Juan Carlos Fernández García é tenente xefe do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil de Pontevedra, con base en Marín, pero durante as últimas semanas traballou na embarcación 'Río Segura' do instituto armado, que presta servizo no Mediterráneo central na 'Operación Tritón' da Axencia Europea da Garda de Fronteiras e...
Sete municipios galegos -e máis de 60 cidades de toda España- ofrecéronse ao Goberno para ser acolledores de refuxiados que chegasen a Europa. Pero aínda hai moitos, especialmente as grandes cidades de Galicia, que non deron ese paso. Por iso, desde Amnistía Internacional reclamaron que se somen a esta iniciativa.
No...
O próximo sábado 4 de marzo, Amnistía Internacional fará un acto a mediodía na Praza de España para conseguir o compromiso real do Concello coa acollida das persoas refuxiadas.
O goberno central comprometeuse a acoller a un total de 17.337 persoas ata setembro deste ano e de momento só chegaron 1.100...
"Sentimos moita dor" pola situación actual no Sahara, recoñeceu en Pontevedra a ministra de Cultura sarahauí, Jadiya Hamdi, pero avanzou que o seu pobo seguirá reclamando o seu dereito á autodeterminación "custe o que custe".
Así de contundente mostrouse Hamdi, membro da Fronte Polisario, na cidade do Lérez, a primeira parada...
A solidariedade da comunidade educativa do IES Seoane e o seu traballo dos últimos meses xa ten destinatario final. As mantas tecidas a man por alumnado, profesorado e familias sairán entre este mércores e este xoves cara aos campos de refuxiados de Lesbos, Idomeni e Tesalonica, en Grecia; e os...
O campus de Pontevedra da Universidade de Vigo enviará a distintos campos de refuxiados un total de 50 caixas de roupa de abrigo recollidas entre a comunidade escolar. A campaña pensaba prolongarse durante unha semana, pero a solidariedade dos pontevedreses foi tal que en dous días recolléronse os quilos máximos de material...
Alberto Agrelo Vidal ve en primeira persoa o maior éxodo desde a segunda guerra mundial. Son persoas como calquera de nós, cunha formación, un bo traballo, unha familia, que se ven obrigados a deixalo todo e abandonar a vida que tiñan ata ese momento. "Vanse por necesidade, non por buscarse...
Os sete cidadáns sirios que a semana pasada chegaron ao porto de Marín a bordo do buque Lady Boss e pediron asilo político en España para evitar regresar ao seu país xa están fóra do barco tras cobrar os tres meses de salario que lle debía a empresa armadora.
A armadora...
Saíron de Siria fuxindo da interminable guerra e ante o recrutamento obrigatorio ao que estaban abocados a maioría e refuxiáronse no buque Lady Boss no que durante o últimos tres meses realizaron unha ruta marítima que lles chegou a Turquía, Guinea Bissau e España. Esta semana atracaron no porto de...
O Goberno de España decidiu admitir a trámite a solicitude de asilo presentada polos sete cidadáns de orixe siria que chegaron esta semana ao porto de Marín a bordo dun barco de transporte de pedra. Esta decisión non significa a aprobación inmediata da petición, pero si que seguirán adiante con...
Os sete cidadáns de orixe siria que solicitaron formalmente asilo en España tras chegar en barco ao porto de Marín seguen pendentes dunha resolución sobre a súa situación. O prazo para que o Goberno de España responda se admite a trámite ou non a solicitude de asilo vence aínda o...
"I'd like to stay here, in España" ou, o que é o mesmo, "Gustaríame quedar aquí, en España". É unha das poucas frases que acertan a dicir en inglés Samer, Abdullah, Ali, Mohamed, Hamil, Zoul e Ahmad, os sete cidadáns de orixe siria que esta semana chegaron ao porto de...
Un barco con bandeira do arquipélago africano das illas Comoras chegou ao porto de Marín con sorpresa a bordo. En concreto, sete refuxiados sirios que, nada máis atracar nas Rías Baixas, pediron asilo político en España.
Fontes da Autoridade Portuaria confirmaron que estas persoas, que afirman ter nacionalidade siria, atópanse actualmente...
Facendo súa a máxima de Eduardo Galeano "moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo", a comunidade educativa do IES Luís Seoane de Monte Porreiro está decidida a achegar o seu gran de area para arroupar ás persoas refuxiadas ou migrantes, en especial ás que...
O Concello de Vilagarcía acollerá en apenas seis días dous actos solidarios en favor dos refuxiados que fuxen da guerra de Siria.
Así, o domingo 16 o Salón García acollerá a estrea do documental "Astral", realizado polo xornalista Jordi Évole e o seu equipo de "Salvados".
Pola súa banda, o venres 21...
