Entroido 2017

Entroido de verán en Ponte Caldelas

Caloroso entroido en Ponte Caldelas

18/06/2017
Ponte Caldelas

O goberno local de Ponte Caldelas, que este ano adoptou a medida de desdobrar o Entroido, celebrando unha festa de disfraces a cuberto en inverno e un desfile na rúa ao comezo do verán, está moi satisfeito co resultado acadado nesta primeira edición. O dato que máis valora o equipo municipal...

Oskar Viéitez
Poio despide o Entroido queimando o galo Fodorico

O Galo Fodorico despide mes e pico de Entroido en Poio

26/03/2017
Poio

O lume puxo fin este sábado ao Galo Fodorico e con el a máis dun mes e pico de Entroido no municipio de Poio. O galo, radicalizado nos últimos tempos ata converterse nun extremista antisistema, foi acompañado ata a pira funeraria por un cortexo fúnebre que partiu nunha animada marcha desde...

Diego Torrado
Enterro do Mexillón en Combarro 2017

E alá se foi tamén o Mexillón de Combarro. O Entroido de Poio entra na recta final

19/03/2017
Poio

E, por fin, Combarro puido darlle a digna e esperada despedida ao Entroido e ao seu particular personaxe destas datas, o mexillón. Este domingo, esta parroquia de Poio celebrou o Enterro do Mexillón previsto inicialmente para o 2 de marzo, pero que tivo que aprazarse pola choiva. Esta actividade organizada polo...

Diego Torrado
Enterro do Galo Bruxo de Samieira 2017

Continúa en Samieira a rolda de despedidas e enterros do Entroido de Poio

18/03/2017
Poio

O Entroido de Poio, cada ano o máis longo da comarca de Pontevedra, prolóngase este ano aínda máis do habitual por mor dos actos suspendidos polo mal tempo e reprogramados. Este sábado foi o epicentro dos disfraces e comparsas co tradicional Enterro do Galo Bruxo de Samieira.  É xa o segundo...

Diego Torrado
Desfile infantil de entroido de Sanxenxo

Dobre ración de entroido en Sanxenxo para un domingo redondo

12/03/2017
Sanxenxo

A choiva obrigou no seu momento para cancelar os principais actos do entroido de Sanxenxo, pero finalmente a consecuencia foi poder gozar dun domingo redondo. A falta de datas obrigou a concentrar nunha xornada o desfile infantil e o gran desfile de entroido, todo iso nunhas horas. Primeiro foi a quenda dos...

PontevedraViva
Desfile de entroido en Monte Porreiro

Monte Porreiro reivindica o seu entroido cun animado desfile matinal

12/03/2017
Pontevedra

Remata o entroido pontevedrés co enterro do loro Ravachol? Monte Porreiro encargouse este domingo de demostrar que, este ano, non de todo. O barrio pontevedrés celebrou un animado desfile de entroido durante a mañá coa participación de numerosos colectivos. Inicialmente estaba previsto celebrar o desfile o pasado día 5 de marzo, pero...

Diego Torrado
Enterro do Berberecho en Lourido

Lourido enterra ao seu berberecho e Poio empeza a despedir o entroido

11/03/2017
Poio

Ameazaba a xornada con estropear os actos de entroido organizados pola Asociación de Veciños de Lourido, pero finalmente puideron gozar do Enterro do Berberecho. Con este enterro, o primeiro dos catro programados no municipio, Poio empeza a despedir o entroido máis longo da comarca. O desfile partiu do parque de Costa Xiráldez...

Diego Espiño
III Festa do Jato

VIDEO.- 'Se vés disfrazado de Jato, encontra o rato'

06/03/2017
Sanxenxo

Despois do Festival de Parodias, a festa continuaba en Portonovo coa III Festa do Jato. Co lema ‘se vés disfrazado de Jato, atopa o rato’ o pobo enteiro vestiuse coas súas mellores galas de gato e invadiron a Rúa dos Viños, unha das rúas máis antigas e emblemáticas da vila,...

Sofía Fernández Fuentes
Desfile do Entroido en Pontevedra 2017 (III)

O que máis gustou do entroido de Pontevedra foi o desfile

06/03/2017
Pontevedra

O desfile do sábado é a actividade do Entroido que máis gusta aos lectores de PontevedraViva que participaron na enquisa aberta durante toda a pasada semana. O 34,25% dos participantes elixiuno por riba do resto de actividades.  A segunda actividade que máis gusta é o concurso das murgas, que para o...

