Entroido 2019

Desfile do Entroido de Poio

O Entroido de Campelo reunirá a 16 comparsas

19/03/2019
Poio

A concelleira de Festexos do Concello de Poio, Lida Salgueiro presentou o Entroido de Campelo que terá lugar este domingo 24 de marzo e incluirá un encontro de comparsas e grupos. Participarán Os 100tolos, Queimatasas, Solfamidas, A Vila, As Sonecas, Paparrulos, Samieira, Canecos, Flores de Carnaval, Cor Café, Os da Caña,...

PontevedraViva
Desfile do Entroido de Poio

Poio celebrou o Entroido por partida dobre e ata a madrugada

17/03/2019
Poio

Poio celebrou este sábado o Entroido por partida dobre co Desfile e a queima do Galo Fodorico. A festa empezou pola tarde e prolongouse ata a madrugada. Desde a organización agradeceron a "ampla participación" en todas as categorías e "a resposta da veciñanza enchendo a PO-308", o esforzo e o gran...

Diego Torrado
Desfile do Entroido de Marín

O Desfile do Entroido de Marín supera as mellores previsións

16/03/2019
Marín

O Concello de Marín destacou que as mellores previsións víronse este venres "amplamente superadas". O aprazado Desfile de Entroido 2019 resultou "un éxito de participación e bateu todos os récords que se lembran", aseguran. A alcaldesa María Ramallo felicitou ao pobo marinense por este "éxito sen precedentes". Dúas horas e vinte minutos...

PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Poio 2018

Operativo de tráfico polo desfile do Entroido de Poio

14/03/2019
Poio

O desfile do Entroido de Poio terá lugar este sábado 16 de marzo, con saída a partir das 17:30 horas do Pazo de Besada e chegada á Avenida de San Xoán (Casal), percorrendo as Avenidas da Porteliña, Sineiro e San Xoán. Haberá un dispositivo de tráfico durante o transcurso do desfile...

PontevedraViva
Desfile do Entroido 2019 en Sanxenxo

Intensa xornada festiva en Sanxenxo cos desfiles de Entroido infantil e adulto

11/03/2019
Sanxenxo

Sanxenxo viviu este domingo unha 'macroxornada' festiva. O mal tempo obrigou a suspender as grandes celebracións do seu Entroido e, por iso, decidiu concentrar nun mesmo día os seus dous grandes desfiles, o infantil e o de adultos. Tanto pola mañá como pola tarde, centos de persoas mostraron os seus imaxinativos...

PontevedraViva
Paxaro de mal agoiro en Bueu

Bueu despide cun gran desfile o seu paxaro de mal agoiro

11/03/2019
Bueu

Bueu viviu este domingo o día grande do seu Entroido. Foi co desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, no que participaron máis dunha vintena de grupos que percorreron as principais rúas da vila enchéndoas de música e diversión. Tras o desfile e a posterior queima do paxaro -que foi...

PontevedraViva
Peliqueiros de Caroi

Carballedo celebra o seu Domingo de Piñata con Antonio Fraguas na memoria

11/03/2019
Cerdedo-Cotobade

Con disfraces tradicionais baseados nos estudos etnográficos de Antonio Fraguas, autor homenaxeado coas Letras Galegas 2019. Así participaron os veciños de sete parroquias de Cerdedo-Cotobade no tradicional Domingo de Piñata de Carballedo que, nesta ocasión, quixo ter un recordo especial para un dos seus veciños máis ilustres. Así, veciños de Carballedo,...

PontevedraViva
Desfile do Entroido en A Lama

Un milleiro de persoas enchen de cor o 'sambódromo' da Lama

10/03/2019
A Lama

O Entroido da Lama celebrouse este sábado en medio dunha gran festa. Unhas mil persoas participaron no desfile organizado polo Concello, convertendo o centro da vila nun auténtico 'sambódromo' cheo de música e fantasía. Oito comparsas e dez grupos locais acompañaron ao resto de participantes individuais ou en parella que, ao...

