A historia repetiuse dez anos despois. Pasada unha década da tráxica vaga de incendios de 2006, no verán de 2016, o lume volveu tinguir de medo e negro os montes da comarca e de todo Galicia, con decenas de focos simultáneos que deixaron miles de hectáreas reducidas a cinza.
Todo empezou o luns...
A Deputación de Pontevedra poñerá en marcha unha nova liña de axudas enfocada á mellora dos montes en todos os aspectos e, en particular, a actuacións para axudar na prevención e loita contra os incendios forestais ou a posta en valor dos terreos a nivel paisaxístico. O vicepresidente da institución,...
Os terreos queimados polos incendios forestais deste verán 2016 na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, en Cotobade ou en Caldas de Reis serán obxecto de traballos de recuperación. En total, a Xunta destina seis millóns de euros aos traballos de recuperación de zonas afectadas polos incendios forestais e na provincia...
A Federación de veciños Castelao de Pontevedra decidiu levar a cabo un acto reivindicativo para reclamar investimentos no monte do municipio coa intención de que se poidan evitar os incendios forestais e, ao mesmo tempo, recupérense os terreos que se viron afectados polo lume durante este verán.
A Federación veciñal organiza...
Axentes da Policía Autonómica en Pontevedra informaron este venres da investigación dunha muller como presunta autora de dezaseis incendios forestais no concello de Pontevedra.
Os lumes que se lle imputan tiveron lugar desde o 9 de agosto ata o 6 de outubro nos lugares da Ponte, Vilar, O Rañadoiro e Acevedo,...
A Comunidade de Montes do Salgueiral acordou persoarse na investigación policial e nas dilixencias que se levan a cabo de investigación polo lume que sufriu este verán o monte veciñal.
Foi un dos acordos adoptados este domingo 18 de setembro na Asemblea Xeral da Comunidade de Montes do Salgueiral que tivo...
Un incendio forestal facía saltar as alarmas, de novo, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio ao longo da tarde deste luns 19. As lapas orixinábanse á altura do Vilar, a escasa distancia dun núcleo de vivendas.
Os servizos de extinción, coa presenza dun helicóptero, lograron sufocar o lume que afectaba a...
As altas temperaturas que as Rías Baixas están a ter este mes de setembro provocaron que a Xunta de Galicia manteña activo o operativo contra incendios. Farao, segundo o vicepresidente Alfonso Rueda, "mientras haya riesgo de incendios".
Rueda, tras un acto electoral do PP en Pontevedra, sinalou que o goberno galego...
Un incendio que finalmente resultou ser de pequenas dimensións volveu a facer saltar as alarmas no rural de Pontevedra. Ocorreu na mañá dese sábado na zona de Pombal, na parroquia de Tomeza e as chamas xa están controladas.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio comezou ás 9.34 horas...
A Garda Civil traballa para identificar ao incendiario que disparou dúas bengalas náuticas desde terra na tarde do pasado venres na zona da gasolineira da Reigosa.
Os axentes descartaron que os artefactos incendiarios foran lanzados desde unha avioneta ou calquera outra aeronave.
Os veciños evitaron que se propagase o lume provocado nun...
A indignación é total en Ponte Caldelas, despois de que pasadas as 20 horas deste venres, dous paracaídas incendiarios, presuntamente lanzados dende unha avioneta, aterrizaran na parroquia de A Reigosa. Só a intervención dos veciños, que sufocaron rapidamente o conato de incendio nuns matorrais evitou o que puido ser unha...
As 40 hectáreas que ardían durante a madrugada deste venres en Barro súmanse ás máis de 4.079 hectáreas que se calcinaron durante a última semana na provincia, das que 3.300 constituían monte arborizado e moi produtivos. Por este motivo, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo un encontro cos...
A intensa choiva que caeu desde a madrugada e o traballo dos servizos de extinción da Consellería do Medio Rural permitiron dar por extinguido o incendio declarado na noite deste xoves na contorna do Pontillón do Castro, entre o termo municipal de Pontevedra e a parroquia de Portela, no municipio...
Despois de varios días de tregua na comarca de Pontevedra, os incendios volveron aparecer. Nesta ocasión, as lapas avanzan desde A Portela, Barro, cara a parroquia pontevedresa de Verducido no cruzamento do Pontillón do Castro. Segundo testemuñas presenciais, ás 23:45 o incendio atópase moi activo.
O lume pódese ver desde a...
Ante os incendios forestais da última semana en Galicia, a Asociación pola Defensa da Ría convocaba á cidadanía para participar da concentración que se desenvolvía na tarde deste xoves na praza da Peregrina tras a pancarta de "Non máis lumes". Ducias de persoas asistiron á cita coa presenza de brigadistas,...
