Eleccións 24M

Fátima Abal vota nas eleccións locais do 24-M

Sorpresa en Cambados coa elección de Fátima Abal (PSOE) como alcaldesa

13/06/2015
O Salnés

Nin a propia protagonista o esperaba, segundo recoñeceu minutos despois. Fátima Abal foi investida alcaldesa de Cambados contra prognóstico. A socialista, que tiña asegurados os votos do BNG segundo o declarado nos días previos, encontrouse co apoio a última hora dos concelleiros electos por Somos Cambados e Cambados Pode, Tino Cordal...

PontevedraViva
María Ramallo recibe o bastón de mando no pleno de investidura de Marín

María Ramallo asume o bastón de mando de Marín prometendo "traballo, moito traballo"

13/06/2015
Marín

O pleno de investidura no Concello de Marín outorgou por segunda vez a alcaldía á popular María Ramallo. A maioría absoluta de 11 concelleiros logrados nas urnas pola candidatura do PP fixo que o pleno se desenvolvese sen sorpresas. Ramallo recordou no seu discurso os retos asumidos nos seus primeiros catro anos...

PontevedraViva
Pleno de investidura no Concello de Poio

Nito Sobral reelixido alcalde de Poio

13/06/2015
Poio

Un sobre con dúas papeletas cos nomes de Luciano Sobral e Consuelo Besada, foi a anécdota xurdida durante a votación no pleno do Concello de Poio, no que resultou elixido como alcalde o nacionalista Luciano Sobral, con 9 votos a favor, mentres que 7 concelleiros votaron ao candidato do PP,...

Oskar Viéitez
Miguel Anxo Fernández Lores recibe o bastón de mando no pleno de investidura

Lores comeza o seu quinto mandato pedindo "borrón e conta nova" nas relacións con Xunta e Estado

13/06/2015
Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores foi investido, por quinta vez, alcalde de Pontevedra no Pleno Municipal de composición da corporación celebrado nun abarrotado Teatro Principal. Fíxoo co apoio en solitario dos 12 concelleiros do seu grupo, o Bloque Nacionalista Galego, grazas á abstención de Partido Popular, Partido Socialista e Cidadáns. Só Marea Pontevedra...

Diego Espiño
Cristina Saiz
Gonzalo Pita, alcalde de Sanxenxo

Gonzalo Pita, elixido alcalde de Sanxenxo entre vítores e aplausos

13/06/2015
Sanxenxo

Nun salón de plenos completamente abarrotado, con público nos corredores e ás portas da casa consistorial facendo cola, o candidato de SAL, Gonzalo Pita, foi elixido alcalde de Sanxenxo. Con vitores e aplausos os simpatizantes das catro formacións políticas do cuatripartito sanxenxino apagaron as voces dos que acudiron ao pleno para...

Oskar Viéitez
Escenificación do pacto cuatripartito en Sanxenxo

O catripartito de Sanxenxo escenifica a súa unidade antes do pleno de investidura

12/06/2015
Sanxenxo

Unidos e co obxectivo claro de "intentar cambiar xestión e apostar por un goberno máis participativo, máis cercano". Así se presentaron ante os medios de comunicación os nove concelleiros de SAL (4), BNG (3), PSOE (1) e Sanxenxo Pode (1) tras pechar un pacto de goberno que deixa fose da...

Diego Espiño
César Mosquera, voceiro grupo provincial do BNG

Un bolero mexicano para Louzán

12/06/2015
Pontevedra

A asemblea do Bloque Nacionalista Galego na comarca de Pontevedra reuniuse onte xoves para abordar as liñas mestras da proposta de mínimos formuladas aos socialistas para alcanzar un acordo de goberno na Deputación de Pontevedra no que "a opción preferente, e practicamente exclusiva, é darlle o apoio ao PSOE", segundo...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
María José Rodríguez Teso, Jacobo Moreira e José Luis Martín, en rolda de prensa

O PP absterase na investidura de Lores: "los pontevedreses quieren que gobierne el BNG"

11/06/2015
Pontevedra

O Partido Popular non se oporá a que Miguel Anxo Fernández Lores sexa proclamado este sábado como alcalde de Pontevedra. Jacobo Moreira avanzou que os sete edís populares absteranse na votación. "Los pontevedreses han manifestado que quieren que gobierne el BNG y nosotros estemos en la oposición y cumpliremos con...

