Elnosa, ata 2018?

Concentración de traballadores de Elnosa con maletas ante o Concello de Pontevedra

Elnosa pon fin a súa presenza en Lourizán: entre todos a pecharon e ela soa pechou

30/12/2018
Pontevedra

Elnosa-Electroquímica do Noroeste S.A.U. confirmaba o venres 23 de novembro que pechaba definitivamente a súa unidade industrial en Pontevedra. A actual propietaria da empresa, Bondalti, sinala que mantén a actividade comercial en Galicia e a base loxística no porto de Vigo, pero a produción de cloro será na fábrica que...

Anxo Lourido
Comunicado da caducidade de concesión de Elnosa

O Ministerio para a Transición Ecolóxica comunica a caducidade da concesión de Elnosa

27/12/2018
Pontevedra

O Ministerio para a Transición Ecolóxica trasladou á Subdelegación do Goberno de Pontevedra así como a outras entidades da comarca a declaración de caducidade da concesión outorgada o 15 de decembro de 1971 a "Electroquímica del Noroeste, S.A.". Con esta declaración conclúe oficialmente a cesión de 12.587 metros cadrados de terreos...

PontevedraViva
Concentración de traballadores de Elnosa con maletas ante o Concello de Pontevedra

Última protesta dos traballadores de Elnosa coas maletas preparadas para marchar a Torrelavega

21/12/2018
Pontevedra

Un grupo de traballadores de Elnosa, liderado polo secretario de organización comarcal de Comisións Obreiras José Luis García Pedrosa, concentrábase este venres ante o Concello de Pontevedra portando maletas. Trátase da última protesta do persoal da electroquímica, segundo afirmaba o ex presidente do comité de empresa, Avelino González. "Xa me apuntei...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP

Rafa Domínguez pide explicacións públicas a Lores sobre o peche de Elnosa

26/11/2018
Pontevedra

Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, quere que Miguel Anxo Fernández Lores explique publicamente por que Pontevedra perde 150 postos de traballo e 55 millóns de euros co peche de Elnosa.  O representante do PP pregúntase por que a empresa propietaria da cloreira, a portuguesa Bondalti, inviste na...

PontevedraViva
Marcha anual contra Ence y Elnosa

APDR celebra o peche de Elnosa e acusa á empresa de ser os "únicos responsables"

24/11/2018
Pontevedra

Para a Asociación Pola Defensa da Ría, o peche de Elnosa é unha "boa noticia" detrás da que non ven "razóns políticas", senón tan só unha "mala xestión" da que agora pretenden responsabilizar ás administracións, entre elas o Concello de Pontevedra, que se opuxeron a súa continuidade en Lourizán. Nun comunicado,...

PontevedraViva
Elnosa en Lourizán

A empresa propietaria de Elnosa confirma o peche da factoría e culpa o Concello pola súa "oposición destrutiva"

23/11/2018
Pontevedra

Elnosa-Electroquímica do Noroeste S.A.U. confirmou este venres que pechará definitivamente a súa unidade industrial en Pontevedra. Xustifica a causa deste peche en que non se dan as condicións legais que permitan investir para modernizar e manter a factoría activa. A propietaria de Elnosa, Bondalti, afirma que a empresa continuará operando con...

PontevedraViva
Os representantes de APDR, Benito Andrade e Antón Masa

Moncloa informa á APDR da situación da concesión de Elnosa e a prórroga de Ence

21/09/2018
Pontevedra

O presidente e o vicepresidente da Asociación pola Defensa da Ría, Antón Masa e Benito Andrade, mantiveron este xoves dúas reunións con distintas instancias do goberno do Estado en Madrid nas que se discutiron distintos aspectos sobre a situación actual de Ence e Elnosa no que á permanencia en Lourizán...

