A recente Feira Franca foi unha edición "absolutamente de récord", segundo o goberno municipal. Niso están de acordo todos os colectivos que participan na súa organización.
Aínda que o Concello móstrase remiso a dar cifras de asistencia porque considera "imposible" acertar cun dato sequera aproximado, Carme da Silva sinalou que se...
O tradicional Día do Neno pon o peche ás Festas da Peregrina cunha xornada de sorrisos e diversión.
Os descontos de ata un 50% nalgúns casos fixeron que moitos nenos aproveitasen a ocasión para montar por última vez este ano nos coches de choque, o saltamontes, a noria e as demais...
"Foi unha semana esgotadora para todas as persoas que quixeron vivir as festas", comezou a alcaldesa en funcións, Carme da Silva a súa valoración "moi positiva" da Semana Grande da Peregrina.
"O máis bonito", segundo a responsable da concellería de Festas, foi ver as rúas "cheas de xente".
Igualmente destacou a "tranquilidade...
Era un dos concertos máis esperados e José María Sanz, máis coñecido como Loquillo, non defraudou. Desde o escenario da praza de España logrou que miles de persoas de todas as idades coreasen as súas cancións.
O cantante catalán fixo un repaso dos seus últimos traballos e en concreto do seu...
A praza da Ferrería volveu encherse de público que quería gozar dun dos concertos con máis acento local destas festas, o recital de corais de Pontevedra.
Ao escenario subíronse os integrantes da Coral Voces Amigas de Mourente, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campaño, Coral Polifónica...
O concerto de Loquillo na Praza de España con miles de persoas deu paso á tirada de lumes de lucería que supoñían o peche da semana grande das Festas da Peregrina.
O lanzamento dos fogos artificiais realizouse, como é tradición, na avenida de Corbaceiras e centos de persoas presenciaron o espectacular...
Pel e Pau, unha agrupación de música tradicional galega, logrou divertir e sorprender os centos de asistentes ao concerto que ofreceron este sábado na praza da Ferrería dentro da programación das Festas da Peregrina.
Os músicos lograron que o público coreara e acompañara con aplausos cada unha das pezas que interpretaban...
O fenómeno fan volveu á praza de España coas Festas da Peregrina. Nesta ocasión, un dos grupos musicais de moda, os madrileños Dvicio, subía ao escenario para que os milleiros de persoas, a maioría delas adolescentes, non pararan de berrar durante un concerto que desatou paixóns.
A banda interpretou algúns dos...
Daniel Minimalia ofreceu un intenso concerto durante este venres na praza da Ferrería dentro da programación das Festas da Peregrina. O músico ourensán ofreceu un concerto en que repasou os temas dos seus primeiros discos.
No outono, o compositor ao que comparan co multiinstrumentista británico Mike Oldfield presentará o seu terceiro...
A compañía Festa Escénica presentou o seu espectáculo 'Viaxe Submarino' na praza de España durante este venres 19 ante a presenza de numeroso público, a maioría deles que se achegaban a ver esta montaxe tras participar na Batalla de Flores.
A montaxe recreaba o fondo oceánico e 18 personaxes mostran diversas...
Centos de persoas seguiron durante a tarde deste venres 19 de agosto o percorrido da tradicional Batalla de Flores das Festas da Peregrina.
A pesar de que o día amencera con choivas, o ceo quedou despexado durante a tarde e o desfile realizouse con total normalidade. Nesta ocasión, as nove carrozas...
Un ano máis, Pontevedra volverá ver o demo polas súas rúas correndo tras os máis pequenos que, á súa vez, tentarán arrincarlle o rabo. A Festa do Demo chegará o 23 de agosto, véspera de San Bartolomeu, retomando unha tradición previa á Guerra Civil.
A concelleira de Festas, Carme da Silva,...
Os temas máis emblemáticos da música tradicional latinoamericana apropiáronse na noite deste xoves da praza da Ferrería da man do trío Los tres soles del Paraguay, que colleu a substitución da programación musicial das festas da Peregrina.
A súa actuación era a aposta da programación para o público de maior idade....
A Batalla de Flores que se celebrará este venres 19 de agosto polas rúas do centro ten todo o seu dispositivo preparado, incluido un operativo especial de tráfico deseñado pola Policía Local de Pontevedra para permitir que as nove carrozas poidan percorrer a cidade sen incidencias e tentar minimizar a...