Ali-Salem, Lashan, Salamo e Karima pasaron todo o verán en Bueu, lonxe da súa casa, nos campamentos de refuxiados do Sáhara, e tiveron oportunidade de coñecer a localidade e os veciños, pero agora xa toca despedirse. Chegaron ao Morrazo no marco do programa Vacacións en Paz, co que familias españolas acollen...
Xulio Ríos Paredes (Moaña, 1958) é ademais de ensaísta especializado en política internacional director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) dende a súa fundación en 1991. Con motivo do seu 25 aniversario, fai un repaso á actividade deste entidade e de outras dúas xurdidas do mesmo xérmolo,...
A praza de Galicia de Vilagarcía e a praza da Peregrina de Pontevedra sumaranse este domingo 19 de xuño á conmemoración adiantada do 'Día Mundial do Refuxiado', establecido a nivel internacional o 20 de xuño para lembrar a millóns de persoas desarraigadas en todo o mundo.
O sindicato UGT convoca concentracións...
O Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra acolle este venres, día 20, ás 21.30 horas, unha charla e un concerto benéfico para colaborar coa ONGD Bombeiros en Acción, co obxectivo de recadar fondos para os refuxiados que se atopan en Idomeni.
Idomeni é unha pequena localidade grega fronteiriza con Macedonia...
A actualidade política e xeopolítica internacional está cada vez máis presente nos medios de comunicación, pero non sempre abordada coa profundidade suficiente como para chegar a comprender o seu alcance ou coñecer todas as perspectivas. Para ofrecer unha visión máis completa deses conflitos, o Concello de Pontevedra e o Instituto...
Queres saber que é unha persoa refuxiada? Que está a pasar cos milleiros de refuxiados que chaman á porta de Europa? Para dar resposta a estas cuestións e evaluar a situación a Concellaría de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra organiza unha mesa redonda este mércores 27 de abril,...
Agora que Europa vive unha crise cos refuxiados compre lembrar que en Pontevedra tamén se viviu unha situación similar, non hai moito tempo.
A Deputación de Pontevedra, as Cámaras Municipais de Melgaço e Valença, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e o Instituto de Estudios Miñorans (IEM), poñen en marcha...
A Casa da Luz acollerá o domingo 24 de abril a iniciativa Sente Siria, unha acción social colaborativa que xorde coa fin de dar a coñecer a situación das persoas refuxiadas de Siria.
A acción consta de diversas actividades simultáneas cunha mesma esencia: sensibilizar dende as persoas para as persoas.
Os interesados...
A Deputación de Pontevedra acolle o 29 de abril a xornada "Na procura de refuxio", coa intención de sensibilizar a cidadanía sobre a dramática situación que están a vivir miles de persoas refuxiadas que se viron forzadas a deixar os seus fogares e desprazarse a Europa, fuxindo de diferentes conflitos...
O Concello do Grove porá en marcha medidas para expresar o seu descontento co acordo entre a Unión Europea e Turquía no relativo á acollida e expulsión dos refuxiados. Desde este xoves 17 a bandeira da Unión Europea ondeará a media hasta no balcón do Concello uníndose así a outros...
Diferentes colectivos sociais, sindicais, políticos e culturais sumáronse á concentración na praza da Peregrina para instar o Goberno español a que non apoie o acordo entre o Consello de Europa e Turquía.
Os colectivos organizadores e os participantes desta protesta consideran inxusto este acordo, que permite a deportación a Turquía de...
O Concello de Ponte Caldelas arría a bandeira da Unión Europea en protesta polo acordo asinado co goberno turco para facilitar a deportación masiva de refuxiados.
O alcalde socialista, Andrés Díaz, e o concelleiro nacionalista Manuel Barreiro, en nome do equipo de goberno, foron os encargados de baixar a insignia estrelada...
A bandeira da Unión Europea xa non ondea en Pontevedra. Á unha do mediodía, o alcalde procedeu a baixala do balcón do edificio administrativo da rúa Michelena.
Búscase denunciar así a actitude "inxusta, insolidaria e hipócrita" das autoridades comunitarias con respecto aos refuxiados, enviándoos a Turquía e pechándolles as súas fronteiras...
Colectivos sociais, sindicais e políticos convocaron unha concentración para este mércores 16 de marzo, ás oito da tarde na Praza da Peregrina, para mostrar a súa máis profundo rexeitamento ao "vergoñento" acordo da Unión Europea con Turquía sobre os refuxiados. Todos eles coinciden en que se trata dun pacto "ilegal...
A postura da Unión Europea sobre os refuxiados atenta, segundo denunciou o BNG, contra a legalidade internacional e os dereitos humanos. Por iso, o Concello de Pontevedra arriará este martes a bandeira europea da Casa Consistorial.
Farao como sinal de protesta ante unha decisión política "inhumana e lesiva" e que viola...
O BNG de Cuntis solicita ao Concello que retire a bandeira da Unión Europea da Casa Consistorial como "xesto simbólico de protesta" ante o preacordo que está negociando a UE con Turquía mediante o cal se poderá devolver ás persoas refuxiadas que intenten chegar ata os países membros.
