O traballo realizado polo ilustrador Kiko da Silva para a campaña do Entroido de Pontevedra 2020 e a poxa da ilustración orixinal do cartaz acaban de repercutir directamente na investigación contra o cancro. O tamén director de O Garaxe Hermético doou os 4.922 euros recadadas con ese proxecto ao grupo...
Cerdedo-Cotobade celebrou este domingo a súa festa de despedida do Entroido 2020 en Carballedo co tradicional Domingo de Piñata, que incluíu un espectacular e vistoso desfile entre a Praza do Concello e o pavillón municipal, o concurso de disfraces e outras actividades paralelas, que rexistraron unha afluencia de máis dun...
O entroido máis longo da comarca, o de Poio, non chegou aínda ao seu fin pero si se aproxima despois de despedir este sábado o Galo Fodorico.
A popular figura, disfrazada de albanel para lembrar a necesidade de construír un novo centro de saúde no municipio, foi pasto das chamas na...
Con case unha semana de atraso pero Sanxenxo puido gozar ao fin do día grande do seu entroido, co desfile de adultos aprazado o pasado domingo 1 de marzo polo mal tempo.
Aproveitando esta vez si unha xornada amable no meteorolóxico, o roteiro dos participantes contou co apoio de numeroso público...
A Policía Local de Poio desenvolverá un dispositivo especial de tráfico durante a celebración do Enterro do Galo Fodorico, unha das actividades estrela da programación do Entroido.
A comitiva partirá ás 20.30 horas deste sábado da contorna da antiga escola unitaria do Sartal, ata chegar á Praza do Mosteiro, onde terá...
Un total de once comparsas xa comprometeron a súa participación no desfile de Entroido que terá lugar este sábado, a partir das 16:30 horas, polas rúas do centro de Campo Lameiro. O Concello destina este ano para premios máis de 5.000 euros e os interesados en participar no concurso de...
O entroido pontevedrés aínda non terminou. Os encargados de ampliar a festa durante un par de semanas máis será a Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo que, ao longo das próximas fins de semana, organizará a oitava edición o Entroido da parroquia.
Os organizadores explicaron que, nesta ocasión, a festa dividirase en...
A chuvia que caeu este sábado obrigou a acurtar o desfile do Entroido da Lama pero, en ningún caso, impediu que máis dun milleiro de persoas deran renda solta ás súas ganas de festa e animaran as rúas máis céntricas do municipio.
A organización tivo que dar por concluído o desfile...
A pesar da ameaza de choiva, o Entroido de Pontevedra puido despedirse ao grande. Fíxoo, como é habitual, despedindo entre as lapas ao seu personaxe máis entrañable, o loro Ravachol, que ardeu en plena Praza da Ferrería entre as bágoas e o pesar do cortexo fúnebre que, de rigoroso loito,...
A choiva, que caeu con certa intensidade na recta final da noite, desluciu unha Mostra da Parodia que, este venres, levou a diversión do Entroido ás principais rúas e prazas do centro histórico, nas que dez agrupacións fixeron as delicias do público.
Todas elas, sen dúbida, demostraron grandes doses de humor...
O comité de Entroido de Bueu decidía nas últimas horas suspender o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, unha cita tradicional da feta carnavaleira da vila, que estaba prevista para este domingo 1 de marzo.
As previsións meteorolóxicas apuntan a que se rexistrarán numerosas chuvias durante a fin de...
A agrupación Os do Val do Lérez coroouse na noite deste xoves na final do Certame de Murgas e converteuse en gañadora da cita por cuarto ano consecutivo.
Esta cita fundamental do Entroido de Pontevedra volveu encher este xoves o Pazo da Cultura, como sucede cada ano e cunha imaxe que...
O Entroido pontevedrés celebrará este venres, 28 de febreiro, a XXII Mostra da parodia polas prazas e rúas da cidade.
As actuacións comezarán ás 22.30 horas en distintos espazos.
As agrupacións participantes son as seguintes:
"Os do Val do Lérez", na Praza de España.
"Vamos a todo", nos Soportais da Ferraría.
"Amoriños de Bora", na...
A segunda semifinal do Concurso de Murgas, celebrada este mércores, deixou cinco agrupacións finalistas que se disputarán ser as grandes triunfadoras do tradicional concurso de Entroido.
Son as Murgas do Equipo Ja, Leña Verde, Os do Val do Lérez, Jana de leria y Tropa de Moncha a caralla.
A gran final comezará...
