripa e o seu pai chamou polo veterinario. En toda a vila non había médico (...)". Baixo o título Un neno normal comeza O meu pesadelo favorito, da escritora María Solar, que este sábado estivo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
A presentación...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra quedou este venres oficialmente inaugurado no Pazo da Cultura cun acto no que participaron nenos do CEIP San Martiño e estudantes do IES A Xunqueira I. O evento estivo conducido pola actriz e narradora Bea Campos e contou coa presenza do...
O público adulto ten tamén un espazo importante na programación da XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que estará aberto do 27 de febreiro ao 28 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra e que este ano leva por título Da ciencia á ficción.
Recoñecidos persoeiros como...
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) participa no "XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra", que este ano leva por lema "Da ciencia á ficción". O Salón, que arranca o venres 27 de febreiro, ás 18.00 horas, prolongarase ata o 28 de marzo. O groso das actividades...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra vai ofrecendo avances da programación da edición deste ano. A Biblioteca Pública Antonio Odriozola acolle a exposición de ilustracións orixinais de Mafalda Milhöes para o álbum ilustrado 'Maruxa' de OQO Editora de Pontevedra.
Á inauguración asistiron a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro;...
A XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acaba de poñer á venda dos espectáculos que, dentro da súa programación, contan con entrada de pago.
As localidades poden adquirirse anticipadamente a un prezo único de tres euros a través do teléfono 902 504 500 e na páxina...
Pontevedra está a unha semana de volver converterse no "epicentro da literatura infantil e xuvenil" de Galicia. O próximo venres 27 de febreiro bota a andar o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e a mascota do evento, Orbil, presentaron este venres...
A oferta de contacontos Merendando contos nas librerías de Pontevedra adiantará este xoves a apertura da XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se inaugurará oficialmente o vindeiro 27 de febreiro con seis sesións que terán lugar noutros tantos establecementos da cidade. Ademais, a Biblioteca Pública Antonio...
A temática elixida para o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 'Da ciencia á ficción', propiciará este ano unha colaboración novidosa nesta cita cultural, a do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT), que ten unha sede na Coruña, pero é de titularidade estatal.
Co obxectivo de visualizar...
A temática elixida para a XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil dá para moito xogo. Sábeno ben na Asociación Socieducativa e Cultural Paspallás, encargada este ano da montaxe e decoración do Pazo da Cultura. Dez persoas traballan desde hai unha semana neste labor. E como non podía...
Os estudantes de Ensino Secundario teñen a oportunidade de participar na primeira convocatoria do Concurso de Microrrelatos Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que na edición de 2015 ten como tema 'Da Ciencia á Ficción'.
O certame iniciarase o próximo luns 9 de febreiro e é unha das novidades...
A compañía Chévere volverá colaborar co Salón do Libro. A flamante gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014 recuperará unha das súas exitosas pezas. Trátase de O circo atómico das irmáns Feynman, que se representará o 5 de marzo no Pazo da Cultura e que achegará ao público familiar o...
O XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recupera este ano os seus obradoiros exclusivos para docentes coas propostas Animamos a lectura, Ciencia nos contos e Arte e ciencia: unha relación bidireccional, que terán lugar na derradeira semana da cita coa lectura, do 23 ao 27 de marzo,...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra segue a atraer o interese dos centros educativos, non só da cidade, senón do resto da provincia. Para a súa décimo sexta edición, que se celebrará entre os días 27 de febreiro e 28 de marzo, participarán como expositores corenta colexios....
O XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra será, previsiblemente, o máis ambicioso da súa historia. Non só porque a súa duración vaia ampliarse unha semana máis -chegando a un mes continuo de actividades-, senón porque a temática escollida este ano, Da ciencia á ficción, está a espertar...
"Da ciencia á ficción" é o tema escollido para o próximo Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre o 6 e o 28 de marzo de 2015. Así o desvelou este sábado o Concello de Pontevedra, organizador do evento, logo de ter mantido reunións con...