A Feira Franca de 2019 será "especial", segundo avanzou a concelleira de Festas, Carme da Silva. Celebrarase o vixésimo aniversario da festa medieval de Pontevedra e o Concello traballa para que esta edición sexa inesquecible.
Non se ampliará o espazo que se destina a esta festa, pero si haberá novidades en...
As rúas e espazos públicos do centro histórico e contorna énchense de artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, oleiros, redeiras, carpinteiros, músicas, xograres, campesiños, toneleiros, artistas, comerciantes, damas e cabaleiros, listos para mergullarse no pasado e participar nas numerosas actividades propostas ...
A participación activa da veciñanza é a crave do éxito da Feira Franca de Pontevedra.
A Concellería de Festas informa que son 233 as ceas a xantares na rúa de particulares autorizados.
Ademais hai 143 permisos para hostalaría e 68 autorizacións para a instalación de postos do mercado medieval (31 para postos de artigos...
As xustas medievais seguen a ser o espectáculo que máis público reúne dentro da programación da Feira Franca. Un ano máis os aplausos atronaron no coso de San Roque durante a celebración do torneo....
A recreación do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve, Art Monium e Pablo Méndez animación, un espectáculo moi colorido cheo de música e con gran ambientación no que os grandes protagonistas foron dous enormes bois que empuxaban o carro co viño.
Percorreron as rúas Santa Clara, Sarmiento,...
Coa Feira Franca en plena celebración o goberno local de Pontevedra xa pensa na do próximo ano cando se cumprirá o 20 aniversario deste evento.
"Xa estamos discurrindo cousas", sinalou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que adiantou que o Concello fará "un esforzo orzamentario" con tal ocasión "para darlle un certo...
Achégase a Feira Franca. DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO
O venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro, Pontevedra viaxará un ano máis ao século XV para lembrar que no ano 1497 o rei Henrique IV de Castela lle outorgou á Boa Vila, daquela a principal vila de Galicia,...
Unha cita ineludible para os pontevedreses, un peche apoteósico dos días de verán, unha festa creada por e para a xente, unha viaxe ao século XV, unha cidade en pé de festa, unha vivencia única de familias e veciños, isto e máis é a Feira Franca.
Desde hai anos, a Boa...
Unha Feira Franca sen sustos. O Concello desprega un amplo dispositivo de seguridade co fin de atender calquera tipo de incidencia que se poida rexistrar (acoso, furtos, agresións, indisposicións...) ao tempo que retoma a campaña posta en marcha coas festas de Peregrina para informar e facer un chamamento a cidadanía...
Esta fin de semana na que Pontevedra regresa á Idade Media a través da Feira Franca, o tempo responderá e favorecerá que todas as celebracións se celebren sen incidencias meteorolóxicas máis alá das posibles incomodidades vencelladas ao feito de que os termómetros cheguen ata os 33 graos de temperatura.
Segundo a...
A proposta do PP de Pontevedra de que o Concello instale un Punto Morado de atención contra a violencia machista durante a celebración da Feira Franca destapou unha discrepancia de opinións respecto diso entre o goberno local da capital e a Subdelegación do Goberno. Mentres a concelleira de Muller (BNG)...
A celebración na cidade da Feira Franca os días 31 de agosto e, especialmente, o sábado 1 de setembro motivou a elaboración dun dispositivo especial de tráfico por parte do Concello de Pontevedra no que participarán efectivos da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e voluntarios.
Ante unha esperada masiva afluencia de...
Este sábado, con motivo da Feira Franca, a Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Pontevedra establecerá un dispositivo policial especial para a prevención de furtos e outros ilícitos contra o patrimonio que cada ano adoitan proliferar aproveitando as aglomeracións do evento festivo.
O operativo estará integrado por axentes uniformados e...
O Concello de Pontevedra avanza no deseño do plan de seguridade que se aplicará este venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro para garantir que a Feira Franca se celebre sen incidentes. O operativo implicará a Policía Local, os Bombeiros, Cruz Vermella, Protección Civil e ambulancias e...
O grupo municipal do Partido Popular ven de solicitar a instalación dun Punto Lila durante a celebración da Feira Franca que conte con persoal especializado en violencia machista e que permita así denunciar posibles casos de agresión sexual, ademais de ofrecer asesoramento e axuda.
Dende as filas populares consideran que "este...
Do repertorio grecolatino que dá información sobre Teucro, o mítico fundador de Pontevedra, quizais sexa a Biblioteca do Pseudo Apolodoro onde se recolle o de máis relevo. Servíndose dunha versión predominante, sabemos que o noso personaxe tivo de pai a Telamón, rei de Salamina, un dos argonautas e irmán de...
Este martes comezaban os traballos para desinstalar o escenario dos concertos musicais da Praza de España e das atraccións e postos situados en Raíña Vitoria e Alameda con motivo das Festas da Peregrina. Segundo anunciou a concelleira de Festas, Carme da Silva, está previsto que este operativo, se non se...
A Feira Franca xa está en marcha. Este venres abre a oficina da festa na súa situación habitual e o Consello Aberto xa acordou que a temática desta edición serán as lendas.
A oficina da Feira Franca abrirá no edificio municipal de Alfonso XIII (o antigo conservatorio). A oficina estará aberta...