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, subiuse ao escenario este Mércores de Cinza para participar dos actos do Entroido e non dubidou en mostrar o seu "movemento sexy" seguindo o ritmo da festa.
Foi ao remate do desfile infantil que percorreu as rúas do centro urbano desde as cinco da tarde...
Desde as 17.00 horas, decenas de persoas achegábanse este mércores de Cinza pola Casa Mortuoria situada no antigo local do Ateneo Santa Cecilia, a institución que organiza desde 1976 este acto festivo con especial protagonismo no Entroido de Marín, o Enterro da Sardiña. Unha cita que fixo fronte ao mal...
Campañó celebrou este mércores a súa tradicional Corrida da Rosca, festa recuperada hai uns anos polos veciños desta parroquia pontevedresa.
A parroquia reviviu esta divertida tradición, cuxas primeiras referencias nos libros de historia local datan da primeira década do século XX.
Os participantes, maioritariamente nenos e nenas da parroquia, participaron con disfraces...
A tripulación do Burla Negra volveu a navegar polo centro histórico de Pontevedra na "Noite Pirata". En comparación coas multitudinarias citas que acompañan ao Entroido pontevedrés está é a menos participativa de todas.
Benito Soto, o popular pirata da Moureira, enfrontouse un ano máis nunha épica batalla contra franceses e ingleses....
Centos de piratas invadiron na tarde deste martes a praza da Ferrería como aperitivo para a incursión prevista durante a Noite Pirata que a partir das 22.00 horas encherá as rúas do centro con Benito Soto e a súa Burla Negra, a fragata británica Morning Star e o barco francés...
Ás oito comparsas que tradicionalmente participan no desfile do Entroido da Lama sumarase nesta ocasión unha novena agrupación, Os Miúdos de Arcade. Iso fará que a festa, que terá lugar o sábado 29 de febreiro ás 17.00 horas, apunte a ser a máis multitudinaria da vila.
Xunto as comparsas xa confirmadas,...
"Ides morrer todos aquí. Xa vos aviso". Así llo advertiu a actriz María Carrera ao público asistente ao Concurso de Murgas respecto ao récord de participación e a duración do espectáculo.
Sete foron as murgas que subiron ao escenario na primeira xornada: Os de Soremay, Os de Noalla, Romanox, Os...
Este domingo, a localidade de Cerdedo celebraba a festa de apertura do Entroido cun primeiro desfile de disfraces organizado polo Concello de Cerdedo-Cotobade. A continuación desenvolvíase o concurso e unha festa na que participaron centos de persoas tanto nas rúas como nas instalacións do pavillón.
As creacións 'Géminis' obtiña o premio...
Este domingo celebrouse o Desfile do Entroido de Marín que estivo animado por oito comparsas e sete grupos.
O desfile arrincou ás cinco da tarde da Praza do Regueiro percorrendo a Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal e Parque Eguren.
O xurado concedeu o primeiro premio en...
Ás cinco da tarde deste domingo saíu o desfile de Poio desde a avenida da Porteliña, en San Salvador, ata o cruzamento do Casal e Gráficas Anduriña, en San Xoán.
Premios Especiais Animación
1º premio: O que temos que facer (12)
2º premio: De agora en diante o Paritorio vai ser ambulante (25)
3º...
No concello de Cuntis, despois do desfile das comparsas, grupos, parellas e individuais, os Premios do Concurso de Entroido foron para:
Individuais
1. Tómbola s.l.
2. Ratón Pérez
3. Mary Poppins
4. Rey Misterio
Parellas
1. Titanic 2
2. Familia caracol
3. Roqueritas
4. Bomboncitos
Grupos
1. Chapante Khan
2. Lancha das tentacións
3. Vámola a rascar
4. Tu cara me suena
Comparsas
1. David...
O Entroido de Pontevedra bate un récord de participación. O Concurso de Murgas do Entroido contará este ano con 13 agrupacións nas semifinais do luns e do mércores.
Á final do xoves, 27 de febreiro, pasarán as 5 finalistas.
Todas as actuacións das Murgas serán no Pazo da Cultura a partir das...
O gran desfile de Entroido en Pontevedra duraba máis de catro horas e contou coa participación de centos de persoas, seguidas nas beirarrúas por milleiros de espectadores que viron o percorrido desde a rúa Xosé Malvar ata a súa finalización na Alameda.
Estes son os premios deste ano:
Premios de Comparsa
1º premio...
O gran desfile de Entroido en Pontevedra duraba máis de catro horas e contou coa participación de centos de persoas, seguidas nas beirarrúas por milleiros de espectadores que viron o percorrido desde a rúa Xosé Malvar ata a súa finalización na Alameda.
