Peche de oficinas bancarias

Protesta da CIG contra o peche da sucursal do BBVA de García Camba

Protestan contra o peche da sucursal do BBVA de García Camba

15/10/2021
Pontevedra

A sección sindical da CIG no BBVA mobilizouse este venres para denunciar os despedimentos e o peche de oficinas contemplados no ERE que a entidade ten en marcha, e que "afondará na exclusión no acceso aos servizos financeiros da poboación e na destrución de emprego no sector".  Co lema de "Máis...

Oskar Viéitez
Cristina Souto e Manuel Solla, presidenta e tesoureiro de ACEMAS ante a oficina de Abanca en Seixo

Comerciantes de Seixo sofren as graves consecuencias do peche da oficina de Abanca

23/09/2021
Marín

A Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS) alerta da situación que está a sufrir o persoal dos establecementos comerciais de Seixo despois de que o 21 de xullo pechara a sucursal bancaria de Abanca na parroquia. Indican que se atopan con dificultades para realizar ingresos e retiradas de diñeiro, obtención de...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Campo Lameiro

Abanca atenderá Campo Lameiro cunha oficina móbil tres días á semana

21/09/2021
Umia

Tres días á semana -martes, mércores e xoves- e, a maiores, os días 4 e 20 de cada mes, coincidindo coa celebración da feira. Son os días nos que Abanca enviará unha oficina móbil a Campo Lameiro para atender aos seus clientes, tras o peche da súa sucursal. O horario de...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Portas

A oficina de Abanca en Portas abrirá dous días á semana

14/09/2021
Umia

Portas tendrá servicios bancarios de Abanca os martes e xoves de 8:15 a 14:15 horas segundo lle confirmaron ao alcalde, Ricardo Martínez, nunha xuntanza mantida este luns no Consistorio con responsables territoriais da entidade bancaria. O alcalde comunicou de inmediato aos voceiros dos distintos grupos municipais a nova medida de Abanca...

PontevedraViva
Caixeiro automático

Un caixeiro automático non soluciona os problemas provocados por Abanca en Raxó

10/09/2021
Poio

O Concello de Poio considera "totalmente insuficiente" a decisión de Abanca de dotar á parroquia de Raxó cun caixeiro automático.  Esta medida foi trasladada por un responsable da entidade financieira ao alcalde, Luciano Sobral, e aos portavoces dos grupos da Corporación nunha reunión mantida este venres no Consistorio. En Campelo, que desde...

Oskar Viéitez
Caixeiro de Abanca

A Corporación provincial insta a sumar esforzos para reverter o peche de oficinas bancarias no rural

10/09/2021
Pontevedra

A Corporación provincial aprobou este venres unha Declaración institucional contra o peche de oficinas bancarias no rural. Este posicionamento deuse a coñecer neste venres nun pleno con carácter extraordinario que celebrou a Deputación de Pontevedra en  substitución da sesión ordinaria do mes de agosto.  A presidenta da Deputación, Carmela Silva foi...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Velorio en Campo Lameiro polo peche de Abanca

Noite de loito en Campo Lameiro cun velorio polo peche de Abanca

09/09/2021
Umia

Campo Lameiro amence este xoves sen servizos bancarios. O anunciado peche da sucursal de Abanca consumouse e, desde agora, os veciños terán que desprazarse a outras localidades para facer as súas xestións. Pero antes, a vila quixo acompañar este peche cun sentido velorio. Desafiando á chuvia, a veciñanza sumouse ao cortexo...

PontevedraViva
Protesta do BNG de Cerdedo-Cotobade

Seguen os actos de protesta contra o peche de oficinas bancarias

08/09/2021
Cerdedo-Cotobade

Ao igual que propón a corporación local de Campo Lameiro, o BNG de Cerdedo-Cotobade tamén quere declarar persoa 'non grata' ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet pola decisión "unilateral e arbitraria da entidade bancaria" de pechar a sucursal de Carballedo. O voceiro do Bloque, Ernesto Filgueira afirmou que na súa...

Oskar Viéitez
Concentración do BNG fronte unha sucursal de Abanca

O BNG protagoniza concentracións para denunciar o recorte de servizos en Abanca

07/09/2021
Marín

Durante a xornada deste martes o BNG protagonizou actos de protesta para denunciar o recorte de servizos en Abanca. En Poio, o alcalde Luciano Sobral, compareceu diante da oficina de Abanca en Campelo e o parlamentario do BNG Luís Bará participou nunha concentración diante da oficina de Abanca na rúa Jaime...