PontevedraViva
Queima do Loro Ravachol no Entroido 2019

Un Ravachol feminista sucumbe ao lume para despedir o Entroido de Pontevedra

10/03/2019
Pontevedra

Adeus ao Entroido. Tras nove intensos días, a festa chegou á súa fin. Fíxoo coa tradicional despedida ao noso personaxe máis entrañable: o Loro Ravachol. As súas cinzas son xa o único que queda del. Polo menos, ata o ano que vén que, sen ningunha dúbida, regresará con forzas renovadas...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
As murgas animan a rúa na despedida do Entroido 2019

As murgas amenizan a sesión vermú na recta final do Entroido de Pontevedra

09/03/2019
Pontevedra

Era algo que facían desde hai anos por decisión propia pero, a partir de agora, esta tradición oficialízase. Varias das agrupacións que participaron no recente concurso de murgas saíron á rúa para amenizar a sesión vermú do último día do Entroido de Pontevedra. A música e as irónicas letras destas murgas...

PontevedraViva
Diego Torrado
Mostra da Parodia 2019

A irreverente Mostra da Parodia enche de bo humor as rúas de Pontevedra

09/03/2019
Pontevedra

O humor, a diversión e, por que non dicilo, certo descaro volveron a converter a Mostra da Parodia nunha cita obrigada do Entroido pontevedrés. Once participantes encheron de música, cor e moitas risas as principais prazas do centro histórico da cidade. O Equipo Ja, un dos grupos máis coñecidos do Entroido...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Desfile de Entroido na Lama

A Lama espera un milleiro de persoas no seu desfile de Entroido

08/03/2019
A Lama

Un total de oito comparsas, varios grupos con carrozas e música, así como numerosas persoas a título individual e en parella inscribíronse xa no desfile de Entroido da Lama. O Concello espera que sexa o máis multitudinario dos que se celebren na comarca do Verdugo-Oitavén este ano. O desfile terá lugar...

PontevedraViva
Participantes no desfile de entroido 2016 en Poio

Carballedo acolle o Entroido Antonio Fraguas coa evocación aos disfraces tradicionais

08/03/2019
Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade vai celebrar esta fin de semana un novidoso Entroido Antonio Fraguas, que servirá como unha nova homenaxe ao persoeiro protagonista das Letras Galegas 2019, coa evocación de oito parroquias aos disfraces tradicionais e ás costumes desta festa recollidas polo Fillo Predilecto nos seus traballos etnográficos sobre...

PontevedraViva
Vitoria de Os do Val do Lérez na final de Murgas 2019

VÍDEO.- Por terceiro ano consecutivo, Os do Val do Lérez vencen na final de Murgas

08/03/2019
Pontevedra

Os do Val do Lérez volveron triunfar, por terceiro ano consecutivo, na final do Concurso de Murgas do Entroido pontevedrés. A agrupación ofreceu o seu habitual humor recreando escenas singulares ocurridas en Pontevedra durante os últimos meses como a do condutor do camión que golpeaba cun martelo a dous ciclistas...

PontevedraViva
PontevedraViva
Mostra da Parodia 2018

Doce agrupacións participarán este venres na Mostra da Parodia

07/03/2019
Pontevedra

O entroido pontevedrés encara xa a súa recta final, mirando cara á súa segunda fin de semana que comezará cunha das citas obrigadas para o público, a Mostra da Parodia. A XXV edición deste evento, que se  tranformó nos últimos anos para encher de cor diferentes prazas e rúas do centro...

PontevedraViva
Enterro da Sardiña en Marín

A Sardiña xa descansa en paz en Marín

07/03/2019
Marín

Desde as 17.00 horas, decenas de persoas achegábanse este mércores de Cinza pola Casa  Mortuoria situada no antigo local do Ateneo Santa Cecilia, a institución que organiza desde 1976 este acto festivo con especial protagonismo no  Entroido de Marín, o Enterro da Sardiña. Unha cita que fixo fronte ao mal...

PontevedraViva
PontevedraViva
Corrida da Rosca en Campañó

O Entroido chega a Campañó coa súa tradicional Corrida da Rosca

06/03/2019
Pontevedra

Campañó foi este mércores o epicentro das actividades do Entroido de Pontevedra. Foino coa celebración da súa tradicional Corrida da Rosca, festa recuperada hai uns anos polos veciños desta parroquia pontevedresa. As instalacións do hotel Campaniola acolleron esta divertida tradición, cuxas primeiras referencias nos libros de historia local datan da primeira...

PontevedraViva
Diego Torrado
Entroido de Inverno en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas celebra baixo teito o seu Entroido de Inverno

06/03/2019
Ponte Caldelas

A cuberto da chuvia. É o xeito no que Ponte Caldelas celebrou este martes o seu Entroido de Inverno. Unha gran festa de disfraces no local da discoteca foi a opción elixida. A festa, que comezou ás 18 horas e contou coa animación musical do grupo 3.com, prolongouse ata ben entrada...

