Pesca en Mauritania

Xabier Aboi, Ana Miranda, Daniel Rodas e Pilar Blanco

O BNG esixirá en Bruxelas que os cefalopodeiros galegos volvan a Mauritania

24/11/2015
Marín

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) esixirá en Bruxelas ante os responsables de pesca da Unión Europea que a frota cefalopodeira galega volva faenar en Mauritania. Representantes do BNG e do sindicado CIG compareceron este martes en rolda de prensa en Marín para anunciar unha entrevista co director xeral de Asuntos Marítimos...

Oskar Viéitez
Sede do Parlamento Europeo

A Eurocámara aproba o acordo de pesca que expulsa os barcos galegos de Mauritania

08/10/2013
Marín

Cun total de 467 votos a favor, 154 en contra e 28 abstencións os eurodeputados aprobaron o pleno do Parlamento Europeo deste martes o acordo de pesca entre a Unión Europea e Mauritania que expulsa fora do caladoiro á frota cefalopodeira do Morrazo. Finalmente non levaron a bo porto as xestións...

Oskar Viéitez

Marín mostra á Eurocámara o seu rexeitamento ao protocolo con Mauritania

04/10/2013
Marín

Tras unha pancarta co lema 'Por un acordo xusto e para todos' centos de persoas manifestáronse en Marín contra o acordo pesqueiro con Mauritania, que exclúe á frota cefalopodera do Morrazo. Entre os participantes nesta protesta orfanizada pola CIG encontrábanse os alcaldes de Marín e Bueu, María Ramallo (PP) e Félix...

Oskar Viéitez

O sector cefalopodeiro móstrase esperanzado ante a ofensiva diplomática española

27/09/2013
Marín

O secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, recoñeceu que tras o encontro celebrado onte en Madrid os mariñeiros afectados manteñen certa esperanza e aplaudiu que "polo menos se recoñece a razón que tiñamos os mariñeiros, armadores, a CIG, o Bloque, cando insistiamos en manter a presión porque este era un...

Oskar Viéitez

A flota de Mauritania forza unha xuntanza co Secretario Xeral de Pesca

25/06/2013
Marín

Un grupo de mariñeiros da flota cefalopodeira galega que faenaba en aguas de Mauritania logrou finalmente manter unha xuntanza co secretario xeral de Pesca tras desprazarse ata o Museo do Mar de Vigo xunto a responsables de CIG-Mar, onde o representante do Goberno español participaba na presentación dun informe do...

PontevedraViva
Manifestación en apoio á flota cefalopodeira

Centos de persoas reclaman un "acordo xusto" para os mariñeiros expulsados de Mauritania

25/05/2013
Marín

Marín volcouse en apoio aos marineros de O Morrazo expulsados do caladoiro de Mauritania. Centos de persoas participaron na manifestación convocada para esixir á Unión Europea, ao Goberno central e á Xunta que negocien un acordo para que a flota cefalopodeira galega, cuxo orixe principalmente reside na vila marinense, volva...

PontevedraViva
Xuntanza dos mariñeiros da flota cefalopodeira co alcalde de Pontevedra

Chamamento para que o "eco" das protestas da flota expulsada de Mauritania chegue a Bruxelas

23/05/2013
Pontevedra

Coa vista posta na importante reunión que a Comisión de Pesca da Unión Europea celebrará o próximo 29 de maio, os mariñeiros da flota cefalopodeira expulsados do caladoiro de Mauritania retoman as mobilizacións. Será cunha gran manifestación que se celebrará este venres 24, ás 20.30 horas, na Alameda de Marín,...

Alejandro Espiño

A flota cefalopodeira pide aos eurodeputados que rexeiten o acordo pesqueiro con Mauritania

02/05/2013
Marín

Os mariñeiros da frota cefalopodera en Mauritania e representantes de CIG-Mar trasmitieron este mércores as súas demandas e a súa situación actual aos voceiros dos grupos políticos representados no Parlamento europeo. Foi durante unha reunión celebrada en Las Palmas de Gran Canaria e, segundo transcendeu, os afectados polo peche do...

PontevedraViva

CIG denuncia que a flota chinesa volve pescar en Mauritania ante a desidia da Unión Europea

26/04/2013
Pontevedra

A flota cefalopodera galega leva meses pelexando por volver ás augas do caladoiro mauritano sen obter polo momento recompensa. Segundo advirte Xabier Aboi, secretario xeral de CIG-Mar, quedou demostrado que non se trata dun problema de esgotamento de recursos, tal e como recollen diversos estudos científicos, pero os barcos seguen sen...

Diego Espiño

A flota cefalopodeira volverá mobilizarse logo de reclamar compromisos aos políticos

24/04/2013
Marín

Unha representación dos mariñeiros da flota cefalopodeira galega afectada pola falta de acordo con Mauritania e da CIG-Mar mantiveron xuntanzas cos portavoces de pesca dos catro grupos representados no Parlamento Galego e co secretario xeral de Pesca do Goberno en Madrid para abordar a "dramática situación" que viven tras nove...