PontevedraViva
Manifestación en Campelo polo peche da sucursal de Abanca

Aviso de Poio a Abanca: "Estamos en pé. A oficina de Campelo non se pecha

04/09/2021
Poio

Campelo mostrou este venres a súa indignación ante a decisión de Abanca de pechar a súa sucursal bancaria o próximo 8 de setembro. Preto de medio milleiro de persoas secundaron a manifestación convocada polo Concello para esixirlle á entidade que rectifique. A comitiva, tras unha pancarta na que se podía ler...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Veciños de Campo Lameiro coas súas reclamacións para Abanca

Colapsan a oficina de Abanca en Campo Lameiro presentando reclamacións

03/09/2021
Umia

En apenas cinco días, Campo Lameiro quedará sen servizos bancarios. Abanca pechará a súa oficina no municipio, pero a veciñanza non perde a esperanza de que a entidade rectifique.  Así, como medida de presión, ducias de persoas colapsaron este venres a oficina bancaria para presentar de maneira individual follas de reclamación...

PontevedraViva
Pancarta en protesta contra o peche da ofina de Abanca en Portas

A corporación de Portas colga pancartas para protestar contra o peche da oficina de Abanca

01/09/2021
Umia

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e os voceiros dos grupos municipais do PPdeG, VUP, BNG e PSdeG-PSOE penduraron este mércores unha pancarta diante do Concello, así como noutros lugares estratéxicos do municipio, en protesta polo anunciado peche de Abanca da única oficina que presta servizos bancarios no concello. Por outra...

PontevedraViva
Pleno no Concello de Portas

Loito oficial en Portas polo peche da sucursal de Abanca

31/08/2021
Umia

Por unanimidade, a corporación municipal de Portas decidiu, no pleno extraordinario celebrado este martes, un decálogo de medidas que recolle o rexeitamento á decisión da dirección de Abanca de pechar a única oficina bancaria que posúe este municipio e decretar un día de loito oficial para o día 22 de...

Oskar Viéitez
Oficina de Abanca en Campelo

Mobilización en Campelo o 3 de setembro contra o peche da sucursal de Abanca

30/08/2021
Poio

O peche da sucursal de Abanca situada na rúa Pedro Soto de Campelo, que a entidade pretende facer efectivo o próximo mércores 8 de setembro, levará á poboación de Poio a saír á rúa en sinal de protesta. O Concello acaba de convocar unha mobilización para o venres 3 de setembro.  Esta...

PontevedraViva
Xuntanza do alcalde Ricardo Martínez con representantes veciñais para adoptar medidas contra o peche de Abanca

Unidade de acción para facer fronte á "inxustiza" do peche de Abanca en Portas

29/08/2021
Umia

Ricardo Martínez, alcalde de Portas, mantivo un encontro de urxencia con comerciantes e membros de colectivos veciñais, culturais e deportivos do municipio. Durante esta reunión expuxo a información facilitada polos representantes sectoriais de Abanca anunciando a decisión irrevogable da dirección da entidade bancaria de pechar a única sucursal existente no municipio. O...

PontevedraViva
Reunión dos voceiros municipais de Portas, presidida polo alcalde Ricardo Martínez

Convocado un Pleno Extraordinario para coordinar as protestas ante o peche de Abanca en Portas

27/08/2021
Umia

Os voceiros municipais de Portas acordaron, nunha reunión convocada polo alcalde Ricardo Martínez, celebrar un Pleno Extraordinario para oficializar a repulsa unánime de todos os grupos políticos con representación na Corporación (PPdeG, BNG, VUP e PSdeG-PSOE) á decisión de Abanca de pechar a única sucursal bancaria existente no municipio o...

PontevedraViva
Caixeiro de Abanca

Nova vítima do 'éxodo' bancario: Portas queda sen a súa única oficina de Abanca

26/08/2021
Umia

Abanca pechará a súa única oficina en Portas o próximo 22 de outubro. Esta decisión, que desde a entidade aseguran que é irrevogable, foi comunicada este xoves polos responsables de zona do banco na reunión que mantiveron co alcalde. Tras coñecer os plans de Abanca, Ricardo Martínez mostrou a súa indignación...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Campelo

Poio esixirá a Abanca manter a oficina de Campelo e instalar un caixeiro en Raxó

25/08/2021
Poio

O goberno municipal de Poio manterá a próxima semana unha xuntanza cos responsables territoriais de Abanca para abordar con eles o recorte dos servizos que a entidade bancaria presta actualmente no municipio. Nese encontro, o Concello esixirá que se manteñan operativas todas as sucursais das que Abanca dispón en Poio, especialmente...

PontevedraViva
Crespóns negros no comercio de Campo Lameiro

Crespóns negros no comercio de Campo Lameiro polo peche da sucursal de Abanca

25/08/2021
Umia

Os comercios de Campo Lameiro amenceron este mércores decorados con crespóns negros como protesta pola decisión de Abanca de pechar a única oficina bancaria existente no municipio a partir do vindeiro 8 de setembro. Secundan así as mobilizacións e actos de protesta convocados en Campo Lameiro, que terán o seu acto...

