As miradas xa están postas na vixésima edición do Salón do Libro porque este domingo o lobo Orbil, acompañado pola concelleira de Cultura Carmen Fouces, pechou as portas deste evento emblemático, que ten a literatura infantil e xuvenil como protagonista. O equipo de colaboradores levou a cabo unha divertida despedida...
A historia de Josefina Arruti protagonizará o primeiro volume da colección A memoria das mulleres, un programa municipal que dará o salto ao mundo da banda deseñada da man de O Garaxe Hermético, a escola que dirixe Kiko da Silva.
Este primeiro volume, que foi presentado no marco do Salón do...
"Eu botei a andar polo prado detrás da lúa... realmente hipnotizada" e todos acompañamos a ovella Engracia na súa viaxe.
Mércores 25 pola mañá. Centos de nenos e nenas esperaban ansiosos a que empezase a función no Pazo da Cultura de Pontevedra. Sobre o escenario había unha chea de caixas de...
O primeiro Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno xurdía este 2018 dentro do Salón do Libro "Mulleres de conto" e xa conta co seu primeiro gañador, o autor Antonio Manuel Fraga pola súa obra 'O bestario científico de Anxos Nogueirosa'.
Este traballo foi seleccionado entre 31 orixinais que participaron nesta...
O 23 de abril, Día do Libro, trece librerías de Pontevedra levarán a cabo diferentes actividades relacionadas coa promoción da lectura e realizaranse descontos dun 10% en todas as compras. Trátase dunha das iniciativas que terá lugar co apoio do Concello de Pontevedra.
Este xoves presentábase no Concello o cartaz para...
O Salón do libro 'Mulleres de conto' finaliza a segunda fin de semana cunha valoración máis que positiva e destacando o éxito das actividades programadas para profesionais da docencia, a ilustración e o público adolescente.
Durante os primeiros 10 días de celebración do Salón foron xa máis de 12.000 persoas as...
Case 200 estudantes de ESO e Bacharelato que forman parte de clubs de lectura participaban na mañá deste venres nunha xincana literaria dentro das actividades programadas no Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Ledicia Costas, María Reimóndez, Anxo Fariña, Tamara Andrés e Fran Alonso foron os autores encargados de levar a...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil abriu as súas portas a tarde do venres cun concerto inaugural no auditorio do Pazo da Cultura. O patio de butacas atopábase practicamente cheo, con case 500 persoas entre grandes e pequenos que gozaron da obra para orquestra "Catrina y doña Francisca", composta polo...
O XIX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xa está aquí un ano máis. A inauguración oficial está prevista para a tarde deste venres, pero, como aperitivo, desde a tarde deste xoves xa se pode visitar no segundo andar do claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a exposición 'Pintacuentos,...
España e México se unen da man da cidade de Pontevedra grazas á celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que nesta edición número 19 conta por primeira vez cun país invitado, un xesto que ten como obxectivo achegar ás nacións mediante a literatura.
Os representantes mexicanos foron recibidos polo...
A biblioteca pública Antonio Odriozola de Pontevedra sumarase este luns á conmemoración por todo o mundo do Día do Libro Infantil e Xuvenil cunha lectura pública do manifesto aprobado a nivel internacional pola Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY).
A lectura do manifesto do IBBY está programada para as 12.30...
A celebración do décimo noveno Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra achégase, e desde o Concello están a ultimarse os preparativos dunha edición que non deixará a ninguén indiferente. A cultura mexicana e a galega fusionaranse dando lugar a máis de 150 actividades, cuxa liña argumental xira...
Desde que María Victoria Moreno foi seleccionada pola Real Academia Galega (RAG) como figura homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, o IES Torrente Ballester puxo en marcha un completo programa de actividades dirixidas a enxalzar a figura da que foi profesora do centro, entre os anos 1993 e...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra inaugurará a súa 19 edición o día 6 de abril no salón de actos do Pazo da Cultura, ás 18 horas. Ao longo do mes realizaranse 60 actividades relacionadas coa cultura mexicana, que será a protagonista desta edición. O seu propósito...
A décimo novena edición do Salón do Libro de Pontevedra chega cargada de novidades e a reivindicación da muller como argumento principal. Así, o tema deste ano, "Mulleres de conto", renderá unha homenaxe á figura feminina a través de exposicións, obradoiros e mostras, entre outras. O país convidado nesta ocasión...
Orbil, a famosa mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, paseouse este sábado polo recinto feiral con motivo do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que, desde hai anos, serve tamén de presentación dos avances da programación do Salón. Este ano, ademais, a cita cultural serviu...