PontevedraViva
Noite Pirata 2017

O temporal frustra o desembarco pirata en Pontevedra

05/03/2019
Pontevedra

Pontevedra queda sen Noite Pirata. As intensas choivas e os fortes refachos de vento que acompañan, desde primeira hora da tarde, á xa coñecida como borrasca Laura, impediron o desembarco da tropa do Burla Negra de Benito Soto e o seu combate polo centro histórico co barco inglés Morning Star...

Alejandro Espiño
Festa Pirata do Entroido Infantil 2019 no Recinto Feiral

Os aprendices de pirata resgárdanse da choiva no Recinto Feiral

05/03/2019
Pontevedra

O temporal de choiva e vento que azouta Pontevedra desde mediodía deste martes non desalentou os aprendices de pirata que cada ano esperan con ansia a festa infantil que precede ao espectacular desembarco pirata nocturno. A celebración trasladárase da praza da Ferrería ao Recinto Feiral en previsión de mal tempo, de...

PontevedraViva
Mónica Patxot
Primeira semifinal do Concurso de Murgas 2019

VÍDEO.- O humor sarcástico asalta a primeira semifinal do Concurso de Murgas

05/03/2019
Pontevedra

Moito humor, moita crítica e moi bo ambiente. A noite deste luns no Pazo da Cultura volveu ser unha festa da ironía coa primeira semifinal do Concurso de Murgas, que encheu de público o auditorio pontevedrés. Cinco agrupacións enfrontáronse no escenario nunha sesión presentada, un ano máis, por María Carrera. Los de...

PontevedraViva
PontevedraViva
Ovos tirados na rúa

Martes de Entroido, o día da "huevada"

05/03/2019
Pontevedra

O fenómeno repítese este Martes de Entroido. Convocados de maneira espontánea e citados nas redes sociais a mocidade pontevedresa xa sabe que é o día da "huevada". Entre a cidadanía algúns piden que se oficialice e forme parte da programación. Facendo paralelismos coa legalización da marihuana, argumentan que desa forma poderase...

Oskar Viéitez
Presentación do Loro Ravachol do Entroido 2019

Un reivindicativo Ravachol ponse en pé para unirse á "revolta feminista" do 8M

04/03/2019
Pontevedra

O segredo mellor gardado do Entroido pontevedrés foi desvelado. Ravachol únese á loita feminista e, nesta ocasión, súmase en corpo e alma á mobilización do 8 de marzo reclamando unha sociedade máis igualitaria. Ataviado cunha túnica morada e cun lazo violeta, que simboliza a loita pola igualdade e contra a violencia...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Festa pirata infantil

O mal tempo obriga a trasladar a Festa Pirata infantil ao Recinto Feiral

04/03/2019
Pontevedra

A choiva e o forte vento que, segundo as previsións de Meteogalicia, azoutarán a cidade de Pontevedra este martes 5 de marzo obrigan a variar a programación o Entroido. Segundo explicou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, a Festa Pirata infantil, que se ía a celebrar ás cinco da tarde...

Alejandro Espiño
Desfile de Entroido 2019

Mira este vídeo con algunhas das mellores imaxes do desfile de Entroido

04/03/2019
Pontevedra

Este luns 4 de marzon continúan as celebracións do Entroido en Pontevedra. Durante a mañá vai desenvolverse o V Campamento Urbano Entroido Pirata para escolares con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. A partir das 17.00 horas, a praza da Verdura acollerá obradoiros de xogos e de disfraces...

PontevedraViva
Final do Concurso de Murgas de 2018

Así será o reparto dos 11 grupos participantes no XXVIII Concurso de Murgas

03/03/2019
Pontevedra

O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra volverá a encherse de público esta semana con motivo da celebración da 28 edición do Concurso de Murgas na que neste ano participarán once agrupacións. A primeira eliminatoria será este luns 4 de marzo, a partir das 21.00 horas. Nela participarán Los de...

