Parques eólicos

Fotograma de 'Vidas Irrenovables'

Este venres preestrean o documental sobre o conflito eólico 'Vidas Irrenovables' na Casa da Cultura de Amil

11/09/2024
Umia

A Casa da Cultura de Amil acollerá este venres 13 de setembro, ás 19:00 horas, a preestrea do documental 'Vidas Irrenovables', dirixido por Francisco J. Vaquero Robustillo. Este evento, organizado pola plataforma Amil Sen Eólicos, pretende concienciar sobre os impactos da implantación das enerxías renovables no mundo rural. 'Vidas Irrenovables' é unha...

Anxo Lourido
Pancartas contra o Parque Eólico proxectado no Monte Castrove

O Concello de Poio alega contra a instalación dun parque eólico no Castrove

16/07/2024
Poio

O Pleno do Concello de Poio celebrado este martes deu conta das alegacións elaboradas conxuntamente polos grupos da corporación en contra da instalación dun parque eólico no Monte Castrove.  No documento recóllense as afeccións a humidais ou turberas, así como o impacto que tería sobre o medio e na poboación da...

Oskar Viéitez
Aeroxeradores dun parque eólico

Alertan de que máis do 80 % das mámoas do Morrazo está en risco polos proxectos eólicos

25/06/2024
Vilaboa

Un informe difundido pola 'Plataforma Eólicos no Morrazo Non' sobre o patrimonio cultural da comarca afectado pola Área de Desenvolvemento Eólico (ADE) alerta de que máis do 80 % das mámoas desta comarca está en risco polos proxectos eólicos. Sinalan que no proxecto de parque eólico promovido por Arena Power no...

Oskar Viéitez
Andrés Díaz cos representantes dos comuneiros de Baltar e da Reigosa

O Concello de Ponte Caldelas tomará medidas contra o parque eólico Serra da Fracha

16/06/2024
Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz anunciou que "iremos da man coa Comunidade de Montes de Baltar para paralizar o parque eólico Serra da Fracha". A pasada semana a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade recolvió o expediente de impacto ambiental relativo ao proxecto do Parque Eólico Serra da...

Oskar Viéitez
Vista desde o Monte da Fracha

A Xunta considera "ambientalmente viable" o proxecto do parque eólico Serra da Fracha

10/06/2024
Pontevedra

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade resolveu o expediente de impacto ambiental relativo ao proxecto do Parque Eólico Serra da Fracha, que afecta aos Concellos de Ponte Caldelas e de Pontevedra. Este proxecto, promovido por Eólica Santa Teresa, conlevará a instalación de dous aeroxeradores coa súa infraestrutura asociada para...

Anxo Lourido
Monte Castrove

O Concello de Barro e colectivos veciñais alegan contra o parque eólico previsto no monte Castrove

07/06/2024
Pontevedra

O Concello de Barro e varios colectivos veciñais veñen de anunciar que presentará alegacións ao proxecto do parque eólico previsto para o monte Castrove.  O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, encargoulle aos distintos departamentos técnicos municipais o estudo da declaración de impacto ambiental e da solicitude de autorización administrativa...

Oskar Viéitez
reunieron los alcaldes de los ayuntamientos de A Estrada, Campo Lameiro y Cerdedo-Cotobade con asociaciones locales

Fronte común entre concellos e asociacións contra a creación de dous novos parques eólicos

24/05/2024
Vilaboa

Os alcaldes dos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade reuníronse este xoves coas asociacións locais por mor do anuncio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico da creación de dous novos proxectos eólicos no interior de Pontevedra. Trátase, máis concretamente, dos proxectos chamados Xubrintas e Alamoceiros, compostos...

PontevedraViva
Parque eólico

A Plataforma "Eólicos no Morrazo Non" informa á veciñanza dun proxecto de "macroparque" eólico

23/05/2024
Vilaboa

A Plataforma "Eólicos no Morrazo Non", conformada por comunidades de montes, asociacións ecoloxistas, colectivos sociais de todo tipo e persoas individuais, vén de anunciar "a convocatoria de asembleas veciñais nas localidades da comarca para informar á veciñanza da ameaza do proxecto de macroparque eólico". Segundo aseguran, ese parque tería 15 aeroxeradores...

Oskar Viéitez