Despois de moitos meses de preparación, o estadounidense Donald Sexton (Honolulu, Hawaii) chegou a Pontevedra para competir nos Grupos de Idade do Campionato do Mundo de Dúatlon.
Todo era ilusión, aos seus 57 anos, de realizar un bo papel e gozar da experiencia. Pero co que non contaba era con que...
Aínda que rexeita calquera protagonismo, cedéndollelo a colaboradores, patrocinadores e compañeiros, é a cara visible do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra (IMD) e un dos máximos responsables da organización de eventos na cidade.
Falamos de Jaime Agulló, que recibiu a PontevedraViva despois da celebración do Campionato do Mundo de Dúatlon...
Nunca antes viran tanto público e tan cálido nun Mundial de Dúatlon como o que se atoparon en Pontevedra. Esta reflexión, realizada por gran parte dos atletas que lograron medalla na nosa cidade, pódese facer extensible ao fin de festa. Porque seguro que ningún deles viviu tampouco xamais unha cerimonia...
Centos de atletas no circuíto e miles de afeccionados repartidos polas rúas da cidade gozaron da última xornada de competición do Campionato do Mundo de Dúatlon. Notábase que as probas tiñan un marcado carácter popular e festivo. Por todo o percorrido por Pontevedra xuntábanse amigos e familiares dos deportistas. Non...
Pontevedra volveu demostrar, unha vez máis, a súa paixón polo deporte. Miles de persoas encheron as rúas da cidade para asistir ao gran espectáculo que vivimos na primeira xornada do Mundial de Dúatlon. Desde primeira hora da mañá, viviuse un ambiente extraordinario e os pontevedreses vibraron cos atletas, moitos dos...
O Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra quedou inaugurado oficialmente este venres cunha concorrida cerimonia festiva na Praza da Pedreira.
O Mundial dos records, con 1.412 deportistas inscritos de 38 países, apropiarase da cidade de Lérez durante toda a fin de semana.
Moitos deles congregáronse ante o Pazo de Mugartegui para...
Cos deportistas instalándose xa en Pontevedra e recoñecendo o trazado escollido para a competición, a organización do Campionato do Mundo de Dúatlon afánase en concluír os traballos previos ao evento, que arrancará ás 9:00 horas da mañá deste sábado, 31 de maio.
Os deportistas encargados de abrir o campionato serán os...
Ao longo desta mañá desenvolveuse unha reunión dos efectivos que estarán pendentes da seguridade durante a fin de semana con motivo da Copa do Mundo de Dúatlon, que se celebra en Pontevedra.
O intendente da Policía Local, Daniel Macenlle, indicou que están plenamente satisfeitos coa resposta por parte dos cidadáns durante...
Gustavo Rodríguez, Inés Santiago, Antonio Serrat e Susana Rodríguez representarán a Galicia o próximo sábado no Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra.
Os catro deportistas, presentados este mércores dentro do equipo da Federación Galega, súmanse aos representantes da comunidade clasificados para os diferentes Grupos de Idade.
O único deles que competirá...
A só uns días para a celebración do Campionato do Mundo de Dúatlon (sábado 31 de maio e domingo 1 de xuño) a cidade de Pontevedra empeza a respirar aroma deportivo polos seus catro costados.
Á chegada dos primeiros deportistas súmanse os preparativos por parte da organización que empezan a ser...
A partir do martes 27 de maio instalaranse máis de 600 valos polas rúas de Pontevedra para marcar o percorrido das probas da Copa do Mundo de Dúatlon e sinalar as zonas nas que quedará prohibido o estacionamento a partir do xoves 29. Tamén se colocarán 73 paneis informativos para...
Ocupación hoteleira do 100%, estancia media de cinco días e unha repercusión económica total por enriba dos dous millóns de euros son as grandes cifras extradeportivas do Campionato do Mundo de Dúatlon, que Pontevedra acolle entre o 31 de maio e o 1 de xuño próximos.
Os concelleiros de Deportes, Agustín...
A só 10 días para a súa celebración, o Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra presentouse oficialmente ante os medios de comunicación, coa presenza, entre outros, da presidenta da Federación Internacional de Tríatlon (ITU), Marisol Casado, e da Española, José Hidalgo.
Tamén acudiron José Ramón Lete Lasa en representación da...
A pesar de declarar publicamente a súa intención de competir en Pontevedra, chegar a inscribirse e mesmo figurar na convocatoria do equipo español, Javier Gómez Noya decidiu renunciar ao Mundial de Dúatlon que se disputará na cidade de Lérez os días 31 de maio e 1 de xuño.
Así o anunciou...
A celebración do Campionato do Mundo de Duatlón en Pontevedra os días 31 de maio e 1 de xuño motivou a elaboración dun ambicioso dispositivo de mobilidade por parte de Concello e Policía Local.
Ese documento foi presentado este venres coa intención de que sexa trasladado á cidadanía durante as dúas...
O Mundial de Dúatlon, que se celebrará en Pontevedra entre o 31 de maio e o 1 de xuño, segue dando pasos. Este sábado celebrouse a xornada de formación obrigatoria para o voluntariado que participará neste evento. Nestes momentos, o Mundial conta cun colectivo de case 500 voluntarios.
A formación obrigatoria...
Pontevedra converterase o próximo 31 de maio e 1 de xuño na sede dun Mundial de Dúatlon que máis atletas acolla na historia desta proba. Segundo apuntaba o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, apuntáronse 1.415 duatletas para esta cita procedentes de 30 países dos cinco continentes.
A maior participación chegará dende...
A pouco máis dun mes para a celebración do Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra (os días 31 de maio e 1 de xuño), os clubs da bisbarra preparan o que será o seu grande obxectivo da tempada.
Ata o momento son 14 os deportistas de Triatlón Motobike e Galaico de...
O cambio de regulamento nas Series Mundiais de Tríatlon, obrigando a puntuar en cinco probas en lugar de catro das sete que compoñen o calendario, ademais da Gran Final de Edmonton, complicou a presenza de Javier Gómez Noya no Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra.
Sen embargo o galego está...
A carreira popular 'PontealDU', integrada dentro da estrutura do Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra, abriu o seu prazo de inscrición.
Ata o próximo 23 de maio ás 23:59 horas todos os deportistas afeccionados interesados poderán anotarse nun dúatlon aberto a federados e non federados cunha cota de 40 euros.
O...
Os deportistas, adestradores, familiares ou afeccionados que acudan ao próximo Campionato do Mundo de Dúatlon que se celebrará en Pontevedra os días 31 de maio e 1 de xuño, encontraranse con "una prueba innovadora".
Así o definiu o presidente da Federación Española de Triatlón, José Hidalgo, tras a reunión do comité...
A organización do Campionato do Mundo de Dúatlon, que se celebrará en Pontevedra os días 31 de maio e 1 de xuño, decidiu crear unha nova categoría, ademais da de elite e os grupos de idade, para abrir a proba a todos os deportistas afeccionados.
Así o decidiu o comité executivo...
Finalmente o Campionato do Mundo de Dúatlon non moverá as súas datas e celebrarase en Pontevedra os días 31 de maio e 1 de xuño de 2014, segundo o acordado na primeira reunión do comité organizador.
A coincidencia coa proba das Series Mundiais de Tríatlon en Londres espertara dúbidas na organización,...