Estes son os premios deste ano:
Premios de Comparsa
1º premio...
O gran desfile de Entroido en Pontevedra duraba máis de catro horas e contou coa participación de centos de persoas, seguidas nas beirarrúas por milleiros de espectadores que viron o percorrido desde a rúa Xosé Malvar ata a súa finalización na Alameda.
Estes son os premios deste ano:
Premios de Comparsa
1º premio...
O gran desfile de Entroido en Pontevedra duraba máis de catro horas e contou coa participación de centos de persoas, seguidas nas beirarrúas por milleiros de espectadores que viron o percorrido desde a rúa Xosé Malvar ata a súa finalización na Alameda.
Estes son os premios deste ano:
Premios de Comparsa
1º premio...
Foi unha das múltiples anécdotas que deixou o Desfile de Entroido de Pontevedra, a avaría do barco do Rey Urco.
O "Burla Negra" foi a pique coma o Titanic ao chegar á rúa Michelena, xusto cando pasaba fronte o monumento ao Loro Ravachol.
O contratempo afectou á marcha do desfile ata que...
"Comede, bebede e pasádeo ben, pero con sentidiño", dixo un ano máis o Rey Urco abrindo así o Entroido de Pontevedra.
A bordo dun barco chegou á praza da Ferrería o monarca carnavalero acompañado dos pregoeiros, a Asociación Recriativa de Xeve que reivindicou a contribución do rural en "á cultura e...
As fases clasificatorias da 'Corrida do Galo' serán as encargadas de dar comezo á programación do Entroido de Barro, o domingo día 23 de febreiro a partir das 17:30 horas en todas as parroquias, tomando a testemuña ás 18:00 horas o baile de domingo de entroido do Centro Cívico organizado...
Chega a semana da burla, a retranca, a máscara, da festa. Entramos no entroido e PontevedraViva Radio mira cara a estas citas festivas e os seus protagonistas. Florencio Chantrero e Rosa Filgueira son membros da Asociación Recreativa de Xeve, colectivo que este venres 21 encargarase de ofrecer o pregón. Nesta...
O desfile do Entroido de Marín estará animado por oito comparsas e sete grupos, segundo avanzou o goberno municipal tras pechar o prazo de inscrición.
En concreto, serán as comparsas Amigos dos rapaces, Os do Pinsel, Os Miúdos, Os Solfamidas, Os Paparrulos, Os da Caña, Amoriños de Bora e Flores de...
Todo está preparado xa en Cuntis para o desfile do Entroido, que percorrerá as rúas do municipio este domingo 23 de febreiro, a partir das 16:30 horas.
O concurso de disfraces e comparsas, que sairá do pavillón municipal, está dotado con 3.000 euros en premios a repartir en diferentes categorías.
O prazo...
Corría o ano 1990 cando un grupo de persoas da asociación cultural 'Trompos ós Pes' de Marín decidiu engadir unha nova actividade á súa programación: participar no Entroido. Aquel ano lograron reunir a 30 persoas, capitaneadas por Mari, Teresa e José Luis 'Joni', vestíronse ao máis puro estilo rumbeiro e...
O venres comezará o Entroido de Bueu cunha programación na que gozarán tanto novas como adultos. Pola mañá os centros educativos encherán de vida as rúas da vila co seu tradicional desfile. Ás 17:00 horas o Concello tomará a substitución organizando un taller de decoración da Praza Massó, na que...
A visita do rei Urco ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, marcará, como é tradicional, o inicio do Entroido pontevedrés. O encontro está previsto para este venres ás 21 horas na Praza da Ferrería, onde terá lugar unha hora antes unha degustación popular de filloas.
A comitiva do rei...
O venres 21 de febreiro comeza o Entroido de Poio cunha novidade. Este ano a Praza do Mosteiro acollerá, a partir das 18:00 horas, a Festa da Filloa, que incluirá, ademais de degustacións gratuítas, actividades para os máis cativos e bailes. Habilitarase unha carpa nas inmediacións do Concello para dar...
Marín celebra o día 24 de febreiro, como cada luns de entroido, a festa do Merengue e dá Lameiriña. O evento, que conta con 36 anos de tradición, está promovido e organizado pola asociación Amigos dos Rapaces con colaboración do concello de Marín.
A celebración comezará ás 12:00 horas coa saída...
