Gran Final Series Mundiais Tríatlon 2023

Carrera elite masculina da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, en cifras

03/10/2023
Pontevedra

Máis dunha semana despois da súa celebración, a satisfacción segue sendo máxima en Pontevedra por como transcorreu a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, un reto maiúsculo a nivel organizativo e dunha enorme transcendencia. Así se adiviña de feito nas cifras dadas a coñecer pola Federación Española de Tríatlon, e...

PontevedraViva
Miguel Anxo Fernández Lores e Jorge García, director de competicións da Federación Española de Tríatlon

Optar a repetir outra Gran Final das Series Mundiais?: "Está aberta esa posibilidade"

25/09/2023
Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, valorou este luns en rolda de prensa o "éxito deportivo excepcional e de público" que supuxo a celebración da Gran Final das Series Mundiais. "Estou namorado dos veciños de Pontevedra, que colaboran de maneira activa. Cando se poñen son capaces de sacar adiante...

Diego Espiño
Concerto de Carlos Núñez

O tríatlon converte a Pontevedra en campioa do mundo

25/09/2023
Pontevedra

Coa música do gaiteiro Carlos Núñez no acto de clausura da Praza de España baixou o pano deste magnífico espectáculo que foi a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.  Pontevedra coroou aos novos reis do tríatlon mundial, Bett Potter en categoría feminina e Dorian Coninx na masculina. Alemaña augura un...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Homenaxe a Javi Gómez Noya con motivo da Gran Final das Series Mundiais

"As próximas sedes terán que mirar a Pontevedra para ver como facer unha Gran Final"

24/09/2023
Pontevedra

O presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, mostrábase exultante polo vivido estes días en Pontevedra con motivo da Gran Final das Series Mundiais, as primeiras da historia organizadas en territorio nacional. "Foi incrible", sinalou este domingo ao termo da carreira elite feminina. "Eu creo que no 19 co Multisport Pontevedra...

Diego Espiño
Tríatlon Standar e Aquabike de Grupos de Idade nas Series Mundiais de Pontevedra

Os Grupos de Idade botan o resto para dar cor e bo ambiente ás Series Mundiais

24/09/2023
Pontevedra

Aínda co gran sabor de boca que deixou a xornada de sábado na memoria, en especial coa carreira elite masculina da Gran Final das Series Mundiais, a actividade arrincou ben tempran este domingo 24 de setembro na contorna da ponte dos Tirantes para iniciar a última xornada dos campionatos. Os encargados,...

Diego Espiño
Mosrey Fotografía
Concerto do cuarteto De Vacas

O concerto do cuarteto De Vacas puxo o broche de ouro a un sábado inesquecible

24/09/2023
Pontevedra

O concerto do cuarteto De Vacas na praza de España puxo o broche de ouro a un sábado inesquecible. Tamén o público respondeu masivamente á cita con este cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces que transforman con humor, frescura e creatividade cancións de éxito veneradas polas masas e...

PontevedraViva
PontevedraViva
Carrera elite masculina da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en Pontevedra

Pontevedra, ateigada, exhíbese ao mundo nunha emocionante Gran Final Masculina

23/09/2023
Pontevedra

A Boa Vila volveuno a facer. Unha vez máis se botou en masa á rúa para vivir un evento deportivo, o maior dos organizados en toda a súa historia, unha Gran Final das Series Mundiais retransmitida en directo para medio mundo e que se viviu con gran emoción en próbaa...

Diego Espiño
Mosrey Fotografía
Carrera elite masculina da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en Pontevedra

Os triatletas réndense a Pontevedra: "Nunca vivira unha carreira así, con tanta xente animando"

23/09/2023
Pontevedra

Espectacular, impresionante, único... Son cualificativos usados polos triatletas que competiron este sábado na carreira elite masculina da Gran Final das Series Mundiais, impactados pola cantidade de ánimos recibidos e de público presente en cada un dos puntos do percorrido. "Foi incrible, nunca vivira unha carreira así, con tanta xente animando", recoñeceu...