Alejandro Espiño
Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra

Louzán arremete contra o PP pola "falta de valentía" para reformar a Lei Electoral

11/06/2015
O Salnés

O presidente da Deputación de Pontevedra e presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, culpou a súa formación política das dificultades para ter gobernos en concellos como Ribadumia, polo que el se presenta, ou Sanxenxo. Así, lamenta que non tivese a "valentía" de ter reformado a lei electoral. Louzán referiuse este...

Oskar Viéitez
Luis Rei e María del Carmen Moreira, concelleiros electos de Marea

Marea Pontevedra pedirá unha auditoría das contas municipais

10/06/2015
Pontevedra

Marea Pontevedra anunciou este mércores que no primeiro pleno tras a constitución da nova corporación municipal propoñerán a realización dunha auditoría das contas do Concello. "Invítannos a subir a un coche no que non sabemos se ten gasolina", declarou o voceiro de Marea, Luis Rei. Os membros da Marea afirman que sentenzas...

Oskar Viéitez
Telmo Martín

SAL 'rompe' con Telmo Martín e ultima a formación dun catripartito en Sanxenxo

09/06/2015
Sanxenxo

Telmo Martín non será, salvo un xiro inesperado dos acontecementos, o próximo alcalde de Sanxenxo. O bastón de mando ostentarao Gonzalo Pita, candidato de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), que ultima a formación dun catripartito que estará formado por PSdeG-PSOE, BNG e Sanxenxo Pode. Así o recoñeceu o propio Martín, que...

PontevedraViva
César Mosquera, voceiro do Grupo provincial do BNG

O BNG presenta un acordo de mínimos para dar ao PSOE a presidencia da Deputación

08/06/2015
Pontevedra

"Caciqueo cero", ese é, segundo o voceiro do grupo provincial do BNG, César Mosquera, o resumo do "programa de mínimos" para a nova etapa da Deputación de Pontevedra para un "cambio profundo" que permita dar ao PSOE a presidencia. Nunha rolda de prensa na sede da Administración provincial, un feito inusual...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Reunión da Executiva local do PP

O Partido Popular de Pontevedra fai autocrítica

04/06/2015
Pontevedra

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira, presidiu este mércores a Xunta Local co fin de valorar os resultados electorais e iniciar a recollida de propostas que permitan comezar unha nova etapa marcada pola "recuperación da confianza dos veciños perdida durante estes comicios". Jacobo Moreira afirmou que "aínda que...

PontevedraViva
Agustín Fernández saúda a Fernández Lores ante os outros tres portavoces

O BNG non descarta integrar no goberno local a outras forzas políticas

01/06/2015
Pontevedra

O voceiro do BNG no Concello de Pontevedra, Raimundo González, aclarou este luns que os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego "estamos abertos a todo, non se descarta ningunha das posibilidades a partir do día 13 de xuño". O BNG gañou as eleccións municipais en Pontevedra sumando 12 dos 25 concelleiros da...

Oskar Viéitez
Xosé Manuel Abraldes, candidato do BNG en Barro

Primeiros pasos do BNG e o PSOE para formar un bipartito en Barro

30/05/2015
Barro

A sede do BNG en Barro acolleu este venres o primeiro encontro entre nacionalistas e socialistas para conseguir un pacto de goberno neste muncipio que desbanque da alcaldía ao popular, José Antonio Landín Eirín, despois de 32 anos de mandato neste Concello. Por parte do Bloque Nacionalista Galego o equipo negociador...

PontevedraViva
Candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais en Ponte Caldelas

A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e o PSOE, xa se entenden

30/05/2015
Ponte Caldelas

A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas (AVP) informou que a chamada do PSOE local para negociar un pacto de goberno xa foi respondida. Polo de agora, os socialistas son a única forza política que se puxo en contacto con esta agrupación. A reunión celebrouse o venres 29 de maio na sede do...