Oskar Viéitez
Enterro do loro Ravachol en Pontevedra

Meu querido Ravachol, ata o entroido que vén!

05/03/2017
Pontevedra

Pontevedreses, non esteades tristes. Ravachol xa non está entre nós, pero marchou feliz. Un ano máis, o Entroido animoulle as súas últimas horas de vida. Non volverá ata o ano que vén, pero déixanos unha petición: seguir de festa ata novo aviso. E iso comezaron facer os centos de pontevedreses que,...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo

A chuvia apraza a recta final do entroido de Sanxenxo

04/03/2017
Sanxenxo

O mal tempo volve augar a festa en Sanxenxo. As choivas previstas para este domingo 5 de marzo impedirán que o municipio celebre o seu tradicional desfile de entroido. Segundo informou o goberno local, aprázase unha semana. Celebrarase o próximo 12 de marzo. É o segundo gran evento do entroido de...

PontevedraViva
Casa consistorial de Cerdedo-Cotobade

Cotobade despide o entroido co Domingo de Piñata en Carballedo

04/03/2017
Cerdedo-Cotobade

Centos de persoas agarda xuntar o Concello de Cerdedo-Cotobade para dicir adeus o seu entroido. Será co tradicional Domingo de Piñata, unha festa que se celebrará no pavillón de Carballedo este domingo 5 de marzo, a partir das cinco da tarde. O Domingo de Piñata, que conta coa colaboración da Asociación...

PontevedraViva
Participantes na Mostra da Parodia 2017 do entroido de Pontevedra

A Mostra da Parodia desafía o mal tempo e triunfa no entroido pontevedrés

04/03/2017
Pontevedra

Retranca, diversión e, sobre todo, bo humor. Iso é o que despregaron polas prazas do centro histórico os once grupos que participaron este ano na XXII Mostra da Parodia do entroido pontevedrés. Centos de persoas desafiaron ao mal tempo para contemplar as aloucadas propostas que se presentaron nesta ocasión. O primeiro...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Sobremesas de Entroido

Son os pontevedreses orelleiros ou filloeiros?

03/03/2017
Pontevedra

O Entroido en Galicia ten un gran compoñente gastronómico, case non houbo tempo para baixar os excesos do Nadal e xa chegaban o lacón con grelos, as orellas e as filloas. En pleno Entroido aquí en Pontevedra, próximo xa o seu remate, aventurámonos nas rúas para descubrir por que larpeiradas...

Mónica Patxot
Mónica Patxot
Enterro do loro Ravachol 2015

O ceo vestirá de loito para o enterro de Ravachol

03/03/2017
Pontevedra

Os días de festa acábanse e con eles o mal tempo. Aínda que a choiva non supoñerá un inconveniente para a celebración da XXII Mostra da Parodia nin, polo momento, para o cortexo fúnebre que acompañará as últimas horas do friorento Loro Ravachol deste ano. Segundo MeteoGalicia, a borrasca que ven...

Antía Fernández Buján
Final do Certame de Murgas 2017

VÍDEO.- Os do Val do Lérez gañan o Certame de Murgas 2017

03/03/2017
Pontevedra

O público volveu gardar cola ás portas do Pazo da Cultura desde primeiras horas da tarde. No momento en que se abriron as portas do auditorio, as butacas enchéronse de espectadores con ganas de gozar da final do Certame de Murgas de 2017. Unha final disputada e moi divertida na que...

Diego Torrado
Desfile do Entroido en Pontevedra 2017 (I)

Preto dun milleiro de persoas participarán no desfile de Entroido da Lama

02/03/2017
A Lama

Preto dun milleiro de persoas participarán no desfile de entroido que se celebrará na Lama o vindeiro sábado 4 de marzo, a partir das 18 horas, desde o pavillón municipal ata a Alameda onde estará instalada unha gran carpa e onde terá lugar o baile de entroido amenizado pola orquestra...

PontevedraViva
Mostra da Parodia

A XXII Mostra da Parodia celebrarase a pesar de ter o tempo na súa contra

02/03/2017
Pontevedra

O mal tempo non supoñerá un impedimento para a celebración da XXII Mostra da Parodia. Así o anunciou Carme da Silva, concelleira de Urbanismo, en consenso cos participantes. Once grupos repartiranse entre distintos puntos da cidade e parodiarán os temas elixidos diante do público. Para abrir o apetito dos espectadores, catro...