Diego Espiño
Mosrey Fotografía
Carreira sub-23 masculina da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

O lugués Esteban Basanta brilla no Mundial Sub-23 que gaña o alemán Simon Henseleit

23/09/2023
Pontevedra

Un deportista galego, Esteban Basanta, foi protagonista no Campionato do Mundo Sub-23 de Tríatlon disputado este sábado no marco da Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra. O lugués, formado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, elevou o balbordo do público pontevedrés ao longo de todo o percorrido, loitando desde o...

Diego Espiño
Mosrey Fotografía
Campionato do Mundo de Paratríatlon en Pontevedra

O Mundial de Paratriatlón deixa imaxes espectaculares nas rúas de Pontevedra

23/09/2023
Pontevedra

Desde moi cedo, con saídas xa ás 9.00 horas da mañá, os deportistas empezaron a facer súas este sábado as rúas de Pontevedra co Campionato do Mundo de Paratríatlon. Moitas das miradas, en especial todas as locais, estaban postas en Susana Rodríguez Gacio, que conseguiu unha amarga medalla de prata por...

PontevedraViva
Mosrey Fotografía
Actuación de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre

A Boa Vila é unha festa deportiva… e cultural

23/09/2023
especial

A Gran Final de Pontevedra non só está a ser o gran acontecemento do tríatlon a nivel mundial e o maior evento deportivo do ano celebrado en España, se non que tamén ofrece un programa paralelo de lecer e cultura do que están a gozar os veciños da Boa Vila...

PontevedraViva
PontevedraViva
Competición de Grupos de Idade Supersprint na Gran Final das Series Mundiais

Os grupos de idade, os primeiros en vivir a festa do tríatlon

22/09/2023
Pontevedra

Primeiro día de competición na Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra. Os encargados de estrear o programa competitivo foron este venres os participantes no Tríatlon Supersprint de Grupos de Idade. Fixérono co percorrido máis curto da fin de semana, completando 300 metros de natación, 6,4 quilómetros de ciclismo e 1,6...

Diego Espiño
Mosrey Fotografía
Ambiente durante a semana da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

Mires onde mires... Hai un triatleta en cada esquina

22/09/2023
Pontevedra

Desde hai varios días, o ambiente que vive Pontevedra con motivo da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon está a ser "espectacular" e "marabilla a calquera". Tanto deportistas como familiares están a aproveitar a semana da competición para coñecer a cidade, sentar nas súas terrazas e esperar con entusiasmo o...

Mónica Patxot
Mónica Patxot
Actuación de Pablo Méndez Performance tras a inauguración da Gran Final das Series Mundiais

As acrobacias de Pablo Méndez e a música de Celme adornan a inauguración das Series Mundiais

21/09/2023
Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon xa está aquí. Pontevedra entrou de cheo no gran evento deportivo co desfile de participantes e inauguración oficial dos campionatos. Neste acto era a momento de estrear as actividades artísticas e musicais que acompañarán á cita deportiva na bautizada como 'galFESTA'. Os encargados de...

PontevedraViva
Mónica Patxot
Certificado de prata en sustentabilidade outorgado á Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra

World Triathlon concede a medalla de prata en sustentabilidade á Gran Final de Pontevedra

21/09/2023
Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra 2023 conseguiu o certificado de prata en sustentabilidade de World Triahtlon, grazas ás medidas que desde a organización do campionato impulsáronse para garantir un evento sostible e respectuoso co medio ambiente. Así o confirmou este xoves a Federación Española de Tríatlon,...