Oskar Viéitez
Reunión dos cinco grupos políticos con representación na Corporación de Pontevedra

Lores: "Ata o día 13 non sei se serei elixido alcalde"

29/05/2015
Pontevedra

O actual alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, evita autodenominarse novo rexedor da capital a pesar de que o seu partido, o BNG, logrou 12 dos 25 concelleiros da Corporación, moi por enriba dos 7 alcanzados polo PP. Aínda que dende dentro do pardido non se descarta gobernar en...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Candidatura del PSdeG en Sanxenxo

O PSOE nomeará unha comisión xestora en Sanxenxo ante a dimisión da executiva local

29/05/2015
Sanxenxo

A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra nomeará en breve unha comisión xestora na agrupación local de Sanxenxo despois da dimisión da maior parte dos seus responsables. Nun comunicado emitido este venres polo PSdeG-PSOE informaron que "ante a dimisión da maior parte da comisión local do PSdeG-PSOE de Sanxenxo producida este...

PontevedraViva

La resaca del 24-M

29/05/2015

Tras la celebración de las elecciones municipales y autonómicas del pasado domingo, se ha confirmado lo que se vaticinaba y se inicia un nuevo tiempo político en el que el bipartidismo clásico, PP-PSOE, tendrán que compartir protagonismo con otros partidos políticos. Seguirán gobernando en muchas instituciones, pero deberán pactar para...

Chegada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

Feijóo acudirá a Pontevedra para analizar os resultados electorais

28/05/2015
Pontevedra

O líder do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo acudirá o venres da próxima semana á sede da súa formación en Pontevedra para analizar en detalle os resultados electorais obtidos polos populares na provincia. Unha reunión prevista para este venres pero que foi atrasada por "motivos de axenda" xa que...

Oskar Viéitez
Rafael Louzán e Miguel Anxo Fernández Lores

Louzán tende a man ao BNG para pactar unha coalición de goberno na Deputación

28/05/2015
Pontevedra

O presidente en funcións da Deputación de Pontevedra e do Partido Popular nesta provincia, Rafael Louzán tendeu a man ao BNG para negociar un pacto de goberno na Deputación. O mandatario provincial explicou o "novo escenario" que deixaron os resultados electorais do pasado domingo 24 de maio despois de que o...

Oskar Viéitez
Sesión de escrutinio de votos da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra

Rabexadas do 24M: Delincuentes, chourizos e un preservativo

27/05/2015
Pontevedra

A Xunta Electoral de Zona de Pontevedra remitirá á Fiscalía da Audiencia Provincial polo menos tres denuncias contra outros tantos cidadáns por incorrer nun delito electoral durante a xornada do 24 M. É unha das rabexadas que deixan a nivel informativo e xurídico as eleccións municipais. Esta cita coas urnas...

Natalia Puga
Cristina Saiz
Pleno do concello de Pontevedra

Os grupos políticos pontevedreses reuniranse o venres para preparar a toma de posesión

27/05/2015
Pontevedra

O alcalde en funcións do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, convocou para este venres 29 de maio unha reunión cos voceiros de todos os grupos que obtiveron representación municipal tras as eleccións do pasado domingo. Os voceiros do BNG, Partido Popular, PSOE, Marea Pontevedra e Ciudadanos acudirán á casa...

Oskar Viéitez
Santos Héctor, César Mosquera e José Manuel Figueroa

Mosquera rexeita un pacto co PSOE na Deputación "só para aplaudir"

27/05/2015
Pontevedra

O deputado nacionalista, César Mosquera, indicou que Vigo non poderá recibir máis investimentos económicos por parte da Deputación provincial, como indicou o voceiro socialista, Santos Héctor, alegando a discriminación de Vigo dende a institución provincial. Mosquera engadiu que, neste sentido, o representante do PSOE "amosa un descoñecemento do que son as...

PontevedraViva

La Marea y la resaca

27/05/2015

No hay como resistirse a comentar el tema de moda. Si eres capaz de resistirte, claro. Empecemos y hagámoslo por un lugar cualquiera. Uno, por ejemplo, donde aprieta el calor: Rita Barberá se ha dado una hostia de tal calibre contra las urnas que se le ha enfriado el caloré de...

Miguel Anxo Fernández Lores analizando os datos na xornada electoral

Lores varreu no centro urbano e impúxose en doce parroquias do rural

26/05/2015
Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores iniciará o seu quinto mandato en Pontevedra cun forte respaldo popular. Quedou un só concelleiro da maioría absoluta, o mellor resultado da historia para o BNG na cidade do Lérez. A vitoria dos nacionalistas foi incontestable. Gañou en nove de cada dez mesas electorais. Fíxoo de...

