Pontevedreses camiño París 2024

Tere Abelleira, no primeiro adestramento da selección olímpica española en Francia

Guía pontevedresa para seguir os Xogos Olímpicos de París 2024

25/07/2024
Pontevedra

Os Xogos Olímpicos de París 2024 xa están aquí, e a comarca de Pontevedra estará representada cun bo número de deportistas e claras aspiracións a medalla nalgunhas disciplinas. Pero, cando e a que hora competirán os deportistas olímpicos pontevedreses? A primeira en entrar en acción será Teresa Abelleira coa Selección Española...

Diego Espiño
Támara Echegoyen e Marcus Cooper Walz, abandeirados de España en París 2024

Támara Echegoyen, elixida como abandeirada de España para os Xogos Olímpicos de París

26/06/2024
Pontevedra

O oficial. Támara Echegoyen será a deportista que portará a bandeira de España no desfile inaugural dos Xogos Olímpicos de París 2024. A regatista pontevedresa compartirá esta honra co piragüista Marcus Cooper Walz, segundo desvelou este mércores o Comité Olímpico Español (COE). @TEchegoyen y @MarcusCooperW SERÁN NUESTROS ABANDERADOS EN @Paris2024.  Dos extraordinarios deportistas,...

Diego Espiño
Pablo Crespo, tras conseguir a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París

Acabou a espera: Pablo Crespo estará en París 2024

25/06/2024
Pontevedra

Foron semanas moi longas de espera pero, por fin, Pablo Crespo respira tranquilo. Aos seus 22 anos acudirá aos seus primeiros Xogos Olímpicos. Así o confirmou este martes a Federación Española de Piragüismo, que incluíu ao pontevedrés entre os seus deportistas para París 2024. A entrada de Crespo no equipo olímpico español...

Alejandro Espiño
Tere Abelleira en el partido de Liga de Naciones entre España e Italia en Pasarón

Tere Abelleira, convocada á preparación de España para os Xogos Olímpicos

25/06/2024
Pontevedra

A só un paso está xa de converterse oficialmente en olímpica a pontevedresa Teresa Abelleira. A centrocampista do Real Madrid foi citada este martes para unha nova concentración da Selección Española Absoluta de Fútbol, da que é xa unha habitual, coa particularidade de que ademais de afrontar un dobre duelo da...

Diego Espiño
Jessica Bouzas, nos Xogos do Mediterráneo

A renuncia de dúas Top-10 mundiais coloca a Jéssica Bouzas a un paso dos Xogos Olímpicos

18/06/2024
O Salnés

A posibilidade de que Jéssica Bouzas compita nos Xogos Olímpicos está cada vez máis preto de converterse en realidade. A tenistra arousá, coa súa eliminación en primeira rolda de Roland Garros, quedou a moi poucos puntos de entrar na cita olímpica de París 2024 directa por ranking (a clasificación pechábase tras...

Diego Espiño
Antía Chamosa no Critérium Internacional de Remuda Mixta de Marcha en Valencia

Antía Chamosa estará nos Xogos Olímpicos como opción da remuda mixta de marcha

14/06/2024
Pontevedra

É oficial. Antía Chamosa estará nos Xogos Olímpicos de París 2024. A deportista pontevedresa foi inscrita pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) como unha das opcións do equipo nacional para formar a nova remuda mixta, aínda que non será ata horas antes da proba cando saiba se finalmente vai competir...

Diego Espiño
Presentación do patrocinio a Teresa Portela como imaxe de Turismo Rías Baixas

Teresa Portela e a conta atrás cara a París 2024: "Xa se senten eses nervios"

12/06/2024
Pontevedra

A escaso mes e medio dos Xogos Olímpicos, Teresa Portela recoñece que "xa se senten eses nervios, que son normais". Serán os seus sétimos Xogos, o que lle converterá na deportista española con máis presenzas olímpicas. Farao esta vez a bordo dun barco de equipo, o K-4 500 metros, e non...