PontevedraViva
Iván Raña, incluído no Salón da Fama do tríatlon mundial

Iván Raña, de Pontevedra ao Salón da Fama do tríatlon mundial

20/09/2023
Pontevedra

Desde Pontevedra ao Salón da Fama do tríatlon mundial. Iván Raña pasou a engrosar este mércores a lista de figuras a lembrar polo seu deporte a nivel internacional, nun acto celebrado na cea oficial previa á Gran Final das Series Mundiais. O Liceo Casino de Pontevedra foi escenario do recoñecemento ao...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Limpeza de residuos mariños organizada na praia de Silgar no marco da Gran Final das Series Mundiais

A praia de Silgar, un pouco máis limpa grazas ao tríatlon

20/09/2023
Sanxenxo

Sanxenxo é a localidade escollida por moitos dos deportistas que participan na Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon para aloxarse estes días nas Rías Baixas, así como de gran parte das cúpulas directivas das distintas federacións Por iso foi o marco escollido para unha iniciativa de limpeza de residuos mariños...

PontevedraViva
Apertura da Expo e 'Fan Zone' da Gran Final das Series Mundiais

A apertura da Expo e 'Fan Zone' en Montero Ríos, aperitivo ao comezo da Gran Final

20/09/2023
Pontevedra

Cada hora que pasa a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon está máis presente nas rúas de Pontevedra. Este mércores produciuse a apertura da carpa instalada na Avenida de Montero Ríos, paso obrigado para todos os deportistas que competirán nos mundiais, xa que deben alí recoller os seus dorsais e...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Javi Gómez Noya e Kristian Blummenfelt comparten adestramento en Pontevedra con atletas afeccionados

Correndo por Pontevedra con dous mitos do tríatlon mundial

19/09/2023
Pontevedra

Acoller en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais ofrece oportunidades únicas, como compartir un adestramento con dous mitos do tríatlon. É o que ocorreu este martes, con ao redor dun cento de deportistas afeccionados compartindo unha sesión de 'running' ou carreira pola Boa Vila con Javier Gómez Noya, pentacampión mundial...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Xornada oficial de adestramento no río Lérez previa á Gran Final das Series Mundiais

Primeira toma de contacto dos deportistas co circuíto das Series Mundiais

19/09/2023
Pontevedra

Cada hora que pasa e achégase a inauguración da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon o ambiente na cidade de Pontevedra é maior. En cada esquina, a presenza de deportistas, adestradores, familiares e afeccionados faise notar. Un dos grandes puntos de actividade este martes 19 de setembro foi o río Lérez,...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Preparativos para a Gran Final das Series Mundiais

A Boa Vila contáxiase de tríatlon polos seus catro custados

18/09/2023
Pontevedra

Pontevedra conta as horas para vivir o que será o maior evento deportivo dos que organizou ata a data, a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. A magnitude do evento, que será retransmitido en directo por televisión en multitude de países, empeza xa a ser visible en todos os puntos...

Diego Espiño
Mónica Patxot
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores: "Que Pontevedra sexa a capital mundial do tríatlon non é casualidade. Hai moito traballo detrás"

17/09/2023
Pontevedra

O idilio de Pontevedra co tríatlon comezou alá polo ano 2008. Quince anos despois, a Boa Vila pode presumir de acoller todos os eventos posibles que se organizan no circuíto internacional. "Non hai ninguén máis", celebra orgulloso o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Para el, existe un "namoramento mutuo" entre Pontevedra...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Maletas de turistas na recepción dun hotel de Pontevedra

Récord de ocupación: "Dende que se anunciou o tríatlon temos reservado o 100% das habitacións"

17/09/2023
Pontevedra

Un evento da magnitude da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon transcende o estritamente deportivo. As estimacións de ocupación hoteleira auguran un éxito absoluto e un retorno económico en diversos sectores, como a hostalería ou o comercio.  Sondados varios hoteis de Pontevedra, atopámonos con que a maioría de reservas durante...

