O de Poio institucionalizouse xa como o Entroido máis longo da comarca, pero este ano os sucesivos temporais de vento e choiva que obrigaron a aprazar varias veces os desfiles de distintos municipios alongaron as celebracións en practicamente todos os municipios. Este sábado, e a falta tan só da celebración...
O enterramento do Galo Fodorico terá lugar o vindeiro sábado 5 de marzo. O cortexo fúnebre sairá ás 20:00 horas da Praza do Mosteiro ata a Praza de Arís, onde se procederá á lectura do pregón e á posterior incineración.
Participarán no enterro as comparsas municipais "Os Canecos", "Os 100tolos", o Grupo...
O Entroido de Poio aínda non terminou pero, do mesmo xeito que na semana grande estas festas, a auga trastornou os plans previstos. A parroquia de Samieira tivo que despedir ao seu personaxe máis representativo, o Galo Bruxo, baixo teito debido á choiva que caeu de forma incesante durante a...
A Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra arquivou a denuncia interposta este sábado por un particular contra o grupo 'Vamos a todo' ao entender que a súa representación era unha "ofensa contra os sentimentos dunha confesión relixiosa", en alusión á relixión católica.
O que para o xurado do Entroido pontevedrés foi...
Un mozo pontevedrés denunciou por "ofensiva" a un dos grupos que participou no desfile de Entroido de Pontevedra ao entender que a súa representación é unha "ofensa contra los sentimientos de una confesión religiosa", en alusión á relixión católica.
Os integrantes do grupo ían vestidos de militares da Lexión e 'portaban'...
Centos de persoas acompañaron ao loro de Perfecto Feijoo na súa última viaxe ata que foi queimado na praza da Ferrería ante os saloucos dos presentes. Deste xeito, remata un Entroido que debido ao mal tempo foi adiando os actos durante todo este mes de febreiro.
Durante toda a xornada foron...
Sanxenxo finalizou as celebracións relacionadas coa festividade do Entroido co desfile central que se desenvolveu durante a tarde deste domingo 21 de febreiro.
Centos de persoas participaron neste evento mostrando os seus disfraces ao longo do percorrido que se iniciou na avenida Luís Rocafort de Sanxenxo para continuar polo Paseo de...
Numerosos colectivos participaron no desfile matinal que se desenvolveu durante este domingo 21 na urbanización de Monte Porreiro. Diversión e cor marcaron esta xornada que contou co protagonismo do sol, que permitiu que os disfraces destacaran aínda máis durante o percorrido.
Igual que sucedera en Pontevedra unhas horas antes, o premio...
O boticario Perfecto Feijoo recibe durante este domingo as condolencias de decenas de veciños de Pontevedra que se achegan pola praza da Peregrina para mostrar a súa tristeza pola morte do loro Ravachol.
Durante as últimas horas, o singular animal falecía inmerso nos seus últimos traballos como negociador para resolver o...
Este domingo 21 finalizan as celebracións do Entroido en Pontevedra co enterro do Ravachol. A partir das 20.00 horas van celebrarse as honras fúnebres e, a continuación, desenvolverase a incineración desta figura mítica na praza da Ferrería...
O desfile do Entroido chegou a Pontevedra e volveu sorprender ás miles de persoas que seguiron o percorrido polo colorido e a orixinalidade dos disfraces e da ducia de comparsas que participaron nesta edición celebrada quince días máis tarde da data prevista, debido ao mal tempo.
A comparsa Os Solfamidas logrou...
A parroquia de Vilalonga en Sanxenxo celebrou durante a noite deste venres 19 o seu tradicional Enterro da Cabra, organizada por @s Cabrit@s de Vilalonga. Esta festa do Entroido tivo que trasladarse a esta data debido ao mal tempo nas primeiras semanas de febreiro, cando estaba previsto o desenvolvemento das...
O humor de sete agrupacións sorprendeu, unha vez máis, na Mostra da Parodia polas principais prazas do centro da cidade para iniciar un fin de semana intenso do Entroido que chega con máis atraso, tras dous adiamentos por culpa do mal tempo.