Antía Fernández Buján
Recreación da Botica de Perfecto Feijoo baixo a chuvia

Recreación da botica de Perfecto Feijoo baixo a chuvia

02/03/2017
Pontevedra

As fortes precipitacións que caeron ao redor das 19.00 horas da tarde deste mércores 1 de marzo  evitaron que se puidese desenvolver con normalidade a recreación da botica de Perfecto Feijoo. O loro Ravachol evitou presentarse para non mollar as súas plumas. Quen si se mollaron foron os integrantes do Coro...

PontevedraViva
Cazado en pleno entroido baixo a chuvia

A chuvia obriga a buscar novas datas nos entroidos de Poio e Sanxenxo

01/03/2017
Poio

O goberno local de Sanxenxo decidiu suspender o desfile infantil previsto para a tarde deste mércores 1, debido ás inclemencias do tempo. A idea inicial é que se desprace ao domingo 12 de marzo pero a organización alerta de que dependerá de como vaia evolucionando a metereología nos próximos días,...

PontevedraViva
Noite Pirata 2017

VÍDEO.- Benito Soto e os seus piratas abordan a noite pontevedresa

01/03/2017
Pontevedra

Os piratas tomaron a noite do martes de entroido pontevedrés. Ata altas horas da madrugada, a tripulación do barco Burla Negra do temido pirata do barrio da Moureira, Benito Soto, abordaba o centro histórico da cidade.  Tres barcos atopábanse ao redor das 22.00 horas na praza da Ferrería. Cada un partía...

Diego Torrado
Festa pirata infantil

Pontevedra coida a canteira do seu entroido

28/02/2017
Pontevedra

É habitual atopar numerosos nenos participando no Entroido, pero a verbena do martes na Ferrería é unha cita pensada en exclusiva para eles. A Festa Pirata é unha actividade deseñada para facer canteira e asegurar que o ambiente de entroido perviva no ADN pontevedrés. Aínda que se ofrece un tema para elixir...

PontevedraViva
PontevedraViva
Presentación do Moinante do Entroido de 2017

O Moinante reivindica o Lerexit antes do seu enterro

28/02/2017
Pontevedra

Como cada ano, a parroquia de Lérez prepárase para despedir a un dos seus habitantes ilustres: o Moinante. Será co tradicional enterro, previsto para este mércores 1 de marzo, a partir das cinco de tarde, na Casa da Cultura. Pero nesta ocasión, aproveitou as súas últimas horas de vida para reclamar...

PontevedraViva
Enterro da Sardiña no Entroido de Marín

O enterro da sardiña, este mércores polas rúas de Marín

28/02/2017
Marín

O Entroido marinense celebrará este mércores de cinza o tradicional Enterro da Sardiña, organizado polo Ateneo Santa Cecilia.  O velorio comezará no palco da música na Alameda Rosalía de Castro a partir das 17:00 horas, e contará con seguemento en directo por parte das cámaras da Televisión de Galicia. O Ateneo Santa...

PontevedraViva
Os do Val do Lérez, no concurso de murgas 2017

RADIO.- Perdiches as murgas? Escoita a primeira eliminatoria ao completo

28/02/2017
Pontevedra

Este pasado luns 27 de febreiro o Pazo da Cultura acollía a primeira das eliminatorias do XXVI Concurso de Murgas de Pontevedra. PontevedraViva Radio ofréceche a posibilidade de que as escoites ao completo; ben en streaming ás 18.00 horas deste martes 28, xoves 2 e venres 3; ou cando e como...

Marisa Ciordia
Ravachol chega "conxelado" polo "tarifazo" das eléctricas

Ravachol chega "conxelado" polo "tarifazo" das eléctricas

27/02/2017
Pontevedra

Ravachol chega este ano conxelado, regresa á súa cidade con frío. Con bata de casa e un contador da luz. O plumífero trae o corpo "arrepiando", nin sequera se quenta co cabreo, pois din os seus creadores que está "moi enfadado co Goberno do Estado, co ministro de Industria e coas...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Entroido de Meis 2017

O entroido de Meis consegue un éxito rotundo

27/02/2017
Umia

O entroido de Meis conseguiu este sábado 25 de febreiro ser todo un éxito. Os visitantes puideron gozar dun tempo favorable e dunha posta en escena a cargo dos participantes que de novo demostrou grandes doses de orixinalidade e enxeño.  O alcalde José Luis Pérez lamentou nun comunicado non poder asistir...