Mónica Patxot
María José Pita
Jonathan Cancela, adestrador de tríatlon no CGTD

Jonathan Cancela: "Pontevedra é unha cidade que respira tríatlon"

16/09/2023
Pontevedra

Jonathan Cancela é un dos tres adestradores de tríatlon que no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) están a vivir uns días frenéticos 'por culpa' da celebración da Gran Final das Series Mundiais. E é que el, xunto a Carlos Prieto e Omar González, estiveron preparando a moitos dos participantes...

Mónica Patxot
Mónica Patxot
Delegación pontevedresa en Abu Dhabi para recoller a testemuña da organización das Series Mundiais de Tríatlon

Ravachol, de símbolo do Entroido a imaxe da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

16/09/2023
Pontevedra

O loro Ravachol, símbolo tradicional do Entroido de Pontevedra, converteuse na imaxe dun dos eventos máis importantes do tríatlon: a Gran Final das Series Mundiais. Todo pontevedrés sabe que Ravachol é historia da cidade, un papagaio cuxos devanceiros chegaron desde América en 1709 tras o afundimento dun barco na ría de Vigo,...

Almu Dapena
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, con hostaleiros da cidade

Implicación "masiva" dos hostaleiros co tríatlon, adaptando cartas, menús ou horarios

15/09/2023
Pontevedra

A hostalería de Pontevedra colaborará activamente para que a gran final das Series Mundiais de tríatlon que se celebrarán a próxima semana na cidade sexa "a mellor da historia". Así o adiantou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Fíxoo tras reunirse cunha representación do sector, á que lles deu as grazas...

Alejandro Espiño
Voluntarios participando no curso de Primeiros Auxilios

Un equipo de voluntariado sen precedentes para "o evento do evento"

15/09/2023
Pontevedra

Máis de 600 persoas conforman o equipo de voluntariado que dará soporte á organización da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en Pontevedra. "O que está a dicir a xente do tri (tríatlon) é que é 'o evento do evento', e ninguén quere perdelo", sinala Miguel Balea, o coordinador...

Mónica Patxot
María José Pita
Gwen Jorgensen, na Copa do Mundo de Tríatlon en Karlovy

Dous campións olímpicos de tríatlon apúntanse á I Travesía a Nado Río Lérez

14/09/2023
Pontevedra

A proximidade coa Gran Final das Series Mudniales de Tríatlon e a posibilidade de probar a zona de natación que se usará nos mundiais vai provocar unha participación de auténtico luxo na I Travesía a nado Río Lérez que organiza o Club Natación Galaico e que se celebrará este sábado...

Diego Espiño
Carreira elite masculina na Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra

Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual

14/09/2023
Pontevedra

Os mellores triatletas do panorama internacional, entre os que se atopan medallistas mundiais e olímpicos, estarán na liña de saída da Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra. Na lista de saída elite masculina estará o campión nos Xogos de Tokyo, o noruegués Kristian Blummenfelt, pero tamén o dobre medallista olímpico...

Almu Dapena
Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

Recomendacións de tráfico e mobilidade para convivir cos mundiais de tríatlon

14/09/2023
Pontevedra

O Concello de Pontevedra xunto á Policía Local elaborou un dispositivo especial de tráfico para a Gran Final das Series Mundiais, co obxectivo de minimizar o máximo posible as molestias aos veciños da cidade. A recomendación de mobilidade máis importante é a de circular, na medida do posible, usando as vías...

PontevedraViva
Carreira elite masculina na Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra

Consulta o horarios das carreiras que compoñen a Gran Final de Pontevedra

14/09/2023
Pontevedra

Pontevedra xa está preparada para vivir o seu maior evento deportivo da historia: a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Tras moitos meses de preparación, faltan moi poucos días para que comece esta festa do deporte, que encherá as rúas da Boa Vila de bo ambiente durante días. Con todo, a...

