A iluminación de Nadal con máis conciencia ecolóxica e tamén a máis polémica de Pontevedra chega ao seu fin. Este domingo 8 de xaneiro, apagaranse as luces que desde o 16 de decembro iluminan a cidade, dicindo adeus a unha época festiva marcada por grandes aglomeracións de xente polas rúas...
Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular, realizaba nas últimas horas un percorrido por diferentes puntos do municipio para, a continuación, lamentar a escaseza de iluminación do Nadal en barrios e parroquias. "Dá pena", afirma referíndose á situación en Monte Porreiro: "só hai seis arcos lumínicos para un barrio onde...
E por fin chegou o día e a Boa Vila xa ten as prazas e as rúas coa iluminación do Nadal en marcha.
Na tarde deste venres 16 de decembro, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto con outros membros da corporación asistiron ao acendido das luces que tanta polémica xeraron...
Ante unha cidade que "sigue estando triste" e coas luces de nadal "apagadas", o Partido Popular quixo esbozar como sería o seu plan para estas datas do Nadal se, en decembro de 2023, Rafa Domínguez é alcalde de Pontevedra.
De entrada, segundo Domínguez, a iluminación acenderíase na ponte da constitución e,...
Os preparativos para que Pontevedra entre por fin, de xeito oficial, na temporada de Nadal continúan por toda a cidade. Os traballos para decorar prazas e rúas avanza con bo ritmo e todo estará listo para o acendido da ansiada iluminación, este venres 16 de decembro.
Será cun acto institucional, ás...
A media tarde deste mércores 7 quedaba reparada a bóla-photocall situada na rúa Serra, diante do Mercado de Abastos, despois de ser vítima dun acto vandálico na noite do luns ao martes desta semana.
Na mañá deste xoves, a burbulla volvía aparecer desinchada tras sufrir outro ataque durante a noite. Este...
Tres operarios da empresa Creaciones Lumínicas - Electromiño movíanse este mércores 7 de decembro polo centro de Pontevedra co vehículo guindastre instalando a iluminación para estas festas de Nadal. Xa levan un día realizando este operativo coa incorporación destes adornos por rúas como Michelena e Fernández Villaverde.
Segundo indicaron os operarios...
A decoración de Nadal do mercado de Pontevedra foi vítima dun acto vandálico cando non pasaran nin 24 horas desde a súa inauguración. Toda a ambientación inaugurouse ao mediodía deste luns e durante a madrugada xa lle causaron importantes desfeitas. Este martes, a bóla instalada no exterior do edificio apareceu...
Continúa a polémica ao redor do aceso das luces de Nadal en Pontevedra. Nesta ocasión, o novo capítulo chega coa inauguración da iluminación do Mercado de Abastos por parte de Yoya Blanco, concelleira socialista responsable de Promoción Económica no Concello de Pontevedra.
Neste acto atopábanse outros concelleiros do PSOE como Iván...
O atraso da instalación e o acendido da iluminación do Nadal nas prazas e rúas de Pontevedra segue xerando polémica e evidenciou as diferenzas de criterio no seo do goberno municipal formado pola coalición BNG e Partido Socialista.
Na habitual comparecencia dos luns da portavoz do goberno local, Anabel Gulías pedíuselle...
Representantes das principais asociacións empresariais e sectoriais de Pontevedra acudirán este luns á inauguración do decorado instalado no mercado municipal.
A cita está prevista para as 12.30 horas e será, despois da iluminación dos edificios da Deputación Provincial, o primeiro acto relacionado coa decoración de Nadal deste ano na cidade.
Mentres...
No medio da polémica que rodea o atraso ata o 16 de decembro do acendido da iluminación do Nadal en Pontevedra, o alcalde volveu a defender a decisión adoptada polo goberno municipal, que a xustificou apelando ao necesario aforro enerxético.
"Atrasar uns días a iluminación parécenos un xesto simbólico que é...
Ante o "apagón injustificado" na iluminación do Nadal, o PP reclama que o Concello articule unha serie de axudas para que comerciantes e hostaleiros poidan animar unha cidade "triste y apagada" iluminando os seus propios establecementos.
Así, o Partido Popular insta o goberno municipal a subvencionar os gastos que terá que...
Cinco mulleres con comercios na cidade están detrás da campaña iniciada desde o domingo en Pontevedra contra a decisión municipal de atrasar o aceso da iluminación de Nadal ao 16 de decembro e, en tan só tres días, lograron mobilizar a todo o sector da hostalería e o comercio para...
Conchi Pereiro e Diana Pastoriza, vicepresidenta e xerente de AEMPE, presentaban este xoves a campaña de Nadal no comercio local pontevedrés. Durante a súa intervención tamén responderon as preguntas dos medios de comunicación sobre o atraso no aceso das luces na capital, despois do comunicado emitido polo presidente José María...
Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular, reclamou este mércores ao alcalde de Pontevedra o adianto da inauguración das luces de Nadal para favorecer o comercio e á hostalería da cidade nun momento de crise para estes sectores.
O representante popular argumenta que o atraso ao 16 de decembro do acendido...
Non será só o mercado de abastos o que se adiante ás luces de Nadal. As festas serán visibles tamén na Alameda antes de que a iluminación engalane o resto das rúas de Pontevedra. Será a través do programa municipal Ponte Xogos, que ultima xa a súa montaxe.
Nos próximos días...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo fernández Lores, valorou este martes a polémica xerada en torno ao atraso no aceso da iluminación do Nadal da cidade, fixado para o próximo 16 de dicembre.
Defende Lores que "mandar unha mensaxe e un xesto neste sentido paréceme ser consecuente".
"Non é por aforro enerxético...
"Imos encher fiestras e balcóns de luz para acender Pontevedra como merece e festexar o comezo das festas de Nadal". Con esta frase, unha iniciativa cidadá xurdida nas últimas horas fai un chamamento a toda a poboación para poñer da súa parte e lograr que a cidade teña ambiente de...
A decisión do Concello de Pontevedra de atrasar ata o 16 de decembro a decoración lumínica da cidade non afectará o mercado, que se adiantará en 11 días á iluminación do resto de Pontevedra.
A praza de abastos da rúa Serra comezará xa esta semana co proceso de decoración e está...
A decisión do Concello de Pontevedra de atrasar ao 16 de decembro a data de acendido do alumeado de Nadal causou un gran malestar entre comerciantes, hostaleiros e cidadanía. Este luns, era un tema de conversa recorrente na rúa e levou aos donos e traballadores de negocios a promover unha...
Non haberá adianto nas datas previstas para o encedido da iluminación do Nadal.
O goberno municipal defendeu que a decisión de atrasar ata o día 16 de decembro a decoración lumínica da cidade adoptouse por "responsabilidade" ante a crise ambiental que atravesa o planeta e os prezos desorbitados da enerxía.
As luces de...
Rafa Domínguez, o presidente do Partido Popular de Pontevedra, reclama que se adiante o acendido da iluminación das festas do Nadal, despois de que o goberno local anunciara que será o 16 de decembro cando se alumen as rúas cos adornos destas datas.
Segundo o portavoz do grupo municipal do PP,...
Afeitos ver iluminadas as rúas de Pontevedra desde a ponte de decembro, nesta ocasión haberá que esperar algo máis, uns dez días, para que a decoración luminosa de nadal luza en toda a cidade.
O departamento municipal de Festas, que dirixe Carme da Silva, decidiu que o seu encendido se atrase...