A noite do venres 19 ao sábado 20 resultou...
Intenso programa de actividades o que afrontará Sanxenxo durante a fin de semana para despedir o entroido.
O venres 19 de febrebro Villalonga acollerá o Enterro da Cabra organizado pola Agrupación Veciñal @s Cabrit@s, cun cortexo fúnebre que partirá ás 21:30 horas para percorrer as principais rúas da localidade. Tras a...
O Concello de Marín decidiu finalmente organizar o desfile infantil de entroido o venres 19 de febreiro. Todo o que desexe inscribirse debe achegarse á Alameda a partir das 16:30 horas. O desfile comezará ás 17:00 horas e este ano o percorrido será máis curto que outros anos, sairá dende...
Os actos de Entroido aprazados a pasada fin de semana por mor do mal tempo retomaranse en Vilagarcía e Bueu os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de febreiro.
No caso de Bueu, o sábado ás 17.00 horas celebrarase o Desfile infantil do Enterriño da Sardiña coa participación confirmada de cinco...
As previsións metereolóxicas adversas para a fin de semana levaron os concellos de Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa a adoptar decisións en relación cos desfiles de Entroido e outras actividades programadas.
En Sanxenxo decidiron anular o desfile e o concurso de disfraces para adultos que estaba previsto para este domingo 14...
O Concello de Bueu celebrará a súa primeira festa de disfraces mañá sábado 13 na carpa situada na Praza Massó. Jordi Lauren, organizador desta iniciativa, resalta que este evento realízase para "facer unha festa de disfraces afastada dos tradicionais desfiles". Está pensada como un espectáculo para toda a familia, inclúe...
O Entroido deste ano quedará no recordo colectivo da cidade como o ano no que máis adiamentos producíronse na súa programación debido á choiva. E aínda non terminaron os cambios.
Ante o temporal previsto para estes días, o Concello de Pontevedra decidiu aprazar todas as actividades -Mostra da Parodia, o desfile...
O Equipo Ja, unha das murgas máis veteranas de Pontevedra, proclamouse onte á noite gañadora da XXV edición do Concurso de Murgas, unha das grandes citas do Entroido pontevedrés que, na súa gran final, volveu encher o auditorio do Pazo da Cultura onde non había butacas libres desde case unha...
A Mostra da Parodia tomará o venres o relevo na rúa da recreación da Botica de don Perfecto Feijóo
A Mostra da Parodia chega esta ano a súa vinte e unha edición con seis agrupacións listas para seducir a un público errante que terá que rular de escenario en escenario para...
Finalmente o desfile de entroido e o enterro da sardiña compartirán data de celebración, tendo lugar o día 20 de febreiro. A decisión tomárona a organización e os voluntarios ante as previsións do mal tempo que seguirá sendo o protagonista en toda Galicia.
Doutra banda, este ano haberá tamén espazo para...
Despois de terse suspendido o sábado pola chuvia, a Policía Local de Pontevedra retomará este sábado 13 de febreiro o operativo especial de tráfico con motivo do desfile de entroido. Activarase ás oito da mañá.
O dispositivo afectará especialmente as rúas polas que transcorrerá a cabalgata, que nesta ocasión varía o...
O Pazo da Cultura acolleu este mércores a segunda e última eliminatoria da XXV edición do Concurso de Murgas e, de novo, o certame logrou repetir o seu éxito e as catro formacións participantes actuaron ante un auditorio cheo ata a bandeira, un público ansioso por escoitar as divertidas coplas polas...
A choiva frustrou gran parte das actividades que estaban programadas este mércores no Entroido de Pontevedra e arredores. Pero non en Marín. Alí, a pesar do mal tempo centos de persoas deron o último adeus á Sardiña como é habitual cada Mércores de Cinza.
Desde as cinco da tarde, comezaron os...
A programación do Entroido 2016 no Concello de Poio sufre cambios por mor das previsións meteorolóxicas.