PontevedraViva
Cefalopoderos no Porto de Marín

Os informes científicos abren a porta ao regreso da flota do polbo ao caladoiro mauritano

09/04/2013
Marín

O Comité Científico UE-Mauritania abre a porta a que a flota cefalopodera galega volva faenar no caladoiro pechado dende o verán de 2012. O secretario xeral de Pesca, Carlos Domínguez, e o director do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Eduardo Balguerías, presidiron este martes unha reunión co sector pesqueiro implicado no...

PontevedraViva
Mariñeiros de Mauritania concentrados ás portas da delegación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de Pontevedra

Preocupación entre a flota cefalopodeira ante o silencio da Unión Europea

09/04/2013
Marín

Preocupación é a palabra que define o estado no que se encontra a tripulación dos barcos cefalopoderos galegos ante a falta de información das conversacións que se están a manter na Unión Europea sobre o futuro da pesca de polbo en Mauritania. Hoxe está convocada unha nova reunión en Madrid...

PontevedraViva

CIG-Mar reclama "cariño" para Mauritania para solucionar o problema da flota

07/03/2013
Marín

CIG-Mar demanda que tanto a Xunta como o Goberno Central lle dean "cariño" ás autoridades mauritanas; un "cariño" que segundo Xabier Aboi, responsable do sindicato nacionalista, "non significa millóns". Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira que faena en augas de Mauritania reuníronse este xoves xunto aos portavoces municipais e a alcaldesa...

Oskar Viéitez

Cruzamento dialéctico entre a Conselleira e CIG-Mar polo caladoiro mauritano

20/02/2013
Marín

Un acto oficial no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, centrado no estudo da Castaña, converteuse unha vez rematado no lugar dun choque dialéctico entre o secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, e a conselleira encargada das competencias en pesca, Rosa Quintana. Aboi, acompañado de tripulantes dos barcos cefalopoderos do caladoiro...

Diego Espiño
Manifestación en apoio á flota cefalopodeira

A comisión de Pesca do Parlamento Europeo non falará da flota cefalopodeira

18/02/2013
Marín

O responsábel da CIG-Mar, Xabier Aboi, denunciou que, tal e como sospeitaban, a comisión de Pesca do Parlamento Europeo que se reúne este martes día 19 non debatirá a situación da flota cefalopodeira a petición de Mauritania, que solicitou a retirada do tema da orde do día. Aboi critica o "silencio...

PontevedraViva
Manifestación en apoio á flota cefalopodeira

Marín trata de evitar un novo mazazo

16/02/2013
Marín

Máis de 2000 persoas segundo os convocantes participaron na manifestación convocada polos mariñeiros da flota cefalopodeira para esixir solucións aos diferentes gobernos para que poidan faenar de novo en Mauritania. Nas súas consignas coreadas polas rúas marinenses reclamaron un novo acordo pesqueiro da Unión Europea co país africano. Para ter unha imaxe...

Oskar Viéitez

A flota cefalopodeira sae hoxe á rúa para poder mañá sair ao mar

15/02/2013
Marín

Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega convocan unha manifestación hoxe venres día 15 en Marín para reclamar un novo acordo pesqueiro da UE con Mauritania que lles permita traballar no caladoiro do país africano. A marcha, que conta co apoio de numerosas organizacións sindicais, políticas e sociais, partirá da...

Oskar Viéitez

PSOE e BNG reiteraron no Parlamento Europeo o seu rexeitamento ao acordo pesqueiro con Mauritania

22/01/2013
Xeral

Ata Bruxelas trasladouse unha representación da frota cefalopodeira formada por mariñeiros en paro das armadoras Pesqueira Derime, Loirapech e Pesqueira Manuel Nores, acompañados do seu representante sindical de CIG-Mar, Xabien Aboi. Durante a súa intervención na Comisión de Pesca da Eurocámara a europarlamentaria nacionalista, Ana Miranda rexeitou ao acordo europeo de...

Oskar Viéitez

Os mariñeiros da flota cefalopodeira acudirán o luns a Bruxelas

17/01/2013
Marín

Reclaman que se prorroguen as prestacións durante os meses que permanezan en terra e, fundamentalmente, que se modifique o acordo pesqueiro con Mauritania. Por iso os mariñeiros da flota cefalopodera expulsados deste caladoiro africano, acudirán o luns a Bruxelas para seguir o debate que se celebrará no Parlamento Europeo. O secretario xeral...

Oskar Viéitez
Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania

Os mariñeiros de Mauritania substitúen a manifestación por un acto na Praza de Abastos

13/12/2012
Marín

Os mariñeiros da flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano decidiron hoxe en asemblea substituír a manifestación prevista para este venres por un acto na Praza de Abastos de Marín ante a previsión de temporal. O responsable da CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que adoptaron a decisión de cambiar a mobilización...