Os nacionalistas consideran que se trata...
A comunidade educativa do colexio Sagrado Corazón de Os Praceres, na parroquia de Lourizán, e diversos colectivos sociais de Pontevedra e O Morrazo terán oportunidade de coñecer máis en profundidade a situación dos refuxiados que chegan á illa grega de Lesbos fuxindo da guerra de Siria e de situacións de...
Pontevedra súmase á lista de ata 45 cidades españolas que apoiarán a Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas e migrantes que se celebra o vindeiro sábado 27 de febreiro en 22 países de toda Europa e Estados Unidos.
O círculo Podemos Pontevedra, o sindicato Pontevedra Libertario, a Asociación pola Defensa...
O claustro da Universidade de Vigo aprobou este luns activar as diferentes medidas e ferramentas das que dispón para "acoller e integrar ao alumnado e ao profesorado universitario que o conflito sirio está a converter en refuxiados".
Nunha sesión que, por primeira vez na historia da institución académica, celebrouse no campus...
O Concello de Pontevedra destinou 25.000 euros para atender á petición de axuda de emerxencia feita polos refuxiados saharauís, onde as inundacións destruíron máis de 4.400 vivendas.
"La población saharaui de los campamentos se ha quedado sin nada, sus casas de adobe se derriten como la mantequilla al sol, y lo...
Tanto o goberno municipal como as entidades agrupadas ao redor da Rede Axuda téñeno claro. O mellor sitio para poder acoller aos refuxiados sirios que poidan chegar á cidade é o antigo asilo que a congregación relixiosa das Hermanitas dos Anciáns Desamparados tiña na rúa Loureiro Crespo. Así o manifestaron...
O Concello de Sanxenxo sumouse á rede de municipios de axuda humanitaria aos refuxiados sirios posta en marcha pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, en coordinación coa FEMP, que puxo en marcha a Oficina de Coordinación Municipal de Atención ao Refuxiado.
Precisamente para coordinar co resto de municipio españois...
"Non chegará o sangue ao río e acabaremos antes das seis da tarde". Esta frase, pronunciada de broma polo alcalde de Pontevedra este xoves, é a mellor descrición do Pleno que se prevé para o vindeiro martes. Máis de trinta puntos na orde do día e preto de 20 mocións...
O drama dos refuxiados chegará este martes ao Pleno da corporación municipal de Pontevedra. Os cinco partidos -BNG, Partido Popular, PSdeG-PSOE, Marea e Ciudadanos-, teñen preparadas mocións para mostrar o seu apoio aos desprazados, pero ata o último momento tratarán de acordar un texto conxunto que inclúa o compromiso para...
Este luns reuníronse no Concello as asociacións sen ánimo de lucro do municipio de Marín para coordinar o traballo que veñen facendo.
Nestas reunión participou a responsable do departamento de servicios sociais, a delegada da área e unha representación dos distintos colectivos sociais que desenrolan a súa labor no concello, o...
A Federación de Veciños Castelao, os sindicatos Traballadores da Sanidade Pública (TSP), UGT, CC.OO. e CIG e o partidos BNG, PSdeG-PSOE e Marea Pontevedra fan un chamamento á sociedade pontevedresa e da comarca a que secunden a concentración convocada para este domigo día 13 de setembro ás 12.00 horas na...
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este venres unha modificación de crédito que permitirá destinar 50.000 euros, ampliables segundo as necesidades, para axudar aos refuxiados que cheguen a Galicia. Así o avanzou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, que sinalou que esta axuda non será só...
O goberno municipal de O Grove ten ultimado o plan de acollida para ás familias que foxen da Guerra Civil en Siria. Ao igual que fixeron outros concellos, xa remitiron o correspondente comunicado para formar parte das cidades ou vilas-refuxio que xa existen por todo o país.
Para ese fin, a...
A Deputación de Pontevedra ven de poñer a disposición do Goberno central axuda para a acollida de refuxiados. A presidenta, Carmela Silva, remitíu hoxe aos Ministerios de Exterior, Interior e Emprego, respectivos escritos nos que ofrece colaboración e axuda para acoller a persoas que están fuxindo de conflictos bélicos.
As misivas,...
A onda de solidariedade cidadá xurdida a raiz da grave crise migratoria que se vive en Europa e, en especial, dos miles de refuxiados da guerra de Sirya puxo o foco de atención na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Un cidadán creou unha petición na plataforma Change.org para reclamar a Deputación...
A iniciativa da alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, de crear unha rede de cidades-refuxio para acoller os desprazados da Guerra de Sirya chegou a Pontevedra e chegará ao próximo Pleno da Corporación a través dunha moción de Marea. A agrupación política quere que a cidade do Lérez tamén se sume.
Segundo...