Este mércores 17 de agosto, un día no que tamén se conmemora o Día da Galiza Martir, a música e a poesía galegas foron as protagonistas da programación festiva noctura das festas da Peregrina. O público non foi tan masivo nas prazas da Ferrería e España como nas noites anteriores,...
Unha das principais citas para o público infantil durante as festas, a Batalla de Flores, ten todo o seu dispositivo preparado.
Un total de nove carrozas percorrerán este venres 19 de agosto as rúas do centro da cidade acompañados de grupos de animación musical e charangas.
O desfile partirá ás 19:00 horas...
Tras unha misa solemne na basílica de Santa María, San Roque volveu saír en procesión este martes 16 de agosto, no seu día. Realizou o percorrido habitual custodiado polos seus fieis polas avenida de Santa María, as rúas Ferreiros e Alfonso XII e o Paseo de Colón, para terminar na...
Os incondicionais do grupo pontevedrés Furious Monkey House e os da banda indie madrileña Izal libraron unha batalla na noite deste martes. Competiron en fervor e furor cara aos seus ídolos e finalmente acabaron en empate. Os dous subiron ao escenario nunha praza de Pontevedra cunha hora e media de...
O de Bertín Osborne xa se anunciaba como o concerto máis multitudinario das festas da Peregrina este ano. E as previsións cumpríronse. Miles de persoas abarrotaron a praza de España na noite deste luns para asistir á actuación. Nun agosto no que todas as citas musicais gratuítas programada polo Concello...
Este martes 16 de agosto, festividade de San Roque celebrarase, como é habitual, a procesión en honor ao santo na súa parroquia de Pontevedra e, para garantir que todo transcurra con seguridade e sen incidencias, a Policía Local de Pontevedra deseñou un dispositivo especial de tráfico.
A procesión sairá ás 21.00...
Os dous días de celebracións de peñas desta fin de semana, sábado e domingo, deixaron nas rúas de Pontevedra un total de 23 toneladas de lixo que tiveron que recoller os integrantes do operativo especial de limpeza posto en marcha pola empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos.
A xornada...
Recentemente tivo varias citas co público pontevedrés, que nos últimos meses puido velo no ciclo Imperdibles no Pazo da Cultura de Ponteveda ou no Atlantic Fest da Illa de Arousa, pero non por vir máis a miúdo Xoel López ten menos tirón. O artista coruñés protagonizou este domingo a segunda...
A virxe da Peregrina viviu este domingo o seu día grande e, ademais, un día de estrea. Na procesión que percorreu as rúas de Pontevedra a partir das nove da noite, luciu o seu manto orixinal, ese que leva 43 anos sen poder portar, desde 1973. O manto, de cor...
A primeira xornada de celebracións de peñas desta fin de semana, a deste sábado 13, encheu a cidade de Pontevedra de miles de mozos, deixou a última hora do día unha inxente cantidade de lixo, pero non provocou case ningún incidente reseñable en canto á seguridade cidadá.
Un balance provisional da Policía...
Todos os concellos de Pontevedra, a través da Deputación Provincial, renovaron este domingo a súa devoción pola Virxe Peregrina. O responsable de facelo foi o deputado de Interior, Carlos López Font, que por segundo ano consecutivo realizou a ofrenda institucional da provincia á súa patroa.
López Font realizou a ofrenda, como é...
O forte vento e a proliferación de incendios forestais cos que empezou a semana levara ao Concello de Pontevedra a pensar na suspensión da tirada de fogos de artificio coa que cada ano gozan os pontevedreses no primeiro sábado das festas da Peregrina.
Finalmente, a dirección do vento cambiou e os...
Co tirón dun grupo local, La Casa de los Ingleses, e o atractivo dunha das bandas actuais con maior proxección nacional e internacional, Dorian. Así de forte estreouse este sábado o ciclo de concertos das festas da Peregrina e a oferta convenceu ao público, que encheu a praza de España.
O...
Un ano máis, e xa van 45, a asociación 'Amigos de Pontevedra' acudiu fiel á cita coa Peregrina e entregou os premios cos que cada agosto recoñecen o traballo de persoas e entidades que, dalgunha forma, "por prestixio ou traballo, contribuíron ao engrandecimiento da nosa cidade". Este ano tocoulle a...
Primeiro sábado de touros na feira taurina da Peregrina, pero segundo sábado de peñas nas rúas da cidade. Hai unha semana os grupos de mozos invadiron o centro histórico coas súas camisetas de peñas taurinas a pesar de que non había actividade na praza e este sábado volveron. Fixérono nun...