PontevedraViva
As agrupacións que tiñan previsto participar no desfile en Poio marchan tras o anuncio da suspensión

Suspenden o desfile do Entroido de Poio por causas meteorolóxicas

03/03/2019
Poio

Na avenida de  Porteliña atopábanse xa algunhas das agrupacións que tiñan previsto participar no gran desfile do  Entroido de Poio con indumentarias e material. Pero ao redor das 16.00 horas, un vehículo con megafonía anunciaba a suspensión deste percorrido de disfraces. Minutos máis tarde, a Policía Local confirmaba esta suspensión. A...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Anuncio do desfile cancelado en Marín

O mal tempo obriga a aprazar o desfile do Entroido de Marín ao mércores 6

03/03/2019
Marín

O goberno local de Marín decidía ao redor das 14.00 horas suspender o Gran Desfile de disfraces e carrozas previsto para a tarde deste domingo. Segundo comunicaba a través de redes sociais, as previsións meteorolóxicas obrigan a adoptar esta decisión. Agárdase unha xornada de chuvia e vento ao longo da...

PontevedraViva
Actividades do Entroido 2019 no CEIP de Ponte Sampaio

A comunidade escolar do CEIP de Ponte Sampaio disfrázase e corre detrás do Galo

03/03/2019
Pontevedra

O CEIP de Ponte Sampaio celebra o  Entroido cun amplo programa de actividades que se iniciaba este venres coa degustación de doces típicos desta época do ano, que finalizaba co festival de  Entroido no que participaron as familias, o profesorado e o alumnado do centro. O festival comezaba cun pregón de...

PontevedraViva
Desfile do Entroido 2019 (e 7)

Desfile do Entroido de Pontevedra - Galería 7

03/03/2019
Pontevedra

A alta participación no desfile deste 2019 levou a que a comitiva rematara ao redor das 21.30 horas. Numerosas persoas seguiron o percorrido polas rúas máis céntricas da cidade. Estes son os premios do desfile de Pontevedra 2019 Premios de Comparsa 1º premio Amoriños de Bora dorsal 5 2º premio Os da Caña Dorsal...

Diego Torrado
Desfile do Entroido 2019 (6)

Desfile do Entroido de Pontevedra - Galería 6

03/03/2019
Pontevedra

Estes son os premios do desfile de Pontevedra 2019 Premios de Comparsa 1º premio Amoriños de Bora dorsal 5 2º premio Os da Caña Dorsal 2 3º premio Solfamidas Dorsal 9 4º premio Las flores del carnaval dorsal 7 5º premio Os paparrulos Dorsal 4 6º premio Os Miúdos Dorsal 6 Premio único extraordinario grupos/comparsas Ravachol 2019 • Comercio...

Diego Torrado
Desfile do Entroido 2019 (5)

Desfile do Entroido de Pontevedra - Galería 5

03/03/2019
Pontevedra

Estes son os premios do desfile de Pontevedra 2019 Premios de Comparsa 1º premio Amoriños de Bora dorsal 5 2º premio Os da Caña Dorsal 2 3º premio Solfamidas Dorsal 9 4º premio Las flores del carnaval dorsal 7 5º premio Os paparrulos Dorsal 4 6º premio Os Miúdos Dorsal 6 Premio único extraordinario grupos/comparsas Ravachol 2019 • Comercio...

Diego Torrado
Desfile do Entroido 2019 (4)

Desfile do Entroido de Pontevedra - Galería 4

03/03/2019
Pontevedra

Estes son os premios do desfile de Pontevedra 2019 Premios de Comparsa 1º premio Amoriños de Bora dorsal 5 2º premio Os da Caña Dorsal 2 3º premio Solfamidas Dorsal 9 4º premio Las flores del carnaval dorsal 7 5º premio Os paparrulos Dorsal 4 6º premio Os Miúdos Dorsal 6 Premio único extraordinario grupos/comparsas Ravachol 2019 • Comercio...

Diego Torrado
Desfile do Entroido 2019 (1)

Longo, numeroso e espectacular desfile de Entroido - Galería 1

02/03/2019
Xeral

O gran desfile de Entroido en Pontevedra duraba máis de catro horas e contou coa participación de centos de persoas, seguidas nas beirarrúas por milleiros de espectadores que viron o percorrido desde a rúa Xosé Malvar ata a súa finalización na Alameda. Estes son os premios deste ano: Premios de Comparsa 1º premio...

PontevedraViva
PontevedraViva
Os escolares do CEIP de Marcón disfrázanse de indios

Touro sentado acampa no Colexio de Marcón

02/03/2019
Pontevedra

O Centro de Educación Infantil e Primaria de Marcón decidía adornarse con plumas e lanzar sinais de fume recuperando as tradicións dos indios americanos con motivo da celebración da chegada do Entroido. Os escolares realizaron uns  tipis mentres que os adultos, pais e profesorado, levaban a cabo uns talleres para elaborar...