O cartel de Ravachol está a ser máis noticia do que habitualmente conleva. A diatriba política ven de poñer en cuestionamiento o procedemento seguido para o deseño desta mensaxe festiva. Por ese motivo, fronte ao inicialmente previsto en PontevedraViva Radio, preguntamos a Kiko da Silva, ilustrador e autor deste cartel,...
O centro de Pontevedra pecharase este sábado ao tráfico para a celebración do tradicional desfile de entroido e para garantir a seguridade de peóns e condutores, a Policía Local xa ten trazado un dispositivo especial de tráfico.
O tránsito de vehículos cortarase nas rúas Xosé Malvar (desde o cruzamento coa rúa...
Dúas citas festivas integran a programación da semana grande do Entroido en Cerdedo-Cotobade. Será o Domingo de Entroido en Cerdedo, que se celebrará o 23 de febreiro; e o Domingo de Piñata en Carballedo, que pechará as festas o 8 de marzo.
Ambas festas terán lugar tras celebrar nas vésperas os...
O loro Ravachol, emblema do entroido pontevedrés, xa forma parte doutra icónica marca galega: Sargadelos. Na galería da rúa Oliva e con motivo do inicio do Entroido, foi presentada este mércores unha figura inspirada no paxaro máis famoso da cidade. A figura será de venda exclusiva na tenda que Sargadelos...
A comunidade educativa da Escola de Educación Infantil (EEI) de Verducido decidiu tomarse estas datas de festa do Entroido como ferramenta para reivindicar o centro e evitar que leven a cabo recortes por parte da Consellería de Educación que poñan en perigo o seu futuro.
Para levar a cabo a súa...
Por vez primeira, Pontevedra contará cun espazo reservado para que as persoas con mobilidade reducida poidan ver sen problemas o desfile do Entroido.
Será grazas a unha plataforma de dez metros, que estará situada na Praza de España, ao carón da casa consistorial. É o lugar onde tamén se sitúa o...
O ilustrador Kiko da Silva anunciou que doará 4.992 euros ao grupo de Xenes e Enfermidade do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Este equipo, que está encabezado polo doutor José Manuel Castro Tubío, realizou importantes avances ao descubrir que...
Os empresarios da Rúa Forno de Caldas decidiron decorar a súa rúa para a celebración do entroido. Comerciantes, hostaleiros e veciños colaboraron á hora de engalanar este espazo da zona antiga da vila termal con banderines de cores, cintas, antefaces, chapeus ou máscaras entre outro tipo de elementos típicos destas...
O Entroido de Marín xa se respira no ambiente da vila. Esta semana, comeza unha programación completa, pensada para o goce de todos os públicos, que continúa coas tradicións entroideras da vila e que pretenden ser un referente na comarca.
Este martes, 18 de febreiro, ás 20.00 horas terá lugar a inauguración da...
Máis de 200 persoas participaron xa na primeira edición do programa 'O meu Xacobeo: 8 fitos do Camiño de Santiago'. Esta iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura, en coordinación co Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, consta de oito excursións, a través das cales os participantes teñen ocasión de...
Ás 19.22 horas deste luns vai pecharse a poxa aberta por Kiko da Silva na web Todocolección para optar a conseguir a ilustración orixinal do loro Ravachol que este ano constitúe o cartel do Entroido pontevedrés.
A obra é unha reinterpretación do traballo 'Comedian', do artista italiano Maurizio Cattelan, que se...
Os pontevedreses gozaron este venres 14 de febreiro do espectáculo das madamas e os galáns que iniciouse na Praza da Ferrería da cidade.
Xunto coa banda de música percorreron ata 30 persoas as diferentes prazas e rúas animando a cidadanía a coñecer e vivir esta tradición que se remóntase ao século...
O martes 25 de febreiro será a xornada en que Ponte Caldelas celebrará a cuarta edición da Festa de Entroido. A cita está prevista na antiga discoteca Reivi coa posibilidade de acceso a público de todas as idades, especialmente dirixido a familias.
Ás 17.00 horas comezará a festa que se alongará...
O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolleu este xoves a presentación do Entroido de Cobres, unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que encherá de música e cor este venres pola tarde o centro de Pontevedra, e entre os días 22 e 25 de febreiro percorrerá...
Obradoiros, concursos, bailes, parodias e desfiles, centran a programación do Entroido no municipio de Sanxenxo que empeza o sábado 22 de febreiro cunha festa con desfile e animación musical no Club de Xubilados de Portonovo, organizada pola Asociación Neen@s.
Os "Entroidiños", uns obradoiros de disfraces destinados a nenos de 3 a...
