Filgueira Valverde

Socios do centro de maiores de Afundación representan ante escolares 'Filgueira Valverde e o seu tempo'

O legado de Filgueira Valverde transmítese entre xeracións

19/05/2015
Pontevedra

O Café Moderno acolleu este martes a estrea oficial do novo programa interxeracional deseñado pola entidade para poñer en valor o legado e a experiencia que os maiores poden transmitir aos mozos. A figura de Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, foi a protagonista da sesión...

Mónica Patxot
Acto cívico da asociación O Burgo polo Día das Letras Galegas

Filgueira Valverde, protagonista da cidade da mañá á noite

18/05/2015
Pontevedra

Un acto institucional ás 11.00 horas no IES Sánchez Cantón abría a amplia programación e un homenaxe cívica ás 20.00 horas na praza de Curros Enríquez pechábaa. Entre unha e outra cita, transcorreu un día enteiro no que o intelectual Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado este ano no Día das Letras...

Natalia Puga
Diego Torrado
'Concerto das Letras' en homenaxe a Filgueira Valverde na sede de Afundación

Filgueira Valverde, en clave musical

17/05/2015
Pontevedra

Xosé Filgueira Valverde volveu ser o protagonista este sábado. O auditorio da Sede Afundación de Pontevedra rendeulle unha máis das homenaxes destes días con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica ao intelectual pontevedrés e, polo tanto, teñen a cidade do Lerez como eixe fundamental. O...

PontevedraViva
Presentación dos Cadernos Ramón Piñeiro 'Xosé Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura'

Trinta autores analizan a figura de Filgueira Valverde nos Cadernos Ramón Piñeiro

14/05/2015
Pontevedra

Trinta autores analizan a figura de Filgueira Valverde nos Cadernos Ramón Piñeiro, publicación que se presentou este xoves en Pontevedra. Trátase do volume XXXI, que leva por título ‘Xosé Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura’, e a súa presentación realizouna o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román...

PontevedraViva
Fernando Filgueira, presidente da Fundación Filgueira Valverde; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e Pedro Otero, de Afundación

O 'Concerto das Letras' estreará, este sábado 16, unha obra musical sobre textos de Filgueira Valverde

14/05/2015
Pontevedra

O presidente da Fundación Filgueira Valverde e fillo do intelectual homenaxeado no Día das Letras Galegas, Fernando Filgueira, presentou acompañado polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e do director xerente de Afundación, Pedro Otero, o concerto que, con motivo do Día das Letras Galegas, desenvolverase este sábado...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Entrada principal do IES Montecelo

O IES Montecelo programa unha intensa semana polas Letras Galegas

12/05/2015
Pontevedra

Co gallo da celebración dos actos da Semana das Letras Galegas, o vindeiro mércores 13 de maio ás 11.30 horas, organizado polos departamentos de Normalización Lingüística e de Biblioteca escolar, terá lugar unha conferencia coloquio, no salón de actos do centro para o alumnado do IES Montecelo, a cargo de...

PontevedraViva
Conservatorio de Música de Pontevedra

Semana das Letras Galegas no Conservatorio

12/05/2015
Pontevedra

O Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, aborda nos días seguintes unha programación especial co gallo das conmemoracións das Letras Galegas deste ano 2015. O feito de que a figura homenaxeada sexa o pontevedrés Fernando Filgueira Valverde convirte esta ocasión en algo moi especial, dado que Filgueira foi un personaxe clave tanto...

PontevedraViva
Filgueira Valverde

Afundación celebra as Letras Galegas con moi variadas propostas

10/05/2015
Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social, Afundación, pon en marcha, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas un amplo abano de actividades para conmemorar unha data emblemática para a cultura galega.   Teatralización de Filgueira Valverde e o seu tempo O Café Moderno Afundación acollerá desde o 15 ata o 31 de...

PontevedraViva
A EPAPU Río Lérez recibe o Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas

'Filgueira rima con Armenteira' do Epapu Río Lérez recibe o premio do concurso-exposición Letras Galegas

08/05/2015
Pontevedra

O alumnado e profesorado da EPAPU Río Lérez recibiu o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 na modalidade de Educación Secundaria, Formación Profesional, Bacharelato e Ensinanzas Especiais polo traballo 'Filgueira Rima con Armenteira'. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, felicitou ao centro pola súa capacidade de sintetizar en dez...

PontevedraViva
Presentación do libro "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual"

Alonso Montero presenta a Filgueira Valverde como un intelectual que "traballou dende dentro do Réxime erosionando a ditadura de Franco"

16/04/2015
Pontevedra

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, presentou este xoves na Galería Sargadelos de Pontevedra, o seu último libro "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual", unha obra que achega ao lector á figura de "o noso último polígrafo" de quen asegura foi "ao seu xeito" dende 1942 ata...