Oskar Viéitez
Fábrica de Elnosa en Lourizán

A xustiza avala o rexeitamento do Concello aos plans urbanísticos de Elnosa

06/09/2018
Pontevedra

O xulgado do contencioso administrativo número 3 de Pontevedra rexeitou o recurso presentado por Elnosa contra a decisión do Concello de non tramitar o Plan Especial de Reforma Interior (PERI), que impulsaba a empresa para renovar a súa fábrica de Lourizán. A sentenza conclúe que o goberno municipal actuou de acordo...

PontevedraViva
A APDR reparte lazos verdes pola fin da concesión de Elnosa

A APDR non se reunirá con Pedro Sánchez, pero si co seu gabinete na Moncloa

08/08/2018
Pontevedra

A Xunta Directiva da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) reunirase finalmente con membros do gabinete do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no complexo administrativo da Moncloa para abordar todos os aspectos relacionados coa fin da concesión de Elnosa en Lourizán e coa prórroga da permanencia de Ence...

PontevedraViva
Pleno da Deputación de Pontevedra

O PP acusa á Deputación de ser "cómplice" da perda dos postos de traballo en Elnosa

31/07/2018
Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular propuxo sen éxito no pleno da Deputación que a presidenta, Carmela Silva, interceda ante a Dirección Xeral de Costas e demais administracións con competencias na materia para evitar o peche da factoría Elnosa en Pontevedra "e así conseguir o mantemento dos postos de traballo...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
A tenente de alcalde, Carme da Silva

O Concello quere saber en base a que resolución o Goberno permite o "disparate" de Elnosa

30/07/2018
Pontevedra

A continuidade de Elnosa na ría, insiste o goberno municipal, "non ten ningún sustento legal", unha vez que este 29 de xullo venceu a concesión que lle concedía Costas en 1971 para ocupar terreos de dominio público marítimo terrestre en Lourizán. Ese dereito, reiterou a alcaldesa accidental, Carme da Silva,...

Alejandro Espiño
Maica Larriba e Agustín Fernández con Pedro Sánchez en Pontevedra

O PSOE esixe ao Concello que "non enturbie" a xestión do Goberno sobre Elnosa

30/07/2018
Pontevedra

Ao Goberno de Pedro Sánchez, con respecto ao futuro de Elnosa, "non se lle pode esixir máis" do que fixo nos últimos dous meses. Así o asegurou o portavoz do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, que esixiu ao Concello que "se deixen de lerias" e eviten facer declaracións que "enturbien"...

Alejandro Espiño
A APDR reparte lazos verdes pola fin da concesión de Elnosa

A APDR celebra o fin da concesión a Elnosa

29/07/2018
Pontevedra

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) mantivo este domingo 29 de xullo a festa programada para celebrar o fin de Elnosa na súa actual localización, ao ser a data na que conclúe a concesión de terreos de Costas á empresa química. Celebrouno pese ao anuncio da subdelegada do goberno de...

Diego Espiño
Comparecencia do Comité de empresa de Elnosa

Os traballadores de Elnosa rexeitan o peche da fábrica por silencio administrativo de Costas

24/07/2018
Pontevedra

O comité de empresa de Electroquímica do Noroeste S.A. considera "absolutamente impresentable" o peche da fábrica de cloro de Lourizán por "silencio administrativo" ante a falta de comunicación de Costas do Estado ao expediente de caducidade da concesión para a súa solicitude de prórroga nos terreos que actualmente ocupa na...

Oskar Viéitez
Fábrica de Elnosa en Lourizán

O Concello pide ao Goberno un control "efectivo" sobre o cese de actividade de Elnosa

13/07/2018
Pontevedra

Cunha carta que o goberno municipal remitirá á Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, o Concello esixirá ao executivo de Pedro Sánchez que realice un control "efectivo" sobre o cesamento de actividade de Elnosa no complexo industrial de Lourizán. A alcaldesa en...

