O Pazo de Lourizán abriu as súas portas ao público este mércores na segunda das xornadas de visitas guiadas organizadas pola Xunta de Galicia este Nadal, pensadas para que a cidadanía poida coñecer esta propiedade emblemática antes do proceso de rehabilitación ao que será sometida.
O conselleiro do Medio Rural, José...
As visitas guiadas programadas para este Nadal para coñecer o Pazo de Lourizán antes de comecen as obras de restauración xa están completas. As prazas quedaron esgotadas xa no seu primeiro día.
A Xunta de Galicia organizou tres xornadas de visitas guiadas gratuítas para coñecer o espazo para os días 23,...
Aquelas persoas interesadas en coñecer o Pazo de Lourizán antes de comecen as obras de restauración previstas poderán facelo durante este Nadal, pois a Xunta de Galicia organizou tres xornadas de visitas guiadas gratuítas para coñecer o espazo.
Estas visitas están previstas para os días 23, 27 e 30 de decembro...
Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia, vaticinou este luns que o proxecto de rehabilitación do Pazo de Lourizán será "un punto de inflexión para a cidade de Pontevedra e a súa contorna", ao converterse nun novo punto de interese turístico coa rehabilitación do Pazo e a posta...
A nova etapa que se abre para o Pazo de Lourizán despois da cesión da Deputación Provincial á Xunta de Galicia non está exenta de polémica. Este luns, coincidindo co acto de presentación dos novos usos desta finca, o presidente autonómico, Alfonso Rueda, responden ás distintas controversias xeradas.
Un dos puntos...
"O rexurdimento definitivo de Lourizán e de todo o que supón comeza hoxe, 31 de xullo do ano 2023". Así remataba este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a súa intervención nun día histórico para este pazo pontevedrés.
O mandatario autonómico presidiu o acto de presentación das labores de restauración...
Os 17,9 millóns de euros que, segundo a previsión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, investirá a administración autonómica na rehabilitación do Pazo de Lourizán "non é suficiente en absoluto", segundo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O rexedor lembrou que se trata dunha leira dunhas 50 hectáreas e...
Ata 17,9 millóns de euros. É o que destinará a Xunta de Galicia á rehabilitación do Pazo de Lourizán e á posta en marcha dun programa de usos e actividades para todo este ámbito, que o goberno galego quere converter nun "espazo de encontro" para o sector forestal.
Así o anunciou...
A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra presentou este venres as alegacións á Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola que se incoou o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural o Pazo de Lourizán.
O documento presentado interesa a ampliación da delimitación do monumento, do seu...
O Pazo de Lourizán pasa oficialmente a mans da Xunta de Galicia. O último paso deuse este venres no marco do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha sesión extraordinaria na que se aprobou por unanimidade a transferencia.
O Pazo, que está actualmente en proceso de ser nomeado Ben de Interese...
Pouco máis dun mes despois de que o Pleno da Deputación de Pontevedra aprobase por unanimidade a transferencia á Xunta de Galicia da Leira e o Pazo de Lourizán, a Administración autonómica xa deu un paso definitivo para que o inmoble pase a ser Ben de Interese Cultural (BIC) e...
O Pazo de Lourizán é unha edificación "singular" e "único en Galicia". Así o define a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con motivo do inicio do expediente para a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), na que detallan as singularidades e os valores artísticos, arquitectónicos, históricos, científicos e...
Este mércores tivo lugar o acto de entrega de placas e diplomas que certifican a adhesión de nove xardíns de Galicia á Rede Europea de Xardíns Históricos.
Este Itinerario Cultural Europeo, pertencente ao Consello de Europa, agrupa 41 espazos botánicos de Europa, relevantes polo seu valor histórico, artístico e botánico.
Entran a...
O 31 de marzo deste 2023, o pleno da Deputación de Pontevedra aprobaba o expediente para transmitir a titularidade do predio de Lourizán, propiedade da institución provincial, a favor da Xunta de Galicia.
Este espazo figura no inventario de bienes e dereitos da Deputación como "Terrenos de la granja de Lourizán"...
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres por unanimidade a transferencia á Xunta de Galicia da Finca e o Pazo de Lourizán.
A Corporación provincial, conformada polo Partido Socialista, o Partido Popular e o BNG, ratificaron a declaración de intencións adoptada pola Deputación e a Xunta o pasado 6...
