Os dez días de "programación moi intensa" das Festas da Peregrina resultaron, para o Concello de Pontevedra, un éxito no que se demostrou que "a inmensa maioría" da poboación cumpriu as medidas postas en marcha por mor da pandemia da covid-19. Con todo, sempre hai algúns incumplidores que, durante os...
As obras creadas no marco das actividades da programación de verán 'Pontevedra Vívese' darán forma a unha exposición que será de titularidade municipal e que acabará repartida por todos os barrios da cidade.
Así o deu a coñecer este luns a concelleira de Festas, Carme da Silva, que adiantou que o...
O programa municipal Pontevedra Vívese de actividades lúdicas e festivas tiña gardada unha última cita este domingo 23 de agosto coa tradicional Festa do Demo.
A celebración, chea de xogos, burlas e trasnadas e sempre caracterizada polo bo humor, viuse iso si condicionada pola pandemia.
Nesta ocasión os pasarrúas do non permitían...
A programación de verán de Pontevedra Vívese entra na recta final. O ciclo de música urbana que terá lugar no miradoiro de Monte Porreiro e o de Virar coa Gaita na Ferrería darán paso á clásica Festa do Demo que servirá para baixar o pano dun verán marcado pola pandemia...
As actividades da Semana Grande das Festas da Peregrina foron "raras e atípicas", indicou a concelleira responsable desta área Carme da Silva este luns ao facer un balance destes días de celebracións.
Indicou que só en dúas ocasións foi necesario activar o protocolo sanitario coa intervención da Policía Local, nos concertos...
Na medianoite deste domingo 16, cando os ceos sobre Pontevedra atopábanse ateigados de nubes que deixaban precipitacións intermitentes, os fogos de artificio iluminaron a cidade para despedir a Semana Grande das Festas da Peregrina 2020.
Nesta ocasión, o lanzamento das sonoras bombas de palenque realizábase desde a avenida de Montero Ríos...
Rosa Cedrón fixo fronte á choiva na noite deste domingo 16 subíndose ao escenario da Praza de España e ofrecer unha actuación que poñía o colofón ás Festas da Peregrina 2020, que estiveron marcadas pola pandemia da Covid-19.
Ao redor dun centenar de persoas seguiron o concerto da artista lucense desde...
A noite deste sábado dentro da programación das Festas da Peregrina nas actividades de Pontevedra Vívese deixou o impacto da música da banda Moloch, que na praza da Ferrería ofrecía un concerto de música progresiva. Esta banda galega creada no ano 2018 ofrece sons experimentais poñendo melodías aos traballos poéticos...
Este venres finalizaba o ciclo de Pontevedra Máxica, a través do que durante os últimos días puideron verse algúns dos mellores meigos de Galicia. A última sesión correu a cargo do ilusionista Martín Camiña, que ofreceu 'Linguado País', un espectáculo que combina maxia e lingua para fomentar a utilización do...
A noite do venres deixou en Pontevedra sons variados en tres puntos da cidade dentro da programación de Pontevedra Vívese nas Festas da Peregrina 2020.
A banda pontevedresa La Casa de los ingleses ofreceu o pop indie máis estimulante na praza da Ferrería ante numeroso público que segue a este grupo...
A Policía Local de Pontevedra interrompeu na noite deste xoves o concerto de Baiuca diante da aglomeración de xente que se estaba producindo por fóra do recinto habilitado polo Concello na Praza de España dentro da programación Pontevedra Vívese.
Sobre as 23.30 horas á vista de que aumentaba o público situado...
As festas da Peregrina encaran os seus últimos días entrados na fin de semana e cun programa que do mesmo xeito que o resto da semana grande diversifica propostas para todos os públicos en múltiples emprazamentos da capital.
Este venres 14 conclúe 'Xeira das Artes', un ciclo que combina disciplinas artísticas...