Diego Espiño
Antía Chamosa, no Campionato Galego de Marcha o aire libre no CGTD

Antía Chamosa logra a mínima para participar nos Xogos Olímpicos de París

19/05/2024
Pontevedra

Antía Chamosa conseguiu este sábado o rexistro mínimo para participar nos Xogos Olímpicos de París 2024 nos 20 quilómetros marcha do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña. A atleta pontevedresa cruzou a liña de meta na décimo segunda posición e un tempo de 01:29:07 que, ademais de supoñer un...

Almu Dapena
Antía Jácome e María Corbera, na Copa do Mundo de Sprint Olímpico

Diego Domínguez clasifícase para os Xogos Olímpicos

11/05/2024
Pontevedra

Dera a sorpresa no Selectivo Nacional Sprint celebrado en Verducido o pasado mes de abril e volveuno a facer na Copa do Mundo de Sprint Olímpico que se está disputando en Szeged, Hungría. Diego Domínguez (Breogán do Grove) clasificouse para os Xogos Olímpicos de París facendo parella co balear Joan Antoni...

Almu Dapena
Lydia Pérez

Adeus ao soño de Lydia Pérez de estar nas olimpíadas de París

10/05/2024
Pontevedra

Lydia Pérez Touriño di adeus ao seu soño de competir nos Xogos Olímpicos de París 2024. A loitadora pontevedresa iniciou este venres 10 de maio a súa participación no Preolímpico Mundial de Istambul, onde caeu na rolda de clasificación diante da mexicana Melanie Nahomi Jiménez Villalba por 6-3. A pesar da derrota, Lydia...

PontevedraViva
Pablo Crespo, tras conseguir a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París

Pablo Crespo obra a fazaña e clasifícase (virtualmente) para os Xogos Olímpicos

09/05/2024
Pontevedra

A familia Crespo Penas ten un novo olímpico, tras a fazaña protagonizada este xoves Pablo Crespo no Preolímpico Europeo de Piragüismo que se está a disputar en Szeged, Hungría. Fillo de Ana Penas (olímpica no 92, 96 e 2000) e José Manuel Crespo (olímpico no 96 e 2000), o padexeiro da...

Diego Espiño
Lydia Pérez Touriño, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Última esperanza olímpica para Lydia Pérez

08/05/2024
deportes

Todo ou nada para Lydia Pérez Touriño no seu soño de converterse en olímpica en París 2024. A deportista pontevedresa viaxa a Istambul para participar no Preolímpico Mundial de loita, última cita clasificatoria para os Xogos. Tras quedar lejor do obxectivo nun duro clasificatorio continental, nesta ocasión cada peso en competición reparte...

Diego Espiño
Pablo Crespo, durante un adestramento

Pablo Crespo, a pola proeza no Preolímpico Europeo de piragüismo

07/05/2024
Pontevedra

Tras impoñerse no recente Selectivo celebrado en Verducido, Pablo Crespo busca esta semana na localidade húngara de Szeged a clasificación para os Xogos Olímpicos de París. O padeeiro da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra competirá o 9 de maio no Preolímpico Europeo, última cita clasificatoria para os Xogos, previo á...

Diego Espiño
Antía Jácome e María Corbera no Selectivo Nacional de Piragüismo en Verducido coas prazas para París 2024 en xogo

Antía Jácome gaña o C-1 200 do Selectivo e fará dobrete nos Xogos Olímpicos de París

12/04/2024
Pontevedra

Segunda clasificación olímpica para Antía Jácome, que fará dobrete en París 2024. Tras certificar o mércores a súa praza no C-2 500 xunto á madrileña María Corbera, ambas as padexeiras medíanse este venres na última xornada do Selectivo Nacional organizado no encoro de Pontillón do Castro para determinar cal das dúas...