Alejandro Espiño
A tenente de alcalde, Carme da Silva

Carme da Silva: "Hai moitos anos que Elnosa sabe que non pode seguir aí"

12/07/2018
Pontevedra

Carme da Silva teno claro. Era "imposible" que Costas outorgase unha prórroga para que Elnosa puidese seguir na ría porque "carece" de autorización ambiental integrada, cuxa última renovación foi anulada por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ante o anunciado peche da factoría, previsto para o próximo 29...

Alejandro Espiño
Lucía Pedroso e Eduardo Barros, na Cámara de Comercio con Rafa Domínguez, do Partido Popular

Rafa Domínguez culpa a Lores e o PSOE do inminente peche de Elnosa

12/07/2018
Pontevedra

Rafa Domínguez, novo presidente do Partido Popular de Pontevedra, sinalou que a "incapacidad" do BNG e do PSOE é a causante do anuncio do peche de Elnosa en Lourizán. "Vemos que 60 familias se van a la calle", indicaba o representante do PP e sinalaba que en Cantabria están "encantados"...

Anxo Lourido
Fábrica de Elnosa en Lourizán

Elnosa anuncia aos traballadores a súa intención de pechar o 29 de xullo

11/07/2018
Pontevedra

O grupo portugués CUF, propietario de Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa), confirmou nas últimas horas ao comité de empresa que cesará a súa actividade na ría de Pontevedra o próximo 29 de xullo, data na que caduca a súa concesión con Costas. O peche de Elnosa, segundo os directivos lusos, prodúcese...

Alejandro Espiño
Representantes do comité de empresa de Elnosa e José Luis García Pedrosa, de CC.OO.

Aumenta a incerteza para o persoal de Elnosa sobre o seu futuro

29/05/2018
Pontevedra

"Non me gustan nin as formas nin o fondo", así se expresa Avelino García, tras coñecer a través dos medios de comunicación, que os propietarios de Elnosa alertan do fin da actividade produtiva da factoría en Lourizán. O presidente do comité de empresa sinala que ninguén da entidade lusa, dona da...

Anxo Lourido
Fábrica de Elnosa en Lourizán

Conta atrás para o peche de Elnosa mentres o persoal agarda que o Goberno conceda a prórroga

08/05/2018
Pontevedra

Elnosa asómase ao mes máis importante para o seu futuro. En xuño conclúe a actual concesión de Costas que lle permite manterse nas instalacións de Lourizán, na ría de Pontevedra. Representantes do grupo químico portugués CUF, propietarios de Elnosa, manteñen encontros con responsables de Medio Ambiente en Madrid co obxectivo...

Anxo Lourido
Fábrica de Elnosa en Lourizán

A concesión de Elnosa caducará en catro meses

30/03/2018
Pontevedra

O vindeiro domingo 29 de xullo de 2018 caduca a actual concesión dos terreos de Elnosa en Lourizán sen que se coñeza avance algún sobre a solicitude de prórroga presentada pola empresa. Creada en 1966 xunto con outros socios polo Grupo Ence, Electroquímica do Noroeste S.A. iniciou as súas actividades en...

Oskar Viéitez

"Nos vamos a dar en donde más nos huele"

08/02/2018

Con este curioso slogan saía á luz unha campanha, unha máis de ence, tempo hai. Daquela prometían os da pasteira que acabarían co fedor das súas emisións exactamente o 9 de febreiro de 1992, é dicir: 9.2.92 (inxenioso verdade?) E chamáronlhe "el día CE" (de celulosa) O próximo venres cumpriranse...26 anos!!...

A senadora Vanessa Angustia, a deputada Ángela Rodríguez e o deputado do Parlamento, Marcos Cal

O Goberno evita responder a En Marea sobre o futuro de Elnosa na ría

19/01/2018
Pontevedra

A deputada do Congreso, Ángela Rodríguez; o deputado do Parlamento Marcos Cal e a senadora Vanessa Angustia, integrantes de En Marea, manifestaban este mediodía en Pontevedra a súa preocupación pola resposta ofrecida polo Goberno sobre o futuro da empresa Elnosa na ría de Pontevedra. Desde o goberno indican que houbo empresas...