Os recentes incendios forestais que asolaron os montes da comarca e as afirmacións da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) vencellando os lumes co eucalipto levaron á empesa Ence a saír en defensa dunha árbore na que sosteñen boa parte da súa actividade.
Para defender o eucalipto indican que os datos dos...
O presidente da Deputación en funcións, César Mosquera, anunciou que tentará manter unha reunión durante a próxima semana con técnicos e responsables dos concellos da provincia co obxectivo de buscar solucións para evitar que se repita a proliferación de incendios a través da mellora do monte.
Mosquera sinalou que a proposta...
A vaga de lumes do ano 2006 devastara o 100% do monte da zona do Salgueiral, en Bora, e, para recuperalo, ao ano seguinte puxéronse en marcha actuacións de distinta natureza para recuperalo, entre elas, varias do programa municipal Monte Vivo. Todo ese traballo de nove anos, volveuse perder o...
Cando se cumpre unha semana do primeiro dos incendios que durante os últimos días arrasaron os montes de Pontevedra e as súas comarcas próximas, iniciado o luns 8 en Tenorio, en Cotobade, así é como quedaron as paisaxes.
O de Tenorio foi finalmente o lume cun desenlace máis crítico, 365 hectáreas...
O incendio iniciado na tarde do venres nos montes de Carballedo, en Cotobade, deuse por extinguido ás 9.50 horas deste domingo logo de arder 40 horas e arrasar con 54 hectáreas de arborado, segundo as estimacións provisionais. Xa se dera controlado ás 12.03 horas deste sábado tras 18 horas de tarefas de...
O incendio iniciado na tarde deste venres nos montes de Carballedo, en Cotobade, deuse por controlado ás 12.03 horas deste sábado logo de arder durante arredor de 18 horas e arrasar con 54 hectáreas de arborado, segundo as estimacións provisionais.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse...
Por terceira vez esta semana, os servizos de extinción tiveron que acudir ao poboado do Vao, en Poio, a sufocar as chamas dun lume que se aproximaba perigosamente ás chabolas. Este sábado, acudiron a O Vao de Abaixo ante un lume que se iniciou nunha zona de vertedoiros e que...
Un brigadista dos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia resultou ferido este venres mentres traballaba nun incendio declarado na parroquia de Carballedo, en Cotobade. Segundo informou a Consellería de Medio Rural, tivo que ser trasladado en ambulancia cun corte nunha perna.
O brigadista foi auxiliado nun primeiro momento...
Un incendio de pequenas dimensións provocou este venres que saltaran todas as alarmas na paroquia pontevedresa de Salcedo. Finalmente, as consecuencias foron mínimas, pero á primeira hora da tarde temeuse que puidese desembocar nun lume maior. Ademais, o perigo viña relacionado co feito de que as lapas chegaron a un...
Os incendios declarados o luns, o martes e o mércores na parroquia pontevedresa de Lérez e nas cotobadesas de Viascón e Tenorio déronse por extinguidos este venres. A Consellería de Medio Rural informou de que ao longo da mañá os servizos de extinción consideraron que ambos os dous lumes deixaban...
Non foi un incendio de grandes dimensións, pero si provocou momentos de tensión pola súa proximidade ao asentamento de chabolas.
Efectivos de extinción da Xunta, Emerxencias Sanxenxo e Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir de madrugada a un lume declarado na parte alta do Vao, pegado á estrada que transcorre ata...
Cando aínda non se logrou extinguir, aínda que permanece controlado, o incendio forestal declarado o pasado luns en Tenorio, Cotobade volve estar en alerta por outro lume, esta vez en Viascón.
Segundo a información ofrecida pola Consellería do Medio Rural ás 18.00 horas deste xoves, o incendio declarado nesta parroquia permanecía...
As lapas regresaron este xoves á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. Pola mañá déronse pequenos focos de incendio no lugar de O Rañadoiro, un lugar gravemente afectado na xornada do mércores, e xa pola tarde quen volveu a ver o lume a escasos metros das súas casas foron os veciños...
A alcaldesa en funcións de Pontevedra, Carme da Silva, alertou de que o goberno local está a estudar a posibilidade de suspender a tirada dos fogos artificiais previstos para a medianoite do sábado 13 coincidindo co inicio da semana grande das Festas da Peregrina.
A decisión adoptarase atendendo as previsións metereológicas....
Ás portas da medianoite, no lugar de Vilar, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, seguían alerta. Un grupo de veciños vían preocupados como un lume de dimensións aparentemente pequenas empezaba a poucos metros das casas, pola estrada que vai cara a O Rañadorio. Era xa para eles unha imaxe familiar,...
O incendio rexistrado durante a tarde deste mércores 10 na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio atópase, segundo fontes do servizo de Emerxencias do Concello de Pontevedra, controlado pero non extinguido.