Sofía Fernández Fuentes
Desfile de Entroido en Cuntis 2017

Cuntis celebra o seu desfile de Entroido

27/02/2017
Umia

Durante este domingo 26, Cuntis acolleu o desfile e o concurso tradicional de Entroido con numerosos participantes. O desfile percorreu as principais rúas da vila e foi seguido por un importante número de veciños. Os próximos actos festivos chegarán o venres 3 de marzo coa Gala do Chapante, que se desenvolverá...

PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Marín 2017

E o premio do gran desfile de Entroido de Marín foi para....

27/02/2017
Marín

O gran desfile de disfraces e carrozas de Marín celebrouse este domingo polas rúas da vila cunha participación multitudinaria tanto de público como das persoas que se sumaron ao percorrido a pesar da choiva. A praza do Regueiro da que partiu o desfile e todo o resto de rúas da percorrido...

Diego Torrado
Desfile de Entroido de Poio 2017

Bota a andar un mes de Entroido en Poio. Consulta os gañadores do desfile

27/02/2017
Poio

A presentación do Galo Bruxo na mañá deste domingo en Samieira inaugurou o entroido máis longo da comarca de Pontevedra, o de Poio, que se prolongará durante un mes e que no seu primeiro día xa incluíu un dos seus actos centrais, o desfile. Este ano, como novidade, a saída situouse...

Diego Torrado
Desfile infantil do Entroido de Marín 2017

Alta participación no desfile infantil de Marín

26/02/2017
Marín

Superheroes, bolboretas xigantes, Pokemon, barcos piratas e ducias de disfraces máis percorreron as rúas do centro de Marín durante este sábado de Entroido nun desfile infantil que foi seguido por numerosos espectadores. Os premios foron os seguintes: PREMIOS COMPARSAS NOME ARTÍSTICO DORSAL 1º 200 ESCUELA DE VILLANOS DOMADORES 1 2º 150 ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DOS RAPACES 6 3º 100 A GRANXA TOLA 5 PREMIOS GRUPOS NOME ARTÍSTICO   1º 160 LUDOAPLICACIÓN POKENONVOU 5 2º 110 OS OSOS DE MARIN 3 3º 85 COLEXIO...

PontevedraViva
Desfile do Entroido en Pontevedra 2017 (III)

Galería de fotos (e III): Premios do desfile de Entroido máis longo

25/02/2017
Pontevedra

Ás 21.15 horas finalizaba un dos desfiles de Entroido en Pontevedra con máis participación e tamén o máis longo en duración. Durante catro horas e cuarto, os integrantes da comitiva percorreron o centro da cidade desde a rúa José Malvar ata a Praza de España. O xurado, tras ver todos os...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Desfile do Entroido en Pontevedra 2017 (II)

Galería de fotos (II): O desfile de Entroido máis longo

25/02/2017
Pontevedra

O tradicional desfile de Entroido en Pontevedra durou máis de cinco horas para completar o percorrido polo centro da cidade. Milleiros de persoas seguiron o transcurso da colorida comitiva. Algúns espectadores queixábanse da longa duración e da distancia entre as comparsas que con música e baile animaban o traxecto....

Diego Torrado
Desfile do Entroido en Pontevedra 2017 (I)

Galería de fotos (I): O desfile de Entroido máis longo

25/02/2017
Pontevedra

Cunha altísima participación desenvolvíase este sábado o gran desfile do Entroido de Pontevedra.  Ás 17.00 horas iniciábase o percorrido en José Malvar e ata pasadas as 21.00 horas non terminaba o desfile na praza de España coa participación de numerosas comparsas e grupos de animación.  Tamén milleiros de persoas seguiron desde as...

Diego Torrado
Os catro murgueros convidados á Playlist de PontevedraViva Radio

RADIO.- A Playlist das murgas pon banda sonora ao Entroido pontevedrés

25/02/2017
Pontevedra

O concurso de murgas do Entroido de Pontevedra, abarrota ano tras ano o seu aforamento. Un éxito co que hai que ter coidado, xa que as tediosas esperas para conseguir un asento, tamén levan a que haxa público que desistise de acudir. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio, a selección musical...