Oskar Viéitez
Diego Torrado
Inauguración da Feira do Libro Novo 2015

Comeza a Feira do Libro Novo con Filgueira Valverde como referencia

14/04/2015
Pontevedra

As novidades editoriais xa se mostran ao longo do paseo Antonio Odriozola dentro da celebración da Feira do Libro de Pontevedra que na tarde deste martes 14 inauguraba o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado entre outras autoridades pola deputada provincial de Cultura Ana Isabel Vázquez, pola concelleira de Cultura,...

Anxo Lourido
Concerto da Coral Polifónica na igrexa de San Francisco

Os 90 anos da Coral Polifónica enchen a igrexa de San Francisco

13/04/2015
Pontevedra

A igrexa de San Francisco quedou sen ocos baleiros este domingo ante a chegada de fieis e amantes da música que quixeron asistir a un acontecemento único no interior do templo: o 90 aniversario da primeira actuación da Coral Polifónica de Pontevedra.  A igrexa completou o aforamento para o concerto, no...

PontevedraViva
Filgueira Valverde con Manuel Fraga

O 'vello profesor' será homenaxeado na súa cidade cun amplo programa de actividades

24/02/2015
Pontevedra

Neste ano 2015 o autor homenaxeado no Día das Letras galegas será Xosé Fernando Filgueira Valverde. A Real Academia Galega decidiu dedicar a efeméride ao historiador, escritor, político e etnógrafo nacido en Pontevedra, que investiu boa parte da súa vida na cultura galega, na súa cidade natal e moi especialmente,...

Oskar Viéitez
Jacobo Moreira, Ana Isabel Vázquez e Román Rodríguez, do Partido Popular, ante o Museo de Pontevedra

O PP reclama ao BNG que realice actos de homenaxe a Filgueira Valverde en Pontevedra

09/02/2015
Pontevedra

O Partido Popular presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que se apoien a través das administracións locais os actos relacionados coa vida da persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas. Esta proposta foi presentada na mañá deste luns 9 polo vicevoceiro do PPdeG no Parlamento, Román Rodríguez, acompañado...

PontevedraViva
Filgueira Valverde

A Escola de Adultos Río Lérez gaña o concurso-exposición das Letras Galegas

05/02/2015
Pontevedra

O proxecto escolar 'Filgueira rima con Armenteira' da escola pública de adultos Río Lérez de Pontevedra resultou gañador do concurso escolar das Letras Galegas 2015 na categoría de educación secundaria e bacharelato, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública este xoves a...

PontevedraViva
Fondos documentais de Filgueira Valverde serán dixitalizados polo Consello da Cultura Galega

Filgueira Valverde salta á rede

03/02/2015
Pontevedra

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996) mantivo unha extensa correspondencia con Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco e a maior parte da intelectualidade galega do século XX. As máis de 500 carpetas con cartas que repousan no Museo de Pontevedra son unha mostra desa fecunda relación. Todas elas, xunto con outros documentos, serán...

PontevedraViva
Acto inaugural do Memorial Filgueira Valverde no Sexto Edificio do Museo

Filgueira Valverde, o último polígrafo

06/11/2014
Pontevedra

O XIII Memorial Filgueira Valverde xa está aquí. Este mércores comezou da man do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que defendeu a figura de Filgueira Valverde como "un polígrafo nos tempos nos que xa non quedaban polígrafos". O memorial, organizado polo Museo de Pontevedra e a Vicerreitoría do...

PontevedraViva
Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos

Unha análise sobre a vida e as circunstancias de Xosé Fernando Filgueira Valverde

20/10/2014
O Salnés

A figura de Xosé Fernando Filgueira Valverde, o erudito pontevedrés ao que o próximo ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, será analizada polo especialista Xermán Manoel Torres o próximo martes 28 ás 20.30 horas no Salón de actos da parroquia de Santa Baia de Arealonga. Segundo o investigador,...

PontevedraViva
Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos

As críticas ao seu pasado franquista empanan o Día das Letras Galegas para Filgueira Valverde

06/07/2014
Pontevedra

A elección de Xosé Filgueira Valverde como o autor que será homenaxeado co Día das Letras Galegas 2015 xerou numerosas críticas. Varios colectivos esixen unha rectificación da Real Academia Galega, recordando a vinculación do pontevedrés coa ditadura franquista. Pero tamén foi defendida por outros estamentos sociais e culturais, entre eles,...

PontevedraViva
Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos

Xosé Filgueira Valverde será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015

05/07/2014
Pontevedra

O escritor e historiador Xosé Filgueira Valverde será o autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas 2015. A decisión tomárona os membros da Real Academia Galega da Lingua reunidos este sábado na Coruña. Buscan recoñecer así a súa "extensa obra de carácter divulgativo", que convertiu ao pontevedrés nunha...

PontevedraViva