PontevedraViva
O deputado Luís Bará con representantes do BNG en municipios onde se anuncia o peche de oficinas de Abanca

Reclamación do BNG á Xunta para que presione sobre Abanca e evite o peche de oficinas

23/08/2021
Pontevedra

Abanca anunciou o peche de oficinas en Poio, Marín, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro ou Moaña nas próximas semanas. Este anuncio provocou a reacción das corporacións e tamén das distintas formacións políticas. É o caso do BNG, que este luns mantiña un encontro entre o deputado nacionalista Luís Bará e representantes...

PontevedraViva
Paloma Castro, no Parlamento galego

Os socialistas piden que a Xunta interveña no peche de Abanca en Campo Lameiro

20/08/2021
Umia

A parlamentaria socialista Paloma Castro vén de presentar unha batería de iniciativas na Cámara galega para instar á Xunta de Galicia a que inicie de inmediato as xestións oportunas para que Abanca manteña a súa sucursal no concello de Campo Lameiro. O peche da oficina bancaria, previsto para o 8 de...

PontevedraViva
Pleno municipal de A Lama

Escotet será 'persoa non grata' en Campo Lameiro se pecha a oficina de Abanca no municipio

17/08/2021
Umia

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, será nomeado 'persoa non grata' en Campo Lameiro se se confirma o peche definitivo da oficina bancaria da localidade, previsto para o 8 de setembro. Suporía deixar esta localidade sen ningunha oficina bancaria. Os 9 concelleiros dos grupos políticos PPdeG, Porvir e PSdeG-PSOE en Campo...

PontevedraViva
Oficina de Abanca

Feijóo e Carmela Silva piden responsabilidades polo peche de sucursais bancarias no rural

14/08/2021
Pontevedra

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixéronse eco do enfado xeneralizado da poboación galega coas entidades financeiras, especialmente con Abanca, debido ao peche de oficinas en distintas localidades que está a deixar sen servizo a moitos veciños, fundamentalmente do rural. O...

Oskar Viéitez
Carlos Costa, alcalde de Campo Lameiro, analiza co sector empresarial o peche da oficina de Abanca

Preparan actos de protesta contra o peche da oficina de Abanca en Campo Lameiro

13/08/2021
Umia

Comerciantes e empresarios de Campo Lameiro, convocados con urxencia, reuníanse no Salón de Actos do Centro Sociocultural Sobrino Buhígas co alcalde e representantes municipais para analizar as medidas que o Concello quere adoptar ante o "sorpresivo anuncio" do peche das oficinas de Abanca no municipio. Carlos Costa, alcalde de Campo Lameiro,...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Campo Lameiro

Campo Lameiro súmase á lista de peches de oficinas de Abanca

12/08/2021
Umia

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, recibía este mércores 11 de agosto a comunicación de Abanca de que tiña intención de pechar a única oficina que ten no municipio. Un día despois, o rexedor manifesta publicamente o seu rexeitamento e indignación ante unha decisión que, afirma, atenta directamente contra os...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Seixo

O BNG de Marín pide ao Concello que boicotee a Abanca

11/08/2021
Marín

A portavoz municipal do BNG en Marín, Lucía Santos, propuxo na última reunión da mesa local do comercio unha serie de medidas dirixidas a resolver os problemas que están a afectar á poboación de Seixo. A nacionalista alertou da preocupación dos comerciantes polo peche da oficina de Abanca, que pode...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Campelo (Poio)

Abanca anuncia que en setembro pechará a oficina de Campelo

10/08/2021
Poio

Responsables de Abanca comunicaban ao Concello de Poio o peche inminente da oficina situada en Campelo, na rúa Pedro Soto Couselo. Este anuncio realizábase nunha reunión mantida este martes 10 de agosto entre o alcalde, Luciano Sobral, e a tenente de alcalde, Chelo Besada, con responsables da firma bancaria. No transcurso...

PontevedraViva
Cristina Souto e Manuel Solla, presidenta e tesoureiro de ACEMAS na oficina de Abanca de Seixo

Peche definitivo da oficina de Abanca en Seixo con protesta dos comerciantes

22/07/2021
Marín

A oficina de Abanca en Seixo, en Marín, botou o peche definitivo este mércores 21 de xullo. Nas últimas horas de actividade da oficina situada no número 76 da céntrica avenida Doutor Otero Ulloa, achegábanse ata a entidade membros da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS), representados pola súa presidenta, Cristina...

PontevedraViva
Protesta en Carballedo polo peche de Abanca

Masiva protesta en Carballedo polo peche da sucursal de Abanca

16/07/2021
Cerdedo-Cotobade

Centos de persoas secundaron en Carballedo a mobilización convocada para protestar pola decisión de Abanca de pechar quince oficinas bancarias na provincia de Pontevedra, entre elas a que está situada na Praza da Chan, na capital de Cerdedo-Cotobade. Os concentrados portaban carteis co lema "Abanca non se pecha" e mantiveron a...