Pregón da murga PTV con Manuel Cabada no inicio do Entroido 2017

A murga PTV con Manuel Cabada á fronte invita a gozar do Entroido desde A Ferrería

24/02/2017
Pontevedra

Comezou o Entroido pontevedrés e fíxoo da man dun personaxe habitual nestas festas, Manuel Cabada, liderando á murga PTV e enchendo de bo humor a praza da Ferrería, lugar que acollía por primeira vez a lectura do pregón deo Entroido. Desta forma, o numeroso público e as comparsas que participaron...

Diego Torrado
Presentación das V Xornadas sobre o Entroido de Galicia

Chegan as xornadas sobre o 'Entroido de Galicia'

24/02/2017
Pontevedra

Hoxe presentáronse no Concello de Pontevedra as xornadas do 'Entroido de Galicia', que xa van na súa quinta edición e terán lugar entre os días 9 e 11 de marzo. Sinalouse o cambio no programa con respecto ao lugar onde se realizarán, que nun principio ía ser no CITA (Centro...

Sofía Fernández Fuentes
Desfile de Entroido e concurso de disfraces en Sanxenxo

Aplauden que Sanxenxo prescinda do uso de animais neste Entroido 2017

24/02/2017
Sanxenxo

Unha semana antes do comezo do entroido, o pasado 18 de febreiro, o Entroido chegou a Sanxenxo cunha festa previa de man da Asociación Cultural O Cubreiro e o Concello, que converteu as rúas en todo un espectáculo circense. A vila encheuse de malabaristas, funambulistas, pallasos, contorsionistas, mimos, titiriteiros e...

Sofía Fernández Fuentes
Lito Rodríguez de Os Solfamidas e José Manuel Corbacho de Amoriños de Bora

RADIO.- As Conversas na Ferrería desfilan en clave de comparsa

24/02/2017
Xeral

O devir do tempo será quen confirme a pervivencia das comparsas do Entroido en Pontevedra e na súa comarca. De momento, a realidade é que, segundo as cifras que achegan, a cifra non alcanza os dous díxitos. Nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio José Manuel Corbacho da Comparsa Amoriños...

Marisa Ciordia
Pepe Shiva convidado do Cara a cara de PontevedraViva Radio

RADIO.- Cara a cara co "shivarita" que sacou o Entroido de Pontevedra á rúa

23/02/2017
Pontevedra

A día de hoxe e desde hai uns anos, "Pepe Shiva" ou José Víctor González, vive o Entroido pontevedrés desde o tendido. Isto non significa que non teña a súa opinión sobre o que é, a pé de 2017, esta semana, cunhas características que a fan totalmente diferente aos entroidos...

Marisa Ciordia
Desfile do Entroido de Verán de Bueu

O Entroido en Bueu, apto para todos os públicos

22/02/2017
Bueu

Bueu xa ten preparada a súa programación festiva para o Entroido que, un ano máis, estará caracterizada por ofrecer actividades para todos os públicos. O punto de partida serán os obradoiros e festas infantís para levar o Entroido aos máis pequenos durante toda a semana que vén, en horario matinal (de...

PontevedraViva
Galería de fotos Entroido 2016 (e IV)

A provincia de Pontevedra gastará máis de 35 millóns de euros nestas Festas do Entroido

22/02/2017
Pontevedra

O entroido ten cada vez maior atracción para o público e os concellos esméranse en organizar diversos actos e desfiles para o goce dos veciños e turistas que acoden desde as diversas localidades de Pontevedra. Segundo a enquisa da Federación do Comercio de Pontevedra obsérvase un aumento do consumo dun 6%...

Sofía Fernández Fuentes
Operativo de tráfico con motivo do desfile de Entroido

Vaias ou non ao desfile de Entroido, estes cambios de tráfico interésanche

21/02/2017
Pontevedra

O desfile de Entroido previsto para este sábado 25 de febreiro levará, como é habitual, unha serie de cambios de tráfico encamiñados a permitir o desenvolvemento da actividade e minimizar os inconvenientes entre quiene acudan á mesma e quen queira desprazarse por Pontevedra. Para que todo transcorra sen incidencias, a...