Diego Espiño
Pablo Crespo, tras impoñerse no C-1 1.000 do Selectivo Nacional no encoro de Pontillón do Castro

Pablo Crespo vence no Selectivo de Verducido e gaña o dereito para soñar con París 2024

11/04/2024
Pontevedra

A segunda xornada dos 'Trials olímpicos' que a Real Federación Española de Piragüismo está a celebrar no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, volveu a ter protagonismo pontevedrés. Se o mércores Antía Jácome, Carolina García e Teresa Portela certificaban a súa clasificación para París 2024, este xoves Pablo Crespo gañou...

Diego Espiño
Támara Echegoyen e Paula Barceló, medalla de bronce no mundial de vela 49er FX do ano 2022

A Federación Española confirma a praza olímpica de Támara Echegoyen para París 2024

11/10/2023
Pontevedra

Xa é oficial. Támara Echegoyen vivirá en París 2024 a súa cuarta experiencia olímpica. A Real Federación Española de Vela confirmou que a praza nacional no 49erFX para os próximos Xogos Olímpicos é para Támara Echegoyen e a balear Paula Barceló, que lograron clasificar a España no último Campionato do Mundo. "Tras...

Diego Espiño
Juan Antonio Saavedra tras conseguir a medalla de ouro na Copa do Mundo de Tiro de Changwon (Corea do Sur)

Juan Antonio Saavedra saca o billete para os seus sextos Xogos Paralímpicos

30/05/2023
Pontevedra

O deporte pontevedrés xa ten ao seu primeiro representante clasificado para París 2024, concretamente para os Xogos Paralímpicos. Trátase do tirador Juan Antonio Saavedra, que coa medalla de ouro conseguida na Copa do Mundo de Tiro de Changwon (Corea do Sur), logrou o primeiro billete aos Xogos do Equipo Paralímpico Español. Será...

PontevedraViva
Manuel Fontán e Pablo Graña, padeeiros que buscan a clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024

Manuel Fontán e Pablo Graña, a nova esperanza olímpica pontevedresa

19/04/2023
Pontevedra

O selectivo disputado hai unha semana no encoro asturiano de Trasona deu a luz a unha nova xoia do piragüismo pontevedrés. Para os máis afeccionados ao deporte da canoa, a explosión de Manuel Fontán e Pablo Graña non é ningunha sorpresa, pero moitos descubriron esta prometedora dupla por bater a...

Mónica Patxot
Mónica Patxot
Iván García, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Iván García, un marinense convencido de poder chegar aos Xogos: "Vai estar na miña man"

24/06/2022
Marín

Aos seus case 25 anos (cumpriraos no mes de agosto) Iván García, recente subcampión europeo absoluto de taekwondo, consolidouse entre os 10 mellores do ranking mundial no seu peso, unha situación que lle coloca nunha rampla de saída propicia para buscar a clasificación olímpica. O reto é especialmente complicado nun deporte como...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Melania Rodríguez, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O empeño de Melania Rodríguez por converterse en olímpica: "Nunca o vira tan preto"

21/04/2022
Pontevedra

Aos seus 21 anos, Melania Rodríguez traballa a diario no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) coa ilusión de clasificarse para os Xogos Olímpicos de París 2024, algo que conseguiría na modalidade de ximnasia trampolín de repetir o próximo ano o resultado conseguido no último mundial, no que foi sétima. "Para...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Támara Echegoyen e Paula Barceló nos Xogos Olímpicos de Tokyo

Támara Echegoyen confirma a súa aposta por estar en París 2024

16/03/2022
Pontevedra

Foron meses de reflexión, pero Támara Echegoyen tomou a decisión de seguir competindo na vela olímpica e tentar clasificarse para París 2024, á que sería a súa cuarta experiencia nuns Xogos. Así o confirmou a deportista pontevedresa este mércores nunha entrevista do xornalista Iván Antelo, en La Voz de Galicia, esfollando...

Diego Espiño