Almu Dapena
Circuíto das carreiras élite da Gran Final das Series Mundiales

Descobre os circuítos deseñados para a Gran Final das Series Mundiais

14/09/2023
Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon está xa a volta da esquina Para coñecer os detalles das probas deportivas, o infógrafo pontevedrés Xan Sabarís realizou as infografías onde se reflicten os principais datos das carreiras, horarios e por suposto os percorridos tanto pola contorna da Boa Vila como o...

Almu Dapena
Primeira Copa de Europa de tríatlon organizada en Pontevedra no ano 2008

De 2008 a 2023, quince anos de grandes eventos de tríatlon na Boa Vila

14/09/2023
Pontevedra

Londres, Budapest, Beijing, Auckland, Chicago, Gold Coast, Lausanne, Edmonton, Abu Dhabi e Pontevedra. É a lista de cidades polas que pasou a maior competición do tríatlon internaconal en modalidade olímpica, quitando os Xogos, e nela cóase a Boa Vila á altura de grandes cidades e capitais de catro continentes. Faino grazas...

Diego Espiño
Concerto de Doctor Queen nos Mundiais Multideporte 2019

Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

12/09/2023
Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais serán moito máis que tríatlon en Pontevedra, que preparou "unha programación paralela ampla e variada e que de algunha maneira marca a difrerencia con outras cidades". Así o defendeu o alcalde da Boa Vila, Miguel Anxo Fernández Lores, na presentación desa axenda que completará o...

Diego Espiño
Reunión do Comité Organizador da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

"En toda Pontevedra e Sanxenxo non hai un sitio libre" polo tríatlon

11/09/2023
Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, que se celebrará en Pontevedra este mes de setembro, é un evento que "trascende a Pontevedra, á comarca e mesmo ás Rías Baixas". Deféndeo nas súas comparecencias o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e así o fixo de novo este...

Diego Espiño
Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

O Concello promove reunións veciñais para explicar o dispositivo previsto durante o Tríatlon

09/09/2023
Pontevedra

Para xerar o menor número de molestas á veciñanza durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, o Concello promoverá unha serie de reunións coa veciñanza dos puntos máis afectados polas restricións e limitacións contempladas no dispositivo especial de tráfico. A primeira será o vindeiro martes 12 de setembro ás 20:00 horas...

PontevedraViva
Carreira elite masculina na Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra

Medallistas olímpicos e mundiais, na lista de saída da Gran Final de Pontevedra

22/08/2023
Pontevedra

A Federación Internacional de Tríatlon (World Triathlon) deu a coñecer este martes a lista de saída para a Gran Final das Series Mundiais que se celebrarán en Pontevedra o próximo mes de setembro. Trátase do gran evento do ano para o tríatlon olímpico, a menos xa dun ano para os Xogos Olímpicos,...

Diego Espiño
Reunión do Comité Organizador da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

Sanxenxo intégrase no comité organizador das Series Mundiais de tríatlon

21/08/2023
Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo formará parte do comité organizador da final das Series Mundiais de tríatlon que se van a celebrar en Pontevedra entre o 20 e o 24 de setembro. Faino tras recibir a invitación do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e da Federación Española de Tríatlon para...

PontevedraViva
Anabel Gulías, concelleira de Deportes e Promoción Económica

Unha web visibilizará e promocionará a hostalería local durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

17/08/2023
Pontevedra

A concelleira de Deportes e Promoción Económica, Anabel Gulías, anunciou este xoves a creación dunha páxina web municipal que estará ligada á organización da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon co obxectivo de promocionar a hostalería local. Esta plataforma pretende visibilizar as propostas gastronómicas da Boa Vila e poñelas ao...

Diego Espiño
Reunión do Comité Organizador da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon custará 2,8 millóns de euros

24/07/2023
Pontevedra

O maior evento deportivo dos organizados nunca en Pontevedra, a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón que terán lugar o próximo mes de setembro, deu a coñecer este luns o seu orzamento tras unha reunión do Comité Organizador celebrada no Concello de Pontevedra. "O orzamento está pechado en 2.800.000 euros",...