PontevedraViva
Os pontevedreses seguen acudindo ao comercio especializado á hora de comprar os disfraces para o Entroido

Pontevedreses madrugadores para un Entroido tardío

18/02/2017
Pontevedra

Falta menos dunha semana para o Entroido e os escaparates de Pontevedra foron invadidos por piratas, príncipes e princiesas e demais personaxes. Por algo é a festa favorita dunha parte da poboación que espera ansiosa a súa chegada para permitirse actuar, por unha ou varias noites, como alguén totalmente distinto. A...

Antía Fernández Buján
Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo

Sanxenxo prepara un Entroido de oito días con actividades para todas as idades

17/02/2017
Sanxenxo

O entroido festexarase ao grande en Sanxenxo. Serán en total oito días de festas nas que haberá actividades para todas as idades, segundo avanzou este venres o goberno municipal. A programación, que terá un aperitivo mañá cunha festa circense, comezará o vindeiro luns 27 de febreiro. Todo arrancará cos "entroidiños", unha...

PontevedraViva
Manuel Cabada, pregoeiro do Entroido 2017

Manuel Cabada, acompañado da murga PTV, pregoeiro do Entroido de Pontevedra

17/02/2017
Pontevedra

O Entroido pontevedrés xa ten quen o pregoe. E será unha das persoas máis vinculadas con esta festa: o empresario Manuel Cabada, impulsor -xunto con máis xente- dalgunhas das citas máis emblemáticas do entroido como o enterro do Ravachol ou o concurso de charangas. Acompañaralle nesta responsabilidade a súa actual...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Protección Civil de Cambados

Arde unha carroza de entroido en Vilanova de Arousa

17/02/2017
O Salnés

Unha carroza de entroido ardeu este xoves en Vilanova de Arousa. O suceso produciuse na parroquia de Caleiro, no lugar de Corón.  Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia, sobre ás 21:00 horas, dun coche estacionado que estaba a arder. Enseguida, os Bombeiros de Vilagarcía e a Policía Local, tras ser informados...

PontevedraViva
Presentación do Entroido 2017 en Poio

Poio prepárase para un mes de Entroido con catro enterros e un gran desfile

15/02/2017
Poio

O domingo 26 de febreiro comezará o Entroido de Poio, o máis longo de todos os concellos da contorna da comarca de Pontevedra. Farao co tradicional desfile que comezará ás 16.30 horas cunha novidade, a saída será na Praza da Granxa. Unha proposta coa que a concelleira de Festas, Lidia...

Anxo Lourido
Desfile do Entroido de Verán de Bueu

O Entroido de Bueu repartirá 2.750 euros en premios

14/02/2017
Bueu

O Concello de Bueu repartirá 2.750 euros entre todas as categorías participantes nas actividades de Entroido deste ano, tanto no Enterriño da Sardiña, que se celebrará o 1 de marzo ás 17.00 horas, como no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que terá lugar o 5 de marzo a partir...

PontevedraViva
Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo

Sanxenxo prohibe a utilización de lume e de animais no desfile de Entroido

13/02/2017
Sanxenxo

A concellería de Cultura de Sanxenxo está a ultimar os detalles da programación do Entroido que contará con dous eixos principais, o desfile infantil e o de adultos. O departamento que dirixe Sandra Fernández Agraso destina este ano 9.525 euros tanto para as categorías infantís como para as de adultos. Unha...

PontevedraViva
Instalación da iluminación de Entroido

A conta atrás comezou... Pontevedra xa respira Entroido

13/02/2017
Pontevedra

Mentres en casas e comercios se apuran os últimos días de preparación dos disfraces que poñerán cor e diversión ao Entroido pontevedrés, as rúas da cidade tamén empezan a vestirse de gala. A conta atrás empezou e este luns a empresa contratada polo Concello para iluminar a localidade nas épocas...

Mónica Patxot
Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo

Sanxenxo converterase nun gran circo para animar a chegada do Entroido

10/02/2017
Sanxenxo

Unha semana antes do inicio do entroido, o sábado 18 de febreiro, Sanxenxo volverá acoller unha festa previa organizada pola asociación O Cubreiro e o Concello. Nesta ocasión, a vila converterase nun circo. Seguindo coa tradición, Sanxenxo converterase nun pobo temático, para o que os diversos e numerosos locais estarán ambientados...