PontevedraViva
Mariano Rajoy, presidente do Goberno

En Marea esixe ao Goberno de Rajoy información sobre o futuro de Elnosa

09/01/2018
Pontevedra

O Goberno vén de responder este martes a En Marea sobre o futuro das empresas produtoras de cloro, que deben ter adaptadas desde o pasado 11 de decembro a súa tecnoloxía, en cumprimento da directiva europea. Segundo En Marea "de novo o Executivo que preside Mariano Rajoy evita responder sobre o...

PontevedraViva
Visita de Alfonso Rueda a Marín

Tirón de orellas da Xunta a Costas para que resolva con celeridade a prórroga de Elnosa

08/01/2018
Marín

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pediu á Dirección Xeral de Costas "celeridade" na decisión sobre a posible continuidade da prórroga da actual concesión en terreos de dominio marítimo-terrestre en Lourizán da fábrica de Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa). Rueda referiuse á continuidade da actividade da fábrica de cloro que...

Oskar Viéitez
Asemblea de traballadores de Elnosa

Os traballadores de Elnosa chegan a un acordo coa empresa e desconvocan a folga

03/01/2018
Pontevedra

A asemblea de traballadores de Elnosa acordou por maioría absoluta nunha asemblea celebrada na tarde deste mércores asinar o preacordo alcanzado polo comité de empresa coa dirección do Grupo CUF (propietario da electroquímica) e desconvocar a folga indefinida prevista a partir deste xoves 4 de xaneiro. O presidente do comité de...

Oskar Viéitez
Integrantes do comité de empresa de Elnosa con representantes de CC.OO.

Folga indefinida dos traballadores de Elnosa a partir do 4 de xaneiro

28/12/2017
Xeral

Os traballadores de Elnosa acordaron este xoves convocar unha folga indefinida a partir do próximo 4 de xaneiro ante a falta de avances na negociación aberta coa dirección da empresa sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo presentado.  O comité de empresa mantivo varias reunións coa dirección de Elnosa...

PontevedraViva
Fábrica de Elnosa en Lourizán

Cara ou cruz? 2018, ano decisivo para o futuro de Elnosa na ría de Pontevedra

27/12/2017
Pontevedra

O futuro de Elnosa en Lourizán segue pendente dun fío, o que sostén o Ministerio de Medio Ambiente. Antes de finais de xullo de 2018 terá que decidir se concede ou non a prórroga á empresa electroquímica para que permaneza na súa actual localización do mesmo xeito que xa sucedeu...

PontevedraViva
Fábrica de Elnosa en Lourizán

O BNG acusa á Xunta de "alfombrar" o camiño para que Elnosa siga na ría

17/12/2017
Pontevedra

A Xunta de Galicia, denuncia o BNG, está a seguir un "guión preestablecido", o mesmo que seguiu con Ence, para "favorecer" a continuidade da fábrica de cloro que Elnosa ten en Lourizán, aos pés da ría de Pontevedra. O goberno galego está a facer todo o posible, segundo os nacionalistas,...

PontevedraViva
O vicepresidente da Xunta entrega material de emerxencias

Rueda agarda que outras administracións "estean á altura" con Elnosa

12/12/2017
Pontevedra

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu a concesión da autorización ambiental integrada á empresa Elnosa por parte do goberno galego e afirmou que espera que "outras administracións estean á altura" na defensa dos postos de traballo en Pontevedra. "Veremos a partir de agora para garantir a continuidade dos postos...

Oskar Viéitez
A concelleira Carme da Silva

O Concello denunciará nos tribunais a autorización ambiental de Elnosa

12/12/2017
Pontevedra

Unha sorpresa "relativa". É o que provocou no Concello de Pontevedra a renovación da autorización ambiental de Elnosa por parte da Xunta de Galicia. Era unha decisión "esperada", recoñece a tenente de alcalde, Carme da Silva, pero non por iso resta un chisco da indignación do goberno municipal ante unha...