Oskar Viéitez
Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania

A corporación marinense amosa o seu apoio aos mariñeros de Mauritania

12/12/2012
Xeral

A Xunta de Portavoces do Concello de Marín nunha xuntada celebrada esta mañan acordou o apoio da Corporación Municipal á Manifestación dos traballadores da flota de Mauritania que se celebrará o venres día 14 de decembro ás 20.30 horas, invitando ós veciños de Marín a que asistan. Asimesmo esta institución demanda...

Oskar Viéitez
Guillerme Vázquez visitou aos mariñeiros de Mauritania pechados no Concello de Marín

¡Nin a España nin a Europa lles importa a nosa flota!

11/12/2012
Marín

¡Nin A España nin a Europa lles importa a nosa flota!, é o vello lema que segundo o voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, "hoxe volve a estar de actualidade". O líder nacionalista visitou aos mariñeiros de Mauritania que pasaron a noite no Concello de Marín. Son arredor de 70 mariñeiros...

Oskar Viéitez
Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania

Peche de 24 horas no Concello

10/12/2012
Marín

Un grupo de mariñeiros que faenaban no caladoiro de Mauritania pechouse, de novo, no Concello de Marín, onde permanecen desde a mañá do luns para reclamar que se lles paguen as axudas comprometidas a todos os afectados polo fin do acordo pesqueiro. O voceiro de CIG-Mar, Xabier Aboi, denunciou que tanto...

Oskar Viéitez
Mariñeiros de Mauritania ante o Instituto Social de la Marina, Vigo

Os mariñeiros de mauritania se manifestarán o 14 de decembro en Marín

04/12/2012
Marín

Un grupo duns cen mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano protagonizaron este martes un peche nas dependencias do Instituto Social da Mariña de Vigo, co obxecto de aclarar que problemas existen nos expedientes de solicitude das axudas pactadas, xa que dos máis de cen...

Oskar Viéitez
Salón de plenos do Concello de Marín

Tras mediar a alcaldesa os mariñeiros de Mauritania abandonan o peche

03/12/2012
Marín

As tres da tarde os mariñeros da frota cefalopodeira de Mauritania abandonaron o peche que desde media mañana mantiñan no Salón de Plenos da casa consistorial de Marín. Os mariñeros aprobaran en asamblea esta medida de presión logo de que o Instituto Social da Mariña confirmase o pasado venres que non...

Oskar Viéitez
Mariñeiros de Mauritania pechados no Concello de Marín

Os mariñeiros de Mauritania, peche indefinido en Marín

03/12/2012
Marín

Os mariñeiros e armadores afectados polo peche do caladoiro de Mauritana á frota cefalopodera galega manteñen un encerro indefinido no Salón de Plenos do Concello de Marín. Os afectados encerráronse a partir das 11.30 horas deste luns e o secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, anunciou que permanecerán alí sen interrupción...

PontevedraViva
Os mariñeros durante o peche nas instalación do ministerio

Os mariñeiros en Mauritania levan as súas protestas ao Ministerio de Agricultura en Pontevedra

04/10/2012
Pontevedra

Mariñeiros afectados polo peche do caladoiro de Mauritania permaneceron case catro horas pechados no interior da sede da delegación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de Pontevedra, esixindo o pagamento das axudas pactadas e solucións alternativas para a flota tras o peche do caladoiro cefalopodeiro onde estaban a...

Diego Espiño
Emilio Estévez e David de la Fuente atenden ao xornalista de PontevedraViva

"La pesca aquí se queda en nada. Marín se muere"

04/10/2012
Marín

David de la Fuente é mariñeiro. Emilio Estévez patrón do Estela. Son só dous dos afectados polo peche do caladoiro cefalopodeiro de Mauritania. Levan máis de dous meses en terra, sen traballo, esperando por unhas indemnizacións que parecían pactadas co Goberno pero que non rematan de chegar. "El director del banco...

Diego Espiño

Os mariñeiros de Mauritania protestan en Conxemar pola reducción das axudas

02/10/2012
Marín

Dous meses despois de que a Unión Europea e Mauritania pechasen o acordo que deixaba fóra do caladoiro á frota cefalopodera galega, os mariñeiros e armadores seguen sen cobrar as axudas pactadas. Lonxe diso, os afectados quéixanse dunha rebaixa nas indemnizacións en relación ao que cobran, por exemplo, os tripulantes andaluces...

PontevedraViva
Mariñeiros de Mauritania concentrados no interior da Deputación de Pontevedra

Mariñeiros de Mauritania péchanse na Deputación para que medie ante o Goberno

26/09/2012
Marín

Ao redor dun cento de mariñeiros afectados polo peche do caladeiro de Mauritania pecháronse esta mañá no salón de plenos da Deputación de Pontevedra para forzar unha solución a este conflito laboral. Os mariñeiros protestaban porque 55 días despois de que os cefalopodeiros galegos tivesen que abandonar este caladero "aínda se...

Diego Espiño