O Concello de Poio abriu este luns o prazo de inscrición para participar no Desfile de Entroido do vindeiro 23 de febreiro, na que será unha das grandes citas da extensa programación. Os interesados en tomar parte na actividade teñen ata o día 18 para anotarse.
Como xa é habitual, haberá...
A Concellería de Cultura de Vilaboa acaba de poñer en marcha a campaña #Oentroidounsentimento, coa que busca expandir a todo o municipio o orgullo de ter un dos entroidos máis espectaculares de Europa, o de Cobres.
Para o Concello, o Entroido é tradición, sentimento, orgullo e a orixe de Vilaboa e...
Bueu segue apostando por combinar tradición e modernidade para revitalizar o Entroido. A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Silvia Carballo, presentaba este venres as actividades que se desenvolverán con motivo desta festa na vila.
Diferentes colectivos que forman parte do Comité do Entroido participaron para elaborar un programa que descansa...
O Concello de Moraña xa ten organizado o programa de actividades do Entroido 2020, que incluirá o tradicional desfile de disfraces polas rúas do núcleo urbano de Santa Lucía cun concurso no que se repartirán 1.725 euros en premios e unha festa infantil no Mércores de Cinza.
O desfile de Entroido...
Maurizio Cattelan fíxose famoso pola venda por 120.000 dólares da súa obra 'Comedian', un traballo artístico no que aparecía pegado un plátano á parede con cinta americana. O ilustrador Kiko da Silva aproveitou esta idea para realizar o cartel do Entroido deste ano que se presentaba este venres no Concello...
O Concello do Grove celebrará o seu Entroido desde o 20 de febreiro ata o 1 de marzo. O programa dará comezo o xoves 20 de febreiro co xa tradicional xoves de comadres e compadres en diferentes establecementos da vila.
O venres 21 de febreiro, a partir das 17:00 horas, terá lugar...
O Concello de Poio presentou o programa do Entroido 2020 que inclúe catro enterros, filloas e "moita troula", nunha festa grande, tanto pola súa duración como polo contido da súa programación, que neste ano inclúe varias novidades.
O alcalde, Luciano Sobral, a concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez, e integrantes...
É a crónica dunha morte anunciada. Unha das comparsas de maior tradición do entroido pontevedrés vaino deixar despois destas festas. Os integrantes de Amoriños de Bora decidiron colgar as plumas e os abelorios hai cinco anos, polo seu 25 aniversario. O cansazo de tan longa traxectoria e o alto investimento...
A Lama prepara un dos entroidos máis multitudinarios dos últimos anos. O desfile terá lugar o sábado, día 29, a partir das 17 horas e o Concello xa anunciou que limitará a participación para garantir o espectáculo e evitar que a duración do desfile eternícese. Doutra banda, a edición do...
O entroido pontevedrés, a partir deste mesmo ano, non será o mesmo. Unha das agrupacións máis coñecidas e queridas polo público decidiu poñer fin á súa actividade. Trátase de Amoriños de Bora que, a través dun comunicado, anunciou que o Entroido de 2020 será o último no que participarán.
Tras trinta...
As escalinatas do Concello de Marín acolleron este venres a presentación do cartel e da programación do Entroido da vila marinense, que coma sempre encherá de cor, de diversión e de música a localidade desde o martes, 18 de febreiro, ata o mércores 26, ademais das dúas tracas finais en...
Ata 6.000 euros en premios repartirá Bueu durante as festas do Entroido, tanto no Enterriño da Sardiña, que se celebrará o mércores 26 de febreiro ás 17.00 horas, como no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que terá lugar o 1 de marzo a partir da mesma hora.
As persoas e...
A concellería de cultura do Concello de Sanxenxo publicou este luns as bases para participar nos concursos de disfraces, tanto infantil como adultos, que se van a desenvolver dentro da programación prevista para a celebración do Entroido.
O desfile e concurso infantil celebrarase o mércores 26 de febreiro, e o de...
O Entroido 2020 está á volta da esquina e en Cerdedo-Cotobade ultiman a programación de actividades para esta festa, que arrancará esta fin de semana cos obradoiros de elaboración de disfraces e de carrozas en seis parroquias do municipio.
O obxectivo desta actividade, destacan desde o Concello, é favorecer as relación...
A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo organiza por octavo ano o "Entroido de Salcedo" que contará con desfile de comparsas e disfraces, enterro do Pichinela e baile.
O programa festivo empeza o sábado 14 de marzo no novo centro social da Casa Verde onde, a partir das 18 horas, haberá un concerto...