PontevedraViva
Pregón do Entroido 2019: Os Solfamidas

VÍDEO.- Os Solfamidas inician "o mellor Entroido do mundo" con Lores tocando o bombo

01/03/2019
Pontevedra

A chuvia apareceu no inicio deste Entroido 2019 pero son "lágrimas de alegría", en palabras reales do monarca Urco, que desde o escenario invitaba aos centos de persoas que se achegaron á praza da Ferrería a comer, beber e "fartarse con sentidiño" ao longo da semana. Antes, a comparsa encargada de...

PontevedraViva
PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Poio 2018

Corte de tráfico e desvíos polo Entroido en Poio

01/03/2019
Poio

A Policía Local de Poio deseñou o dispositivo especial de tráfico para o desfile do Entroido que terá lugar o vindeiro domingo 3 de marzo co fin de garantir a seguridade viaria e o normal desenvolvemento da festa. Os cortes de tráfico programados na PO-308 serán dende as 15:00 horas ata...

PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Marín 2017

Domingo de Entroido con festa en Cerdedo

01/03/2019
Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade vai iniciar este domingo, 3 de marzo, a súa programación do Entroido 2019 cunha gran festa en Cerdedo que incluirá os habituais concursos de disfraces, inchables e toro mecánico, animación musical e sorteo dunha televisión entre os asistentes. O evento, que contará con servizo de bar a...

PontevedraViva
O Rei Urco chega a Pontevedra para abrir o Entroido 2018

O rei Urco e o pregón dos Solfamidas marcan o inicio do Entroido de Pontevedra

28/02/2019
Pontevedra

O Entroido de Pontevedra xa está aquí. A recepción municipal ao rei Urco, que precederá ao pregón que dará a comparsa Os Solfamidas, suporá o inicio de nove días de troula na cidade. Xunto antes da chegada da comitiva do rei Urco haberá unha degustación de filloas na praza da Ferrería....

PontevedraViva
Desfile de Entroido na Lama

O "sambódromo" da Lama homenaxeará este Entroido o Conde Cabanelas

28/02/2019
A Lama

A nova edición do Entroido da Lama, para o que xa se inscribiron oito comparsas, prevé converter o centro do municipio nun "auténtico sambódromo" que homenaxee a figura do Conde Cabanelas, emigrante galego natural de Covelo que impulsou a popularización e a saída á rúa do entroido de Río de...

PontevedraViva
Diego Roca, un dos socios fundadores de Troula

RADIO.- Cara a cara: Imos de Troula, imos de entroido!

28/02/2019
Pontevedra

Dezasete anos cumpren este ano Troula, unha compañía de espectáculos de rúa e de gran formato que coñecen ben a actividade festiva e cultural de Pontevedra. E o público ben os coñece a eles igualmente, quen non os acompañou en Itineranta, en Feira Franca ou estas inmediatas datas de entroido...

Marisa Ciordia
Presentación do Enterro da Sardiña

O Ateneo Santa Cecilia dá conta dos detalles do Enterro da Sardiña

27/02/2019
Marín

A alcaldesa de Marín, María Ramallo e representantes do Ateneo Santa Cecilia presentaron este mercores a XLIV Edición do Enterro da Sardiña que terá lugar o próximo mércores, día 6 de marzo. A Casa Mortuoria será no antigo local do Ateneo Santa Cecilia a partir das 17 horas, e o velatorio...

PontevedraViva
Desfile de Entroido de Pontevedra 2018

O sábado haberá cortes de tráfico polo desfile do Entroido

27/02/2019
Pontevedra

O desfile do Entroido, unha das actividades festivas que máis xente achega a Pontevedra nestes días, provocará o despregamento dun operativo especial de tráfico por parte da Policía Local. Durante as últimas horas xa se foi colocando o valado para este evento. Os cortes de tráfico terán a mínima duración, de...

PontevedraViva
Festival de Murgas

Barro organiza por primeira vez un Festival de Murgas no seu Entroido

27/02/2019
Barro

A programación do Concello de Barro para estas festas de Entroido segue apostando pola recuperación da Corrida do Galo, coa que dará comezo a programación deste ano o domingo 3 de marzo a partires das 17:30, en todas as parroquias. Para esta celebración simultánea en 7 lugares do concello, a...