Alejandro Espiño
Perfecto Rodríguez

Perfecto Rodríguez perde a maioría: "Es una decepción y una sorpresa muy inesperada"

25/05/2015
Ponte Caldelas

"Es una decepción y una sorpresa muy inesperada". Non ten ningunha dúbida Perfecto Rodríguez de que os resultados do 24 M foron malos para o PP en Ponte Caldelas. O alcalde en funcións e líder dos 'populares' móstrase desilusionado tras a xornada electoral, na que o seu partido perdeu a maioría...

PontevedraViva
María Ramallo Vázquez

María Ramallo: "La mayoría absoluta es un éxito que está al alcance de pocos"

25/05/2015
Marín

O PP de Marín, con María Ramallo repetindo como cabeza de cartel, conseguiu este domingo reeditar a maioría absoluta alcanzada hai catro anos. Con menos folgura que en 2011, pero segue sendo a forza máis votada e gañadora indiscutible das eleccións, un resultado de 11 concelleiros do que a actual...

PontevedraViva
Agustín Fernández ás portas do Concello de Pontevedra

Agustín Fernández, do PSOE: "Temos a posibilidade de acadar a presidencia da Deputación, pero hai que ver a postura do BNG"

25/05/2015
Pontevedra

O Partido Socialista coa obtención de tres concelleiros logrou matner a súa representación na corporación de Pontevedra e o candidato Agustín Fernández amosábase satisfeito durante a mañá deste luns ao entender que "estamos sentando as bases para que o futuro de Pontevedra pase polo PSOE" e sinalou que a Deputación...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Pleno municipal no Teatro Principal de Pontevedra

Así queda a nova corporación municipal de Pontevedra

25/05/2015
Pontevedra

Tras os resultados das eleccións do 24 de maio, haberá unha nova composición na corporación municipal. De entrada, serán cinco as forzas políticas que estean presentes no Pleno tras a entrada de Marea Pontevedra e Ciudadanos. Iso si, Miguel Anxo Fernández Lores volverá presidir unha sesión onde haberá unha ampla...

Alejandro Espiño
Comparecencia de Rafael Louzán na noite electoral

Eleccións 24M: O Partido Popular perde a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra

25/05/2015
Pontevedra

Os resultados electorais na provincia de Pontevedra fixeron que o Partido Popular perda a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra. Ata agora os populares tiñan 17 deputados, 3 máis dos necesarios para gobernar en maioría, fronte aos 10 que suman no seu conxunto os grupos da oposición: 6 do PSdeG e...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Candidatura do BNG en Bueu

Eleccións 24M: Félix Juncal renova a maoría absoluta para o BNG en Bueu

25/05/2015
Bueu

O BNG conseguiu en Bueu renovar a maioría absoluta que obtiveran nas eleccións municipais de 2011. Nesta ocasión, a candidatura de Félix Juncal obtivo 3.909 votos, 700 menos que hai catro anos, para lograr a mesma cifra de concelleiros, doce. Berta Pérez, candidata do Partido Popular, perdeu un representante pasando de...

PontevedraViva
Telmo Martín González

Eleccións 24M: Telmo Martín queda ao borde da maioría absoluta en Sanxenxo

25/05/2015
Sanxenxo

O retorno de Telmo Martín como candidato non serviu para que o Partido Popular lograse a maioría absoluta no Concello de Sanxenxo. Os populares lograron oito concelleiros igual que en 2011, non obstante perderon 520 votos en relación cos anteriores comicios e quedaron ás portas da maioría absoluta que se...

PontevedraViva
Perfecto Rodriguez

Eleccións 24M: Perfecto Rodríguez perde a maioría absoluta en Ponte Caldelas

25/05/2015
Ponte Caldelas

As eleccións municipais do 24 de maio provocaron un cambio significativo no panorama municipal de Ponte Caldelas, onde o Partido Popular perde a maioría absoluta. Unha vez finalizado o escrutinio, a formación liderada por Perfecto Rodríguez baixa dende os nove concelleiros logrados en 2011 ata os seis, manténdose como a forza...