A comisión mixta de seguimento do Protocolo xeral de intencións para a transmisión da titularidade do Pazo de Lourizán e da Escola de Cantería por parte da Deputación Provincial de Pontevedra á Comunidade Autónoma de Galicia reuniuse este xoves para avanzar no proceso de cesión.
Por parte da Xunta participaron nesta...
Aos poucos vanse coñecendo detalles sobre o futuro do Pazo de Lourizán. A Xunta traballa na rehabilitación deste histórico inmoble, segundo confirmou este martes o seu presidente, Alfonso Rueda, tras a reunión que mantivo co alcalde de Pontevedra.
A intención do goberno galego, unha vez que se complete o convenio de...
A Deputación de Pontevedra e a Xunta mantiveron este martes a primeira xuntanza no marco da Comisión mixta de seguimento do Protocolo xeral de intencións para a transmisión da titularidade do Pazo de Lourizán e da Escola de Cantería á Comunidade Autónoma de Galicia.
A Comisión Mixta de Transferencias quedou integrada...
A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra subscribiron un protocolo de intencións para transferir á administración autonómica o Pazo de Lourizán e a Escola de Cantería.
A Sala de Xuntas do Pazo provincial da Deputación acolleu este martes a firma deste acordo, cualificado como "histórico" pola presidenta provincial, Carmela...
A parlamentaria socialista Paloma Castro criticou este mércores a "desfachatez" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que vén de comunicar o interese da Administración autonómica en pedir a transferencia da titularidade do Pazo de Lourizán. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que lembrou que "o goberno galego...
A sentenza que condena á Xunta de Galicia a realizar as obras de rehabilitación e mantemento do Pazo de Montero Ríos, en Lourizán, xa é firme. Así o ditaminou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, despois de que o goberno galego non recorrera esta decisión xudicial.
O alto tribunal galego...
O deputado nacionalista Luís Bará demandará explicacións e actuacións á Xunta pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que condena á administración autonómica a cumprir o convenio asinado coa Deputación no ano 2000 e polo tanto a realizar as obras necesarias de conservación e mantemento do Pazo de...
A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condena á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a cumprir coa súa obriga de efectuar as obras de conservación necesarias para o mantemento da zona nobre do conxunto da finca de Lourizán, nos termos...
A Deputación de Pontevedra considera "totalmente insuficientes" as obras, orzamentadas en 208.245 euros, que a Xunta de Galicia vén de comezar no Pazo de Lourizán.
A Administración Provincial lémbrarlle ao Goberno galego a súa "obriga legal" de acometer a rehabilitación integral desta xoia patrimonial da arquitectura civil galega, "cuxa conservación é...
A preocupación polo estado no que se atopa o Pazo de Lourizán chega ao Parlamento de Galicia a través das preguntas e demandas que presenta Luís Bará, deputado do BNG. Este edificio, a través de convenios asinados nos anos 1991 e 2000, establecía un período de cesión de trinta anos...
O pleno da Deputación decidiu interpoñer un recurso contencioso-administrativo coa intención de que a Xunta de Galicia leve a cabo as obras de conservación necesarias para manter a zona nobre da Finca de Lourizán, onde as instalacións mostran un notable mal estado.
O deputado socialista Carlos Font defendeu o punto no...
A Deputación de Pontevedra acaba de dar un ultimato dun mes á Xunta de Galicia para que acometa as necesarias obras de conservación no Pazo de Lourizán. En concreto, remitiu á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o requirimento para que "á maior brevidade cumpra coa súa obriga legal...
A Deputación de Pontevedra insta á Xunta de Galicia a recuperar o Pazo de Lourizán. Así se decidiu este luns no pleno provincial que, cos votos do Partido Socialista e o BNG, aprobou unha moción na que culpan ao goberno galego do abandono que sofre este emblemático edificio mentres que...
O goberno provincial da Deputación de Pontevedra (PSOE-BNG) está decidido a recuperar que o Pazo de Lourizán polo que sopesa denunciar á Xunta ante os tribunais polo abandono que sofre este emblemático edificio que o político Eugenio Monteros Ríos comprou a finais do século XIX e converteu en residencia de...
A deputada socialista Patricia Vilán acusou este mércores á Xunta de "deixar en ruína o Pazo de Lourizán" ao incumprir o convenio de cooperación polo que a Deputación cedía o uso do inmoble ao goberno galego obrigándolle á súa conservación. A parlamentaria pontevedresa lembrou que a recuperación do inmoble ten...