PontevedraViva
Cartaz do entroido de O Grove

O Grove presenta o programa do seu entroido

22/02/2019
O Salnés

O Concello do Grove vén de presentar o programa do Entroido 2019. Un ano máis os pratos fortes da programación concéntranse no Festival de Comparsas, o desfile e o enterro da Sardiña. O Festival de comparsas, no que se outorgar o título de Comparsa Campioa do Mundo, celebrarase o sábado 2 de...

PontevedraViva
Presentación das campañas de Barro polo Entroido

Barro activa dúas campañas para animar o comercio local durante o Entroido

22/02/2019
Barro

Potenciar o comercio e a hostalería de Barro durante o Entroido. Con este obxectivo, o goberno municipal vén de poñer en marcha dúas campañas de promoción: 'Eu Quero Entroido' e 'Destapa o Entroido'. O Concello destaca que ambas as dúas pretenden seguir impulsando o comercio e hostalería locais, con accións que...

PontevedraViva
Presentación dos Solfamidas como pregoeiros do Entroido

Os Solfamidas, pregoeiros do Entroido: "Queremos dar algo diferente e sorprendente"

22/02/2019
Pontevedra

O Entroido de Pontevedra xa ten pregoeiros. A incógnita desvelouse. A comparsa Os Solfamidas, unha das agrupacións máis activas da comarca, será a encargada de dar o pregón do entroido pontevedrés, co que comezarán os nove días de festa que encherán de alegría e cor as rúas da cidade. "Estamos algo...

Alejandro Espiño
Victoria Regueira
Gran desfile do Entroido en Sanxenxo

Moraña repartirá 1.700 euros en premios no Entroido

22/02/2019
Umia

O Concello de Moraña presentou o programa de actividades do Entroido 2019 no que inclúe o tradicional desfile de disfraces polas rúas do núcleo urbano de Santa Lucía, un concurso no que se repartirán máis de 1.700 euros en premios e unha festa infantil. O pasacalles celebrarase o domingo 3 de...

Almu Dapena
En Party Fiesta seguen a triunfar os disfraces máis tradicionais

O 60% dos pontevedreses participará no Entroido

22/02/2019
Pontevedra

A Federación Provincial de Comercio publicou a súa enquisa de intención de gasto por habitante para este entroido na provincia de Pontevedra, tanto en disfraces e artigos relacionados e alimentación. Aseguran que o 60% dos habitantes da provincia participarán activamente no Entroido. Esta patronal estima que se disfrazarán o 94% dos...

Oskar Viéitez
Presentación da programación do Entroido 2019 en Poio

Poio reivindica o seu Entroido: "Non somos brasileiros. Somos choqueiros"

21/02/2019
Poio

Pepe leva unha bandexa de filloas na man e uns lentes azuis xigantes. É un dos veciños veteranos de Poio e el lembra perfectamente como, anos atrás, xa andaban os choqueiros pola vila nos tempos de Entroido. Para ser choqueiro só é necesario rescatar calquera vestimenta dos faiados e saír...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
O Mercantil presenta as actividades organizadas para este Entroido

O Entroido máis familiar vivirase no Mercantil

21/02/2019
Pontevedra

Un ano máis, o Casino Mercantil de Pontevedra pon en marcha as actividades para a semana do Entroido xunto cun novo proxecto que se celebrará a partir do 9 de marzo con actividades ambientais infantís. Entroido Os días 4 e 5 de marzo o Mercantil organiza o campamento urbano "Entroido Pirata" que...

Almu Dapena
Presentación do Entroido de Bueu

Bueu aposta por un Entroido diverso e para todos os públicos

19/02/2019
Bueu

O Entroido de Bueu terá este ano un protagonista moi especial, Silvino Dopazo "O Cimarrón", unha das persoas máis destacables no impulso desta festa, xa que foi fundador da comparsa As Pirilleiras no ano 1963. Así o anunciou este martes o goberno municipal durante a presentación da programación do Entroido, que...

