Tres funcionarios do Concello de Pontevedra, dous pertencentes ao servizo de Intervención e un terceiro de Secretaría, foron citados como testemuñas na peza separada da Operación Patos que investiga tres obras adxudicadas á empresa Eiriña no concello: a reforma das rúas Avenida de Lugo e Santa Clara e a rehabilitación...
O xuíz, por agora, non ve indicios de delito nos supostos "enchufes" que reflectía un documento atopado durante un rexistro na sede da empresa Cespa, compañía concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida de lixos na cidade de Pontevedra desde o ano 1999. Así, o titular do Xulgado de...
O ex presidente da Deputación de Pontevedra e presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, non declarou este mércores ante a xuíza pola Operación Patos.
Segundo el mesmo explicou á saída do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, acolleuse ao seu dereito a non declarar ata que se resolva a...
A xuíza titular do Xulgado de instrución número 7 de Vigo imputou na causa pola Operación Patos, que investiga supostas irregularidades en contratacións públicas, ao ex presidente da Deputación de Pontevedra e presidente do PP provincial, Rafael Louzán.
Na relación de 46 novos imputados, á parte das cinco persoas que foron...
O sumario da Operación Patos inclúe un informe sobre a relación entre a empresa Eiriña co Concello de Pontevedra en obras como a mellora do acceso a Casal en Salcedo e as reformas da rúa Santa Clara e da avenida de Lugo, estas dúas últimas correspondentes á concellería de Urbanismo...
O Ministerio Fiscal emitiu un informe no que pide que se tome declaración en calidade de imputado a medio centenar de empresarios, funcionarios e políticos, entre os que están o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o ex vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, a quen o...
O voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, preguntou ao goberno local que concelleiro é o responsable dos contratos requisados na Operación Patos, xa que segundo dixo dende o goberno local proclamaron a "indubidable honradez de todos eles" e a completa disposición do Concello a colaborar coa Xustiza, pero...
O titular da Deputación de Pontevedra e presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, destacou hoxe, en rolda de prensa, que entende "fundamental que non se dane aínda máis a confianza da cidadanía nas institucións e nos representantes políticos" polo que instou a que "non se prolonguen innecesariamente, máis alá...
A Operación Patos ameaza con provocar atrasos nas obras de reforma urbana de Santa Clara e a Avenida de Lugo. Trátase de dous das obras que executa a empresa Eiriña SL en Pontevedra e cuxos expedientes foron requisados polo Xulgado de Instrución número 7 de Vigo no marco desta investigación....
A pouco máis dun mes para que conclúan as obras de saneamento, pluviais, abastecemento e pavimentación da rúa Oliveira, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, admitiu a súa "preocupación" polo efecto que poida ter a 'Operación Patos'. O expediente desta reforma foi un dos que se levou a comisión xudicial...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que "calquera investigación que se faga sobre posibles corruptelas de empresas e institucións me parece espléndida", dixo tras recordar a campaña que o grupo nacionalista ten en marcha "contra un sistema cruel e corrupto".
Fernández Lores sorprendeu ao valorar deste modo a...
O desenvolvemento da Operación Patos alcanzou de cheo á cidade de Pontevedra. Os axentes do Corpo Nacional de Policía, pertencente á Unidade contra a Delicuencia financeira e fiscal, da brigada da UDEF, desenvolveron unha intensa xornada con rexistros na Deputación, o Concello e a sede da empresa Eiriña. Así foi...
A Operación Patos, que investiga delitos de prevaricación, suborno e tráfico de influencias na adxudicación de contratos públicos, deixou, polo momento, cinco detidos e 17 rexistros en dependencias municipais de seis concellos galegos: Vigo, Santiago, Ourense, Nigrán, Ponteareas e Pontevedra, así como na Deputación Provincial de Pontevedra, a delegación da...
Os funcionarios do Corpo de Policía remataron a súa tarefa na Deputación en torno ás 14:00 horas para dirixirse a efectuar similares dilixencias ao Concello de Pontevedra.
Mentres que membros da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Xefatura Superior de Policía de Galicia, permanecían na sede da Deputación, dous...
Funcionarios da Policía Nacional inspeccionaron, dende as 9:00 horas da mañá, as dependencias da Deputación Provincial de Pontevedra, onde solicitaron expedientes sobre obras públicas contratadas e realizadas nos dous últimos anos.
A presenza policial realízouse por orde dun xulgado de Vigo, que investiga a contratación de obras na área metropolitana da...