Os vándalos irromperon durante esta fin de semana no recinto do Pazo de Lourizán e deixaron ao seu paso un rastro de desfeitas no patrimonio da coñecida propiedade de Pontevedra. Os feitos xa están en coñecemento da Policía Nacional, que empezou unha investigación para tentar aclarar a identidade do responsable...
O grupo socialista presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que insta o goberno da Xunta a rehabilitar o edificio do Pazo de Lourizán. Os deputados do PSdeG-PSOE, liderados por Patricia Vilán, sinalan que o executivo autonómico comprometeuse en 1991 a través dun convenio asinado coa...
O intercambio de cartas entre a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, en relación coa rehabilitación do Pazo de Lourizán, deu un paso máis. Tras dúas semanas de misivas nunha e outra dirección, a máxima responsable provincial meteu a un...
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de contestar por carta á misiva remitida o pasado 28 de novembro pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, na que instaba o executivo autonómico a que cumprise co estipulado no convenio de cesión da finca de Lourizán e rehabilitase o abandonado...
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, enviaba unha carta á Vicepresidencia da Xunta de Galicia para que rehabilie e realice os traballos de conservación do Pazo de Lourizán, tal e como se recolle no convenio da cesión da finca e as edificacións de Lourizán, asinado en 1990 entre...
A planta de biomasa segue sendo a "prioridade número 1" de Ence para Pontevedra. Así o destacou este mércores Alberto Núñez Feijóo. Por iso, o titular do goberno galego garantiu que se o Concello de Pontevedra non concede á empresa pasteira a licenza para esta instalación, a Xunta aprobará un plan...
Hai uns quince días, asistiamos en Pontevedra a un feito insólito… ENCE enviaba a uns propios á Deputación provincial cun importante recado da empresa. E o insólito non é que ENCE mande a alguén de confianza a levar un recado á Deputación; o verdadeiramente insólito -por escandaloso- é a identidade...
A transferencia de centros e servizos entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia parece estar máis preto que nunca. Así se desprende o resultado da reunión que mantiveron este luns en Santiago de Compostela os titulares de ambas as administracións, Carmela Silva e Alberto Núñez Feijóo, respectivamente.
Ambos,...
O futuro do Pazo de Lourizán protagonizou este luns o debate do pleno municipal. Fíxoo tras a presentación por parte do PSdeG-PSOE dunha moción na que se instaba á Deputación a garantir o uso público do inmoble e rexeitar a súa cesión a Ence. Foi aprobada cos votos de BNG,...
Representantes de 102 colectivos de Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo e das comarcas do Morrazo e O Salnés concentráronse este sábado no Pazo de Lourizán para mostrar o seu rexeitamento "por coherencia" aos patrocinios e as axudas do plan social da empresa Ence que consideran "esmolas" para lavar a súa "mala...
O deputado do PP e voceiro do grupo popular no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira lamentou este mércores no Parlamento galego que "a irresponsabilidade política de BNG e PSOE poñan en risco un investimento de 10 millóns de euros para rehabilitar o degradado Pazo de Lourizán e crear neste inmoble...
Ence emitiu un comunicado para manifestar a súa postura respecto da polémica que xurdiu en relación co futuro do Pazo de Lourizán polo que se cruzaron declaracións entre o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera.
No escrito,...
A Deputación de Pontevedra asegurou estar disposta a apoiar á Xunta de Galicia na creación dun centro de investigación no Pazo de Lourizán pero deixando claro que non permitirá que este histórico inmoble da súa propiedade sexa cedido á empresa Ence.
Durante unha hora e media reuníronse este luns na sede...
Este luns 13 de febreiro, ás doce e media da mañá, terá lugar na institución provincial unha reunión entre a Xunta e a Deputación para falar do futuro do Pazo de Lourizán.
Na reunión, o vicepresidente do executivo galego, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, trasladarán a...
O vindeiro luns 27 de febreiro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibirá en Santiago de Compostela á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
A cita compostelá estará precedida polo encontro que manterán este luns 13 no Pazo Provincial, Carmela Silva e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, co...
A Asociación de Veciños Estriceres e a Comunidade de Montes queremos manifestar publicamente a nosa incredulidade ante a insensibilidade que amosan as distintas administracions para coa nosa parroquia, Lourizán.
Historicamente xa sofrimos a amputación traumática da nosa ribeira, para instalar nela unha fábrica que a día de hoxe sigue danando o...
O grupo municipal do PSdeG-PSOE vén de presentar unha moción para que o Concello inste á Deputación a manter o uso publico do Pazo de Lourizán e impedir a posibilidade de que sexa utilizado por Ence con fins privados.