A Virxe Peregrina é inevitablemente a protagonista destas festas de verán que levan en Pontevedra dous meses e este sábado chegaron á súa semana grande. Dálle nome ás festas e, para os crentes, é o centro de atención xa desde este sábado, cando o traslado da carroza procesional desde a...
As festas da Peregrina xa están aquí. Este sábado o pregón do escritor e xornalista Rodrigo Cota deu o pistoletazo á semana grande dos festexos destacando a Pontevedra como "motor cultural" e animando aos pontevedreses e visitantes a gozar da programación e o ambiente festivo que xa invaden a cidade....
Desde este sábado 13 ata o 21 de agosto estará aberta na rúa Serra a festa máis doce de todas as que celebran en Pontevedra ao longo do ano, a Feira do Mel, que este ano chega á súa 26 edición coa promesa de ofrecer o mesmo producto de sempre, pero...
As festas da Peregrina comezan este sábado, pero as actividades veñen xa de moi atrás da man da programación de Festas de Verán e este venres, tan só unhas horas antes de que o pregón sirva para dar o pistoletazo de saída á semana grande, viviron un dos momentos favoritos...
Durante a tarde deste venres aínda se estaban instalando algúns dos postos de venda na zona das Palmeiras e algunhas das tómbolas na Alameda. As espectaculares atraccións xa se atopan en funcionamento na avenida Raíña Vitoria e a espectacular nora na contorna do edificio administrativo da Deputación.
Precisamente, por primeira vez...
As rúas e prazas do centro histórico despediron este xoves a sétima edición do festival Itineranta, con catro novos espectáculos que fixeron as delicias dos presentes.
O festival de espectáculos de rúa itinerantes contou cunha alta participación de público en cada unha das xornadas.
Ata 11 compañías e grupos de todo o...
A Policía Local de Pontevedra pon en marcha un operativo especial con motivo do inicio das Festas da Peregrina que se centrará nos arredores da praza de San Roque durante este fin de semana con motivo da celebración da Feira Taurina.
Desta forma, o sábado 12 de agosto, desde as 08:00...
O festival de espectáculos de rúa itinerantes, Itineranta, enche xa de música, teatro, danza ou circo as rúas e prazas da cidade na que é a súa sétima edición.
As 11 compañías e grupos presentes na sétima edición do festival iniciaron a actividade este martes con tres espectáculos polas rutas habilitadas...
"Espectáculos para todos os públicos e idades" eleverán o nivel de Itineranta na súa sétima edición.
O festival de espectáculos de rúa itinerantes contará este ano con 11 compañías e grupos "de toda a Península" durante os días 9, 10 e 11 de agosto.
Itineranta consolidouse no calendario festivo da cidade e...
A música non deixou de invadir a rúa durante os dous últimos días en Pontevedra. Catorce concertos en tan só dúas xornadas encheron de música as principais prazas do centro da cidade da man do programa municipal Paseantes, que este venres e sábado celebrou a súa segunda edición incrementando o...
Pasear por Pontevedra e atopar un concerto de balde nunha das súas prazas. É o que ofrece o programa municipal Paseantes na súa segunda edición.
Estes itinerarios musicais a pé iniciáronse este venres cunha serie de concertos na Praza de Abastos, Praza da Leña, Glorieta de Compostela ou Praza de Ourense...
Os 15 Bolos despedíronse ata o próximo ano. A iniciativa, que pretende visibilizar á escena musical emerxente de Pontevedra, volveu a ser todo un éxito. Foron moitos os que, a pesar da calor reinante, achegáronse á praza de Curros Enríquez.
Alí gozaron, en formato festival, do últimas sete bandas que participaron...
Sete bandas pontevedresas iniciaron este mércores unha das actividades que forman parte da programación das Festas do Verán, os 15 Bolos. Desafiando á calor reinante, durante toda a tarde Visceral Eyes, Australia, Skirl, Cora Sayers, Isanda, The Grave Dolls e Glitter&Litter mostraron a súa música na praza de Curros Enríquez.
O...
Durante o venres 29 e o sábado 30 de xullo, dar un paseo polo centro de Pontevedra pode implicar, de paso, asistir a un concerto de balde a pé de rúa. Todo grazas ao programa municipal Paseantes, que este ano chega á súa segunda edición dentro da programación das Festas...