O espectáculo 'O Afiador' do mago Teto baixou este mércores o telón da terceira xornada do ciclo 'Pontevedra Máxica', unha proposta cultural e de lecer que desde o luns anima a praza da Pedreira con actuacións de magos e ilusionistas de distintos estilos que están a atraer a espectadores de...
A choiva que caeu intensamente durante a mañá deste mércores e a ameaza de que puidese repetirse durante a noite desluciu a xornada musical das festas da Peregrina. A organización mantivo os actos, e finalmente non caeu nin unha pinga, pero ese temor a que o mal tempo fixera actou...
As choivas da mañá deste mércores 12 non afectarán o desenvolvemento da xornada festiva que continuará ofrecendo numerosas actividades en distintas prazas e espazos públicos da cidade con motivo das Festas da Peregrina.
Ás 19.30 horas, a Alameda acollerá 'Con fusión' de Piscore e ás 20.00 horas será a praza de...
A programación festiva organizada polo Concello de Pontevedra para a semana grande das festas da Peregrina está a ter unha grande aceptación entre todos os públicos e de xeito especial entre a programación infantil. Día tras día, as actividades pensadas para o público máis novo espertan interese, en especial arredor...
Nin a ameaza de choiva nin que fose martes impediu que a noite de Pontevedra volvese vibrar ao ritmo da música. Os concertos programados de modo case simultáneo nas prazas da Ferrería e España e as pistas de Campolongo volveron encherse de vida e música na cuarta xornada de actuacións...
Os máis pequenos da casa están a ter este ano 2020 un protagonismo especial na programación das festas da Peregrina, pensadas para que todos os públicos gocen dos festexos locais a pesar das restricións derivadas a pandemia do coronavirus. Este luns, puideron seguir gozando das mesmas actividades de hai días,...
A banda sonora das festas da Peregrina segue soando, noite tras noite, desde tres recunchos de Pontevedra, con propostas e estilos musicais pensados para públicos diferentes e unha distribución das actuacións que evita as indeseadas aglomeracións en tempo de pandemia. Na noite deste luns, ademais, repetiuse o éxito de público...
A Alameda de Pontevedra acolle dende esta tarde dúas exposicións de fotografía.
Por unha banda, están as 15 fotografías seleccionadas polo xurado do certame 'Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020', convocado pola Concellaría de Cultura con motivo do Día das Artes Galegas (instituído o 1 de abril pola Real Academia Galega...
A concelleira de Festas do Concello de Pontevedra, Carme Da Silva, valorou con satisfacción a primeira fin de semana das Festas da Peregrina no que a cidadanía seguiu "a tónica xeral que xa tiñamos en toda a programación do verán" cun comportamento "responsable" que se puido apreciar na poboación "tanto...
O ceo da praza de Barcelos estreouse a pasada madrugada como escenario dun espectáculo pirotécnico. Dentro do modelo elixido este ano polo Concello de organizar pequenas tiradas de fogos de artificio por sorpresa cada día desde un punto da cidade, a segunda noite de pirotecnia realizouse desde esta céntrica praza.
Por...
A proposta musical máis íntima e persoal de Cora Velasco rompeu o silencio da noite ás dez na praza da Ferrería e, media hora despois, uníronse desde a praza de España Leilía e desde as pistas de Campolongo, De Vacas. Os tres acabaron tocando ao mesmo tempo e convertendo toda...
Resulta fácil imaxinarse moitas pontevedreses que a medianoite sentiron o primeiro estrondo da tirada de fogos de artificio desde os seus domicilios ou desde a rúa en calquera punto da cidade e tentaron pescudar de onde procedían. Só uns poucos o sabían. O Concello decidiu este agosto organizar tiradas de...
Pontevedra estreou este sábado, no primeiro día da semana grande das festas da Peregrina, o novo formato co que o Concello buscou manter a programación musical das festas. Cada ano, os concertos teñen un gran protagonismo no programa, pero a pandemia obrigaba a repensar o modelo de grandes citas con...
