Para a organización, esta última Feira Franca foi "a máis numerosa que se lembra". É a valoración que fixo a concelleira de Festas, que recoñeceu que as previsións que se manexaban tanto no goberno municipal como no Consello da Feira Franca quedaron "desbordadas" ante a elevada participación. Calcúlase que unhas...
Rexistráronse poucos incidentes durante a celebración da Feira Franca este sábado 5, non obstante, a actuación de dous mozos puido causar un grave altercado ao dedicarse ás 04.00 horas a prender lume a varias alpacas de palla situadas na praza de Curros Enríquez e na rúa Don Gonzalo, en pleno...
A festa da feira medieval rematou xa avanzada a noite nunha das citas con máis participantes dos últimos anos. O centro histórico contou con 250 comidas e ceas autorizadas particulares pola organización ademais das 140 mesas instaladas polos hostaleiros nas súas terrazas...
Os personaxes da época medieval tamén participaron nunha voda. Os invitados formaron parte do desfile e acompañaron a chegada do viño dende Santa Clara ata a praza da Peregrina.
A la cita tampoco faltaron los representantes políticos desde el alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, hasta el portavoz del grupo...
Calcúlase que ao redor de 200.000 persoas se encontran durante a xornada deste sábado gozando das primeiras horas da celebración da XVI edición da Feira Franca. A festa medieval dedicada, nesta ocasión, á alquimia volveu vivir a entrada da carruaxe do viño que, este ano, contaba cuns convidados especiais, os...
Chegou a Feira Franca 2015 ao grande. Literalmente. O espectáculo inaugural da cita anual de Pontevedra coa Idade Media incluíu na noite deste venres tres personaxes máxicos sobrevoando as cabezas das miles de persoas que se congregaban na praza da Ferrería, a acróbatas descolgándose dende unha grúa de varios metros...
Chega a alquimia e a ciencia do porvir coa presenza de cabaleiros percorrendo o centro histórico sobre os seus cabalos para anunciar o inicio da XVI edición da Feira Franca que durante este venres e, sobre todo, na xornada deste sábado 5 de setembro encherá as rúas de entusiasmo e...
Todo está preparado en Pontevedra para que, a partir desta noite, a cidade regrese ao medievo. Chega unha nova edición -a décimo sexta- da Feira Franca, unha festa que se estreará ao grande cun espectáculo visual e musical que terá a alquimia, tema central deste ano, como fío condutor. Iniciarase...
O recinto da Feira Franca será obxecto dunha limpeza continua durante todo o tempo que dure a festa, este venres 5 e este sábado 6 de setembro. Un operativo especial garantirá que todo quede limpo a primeira hora do sábado logo da celebración da tarde e da noite do venres,...
Un servizo especial de autobuses para "dar solución aos problemas de aparcamento" que se rexistran na cidade de Pontevedra durante a celebración da Feira Franca. É a proposta que fixo este mércores o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira.
Os populares entenden que dada a gran afluencia de xente que veñen...
A Feira Franca obriga, como ven sendo habitual, a poñer en marcha un amplo dispositivo de seguridade para axudar a que a festa transcorra sen ningún tipo de problema. Despregarase os próximos venres e sábado, 4 e 5 de setembro, por toda a cidade porque aínda que a actividade estará...
"Hai Feira Franca de alquimistas e filósofos, da ciencia, das cociñas, das mulleres sabias, dos portadores, dos ensinantes. Vinde! Hai Feira Franca dos magos, das sereas, dos seres escuros e dos seres de luz...". Un convite que non poden rexeitar os miles de pontevedreses e foráneos que ano tras ano...
A Feira Franca de Pontevedra tamén se poderá vivirno Museo Provincial, que un ano máis volve sumarse á popular celebración.
Farao organizando uns obradoiros de heráldica dirixidos principalmente ao público infantil e que se realizarán nos soportais do edificio Fernández López (Praza da Leña).
Desta forma os máis pequenos terán á súa...
Os preparativos para a celebración da Feira Franca seguen avanzando na cidade e inclúen, dende hai días, a revisión das bocas de rego e hidrantes de todo o recinto no que se situará a festa os días 4 e 5 de setembro.
Varias dotacións do Corpo de Bombeiros de Pontevedra levan...
A Feira Franca está xa en camiño e, para quentar motores, o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) está a achegar a realidade desta celebración aos nenos pontevedreses. Os pequenos de 6 a 12 anos son os protagonistas dos obradoiros infantís que se realizan as mañás dos luns e...
O sábado, terceira xornada de penas e un dos días grandes das Festas da Peregrina, deixou en Pontevedra tres persoas atendidas por intoxicación etílica. O balance, aínda que sempre é negativo, permite ao Concello realizar unha valoración positiva das Festas de Verán. O sábado foi un día no que na...
Está aberto o prazo para tomar parte nos obradoiros para nenos e nenas que se celebrarán no CITA enmarcados nos eventos previos á Feira Franca. As persoas interesadas poden inscribirse por teléfono (986 860 587) ou na propia oficina da Feira Franca da rúa Alfonso XIII (ao carón da biblioteca...
A Feira Franca xa ten tema central para a súa próxima edición, a decimo sexta, que se celebrará os días 4 e 5 de setembro. Será a alquimia. Así o decidiu o Consello desta festa.
Entenden que se trata dunha ciencia moi vinculada coa Idade Media e que permite abordar moitas...