Diego Espiño
Presentación da campaña de captación de voluntariado para o Mundial de Triatlón

A gran final das Series Mundiais de tríatlon achégase a Pontevedra e necesita voluntariado

19/04/2023
Pontevedra

Este mércores 19 de abril, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e Miguel Balea, representante da coordinación da oficina de voluntariado, anunciaron a campaña de captación de voluntariado para as Series Mundiais de tríatlon, que se celebrará en Pontevedra en setembro deste ano.  Lores comentou que esta campaña é unha "peza...

Alba Feijoo Alonso
Juan Manuel García Tajes
Acto para celebrar que quedan 200 días para que Pontevedra acolla a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón

"En 200 días Pontevedra volverá escribir un novo capítulo da súa historia"

03/03/2023
Pontevedra

Pontevedra celebrou este venres que en 200 días volverá escribir un novo capítulo da súa historia como primeira cidade do Estado en acoller a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón, unha cita que pode achegar máis de 10.000 persoas ata a Boa Vila. A Praza de España acolleu este acto...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Delegación pontevedresa en Abu Dhabi para recoller a testemuña da organización das Series Mundiais de Tríatlon

Definido o calendario da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra

06/01/2023
Pontevedra

Faltan aínda algo máis de oito meses para a súa celebración, pero é inevitable que o 2023 deportivo comece en Pontevedra pensando xa na gran cita do ano, a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que se celebrarán na cidade o próximo mes de setembro. O maior evento dos organizados...

Diego Espiño
Presentación de Pontevedra no World Triathlon Congress de Abu Dhabi

Presentación de Pontevedra no World Triathlon Congress 2022 de Abu Dhabi

27/11/2022
Pontevedra

A comitiva pontevedresa formada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, participou na matinal deste domingo no último acto programado dentro da axenda institucional de promoción e organización da Gran Final das Series Mundiais Pontevedra 2023, falando dentro do World Triathlon Congress 2022. O...

PontevedraViva
Miguel Anxo Fernández Lores e José Hidalgo reciben en Abu Dhabi a bandeira da Gran Final das Series Mundiais de 2023

Pontevedra conta os días para a Gran Final das Series Mundiais de 2023

26/11/2022
Pontevedra

A delegación pontevedresa comandada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este sábado en Abu Dhabi a bandeira que oficializa e simboliza o cambio de sede da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Tal é así que, desde este mesmo momento, Pontevedra ten un ano para preparar e organizar o que...

PontevedraViva
Carreira elite masculina na Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra

A Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra xa ten datas: do 20 ao 24 de setembro de 2023

01/08/2022
Pontevedra

A Federación Internacional de Tríatlon (World Triathlon) confirmou este luns cales serán as datas denifitivas do que será o maior evento deportivo organizado nunca en Pontevedra, a Gran Final das Series Mundiais 2023. O gran evento do tríatlon olímpico mundial celebrarase finalmente entre os días 20 e 24 de setembro do...

Diego Espiño
Pontevedra vibra coa Copa do Mundo de Tríatlon

Pontevedra vibra coa Copa do Mundo de Tríatlon

24/07/2022
Pontevedra

Gran ambiente o vivido este domingo 24 de xullo na Boa Vila coa celebración da Copa do Mundo de Tríatlon. Era só a antesala do que chegará en 2023 coa Gran Final das Series Mundiais, pero un apertivio de gran nivel coa oportunidade de ver en directo as evolucións dos deportistas...

Diego Espiño
Cristina Saiz
Carreira elite masculina da Copa do Mundo de Tríatlon en Pontevedra

Sergio Baxter 'róuballe' a vitoria na casa a Antonio Serrat na Copa do Mundo de Tríatlon

24/07/2022
Pontevedra

A Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra pechouse este domingo 24 de xullo cunha emocionante carreira elite masculina, na que moitas miradas estaban postas no vigués Antonio Serrat, dorsal número 1 por ranking. O deportista do CGTD rozou cos dedos o triundo na casa, pero tivo que conformarse finalmente coa...