"Demostremos novamente a todo o mundo que Pontevedra é unha sociedade exemplar, e nas festas tamén". É a petición do chef Estrela Michelín Pepe Solla a todos os pontevedreses e visitantes que durante os próximos días estarán na cidade coincidindo coa celebración das festas da Peregrina. Fíxoa este sábado 8...
As Festas da Peregrina xa están aquí. O inicio da semana grande das festas de verano de Pontevedra dará comezo este sábado 8 de agosto ás 12:00 horas co pregón do chef pontevedrés estrella Michelín Pepe Solla.
Será un ano de festas diferentes, xa que nesta edición e por mor do protocolo de...
Con aforo limitado e cadeiras. Un decorado moi pouco común para gozar dun concerto de rock. Pero nin as esixencias da nova normalidade impediron aos pontevedreses que se deron cita este venres na praza de España gozar do concerto da mellor banda de Pontevedra.
Malkeda tocou as súas mellores cancións, presentou...
Este venres 7 finalizan as proxeccións ao aire libre do ciclo Cinema na Lúa que se desenvolven na Praza da Pedreira. E que mellor colofón que una das obras mestras de Alfred Hitchcock, 'Psicose' ('Psycho').
Esta película estreábase o 16 de xuño de 1960 en Nova York e converteuse nunha das...
A Feira do Mel volveu este xoves 6 de agosto á rúa Serra de Pontevedra. Fíxoo con estritas medidas de seguridade e hixiene e con menos postos e duración que en anos anteriores, para adaptarse á nova realidade derivada da pandemia do coronavirus.
A Feira do Mel está ubicada no seu...
A cita cantareira que dá inicio non oficial ás festas da Peregrina volverá celebrarse na véspera do inicio da Semana Grande das festas de verán. Malia a pandemia, a agrupación Maravallada e o Concello de Pontevedra decidiron realizar unha edición especial no que xa é o cuarto ano da celebración...
Ás rúas de Pontevedra están cheas de sorpresas agradables. Non é raro que á volta da esquina o cidadán atope un grupo de animación ou que os paseos vaian ao son da música dos grandes compositores da historia da humanidade coas 'Clásicas na rúa'. E agora chegan dez propostas de...
A concelleira de Festas, Carme da Silva, anunciou que este ano haberá tiradas de fogos sorpresa que serán máis pequenas e que se repetirán cada día nun barrio diferente ao longo de toda a semana.
A idea é evitar a aglomeración de persoas, unha máxima que se estende a toda...
O O chef pontevedrés estrela Michelín Pepe Solla será este ano 2020 o pregoeiro das festas da Peregrina, que o vindeiro sábado 8 de agosto dará inicio á semana grande das festas do verán de Pontevedra cunha imaxe tan atípica como a propia pandemia sanitaria do coronavirus que cambiou toda...
O ciclo Cinema na Lúa tamén forma parte da programación 'Pontevedra vísese' e, partires deste luns, volverá recalar na praza da Predreira. Entre o 3 e o 7 de agosto ofrecerá, todos os días ás 23h, un filme de estilos e temáticas moi variadas e como novidade, nesta edición, inclúese...
A música clásica tamén estará presente na programación de verán 'Pontevedra vívese' a través do programa 'Clásicas na rúa'. Este programa oferta 6 propostas musicais, que terán lugar entre o luns 3 e o mércores 5 de agosto, en dous escenarios: na praza da Ferraría e no palco da música...
O programa festivo estival 'Pontevedra vívese' ofrece a partir do luns ata dez espectáculos de animación itinerante. A concelleira de Festas, Carme da Silva, aclaraba durante a súa presentación que "non é unha versión COVID19 de Itineranta", ainda que a interactuación habitual co público nestes eventos restrínxese para cumprir cos...
Doce propostas artísticas diferentes cun denominador común, estar protagonizadas por "mulleres bravas e loitadoras". Así describiu a edil de Festas, Carme da Silva, o ciclo "Con voz de muller", que se suma ás Festas Verán entre os días 30 de xullo e 1 de agosto.
Música, teatro, narrativa oral ou 'regueifas'...