PontevedraViva
María Rey, candidata de Ciudadanos, festexa o resultado electoral

María Rey, orgullosa do apoio recibido polos pontevedreses para converterse en nova concelleira

25/05/2015
Pontevedra

Abrazos emotivos de familiares, amigos e compañeiros de partido. Así gozou o resultado electoral María Rey, cabeza de lista de Ciudadanos, que obtivo o apoio de máis de 2.200 pontevedreses. A agrupación que irrompeu en España con Albert Rivera logra, desta forma, representación na nova corporación municipal. María Rey, tras coñecer...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Agustín Fernández, na sede local do PSOE ao finalizar o escrutinio

"Satisfacción" socialista por manter tres concelleiros "nunhas condicións moi adversas"

25/05/2015
Pontevedra

Partían "cunha situación complicada" segundo as enquisas, pero finalmente logrou manter os tres concelleiros cos que contaba na corporación municipal. Por iso o candidato do Partido Socialista, Agustín Fernández, falou na súa primeira valoración electoral de "satisfacción". Tras esperar practicamente á fin do escrutinio para confirmar o resultado, Fernández compareceu ante...

Diego Espiño
Jacobo Moreira confortado polos seus compañeiros

Jacobo Moreira non pensa na dimisión "ahora mismo" pero asume "todas las responsabilidades" polo mal resultado electoral

24/05/2015
Pontevedra

O candidato do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, tras coñecerse os resultados electorais, afirmou que "ahora mismo" non pensa na dimisión, pero "asumo todas las responsabilidades". Os sete concelleiros que conseguiu o PP nestes comicios, catro menos que en 2011, é un resultado "desfavorable para esta formación", dixo Moreira. "y...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Jorge Canda

Eleccións 24M: O PP revalida a maioría na Lama, onde irrompe Ciudadanos

24/05/2015
A Lama

O PP revalida a maioría absoluta na Lama tras as eleccións municipais deste 24 de maio. O partido do actual alcalde, Jorge Canda, repetirá na Alcaldía, pero con menos comodidade que hai catro anos, ao pasar de 7 a 6 concelleiros. Co 100% dos votos electorais, o PP de Canda consegue...

PontevedraViva
Celebración de Marea Pontevedra tras o resultado electoral

Marea Pontevedra celebra os dous concelleiros obtidos ao berro de "Foi posible"

24/05/2015
Pontevedra

Luis Rei, candidato de Marea Pontevedra á alcaldía, mostraba o mellor dos seus sorrisos ao subir ata a sede desta agrupación na rúa García Camba. Alí esperábano máis dunha vintena de seguidores que o recibiron con abrazos e felicitacións tras lograr dous concelleiros na corporación municipal. As súas primeiras palabras foron...

Anxo Lourido
Mónica Patxot
Miguel Anxo Fernández Lores, votando na Casa da Cultura de Marcón

Eleccións 24M: Lores, o máis madrugador; Moreira, Agustín Fernández e María Rey, os máis familiares

24/05/2015
Pontevedra

Todos os candidatos que se presentan a estas eleccións municipais en Pontevedra cumpriron xa coa súa cita coas urnas. Dende primeira hora da mañá foron pasando polos seus respectivos colexios electorais onde, ademais dos votantes máis madrugadores, lles esperaban os medios de comunicación para recoller as súas primeiras impresións nesta...

Alejandro Espiño
Diego Torrado

Ser parte de la mesa electoral es una obligación seria

24/05/2015

Ser uno de los actores principales de la fiesta de la democracia no siempre le alegra a uno el fin de semana. Casi nadie se siente afortunado porque le haya tocado ser presidente o vocal en una mesa electoral. Ni siquiera si le ha tocado ser suplente. No hay muchas...

Comida do Partido Popular co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Festas no lugar de mitins para poñer fin a unha atípica campaña electoral en Pontevedra

23/05/2015
Pontevedra

A destas eleccións municipais non foi unha campaña electoral tradicional. Foron moitos os partidos que, sacudíndose a formalidade que ata agora presidiran os quince días anteriores á cita coas urnas, quixeron apostar por outro formato máis arriscado e alternativo para pedir o voto aos pontevedreses. E ese espírito mantívose ata...

Mónica Patxot
Diego Torrado
Daniel Santomé