Ao redor das 22.00 horas, os efectivos abandonaron a contorna ao entender que non existe xa perigo para as casas. Con...
Un incendio forestal afectou este mércores á zona de O Vao de Abaixo, en Poio, estendeuse entre as chabolas e acabou queimando o tellado da cerraxería Tobío, situada nas inmediacións.
O lume comezou na madrugada deste mércores, quedou controlado ás 8.30 horas e considerouse extinguido ás 7.00 horas. Nas tarefas de...
A parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio está afectada polos incendios por segundo día consecutivo. Tras o susto que na tarde deste martes se achegou a menos de 200 metros das vivendas do lugar de O Vilar, este mércores un lume con maior forza afecta tamén aos lugares de Acevedo e...
Bombeiros dos parques comarcais atópanse inmersos nun proceso de folga laboral que dura xa máis de dous anos para reclamar o cumprimento da Lei de Emerxencias de Galicia por parte da Xunta pero ante a situación preocupante pola vaga de incendios que se está rexistrando durante estes días decidiron poñerse...
O incendio de Cotobade, que o pasado luns afectaba a 365 hectáreas de monte, provocou problemas no servizo de luz e de telefonía nas parroquias de Vilanova e de Almofrei. Ante esta situación, o goberno local, encabezado polo alcalde Jorge Cubela, habilitou unha partida especial con fondos municipais para repoñer...
A alcaldesa en funcións de Pontevedra, Carme da Silva, volveu reiterar o malestar do goberno local coa consellería de Medio Rural e cos dirixentes da Xunta de Galicia, que tampouco mantiveron comunicación cos servizos de emerxencia de Pontevedra durante as últimas horas cando se detectaron os incendios na Canicouva e...
Continúa a sangría de incendios nos montes da comarca, tras unha noite complicada na que se declararon novos focos.
Un deles, na parroquia pontevedresa de Lérez, quedou controlado ás 17.00 horas desde mércores tras iniciarse ás 23.35 horas. En 17 horas e media calcinou unha superficie aproximada de 30 hectáreas, segundo o...
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil xa comezou a investigación para aclarar as causas do incendio forestal declarado na tarde deste luns en Tenorio e que, 24 horas despois, arrasara máis de 365 hectáreas de terreo no Concello de Cotobade. Faino con todas as hipóteses abertas,...
Un incendio forestal achégase perigosamente ata varias vivendas da parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras informacións da Policía Local de Pontevedra, ás 18.00 horas estaba a tan só 200 metros das primeiras casas do lugar de Vilar. Fontes dos Bombeiros de Pontevedra confirmaron que ás 20.30 horas se...
Tres homes e unha muller están a ser investigados pola Xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra como presuntos autores de incendios forestais en Sanxenxo e Barro.
En concreto, a dous dos homes e á muller impútaselles a autoría dun lume forestal ocorrido o pasado 23 de xullo en Dorrón, Sanxenxo, que...
O panorama era desolador na mañá deste martes en Vilanova de Tenorio e Almofrei, no Concello de Cotobade. A dereita e esquerda, o monte estaba tinguido de negro; o ceo cubríao unha densa nube gris; e, ao fondo, distinguíanse as chamas que seguían devorando hectáreas e hectáreas de terreo. Ás...
No Concello de Pontevedra lamentan a actitude mantida por parte dos dirixentes da Xunta de Galicia e, en concreto, polos responsables da consellería do Medio Rural que non se puxeron en contacto cos xefes de servizo nin cos políticos do municipio da capital para coordinar as intervencións cando a parroquia...
A situación do incendio declarado en Tenorio, en Cotobade, segue complicada segundo o parte da Consellería do Medio Rural das 19.30 horas. O nivel de alerta 2 mantense activo pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova e a superficie queimada ascende xa ás 365 hectáreas.
En Cotobade téñense despregado dous técnicos, 16 axentes,...
Longa noite de preocupación para os veciños da comarca por culpa dos incendios forestais que lles manteñen en albas.
Aos grandes lumes declarados en Cotobade e no Monte Xiabre, aínda activos e que obrigaron a desaloxar vivendas e a moitos veciños a pasar a noite en lugares habilitados, como o pavillón...
O incendio forestal inciado ás 17.20 horas deste luns na parroquia de Tenorio, no Concello de Cotobade, cambiou de termo municipal e chegou xa ao Concello de Pontevedra, axexando as parroquias de Bora e Marcón. Desde media tarde, os veciños destas dúas zonas viven rodeados dun ceo totalmente cuberto por...
A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia decretou este luns o nivel 2 de alerta nos incendios activos desde primeira hora da tarde na parroquia de Tenorio, en Cotobade, e no Monte Xiabre, entre os municipios de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, pero afectando á parroquia...