Antilia son María Costas e José Churruca e con eles falamos no programa 'Mentres isto dure'. Eles son os encargados de abrir as 'Noites de jazz' o formato que vén substituír en tempos de coronavirus ao exitoso e consolidado Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.
Soben ao escenario da...
Este martes 28 de xullo dará comezo o ciclo "Noites de jazz" para gozar de música en directo e ao aire libre, onde se terán en conta todas as medidas sanitarias para desenvolver coa maior normalidade as actividades.
A concelleira de Festas, Carme Da Silva e o coordinador do Seminario Permanente...
A programación de "Pontevedra Vívese", as Festas de Verán, ofrecerá a partir deste luns unha nova oferta musical dentro das propostas que está a pór en marcha nesta singular época. 'Música nova' ofrecerá concertos de bandas galegas de distintos estilos.
Serán dous concertos cada día que estrean espazo escénico dentro da...
A Concellaría de Festas non deixou pasar as festas do Santiaguiño do Burgo a pesar da Covid-19 dentro da programación "Pontevedra Vívese".
Deste xeito, co motivo de destacar as datas festivas do barrio, a poboación pontevedresa puido disfrutar dunha programación centrada en animación musical con dianas e alboradas, xigantes e cabezudos...
A mellor música 'made in Pontevedra' ecoa desde este xoves nas rúas da cidade. Catro concertos inauguraron o ciclo Sondeaquí, unha das propostas das Festas de Verán que deseñou o Concello para este ano.
Desconcerto e Queco Lago, que actuaron nos xardíns da Parda e Barcelos respectivamente en sesión vermú; e...
Sondeaquí. É o nome do ciclo que, a partir deste xoves, súmase ás Festas de Verán de Pontevedra. Os seus protagonistas serán bandas e artistas da escena musical de Pontevedra, que ofrecerán concertos en directo e gratuítos por toda a cidade.
Serán, en total, catro días que comezarán coa actuación de...
A programación das Festas de Verán de Pontevedra ábrese ao público infantil.
Este martes foi a estrea dun novo programa festivo, denominado 'Ven Trebellar' e deseñado especificamente para os pequenos da casa. Foi co espectáculo 'Baila Roque, Baila', que Baobab Teatro levou á Alameda. Ademais a continuación o Parque Amalia Álvarez...
Logo do XXI Memorial Ricardo Portela en tempos de Covid-19, a programación de festas do verán de "Pontevedra vívese" continúa esta semana cunha oferta creada expresamente para esta edición: 'Artes vivas: música, teatro, danza e poesía'.
Por iso, dende este luns comezan as novidades da programación. Estréase espectáculo: 'Artes vivas', que...
O XXI Memorial Ricardo Portela foi na noite deste sábado o grande protagonista da primeira fin de semana de Festas de Verán en Pontevedra. A cita demostrou que os pontevedreses tiñan xa ganas de actividades culturais e festivas despois de meses de confinamento e encheron os ocos dispoñibles para asistir...
As Festas de Verán de Pontevedra xa están aquí. Tras o aperitivo que supuxo o tradicional San Benitiño, esta fin de semana concéntranse as primeiras actividades dunha programación festiva que se prolongará ata finais de agosto.
Así o anuncian os pasarrúas que desde primeira hora da tarde deste venres 17 de...
Dúas pequenas actuacións musicais de Marcelo Dobode e Cora Velasco e unha mostra do humor do narrador Quico Cadaval foron este mércores o aperitivo para un verán cheo de actividades festivas en Pontevedra. Na praza da Peregrina, epicentro das festas de verán da cidade, deron o pistoletazo de saída á...
Pontevedra quere ofrecer unha fórmula para os cidadáns poidan gozar do verán nos espazos públicos da cidade e, ao mesmo tempo, apoiar ao sector cultural. Por iso é polo que o Concello reprogramara todas as súas festas de verán e, adaptándoas á situación sanitaria, ofrecerá máis de 300 actividades festivas...