Diego Espiño
Cristina Saiz
Adestramentos de natación da Copa do Mundo de Tríatlon

Xornada de adestramentos na Copa do Mundo de Tríatlon

23/07/2022
Pontevedra

Pontevedra comeza a vibrar coa Copa do Mundo de Tríatlon. Como aperitivo á gran competición, os deportistas participantes deixáronse ver polas inmediacións da ponte dos Tirantes, onde realizaron os adestramentos do segmento de natación. De feito, entre as 10:30 e as 11:30 horas, os triatletas acudiron á zona do río para...

Cristina Saiz
Cristina Saiz
Décima novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra e Campionato Galego de Tríatlon

O XXI Tríatlon Cidade de Pontevedra, un invitado na festa da Copa do Mundo

20/07/2022
Pontevedra

A espectacular xornada de tríatlon que espera vivir Pontevedra o vindeiro domingo 24 de xullo, coa celebración dunha proba da Copa do Mundo dentro do camiño cara á Gran final das Series Mundiais 2023, contará cun engadido de deporte popular. Será coa XXI edición do Tríatlon Cidade de Pontevedra, evento do...

Diego Espiño
Reunión de coordinación para a Copa do Mundo de tríatlon

Así serán as restriccións de mobilidade pola Copa do Mundo de tríatlon

19/07/2022
Pontevedra

Pontevedra converterase o próximo 24 de xullo nun enorme circuíto de tríatlon o que, irremediablemente, provocará importantes restricións de tráfico e mobilidade en gran parte da cidade, sobre todo, na contorna do río Lérez e o centro histórico. Para coordinar os dispositivos de seguridade para esta proba, que servirá de test...

Alejandro Espiño
Campionato do Mundo de Tríatlon Cross Elite, Sub-23 e Junior no ITU Multisport

Achégase a Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra: Así serán os seus horarios

15/07/2022
Pontevedra

Pontevedra conta os días para vibrar coa Copa do Mundo de Tríatlon, competición que terá lugar o vindeiro domingo 24 de xullo como aperitivo ao que chegará en 2023 coa Gran Final das Series Mundiais. A pouco xa de volver empaparse do mellor deporte internacional, a Boa Vila ultima todos os...

Diego Espiño
Percorrido do sector ciclista deseñado para a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon 2023

Así será o circuíto da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en Pontevedra

02/06/2022
Pontevedra

A Federación Internacional de Tríatlon (ITU) aprobou a proposta do Comité Organizador da Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra 2023 en relación ao seu percorrido, que inclúe unha modificación no sector ciclista con respecto a anteriores eventos internacionais na cidade para centrarse na contorna do río. O circuíto, que será...

Diego Espiño
Depotista ruso na proba elite masculina e Sub23 do Mundial 2014 de Dúatlon de Pontevedra

A Copa do Mundo de Tríatlon en Pontevedra, sen deportistas rusos nin bielorrusos

03/03/2022
Pontevedra

A Federación Internacional de Tríatlon (World Triathlon) tomou a decisión de excluír das súas competicións os deportistas rusos e bielorrusos solidarizándose coa situación de Ucraína. Desta forma a World Triathlon segue as recomendacións do Comité Olímpico Internacional e os principios da Carta Olímpica, prohibindo a participación de atletas e oficiais rusos e bielorrusos...

Diego Espiño
Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia

Pontevedra albergará en xullo unha proba da Copa do Mundo de Tríatlon

07/02/2022
Pontevedra

A Copa do Mundo de Tríatlon aterrará en 2022 en Pontevedra, e é que a cidade do Lérez foi engadida ao calendario desta competición internacional segundo confirmou a Federación Española de Tríatlon. Trátase dun evento que servirá de test organizativo para a Gran Final das Series Mundiais que se disputará en...

Diego Espiño