PontevedraViva
Kiko da Silva e Carme da Silva presentan o cartel do Entroido 2019

Pontevedra reivindica que sen Ravachol o Entroido "non é o mesmo"

19/02/2019
Pontevedra

Ravachol volveu ao seu lugar habitual, a praza da Peregrina, para presidir o Entroido de Pontevedra. O Concello tíñao claro. Sen o noso malfalado loro "non é o mesmo". Por iso é polo que a súa desaparición temporal converteuse na imaxe do cartel desta festa, que se reivindica como o entroido...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Segunda eliminatoria do XXVII Concurso de Murgas

Cidadáns propón instalar unha pantalla para poder seguir o Certame de Murgas

18/02/2019
Pontevedra

A concelleira de Cidadáns, María Rey, presentou por rexistro no Concello un escrito no que solicita ao Goberno local a colocación dunha pantalla para facilitar aos pontevedreses o seguimento do Certame de Murgas, un dos actos centrais do Entroido da cidade do Lérez. A edil da formación laranxa lembra que todos...

Oskar Viéitez
Festa do Petote

A Festa do petote despacha preto de 400 tapas e enche os restaurantes

17/02/2019
Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade celebrou na xornada deste domingo a décima edición da Festa do Petote, que se saldou con preto de 400 tapas de petote e lacón repartidas gratuitamente entre o público asistente á Praza da Chan e gran parte dos restaurantes participantes cheos para degustar o Cocido de...

PontevedraViva
Gran desfile do Entroido en Sanxenxo

Sanxenxo quenta motores para o inicio do Entroido

17/02/2019
Sanxenxo

A concelleira de Cultura do Concello de Sanxenxo, Paz Lago, pechou xa o programa do Entroido, que en parte será financiado con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, coas actividades que comezarán o próximo día 23 de febreiro e estenderanse ata o día 10 de marzo, entre as...

PontevedraViva
IX Festa do Petote en Carballedo

A X Festa do Petote habilita 800 prazas para a degustación do Cocido de Entroido

13/02/2019
Cerdedo-Cotobade

A X Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade para este domingo 17 de febreiro, disporá de 800 prazas de comensais para a degustación deste Cocido de Entroido nos dez restaurantes participantes, segundo se dou a coñecer este mércores o alcalde, Jorge Cubela. O certame gastronómico, o primeiro dos oito...

PontevedraViva
Instalación do loro Ravachol

Ravachol regresa á Peregrina para reinar no Entroido

13/02/2019
Pontevedra

A escultura do loro Ravachol regresou este mércores á praza da Peregrina, dous meses despois do acto vandálico que a arrincou do seu emprazamento e antes da celebración das festas de Entroido o próximo mes de marzo. A figura é obra do artista José Luis Penado, falecido aos 88 anos en...

Oskar Viéitez
Desfile de entroido en Marín

Marín xa ten o programa do Entroido

01/02/2019
Marín

O Concello de Marín presentou este venres o programa para o Entroido 2019 coas asociacións que colaboran na organización e realización dos eventos, como son Ateneo Santa Cecilia, Amigos dos Rapaces, Ronsel, Pousos de Area e as comparsas Os da Caña e Paparrulos, e o cartel, no que aparece a...

Oskar Viéitez
Ángel Rodríguez é presidente da comparsa Os Solfamidas

RADIO.- Cara a cara: A Comparsa Os Solfamidas vai a polo entroido

17/01/2019
Pontevedra

Se a noite de Reyes tróuxolles unha saca de limóns, a comparsa Os Solfamidas está disposta a espremelos, endulzarlos e beberse todo o zume. Un incendio no pavillón municipal de Campolameiro púxolles o contador case a cero. Ao día seguinte, desde un pequeno local en Monteporreiro, retomaron a conta atrás...

Marisa Ciordia
Desfile do entroido de Marín

Comeza a confección do programa do Entroido en Marín

15/01/2019
Marín

O Concello de Marín empezou a confeccionar o programa do Entroido 2019. Desde a área de cultura do concello, informaron que a súa intención é a de seguir potenciando a participación das distintas asociacións. Trabállase no deseño do cartel, na organización dos distintos desfiles, na redacción das bases que rexerán os premios...

PontevedraViva
Incendio no almacén dos Solfamidas

Os Solfamidas piden axuda para poder participar no Entroido

11/01/2019
Pontevedra

A comparsa Os Solfamidas iniciou unha colecta na internet para comprar instrumentos e material que lles permita participar no próximo Entroido despois de que un incendio no seu almacén de Campo Lameiro queimase gran parte do seu traballo. Os donativos pódense facer na páxina web www.gofundme.com. O presidente da comparsa, Ángel...

Oskar Viéitez