Alejandro Espiño
Fábrica de Elnosa en Lourizán

Medio Ambiente renova a autorización ambiental de Elnosa

11/12/2017
Pontevedra

Elnosa xa non poderá, a partir de hoxe, utilizar mercurio para producir cloro. Pero a Xunta de Galicia deu o visto e prace aos plans da compañía electroquímica para cambiar a súa tecnoloxía e reconverter a súa produción para permanecer en Lourizán. Medio Ambiente concedeu unha nova autorización ambiental para...

Alejandro Espiño
Cadea humana da APDR para pedir o peche de Elnosa en Lourizán

Cadea humana para reclamar o peche inmediato de Elnosa

09/12/2017
Pontevedra

Ao redor de 300 persoas acudiron á chamada da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) para participar na cadea humana organizada para denunciar o trato favorable que as administracións da Xunta de Galicia e o Goberno central dan á fábrica de Elnosa para permanecer en Lourizán. Por este motivo, os participantes...

Anxo Lourido
Concentración dos traballadores de Elnosa e as súas familias diante do Concello

A empresa propón 16 despedimentos no ERE de Elnosa

07/12/2017
Pontevedra

A firma portuguesa CUF puxo 16 despedimentos encima da mesa para iniciar a negociación do ERE extintivo en Elnosa. Este xoves desenvolvíase o primeiro encontro entre representantes da empresa cloreira, asesorados por tres avogados dun despacho laboralista madrileño, con integrantes do comité de empresa da fábrica, co presidente Avelino García...

Anxo Lourido
Fábrica de Elnosa en Lourizán

O Concello emite un informe desfavorable á autorización ambiental de Elnosa

04/12/2017
Pontevedra

A renovación da autorización ambiental integrada a Elnosa, que tramita a Xunta de Galicia, non contará coa anuencia do Concello de Pontevedra. O goberno local, baseándose nos informes emitidos polos técnicos municipais, informou de maneira desfavorable á pretensión da compañía electroquímica de seguir en Lourizán. Ademais, o Concello esixe á Xunta...

Alejandro Espiño
Benito Andrade e Antón Masa, da Asociación pola Defensa da Ría

A APDR convoca unha cadea humana contra a continuidade de Elnosa en Lourizán

04/12/2017
Pontevedra

Unha cadea humana que percorra as rúas entre a sede da delegación do Ministerio de Medio Ambiente e a sede da Xunta en Campolongo será a manifestación escollida pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) para mostrar a súa desconformidade cunha posible continuidade de Elnosa en Lourizán.  Na actualidade,...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Manifestación dos traballadores de Elnosa polas rúas de Pontevedra

O PP culpa ao Concello do ERE extintivo anunciado por Elnosa

02/12/2017
Pontevedra

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, culpou ao goberno local de Pontevedra da decisión de Elnosa de eliminar dez postos de traballo nas empresas auxiliares e levar a cabo un ERE extintivo co que prescindirán, en principio, doutros dez traballadores do persoal da fábrica. "Probablemente o goberno...

Oskar Viéitez
Integrantes do comité de empresa de Elnosa con representantes de CC.OO.

Elnosa anuncia ao persoal a apertura dun expediente de regulación de emprego extintivo

30/11/2017
Pontevedra

"Non o esperabamos", afirma Avelino García, presidente do comité de empresa de Elnosa, despois de que a dirección de CUF, grupo portugués propietario da electroquímica de Lourizán, comunicase este xoves aos representantes dos traballadores a apertura dun expediente de regulación de emprego extintivo (ERE), que afectará a un mínimo de...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Fábrica de Elnosa en Lourizán

A Xunta fará "todo o posible" para que Elnosa teña a AAI o 11 de decembro

24/11/2017
Pontevedra

A Xunta de Galicia fará "todo o posible"para que a empresa Elnosa reciba a Autorización Ambiental Integrada (AAI) antes do próximo 11 de decembro e que "non se perdan postos de traballo e industrias en Pontevedra". Así o asegurou o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, nun acto na cidade do Lérez...