O acordo foi adoptado nunha xuntanza celebrada este martes na casa do consistorial entre a Concelleira de Festexos e a asociación de vecinos de Lourido, a asociación cultural Ateneo Corredoira e representantes das comparsas "Os...
A mala mar reinante nas rúas de Pontevedra foi outro inimigo máis ao que tivo que enfrontarse o Burla Negra na súa épica batalla contra franceses e ingleses.
Benito Soto, tratado de "titiriteiro" polos gabachos, conseguiu que a súa tripulación saíse vitoriosa na Noite Pirata deste martes "o día do xuízo...
O Concello de Bueu apraza o desfile do "Enterriño da Sardiña", previsto para este mércores 10, ao domingo 14 ás 17:00 horas coincidindo así co desfile do "Páxaro de Mal Agoiro". Pero os prazos dos concursos séguense mantendo, aqueles que queiran participar no concurso do "Enterriño da Sardiña" deben inscribirse...
En Sanxenxo mantéñense as actividades previstas en locais sociais, pero as que se ían a desenvolver ao aire libre están a ser aprazadas polos diferentes colectivos organizadores.
Así, a asociación San Caetano de Arra decidiu trasladar para a tarde do sábado a súa festa de Entroido. E o mesmo ocorre en...
Vinte e cinco anos non son nada se se conta co gran respaldo popular que ten o Concurso de Murgas de Pontevedra. De novo, o Pazo da Cultura encheuse ata a bandeira para que centos de pontevedreses puidesen gozar da retranca e a ironía mostrada na primeira eliminatoria do certame,...
As malas previsión meteorolóxicas para a tarde do martes 8 de febreiro (cunha alta de probabilidade de choiva e fortes ventos) debuxan un complicado panorama para as actividades ao aire libre. Deste xeito, e tendo en conta as recomendacións dos corpos de seguridade locais, procedeuse a aprazar o desfile de...
Ravachol chega este ano vestido de "negociador" para convocar á empresa Ence, ao Concello de Pontevedra, á Xunta e ao Goberno central para pactar "o traslado de Ence fóra de Lourizán".
"Ravachol vén disposto a poñer paz na comarca de Pontevedra, a poñer sentido no conflito máis importante e que crea...
As previsións de mal tempo para primeira hora da tarde deste martes levaron ao Concello de Pontevedra a adoptar medidas para garantir que a programación das festas de Entroido poidan desenvolverse sen incidencias. En concreto, optaron por cambiar a localización prevista para a festa infantil programada para as 17.00 horas.
O...
A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro domingo 14 de febreiro, debido á alta probabilidade de choiva existente para a tarde deste martes de Entroido.
O programa do multitudinario evento manterase por completo, coa única variación da data.
A previsión meteorolóxica apunta un 80% de probabilidades de...
Non debemos gardar aínda os paraugas. Despois de que as choivas obrigasen a moitos concellos pontevedreses a suspender parte da súa programación de entroido durante esta pasada fin de semana, unha nova borrasca ameaza con impedir que a festa siga desenvolvéndose con normalidade nos próximos días, cheos de actividade en...
Se hai un concello da comarca onde o entroido se vive dunha forma especial, ese é sen dúbida o de Poio. Máis dun mes de festexos levarán a diversión destes días a todas as súas parroquias e o punto de partida foi este domingo coas primeiras dúas citas desta ampla...
Tiñan ganas de festa os marinenses e iso puido moito máis que a choiva que a punto estivo de amargar de novo o inicio do entroido, tras a suspensión da festa infantil do sábado.
O mal tempo só provocou un lixeiro atraso na hora do inicio do tradicional desfile de disfraces,...
Sanxenxo iniciou, por fin, o seu entroido. A pesar de que choiva ameazaba con frustrar as ganas de festa dos veciños do municipio, finalmente o desfile infantil de disfraces puido saír, ás cinco da tarde deste domingo desde a avenida Luís Rocafort, tal e como estaba previsto.
No concurso participaron sete...
Despois do divertido pregón da comparsa Vamos a todo e a obrigada suspensión do desfile do sábado polo temporal, o Entroido pontevedrés retomará a súa programación co tradicional Concurso de Murgas que volverá facer as delicias do público que se achegue ao auditorio do Pazo da Cultura coas coplas cheas de...
