A recente Feira Franca foi unha edición "absolutamente de récord", segundo o goberno municipal. Niso están de acordo todos os colectivos que participan na súa organización.
Aínda que o Concello móstrase remiso a dar cifras de asistencia porque considera "imposible" acertar cun dato sequera aproximado, Carme da Silva sinalou que se...
A concelleira de Festas, Carme da Silva, considera que a Feira Franca deste ano foi a de maior afluencia de público que se lembra nas dezasete edicións que se celebraron da feira do medioevo.
Destacou o feito de que ante tantos visitantes non se produciu ningún incidente destacable e recoñeceu que...
Milleiros de persoas asistiron á celebración da Feira Franca e a pesar da aglomeración de persoas nas rúas de Pontevedra, non se rexistraron incidentes de gravidade durante a xornada do sábado.
Os Bombeiros do parque de Pontevedra só tiveron que acudir alertados porque aparecía fume nunha pila de palla, pero a...
Novo éxito da festa medieval pontevedresa nesta décimo sétima edición. Nunha xornada anticiclónica, milleiros de pontevedreses e de turistas percorreron as rúas do centro histórico e da súa contorna para participar das actividades e dos xantares nesta cita de recreación do século XV.
Os establecementos hosteleiros e restaurantes estiveron ateigados de...
O coso de San Roque segue enchéndose todos os primeiros sábados de setembro para gozar do Gran Torneo Medieval. Nesta ocasión, o grupo de especialistas Hípica Celta volvía ofrecer unha dobre sesión do seu espectáculo e a praza de touros enchíase con público procedente de distintos puntos da península.
O enfrontamento...
Coincidindo co primeiro Torneo Medieval da tarde, ao redor das 17.30 horas, o hashtag #HaiFeiraFranca converteuse en tendencia para todos os usuarios en España da rede social Twitter.
Desta forma, Pontevedra foi protagonista deste servizo ao ser Trending Topic coa Feira Franca debido a que numerosos twitteros colgaban fotografías e vídeos...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrou a súa satisfacción polo éxito que está a lograr esta nova edición da Feira Franca que cumpre xa 17 anos. Sinalaba que a festa segue crecendo e que xa se tiveron que habilitar outros espazos máis aló dos habituais no centro...
Coa recreación da entrada do viño procedente de Castela iniciouse a festa da Feira Franca en Pontevedra. Personaxes medievais portando carros ou dacabalo trasladaron os barrís polas rúas da cidade tal e como se facía cando o rei Enrique IV concedía no ano 1.467 o privilexio de celebrar unha xornada...
Con seres mitológicos, música, iluminación espectacular e acrobacias comezou a Feira Franca 2016 a través da montaxe que as compañías Kull d'Sak e Troula ofrecían durante a noite deste venres na praza da Ferrería baixo o título de 'Sons dá Terra'. Centos de persoas, algunhas delas xa disfrazadas coas súas...
Chega a primeira fin de semana de setembro e, con ela, a Feira Franca. A cita á que cada ano acoden miles de persoas comezou xa este venres e o punto de partida foi, como es habitual, a entrada na cidade dos pregoeiros a cabalo que percorreron as rúas do...
A asemblea do persoal da Policía Local de Pontevedra emitiu un comunicado con motivo da celebración da Feira Franca, que se celebrará este sábado 3 de setembro. Sinalan que existe falta de previsión na organización destes eventos e ante a alfuencia masiva de público que se agarda piden que aqueles...
O plan de seguridade da Feira Franca estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 4 de setembro.
A partir das 12 horas, un equipo conxunto de Policía Local e de Bombeiros inspeccionará os postos coa fin de comprobar que se adaptan ás normas establecidas...
Pontevedra xa está engalanada para celebrar este venres e sábado a XVII edición da Feira Franca, festa declarada de interese autonómico e que concentra a miles de persoas durante esas dúas xornadas. Nesta ocasión, o fío condutor será a música.
A Concellaría de Festas remata estes días coa ambientación das rúas...
A Policía Local e o Concello de Pontevedra organizaron, un ano máis, un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os inconvintes que poden chegar a xerar a Feira Franca e o importante tránsito de persoas e vehículos que invaden toda a cidade, especialmente nas entradas e saídas. Como ven sendo habitual,...
Unha ducia de escolares participaron no primeiro dos catro obradoiros infantís organizados polo Museo. Foron os encargados de iniciar as actividades previas da Feira Franca no Museo de Pontevedra. Os participantes realizaron os seus propios cantorais. O obxectivo da actividade consistiu en coñecer os libros de música medieval aproveitando que...
A conta atrás para a Feira Franca xa está en marcha e, con ela, o inicio das actividades complementarias ao evento, como os obradoiros infantís que adoitan celebrarse no Museo de Pontevedra. Darán comezo o martes 30 de agosto, pero xa está aberto o prazo para inscribirse. Para anotarse será...
A Asociación Animalista Libera quere que a próxima Feira Franca, que se celebrará na cidade entre o 2 e o 3 de Setembro, reduza o uso de animais como espectáculo e tamén como ambientación, seguindo a liña doutros municipios que xa apostan por representacións históricas sen empregar seres vivos, garantindo...
A oficina da Feira Franca xa pechou as súas portas ao rematar o prazo para a recepción de solicitudes que permiten participar nas ceas e comidas, na hostalería e tamén nos mercados da Feira Franca.
A organización segue constatando que continúa crecendo o número de solicitudes e supera as 250 peticións...