Cunha espectacular tirada de fogos de artificio, o barrio do Burgo puxo o broche de ouro ás súas festas anuais en honra do seu patrón, o Santiaguiño. Foron en total cinco días cheos de actividades lúdicas e culturais que tiveron, este luns 25 de xullo, o seu día grande.
Centos de...
Os 15 Bolos xurdían hai catro anos coa intención de promocionar os grupos locais. Con aquela intención, varias prazas da cidade servían de escaparate para estas formacións, acompañando a afluencia estival aos devanditos emprazamentos.
Agora, Concello e Local de Ensaio propuxéronse profesionalizar o evento musical e para iso cambiaron o formato...
Chega o momento dos nenos na programación das Festas de Verán da cidade. Ábrese este luns co ciclo de teatro, música, maxia e circo "Cultura no Camiño", que continuará con Cinema na Lúa, unha programación basicamente para público familiar, e seguirá co xa clásico Animatrón que se celebrará nas Palmeiras...
A oficina da Feira Franca xa pechou as súas portas ao rematar o prazo para a recepción de solicitudes que permiten participar nas ceas e comidas, na hostalería e tamén nos mercados da Feira Franca.
A organización segue constatando que continúa crecendo o número de solicitudes e supera as 250 peticións...
O espectacular ritmo da batería de Naíma Acuña no concerto ofrecido durante a noite deste xoves na Praza do Teucro onde se volveu a congregar numeroso público fiel á cita co Festival Internacional de Jazz deixa esta noite paso a outro dos espectáculos sonoros máis rechamantes desta importante cita musical,...
Cun concerto vibrante comezaron as actuacións estrela no Festival Internacional de Jazz de Pontevedra este mércores 13. As cadeiras instaladas pola organización quedaron escasas para seguir o concerto de Sumrrá e numeroso público optou por sentar directamente sobre a pedra da Praza do Teucro para seguir a actuación destes músicos...
Este mércores 13 comeza o Festival Internacional de Jazz coa actuación de Sumrrá a partir das 22.30 horas na praza do Teucro.
Esta formación conta cunha traxectoria moi sólida e con proxección internacional certificada con festivas en Bolivia, Bulgaria ou Sudáfrica.
Naceron no ano 2000 e levan xa cinco discos, dous deles...
Durante doce horas, desde o mediodía ata medianoite, o Parque do río Gafos converteuse nun espazo onde a música electrónica, as tatuaxes, piercings e os sorrisos de diversión brillaron con motivo da celebración da Festa FLOP, a conmemoración do orgullo do colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e persoas transgénero (LGTB).
Durante...
Tolerancia, amor libre, paz e goce. Con estes elementos chega unha nova edición do Festival FLOP (Free Live Orgullo Pontevedra), a festa do Orgullo que se celebrará este sábado 9 desde as 12.00 ata as 00.00 horas no Parque dos Gafos, nas proximidades ao antigo muíño.
A concelleira de Festas, Carme...
O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 24 anos e faino ao grande. Do 13 ao 18 de xullo, a cidade será escenario de diversos concertos e actividades relacionadas con estes estilos musicais con artistas de primeiro nivel.
Este martes 5, a concelleira de Festas, Carme da Silva...
A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza un ano máis, e xa van dezasete, o Memorial Ricardo Portela que o sábado fará unha homenaxe a Basilio Carril, gaiteiro e lutier.
A mostra de artesanía, actuacións e Pasarrúas animarán o centro urbano de Pontevedra o venres 8...
Bertín Osborne, o presentador de 'Mi casa es la tuya', será unha das estrelas dos concertos da Semana Grande das Festas de Peregrina. O cantante de 'Boas noites, señora' actuará na Praza de España o próximo 15 de agosto.
A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentaba este xoves a programación...
O próximo pleno municipal previsto para o venres 1 de xullo, incluirá unha moción de Marea Pontevedra que propón que o Concello garanta o acceso aos carruseis, tiovivos, norias e demais, para os menores que viven en familias en situación de pobreza.
Desde Marea recoñecen que hai outras necesidades prioritarias, pero...
Segue o pulso entre o Concello de Pontevedra e os donos das atraccións de feira. A poxa pola que o goberno municipal licitou os postos para as festas de Santiaguiño do Burgo e a Peregrina non gustou a parte do sector e ameazan non só con boicotealas senón tamén con...