Bueu ofrece diferentes actividades ao longo desta semana con motivo da celebración dos dous principais actos do seu Entroido. O mércores 10 de febreiro ás 17.00 horas desenvolverase o desfile infantil e xuvenil co Enterriño da Sardiña, no que participarán todos aqueles grupos de comparsas de Bueu que realicen o...
"Hoy para mí es un día especial, somos los pregoneros, vamos a contar cosas del Carnaval, no cobramos dinero". Toda unha carta de presentación dun dos integrantes do grupo Vamos a todo!, un dos clásicos do Entroido pontevedrés elixido polo Concello de Pontevedra para dar o pregón de benvida a estas...
O Certame de Comparsas dá o pistoletazo de saída este domingo ao entroido de Vilagarcía, a partir das cinco da tarde no Auditorio Municipal. Nel, intervirán un total de dez agrupacións, catro delas pertencentes a varias parroquias do municipio e seis a localidades do Salnés.
As comparsas de Vilaxoán "Os Trancheiros",...
Ante a previsión de choiva abundante prevista para este sábado 6, o goberno local de Pontevedra decidiu aprazar unha semana o desfile grande do Entroido.
Ao longo das últimas horas, os técnicos municipais e a concelleira de Festas, Carme da Silva, mantiveron conversacións coas comparsas da contorna e decidiuse trasladar este...
O Concello de Cotobade ten preparado un programa de Entroido 2016 cun completo festival e dous concursos de disfraces, que repartirán 675 euros en premios, convocados para o popularmente coñecido como Domingo de Piñata.
Así, o Concello, que conta coa colaboración da Asociación Xuvenil San Miguel de Carballedo, vai concentrar todos...
As choivas tamén se apuntan este ano ao entroido na provincia. A pesar diso o Concello de Sanxenxo anuncia que non decidirá ata a xornada do domingo 7 se as condicións meteorolóxicas obrigarán a aprazar o desfile e concurso infantil co que se abrirá o entroido.
Se finalmente se mantén nesa...
A Policía Local de Pontevedra activará ás 8:00 horas do próximo sábado, 6 de febreiro, un operativo especial de tráfico con motivo do desfile de entroido.
O dispositivo afectará especialmente as rúas polas que transcorrerá a cabalgata, que nesta ocasión varía o seu percorrido debido ás obras que se están realizando...
O Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra presentou, este martes 2 de febreiro, o amplo abanico de actividades que están a ultimar para o Entroido 2016. Un entroido que poderán gozar desde os máis pequenos da casa ata os adultos, a partir do sábado 6 e ata o sábado 13...
O venres día 5 de febreiro ás 22:00 horas dará comezo o entroido no Concello de Barro, coa lectura do pregón a cargo do escritor Adolfo Caamaño, no Pazo da Crega. Posteriormente, na festa "Revival 70’s 80’s", actuará o grupo A banda de Nash. O evento contará coa degustación de...
A Federación Provincial de Comercio asegura que o 60% dos pontevedreses disfrázanse en Entroido. É un dos datos máis destacados deste estudo que tamén inclúe a previsión de gasto a realizar en disfraces de 21.798.000 euros e en alimentación 11.411.028 euros.
Só na cidade de Pontevedra o gasto estimado é de...
Aínda é mes de xaneiro pero aínda que non o pareza o entroido está ao virar a esquina.
De lembralo encargouse este sábado en Pontevedra un pasarrúas das Madamas e Galáns de Cobres, dentro da representación dos entroidos tradicionais que serven de prolegómeno ao Entroido.
As Madamas e Galáns percorreron rúas e...
Nenos e adultos tentarán facerse con algunha das roscas de pan con ovos e chourizos que o sábado 13 de febreiro no lugar de Cabaleiro na parroquia pontevedresa de Campañó estableceranse como premio na coñecida como Gran Corrida da Rosca. Trátase dunha festa tradicional, que data do ano 1918 e...