Natalia Puga
Manifestación dos traballadores de Elnosa polas rúas de Pontevedra

Os traballadores de Elnosa, de novo nas rúas en defensa da súa continuidade en Lourizán

11/11/2017
Pontevedra

Contra o "boicot" do BNG, os traballadores de Elnosa aseguran que seguirán defendendo os seus postos de traballo "con uñas e dentes". Así, unhas trescentas persoas participaron na manifestación convocada polo comité de empresa que, na noite deste venres, volveu saír á rúa para esixir a continuidade da factoría electroquímica...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Fábrica de Elnosa en Lourizán

A Xunta prevé traballar "en paralelo" con Costas para que Elnosa siga na ría

31/10/2017
Pontevedra

Non hai novidades con respecto á situación administrativa de Elnosa, que en pouco máis dun mes debe deixar de empregar mercurio para a produción de cloro en Lourizán. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reitera que o goberno galego fará todo o que estea na súa man para que os...

Alejandro Espiño
Fábrica de Elnosa en Lourizán

A deputada socialista Patricia Vilán pregunta que vai facer a Xunta con Elnosa

20/09/2017
Pontevedra

A portavoz de Medio Ambiente do grupo socialista no Parlamento de Galicia, a pontevedresa Patricia Vilán, denunciaba este mércores o "lamentable desleixo" do goberno de Núñez Feijóo ante o incumprimento da normativa ambiental por parte da electroquímica Elnosa en Lourizán.  Patricia Vilán presentaba en comisión parlamentaria unha pregunta sobre a utilización...

PontevedraViva
Luis Bará, deputado do BNG no Parlamento galego

O BNG cre que a continuidade de Elnosa en Pontevedra xa está "cociñada"

11/09/2017
Pontevedra

O deputado do BNG, Luís Bará, levará ao Parlamento de Galicia o debate sobre o futuro da fábrica da empresa Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa) na ría de Pontevedra. Concretamente o parlamentario e concelleiro pontevedrés preguntará ao goberno galego polas xestións que está a levar a cabo respecto ao proxecto...

Oskar Viéitez
José Luis García Pedrosa, de CC.OO., e representantes do comité de empresa de Elnosa

Traballadores de Elnosa rexeitarán no Parlamento Galego o "fanatismo" de BNG e Marea

11/09/2017
Pontevedra

Están cansados da "merda que se está botando cara Elnosa", así se manifesta o presidente do comité de empresa da fábrica de cloro de Lourizán, Avelino García. Desta forma quería contestar as acusacións realizadas desde o Concello de Pontevedra ao indicar que o novo sistema previsto para a fábrica ía...

Anxo Lourido
Concentración da APDR pedindo o peche de Elnosa

A APDR pide á Xunta que negue a revisión da autorización ambiental solicitada por Elnosa

11/09/2017
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) presentou alegacións á revisión da autorización ambiental integrada (AAI) que a empresa Elnosa, dedicada á fabricación de cloro, solicitou á Xunta de Galicia. As alegacións da entidade ecoloxista preséntanse, por unha banda, en cuestións de carácter xeral xa que entenden que a proposta exposta...