Tino Fernández, portavoz do PSOE no concello de Pontevedra dixo que "hai...
O luns día 13 de febreiro ás doce e media da mañá na institución provincial. É a cita marcada nas axendas da Xunta e a Deputación para falar do futuro do Pazo de Lourizán.
Acudirán por parte do goberno galego o vicepresidente, Alfonso Rueda e a conselleira de Medio Ambiente,...
Membros da Asociación pola defensa da ría de Pontevedra (APDR) mantiveron este mércores unha xuntanza co deputado Carlos López Font, na que lle trasladaron os seus temores polo futuro do Pazo de Lourizán a raíz do interese amosado pola empresa ENCE de facerse coas súas instalacións para instalar alí o...
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que este mesmo mércores desde a súa Consellería de Presidencia, conxuntamente coa de Medio Ambiente, enviaron unha carta á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na que propoñen dúas datas para fixar un encontro no que falar sobre o futuro...
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegura estar "cansada de perder o tempo co señor Rueda, cansadísima". O futuro do Pazo de Lourizán é o motivo deste novo desencontro entre o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e presidenta provincial.
A resposta de Carmela Silva chega despois de...
A Xunta de Galicia solicitará, por terceira vez, un encontro coa Deputación de Pontevedra para falar do pacto ambiental asinado coa empresa ENCE que, entre outros compromisos, inclúe investimentos de 5 millóns de euros para rehabilitar o Pazo de Lourizán e albergar nese espazo un novo centro de I+D, "convertendo...
O voceiro do goberno da DeputacIón, Carlos López Font, asegurou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "volve a mentir na súa tónica habitual" cando di que a institución provincial mudou a súa postura sobre o Pazo de Lourizán.
Font asegura que o posicionamento sobre Lourizán, segue sendo o mesmo que...
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, reiterou "por activa e por pasiva" que a institución provincial está disposta a prorrogar a cesión á Xunta do Pazo de Lourizán.
Mosquera asegurou que na Deputación "non temos ningunha proposta concreta por parte da Xunta" da proposta anunciada ante os medios de...
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) considera "preocupante e inaceptable" a pretensión da empresa Ence de instalar un suposto centro de I+D forestal no Pazo de Lourizán, un inmoble de titularidade pública que depende da Deputación de Pontevedra. Así llo trasladará á presidenta do organismo provincial, Carmela Silva,...
O portavoz municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, acusou este sábado a través dun comunicado á presidenta provincial, Carmela Silva, de manter unha "actitude ditatorial" ao pretender "excluír a Ence da reunión para falar sobre o investimento de 5 millóns de euros que a empresa quere realizar no...
Haberá reunión entre Carmela Silva e Alfonso Rueda? Polo momento, hai ofrecementos cruzados pero sen que chegue a formalizarse. A última en reiterar a súa disposición para manter este encontro foi a presidenta da Deputación, que remitiu unha carta ao vicepresidente da Xunta en funcións, ofrecendo posibles datas.
Pero iso si,...
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referiuse á invitación que de novo lanzou este xoves o conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, para que a institución provincial participe na comisión que decidirá a repartición dos tres millóns de euros que a empresa destinará cada ano a entidades...
A Xunta de Galicia pretende rehabilitar de forma integral o Pazo de Lourizán, pero con diñeiro de Ence. Así o anunciou este xoves o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda. Pero é precisamente este último aspecto o que desgusta ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao que lle...
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciaron que o goberno galego está "en conversaciones" coa empresa Ence para que "asuma la rehabilitación o por lo menos el grueso del coste de la rehabilitación" do Pazo de Lourizán.
Os conselleiros,...
O grupo de traballo AnovaTerra, da organización política Anova, acaba de remitir á Xunta, á Deputación e ao Concello de Pontevedra unha iniciativa para a posta en valor do Pazo e a finca de Lourizán.
Entre outras ideas suxiren que Lourizán acolla unha sede do CEIDA, o Centro de Extensión Universitaria...
As entidades que conforman o Consello Parroquial de Lourizán, invitadas polo Concello de Pontevedra para que fixeran as súas propostas para optar ás axudas europeas dos fondos DUSI (Desenvolvemento Urbán Sostible Integrado), dentro do plan FEDER, elaboraron un completo proxecto titulado "Proxecto Integral de Dinamización Cultural de Lourizán".
Dito proxecto contempla...