PontevedraViva
Presentación da ruta de inverno de tapas e cócteles de Bueu

Bueu vai de tapas e cócteles entre os días 16 e 19 de febreiro

10/02/2017
Bueu

Vinte e un locais de Bueu participan na ruta de tapas e cócteles de inverno que se celebrará na vila entre os días 16 e 19 de febreiro, co obxectivo de dinamizar a hostalería local nunha época de pouca actividade, segundo destacou a concelleira de Promoción Económica, Silvia Carballo. A ruta...

PontevedraViva
Carme da Silva, Kiko da Silva e Din Matamoro presentan o cartel do Entroido 2017

Pan con aceite en louza de Sargadelos para gozar do Entroido pontevedrés

10/02/2017
Pontevedra

Un anaco de pan recrea a imaxe do loro Ravachol acompañado por unha mancha de aceite de oliva coa forma da igrexa da Peregrina sobre un prato de Sargadelos. Trátase dunha imaxe representativa da relación da comida co Entroido e Kiko da Silva xunto ao seu familiar lonxano, o artista,...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Participantes no desfile de entroido 2016 en Marín

Marín repartirá 16.000 euros en premios nos dous desfiles de entroido

09/02/2017
Marín

Case 16.000 euros repartirá o Concello de Marín en dous dos principais eventos da súa programación de Entroido, o desfile infantil e o desfile de adultos. O evento infantil celebrarase o sábado 25 de febreiro. Nel, repartiranse ata un máximo de 6.500 euros para o número máximo de 20 comparsas que...

PontevedraViva
Desfile do Entroido en Ponte Caldelas 2016

O Entroido de Ponte Caldelas pasa por Reivi

07/02/2017
Ponte Caldelas

Unha gran festa de disfraces na discoteca Reivi. É a gran aposta do Entroido deste ano en Ponte Caldelas. Será o martes 28 de febreiro, a partir das cinco da tarde. O Concello chamará ao evento Entroido en Familia porque está pensado para nenos e maiores, aos que anima a...

PontevedraViva
Comparsa Os Parrulos

Os Parrulos serán os pregoeiros do entroido de Marín

27/01/2017
Marín

O Concello de Marín está traballando na programación do Entroido 2017 e pronto verá a luz o cartel así como os trípticos que se publicitarán. Dará comezo o xoves 16 de febreiro coas xornadas Reencontro coa historia de Marín e concluirá co desfile do Entroido de San Xulián o domingo 26...

PontevedraViva
Enterro do Galo Fodorico 2016 en Poio

O Concello de Poio reúnese coas comparsas para preparar o Entroido

25/01/2017
Poio

A concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, reuniuse coa comparsa Os Canecos, a asociación de veciños de Lourido, o Ateneo Corredoira, a comparsa Os Centolos e o grupo de entroido de Samieira, escusando a súa presencia a Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó e a asociación de veciños de...

Oskar Viéitez
Desfile do Entroido en Monte Porreiro 2016

Un festival infantil e un concurso de disfraces, bazas do entroido de Cerdedo-Cotobade

19/01/2017
Cerdedo-Cotobade

O primeiro entroido conxunto que celebrará Cerdedo-Cotobade, unha vez materializada a súa fusión, incluirá como actos principais un festival infantil e un concurso de disfraces. Con eles, se pretenden manter as tradicións dos dous territorios e contar cunha programación máis ampla para todos os veciños. "Como a unión fai a forza,...

PontevedraViva
Veciños da Lama no desfile de entroido de Ponte Caldelas

A Lama aproveita o "oco" que deixa Ponte Caldelas e recupera o seu entroido

17/01/2017
A Lama

Tres días despois de que Ponte Caldelas anunciara que traslada o seu entroido a xuño, un concello decidiu dar o paso e cubrir este oco no calendario festivo da comarca. Trátase da Lama. O alcalde anunciou que, a proposta de varios veciños do municipio, recuperará a celebración do seu entroido....

PontevedraViva
Multitudinario desfile de entroido en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas traslada o seu Entroido ao sábado 10 de xuño

14/01/2017
Ponte Caldelas

O goberno local de Ponte Caldelas adoptou a decisión de trasladar a festa do Entroido ao sábado 10 de xuño. Os comerciantes e os hosteleiros xa foron informados e, segundo asegurou o concello "manifestaron a súa conformidade cunha idea que busca aproveitar o comezo do bo tempo, dándolle calor a un...

Oskar Viéitez