PontevedraViva
Visita de Alfonso Rueda á fábrica de Harinas Reyes no Campiño

Rueda garante que se Elnosa se adapta á normativa europea contará cos permisos da Xunta

30/08/2017
Pontevedra

O vicepresidente da Xunta de Galicia garantiu este mércores que a electroquímica Elnosa contará con todas as autorizacións pertinentes que dependan da administración galega sempre que se adapte ás esixencias da normativa europea. "Se cumpre coa legalidade, terán autorización. Se non, non", indicou Alfonso Rueda.  Para que se cumpra esta condición,...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Empresa Elnosa

O Concello de Pontevedra esixirá unha avaliación de impacto ambiental de Elnosa

29/08/2017
Pontevedra

O proxecto de solicitude de autorización ambiental integrada (AAI) solicitada pola empresa Electroquímica do Noroeste SA (Elnosa) para a fábrica de cloro-álcali de Lourizán debe ser sometido a un procedemento de avaliación ambiental, segundo o Concello de Pontevedra. A alcaldesa accidental de Pontevedra, Carme da Silva, deu conta este martes á comisión...

Oskar Viéitez
Membros de En Marea e da APDR

En Marea conta co compromiso do PSOE para "sacar a Ence da Ría de Pontevedra"

11/08/2017
Pontevedra

A portavoz de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, destacou o compromiso da súa formación en seguir denunciando "ese fenómeno de corrupción político empresarial que é Ence", con absoluta "conivencia" da Xunta de Galicia e do Goberno no Estado. Tamén cualificou como unha "golfería" a prórroga á fábrica de Ence...

Oskar Viéitez
Empresa Elnosa

A Xunta inicia os trámites para conceder a autorización ambiental integrada a Elnosa

03/08/2017
Pontevedra

A alcaldesa en funcións de Pontevedra, Carme da Silva, criticou á Xunta de Galicia por iniciar "novamente con estivalidad e aleivosía" os trámites para ampliar a autorización ambiental integrada á fábrica de Electroquímica do Noroeste SA (Elnosa). O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a decisión da Consellería de...

Oskar Viéitez
Vista aérea da fábrica de Elnosa

A Unión Europea prohibe a Elnosa seguir utilizando mercurio a partir de decembro

27/07/2017
Pontevedra

O 11 de decembro será o último día en que Elnosa poderá utilizar mercurio para producir cloro en Lourizán. Así llo comunicou a Consellería de Medio Ambiente ao comité de empresa da fábrica de Lourizán atendendo ás ordes emitidas desde a Unión Euorpea, que puxo esa data como límite para...

PontevedraViva
Protesta de traballadores de Elnosa pola desaparición de pancartas

Denuncian ante a Policía Nacional a retirada de pancartas favorables a Elnosa

19/07/2017
Pontevedra

O presidente do comité de empresa de Elnosa, Avelino García, presentaba nas últimas horas unha denuncia na comisaría da Policía Nacional de Pontevedra contra a retirada de pancartas colocadas polos representantes dos traballadores da electroquímica nas rúas Benito Corbal, Oliva e Peregrina. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, manifestara...

PontevedraViva
Protesta de traballadores de Elnosa pola retirada de pancartas reivindicativas

Traballadores de Elnosa concéntranse como protesta ante a retirada das súas pancartas reivindicativas

17/07/2017
Pontevedra

Traballadores de Elnosa concentráronse ás portas do Concello de Pontevedra na mañá deste luns 17 para denunciar o que consideran unha persecución por parte do goberno local. Sinalan que colocaran catro pancartas que foran pagadas polos propios empregados da electroquímica. Unha delas tiveron que retirala, segundo manifestou Avelino García, presidente...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Os traballadores de Elnosa reparten panfletos na rúa

Os traballadores de Elnosa piden o "cese de la violencia institucional" contra eles

01/07/2017
Pontevedra

Os traballadores de Elnosa iniciaron a repartición de panfletos na rúa para pedir o "cese de la violencia institucional" que, ao seu xuízo, o Concello de Pontevedra exerce contra eles. Teñen previsto distribuír 25.000 panfletos con ese mesma mensaxe nos municipios de Pontevedra, Marín e Poio. Tamén queren que a cidadanía coñeza...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Elnosa en Lourizán

Elnosa solicita á Xunta a súa supramunicipalidade para poder continuar en Lourizán

21/06/2017
Pontevedra

Elnosa move ficha. A compañía electroquímica entregou este mércores ante a Xunta de Galicia a solicitude para iniciar a tramitación administrativa do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a implantación de novas instalacións en Lourizán. Este trámite realizouse ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria. A petición, segundo sinalou a empresa...