Con motivo da celebración do Entroido 2016, o Concello do Grove convoca o Primeiro Concurso de Playbacks que terá lugar o mércores 10 de febreiro ás 19.00 horas na Carpa do Entroido instalada na praza do Corgo. A organización habilitará o espazo para dispor dun escenario e do equipo de...
O Entroido chegará este ano a Sanxenxo con nove días de festa. A programación terá un anticipo o día 30 de xaneiro cunha festa de precarnaval organizada pola Asociación Cultural O Cubreiro baixo o nome 'Sanxenxo Mafia'.
O 7 de febreiro está programado o Desfile e Concurso de Disfraces Infantil que...
O Concello de Marín dispoñerá de máis dun mes para gozar do entroido deste ano. O programa elaborado para esta ocasión comezará o 1 de febreiro cunha exposición fotográfica sobre o Entroido no Ateneo Santa Cecilia e concluirá o 6 de marzo co entroido en San Xulián, organizado por Os...
O Entroido regresa a Poio, como vén sendo habitual, pola porta grande. Case un mes de festexos e actividades converterán ao municipio en parada obrigada para aqueles que queiran facer gala do bo humor, a retranca e das súas ganas de divertirse. Trátase dunha programación chea de propostas lúdicas en...
A familia Corleone, Lucky Luciano, Al Capone, John Dillinger... os mafiosos máis coñecidos da historia camparán ás súas anchas por Sanxenxo nos próximos días.
A Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro converterá o municipio, o vindeiro sábado 30 de xaneiro, nun gran parque temático e pasará a ser un pobo onde...
O grupo Vamos a todo, un dos clásicos do Entroido pontevedrés, será o encargado de dar o pregón do entroido de Pontevedra. Os seus membros, na actualidade unha trintena, subirán ao balcón da Casa da Luz para dar o pistoletazo de saída a nove días cheos de diversión, retranca e...
A Xunta de Goberno do Concello de Bueu aprobou este luns destinar un orzamento total de 1.900 euros para os tres concursos que organizou de cara ao inminente Entroido.
Así, haberá un concurso de carteis, no que poderán participar as persoas maiores de 16 anos, das que se seleccionarán tres finalistas,...
A concellería de cultura do Concello de Cuntis xa ten preparada a nova edición do 'Inverno de Entroido'. Durante os meses de xaneiro e de febreiro desenvolveranse diversos actos que completarán os días grandes centrados no desfile de entroido e o da festa do Lacón con Grelos.
Desta forma, a fin...
A área de cultura, festas e dinamización de Marín está a traballar na organización do Entroido Marín 2016 coas propostas para os desfiles do sábado 6 e o domingo 7 de febreiro.
Desta forma, o sábado 6 de febreiro o desfile infantil percorrerá as rúas Real, Praza do Reloxio, Sol, Doutor...
As pantallas son o símbolo do entroido de Xinzo de Limia e desde a vila ourensá viaxaron este sábado 16 de xaneiro para abrir os actos da programación do Entroido pontevedrés.
As máscaras percorreron as rúas do centro histórico en busca de persoas que paseaban sen disfrace emitindo sons tenebrosos a...
"A mal tempo pon a máscara". Con este lema o cartel do entroido pontevedrés reivindica que a poboación se disfrace, que aparque calquera vicisitude e saia á rúa para divertirse. Ademais, o autor, Kiko da Silva, utiliza tamén o formato cómic para a ilustración deste ano.
As viñetas presentan un John...
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no concurso e desfile de entroido que terá lugar en Ponte Caldelas o vindeiro venres 19 de febreiro, a partir das nove da noite.
O desfile partirá desde as inmediacións do pavillón municipal de deportes, en Chan da Barcia, e tras percorrer...
O entroido pontevedrés arrincará o venres 5 de febreiro polo que xa queda menos dun mes para esta tradicional cita festiva.
A proximidade do Nadal provocou que moitos grupos empezasen a idear os seus traxes en pleno mes de decembro, no caso das comparsas, a maioría xa empezaron a traballar en...