PontevedraViva
Reunión de Jorge Cubela, Regina Sobral e Ernesto Filgueira

Convocan unha concentración o xoves en Carballedo contra o peche de Abanca

13/07/2021
Cerdedo-Cotobade

O xoves 15 de xullo ás 20.00 horas hai convocada unha concentración no lugar de A Chan, en Carballedo, para manifestar o rexeitamento da poboación ao peche da sucursal de Abanca en Carballedo, en Cerdedo-Cotobade.  O BNG de Cerdedo-Cotobade amosou este martes o seu apoio á concentración e o "rexeitamento frontal"...

PontevedraViva
Alternativas de transporte ante o peche de Abanca en Carballedo​

O PSOE recupera a reclamación do Bono Taxi ante o peche de Abanca en Carballedo​

06/07/2021
Cerdedo-Cotobade

O peche de Abanca en Carballedo levou ao PSdG-PSOE de Cerdedo-Cotobade a recuperar unha vella demanda que xa levou ao Pleno da Corporación hai dous anos, a posta en marcha do servizo de Bono Taxi, que axudaría á poboación máis vulnerable do municipio a poder acudir á oficina bancaria máis...

PontevedraViva
Pleno telemático celebrado en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade retirará as súas contas de Abanca se o banco marcha de Carballedo

29/06/2021
Cerdedo-Cotobade

O goberno municipal de Cerdedo-Cotobade pechará todas as contas bancarias que ten abertas en Abanca, se a entidade confirma a súa intención de pechar a sucursal que ten en Carballedo. Apostarán por migrar estas contas a outras entidades. Así se acordou no pleno da corporación celebrado este martes e no que...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Seixo

Unión política en Marín contra o peche da oficina de Abanca en Seixo

25/06/2021
Marín

María Ramallo, alcaldesa de Marín, convocaba a unha Xunta de Portavoces os distintos representantes das agrupacións políticas da corporación e este venres mantiñan a reunión coa participación de Manuel Santos, do PP; Manuel Pazos, do PSOE, e Lucía Santos, do BNG. A convocatoria centrábase en tratar o anuncio do peche...

PontevedraViva
Oficina de Abanca en Carballedo

Cerdedo-Cotobade recollerá sinaturas en contra da supresión da sucursal de Abanca

25/06/2021
Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantivo este venres unha xuntanza cos voceiros do PSdeG-PSOE, Lina Garrido, e do BNG, Ernesto Filgueira, para afrontar de xeito unido e coordinado unha mesma resposta fronte á decisión de Abanca de pechar a sucursal de Carballedo xunto con outras 14 oficinas máis na...

Oskar Viéitez
María Ramallo, alcaldesa de Marín

Ramallo trasládalle a Abanca a oposición do Concello ao peche da oficina de Seixo

23/06/2021
Marín

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, remitiu á presidencia da Abanca un escrito desde Alcaldía ante o comunicación realizada pola entidade bancaria do inminente peche da sucursal situada na parroquia de Seixo. "Neste momento é a única entidade bancaria nese territorio e en consecuencia supón unha merma nos servizos para a...

PontevedraViva
Oficina do BBVA en Pontevedra

O ERE do BBVA inclúe 26 despedimentos na provincia de Pontevedra

23/04/2021
Pontevedra

Apenas 24 horas do ERE anunciado por Caixabank tras a súa fusión con Bankia, outro dos grandes bancos españois desvelou os seus plans para facer o seu propio recorte de persoal. Trátase do BBVA, que despedirá a uns 3.789 empregados en toda España. Galicia será unha das comunidades menos afectadas por...

Alejandro Espiño
Oficina de Caixabank en Pontevedra

Caixabank prevé 26 despidos en Pontevedra tras a súa fusión con Bankia

21/04/2021
Pontevedra

A fusión de Caixabank con Bankia provocará unha onda de despedimentos en toda España. E, como era de esperar, Pontevedra non será allea a estes recortes. Así o recolle o ERE presentado pola entidade catalá e que foi difundido polos sindicatos. A previsión de Caixabank, segundo este expediente de regulación de...

Oskar Viéitez
Caixeiro de Abanca

Abanca acapara a maioría das reclamacións diante de Consumo por comisións abusivas

21/03/2021
Pontevedra

O Instituto Galego de Consumo mediou o pasado ano en 440 reclamacións pola cobranza de comisións abusivas por parte de entidades bancarias e o 90% delas resolvéronse a favor do cliente sendo Abanca a entidade que xerou a inmensa maioría desas reclamacións. O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, facilitou estes...

PontevedraViva