Alejandro Espiño
Rolda de prensa de traballadoras e mulleres de traballadores de Elnosa

As familias do persoal de Elnosa van concentrarse ante o Concello o sábado 17 de xuño

07/06/2017
Pontevedra

Dúas traballadoras de Elnosa e a muller dun traballador desta factoría, acompañadas por Leila Piñeiro, representante da Federación de Industria de Comisións Obreiras, quixeron manifestar este mércores a preocupación que viven ante a posibilidade de que a clorera situada en Lourizán peche o 17 de decembro, data na que finaliza...

Anxo Lourido
Presentación da Marcha contra Celulosas

A APDR anuncia accións legais "contra calquera posible prórroga a Elnosa"

25/05/2017
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) anuncia accións legais "contra calquera posible prórroga a Elnosa" para que continúe utilizando mercurio para producir cloro na súa fábrica de Lourizán máis aló do 11 de decembro deste ano vulnerando así a Directiva de Emisións Industriais (DEI) que obriga a...

Oskar Viéitez
Representantes do comité de empresa de Elnosa con José Luis García Pedrosa, de CC.OO.

Escrache ao alcalde a seis meses da data límite para Elnosa en Lourizán

02/05/2017
Pontevedra

A preocupación exprésase nos rostros dos integrantes do comité de empresa de Elnosa. Quedan seis meses de marxe para que se resolva a situación da factoría química en Lourizán. En decembro deste ano, a empresa clorera terá que abandonar as instalacións na ría de Pontevedra se as administracións non ofrecen...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Fábrica de Ence en Lourizán

Ence, 60 anos máis en Lourizán; Elnosa, mantense á espera

31/12/2016
Pontevedra

A concesión por parte do Goberno de Mariano Rajoy da prórroga a Ence - Enerxía e Celulosa para permanecer outros 60 anos máis en Lourizán provocou unha reacción inmediata no Concello de Pontevedra e os colectivos ecoloxistas. Sucedía o 25 de xaneiro a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e...

Anxo Lourido
Diego Torrado
Anxo Lourido
Representantes do comité de empresa de Elnosa con José Luis García Pedrosa, secretario comarcal de CC.OO.

Os traballadores de Elnosa intensificarán en 2017 a súa campaña contra o BNG

30/12/2016
Pontevedra

Avelino García, presidente do comité de empresa de Elnosa, é claro: o persoal da electroquímica va a intensificar a campaña en defensa da empresa para contrarrestar os ataques que reciben do BNG e das outras agrupacións políticas (PSOE e Marea), como a proposta non de lei presentada esta semana pola...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente

A xustiza avala a renovación da autorización ambiental integrada de Elnosa

12/12/2016
Pontevedra

A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a validez da renovación da autorización ambiental integrada outorgada en 2010 pola Xunta a Electroquímica do Noroeste, Elnosa.  O alto tribunal galego desestima a denuncia presentada polo Concello de Pontevedra no ano 2011 contra a decisión adoptada un...

PontevedraViva
Concentración de traballadores de Elnosa ante o Concello

Os traballadores de Elnosa "torturan" o goberno de Lores con música de Pimpinela

09/12/2016
Pontevedra

Ao redor de 20 traballadores de Elnosa concentráronse durante este venres 9 de decembro ante as portas do Concello de Pontevedra cunha megafonía na que soaban os primeiros compases da partitura da banda sonora de 'Tiburón' e a continuación co gran éxito do dúo Pimpinela: 'Olvídate y pega la vuelta''....

Anxo Lourido
Anxo Lourido