Dragaxe do Lérez e do fondo da ría

Lodos na zona do Club Naval de Pontevedra

O ámbito de Sálvora, o lugar elixido para os lodos do dragado do Lérez

25/10/2022
Pontevedra

As cuestións ambientais, a partir de varios proxectos pendentes en Pontevedra, foron abordadas na reunión que este martes mantiveron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Catro foron, a este respecto, os temas tratados por ambos os dirixentes: a ansiada dragaxe...

Alejandro Espiño
Lodos na zona do Club Naval de Pontevedra

O PSOE pide no Parlamento Galego a dragaxe do Lérez

09/09/2021
Pontevedra

A viceportavoz do Grupo Socialista Paloma Castro reclamoulle hoxe á Xunta no Parlamento Galego que desbloquee o dragado do Lérez, pendente "tras máis dunha década de promesas" por parte do goberno galego. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente na que lle reclamou ao goberno galego...

PontevedraViva
 Desembocadura do río Lérez na Ría de Pontevedra

Portos de Galicia dá conta dun novo atranco no proxecto da dragaxe do Lérez

28/04/2021
Pontevedra

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, trasladou este martes ás confrarías de Pontevedra a decisión do Goberno central de non permitir máis depósitos de áridos ata a realización dun estudo de alternativas no punto de depósito que o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico tiña autorizado con...

Oskar Viéitez
Estado do Lérez á altura do Club Naval de Pontevedra

O atraso da dragaxe no río Lérez, a debate no Parlamento de Galicia

06/10/2020
Pontevedra

Paloma Castro, deputada socialista no Parlamento de Galicia, ten previsto presentar o vindeiro xoves 8 de outubro unha pregunta ao goberno galego sobre o atraso no proxecto de dragaxe e rexeneración dos bancos marisqueiros do río Lérez.  En concreto a responsable socialista levará esta iniciativa á Comisión de Ordenación Territorial, onde...

PontevedraViva
Estado do Lérez á altura do Club Naval de Pontevedra

A Xunta asegura que non hai "decisión firme" sobre a dragaxe do Lérez

10/06/2019
Pontevedra

Non hai "punto elixido" para realizar a vertedura dos residuos que se retiren do Lérez tras a súa dragaxe. Así o reafirma a Xunta de Galicia, ante as informacións que apuntaban ao entorno da illa de Sálvora como o lugar no que depositar este material.  "É algo que aínda se está...

PontevedraViva
Instalacións do Club Naval de Pontevedra na avenida de Uruguay

O Club Naval espera que a Xunta de luz verde á dragaxe do río Lérez

31/03/2019
Pontevedra

O presidente do Club Naval de Pontevedra, Carlos Paz, espera que a Xunta de Galicia desbloquee o proxecto da dragaxe do río Lérez. A falta de calado inutiliza durante a marea baixa un dos pantaláns desta entidade. O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, avanzou a este directivo...

Oskar Viéitez
Rosa Quintana, conselleira do Mar, conversa con Rafa Domínguez, presidente local do PP

O PP lembra á Consellería do Mar que urxe a dragaxe do río Lérez

27/01/2019
Pontevedra

Rafa Domínguez, candidato do Partido Popular á alcaldía nos próximos comicios, mantiña un encontro nas últimas horas coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para trasladarlle a necesidade de desatascar o proxecto de dragaxe do río Lérez. Domínguez entende que esta medida comporta melloras económicas para o sector de persoas que traballan...

PontevedraViva
O río Lérez sen calado ao baixar a marea

Rafa Domínguez reclama a reactivación do proxecto de dragaxe do río Lérez

13/01/2019
Pontevedra

O portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, solicitou a reactivación "inmediata" do proxecto de dragaxe do río Lérez, unha actuación que Portos de Galicia deixou en suspenso condicionándoa a que se logre un consenso co sector marisqueiro. "É urxente tanto para o sector do mar como para o turístico",...

PontevedraViva
Ría de Pontevedra

O BNG reclama a dragaxe do Lérez que Portos supedita ao consenso

04/10/2018
Pontevedra

O deputado do BNG, Luís Bará, preguntou en comisión parlamentaria sobre o prazo para licitar e executar o proxecto de dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez e o presidente de Portos de Galicia lembrou que o ente público ten "vontade política" de facelo e...

Oskar Viéitez
A conselleira do Mar, Rosa Quintana

A Xunta busca o consenso co sector marisqueiro para levar adiante a dragaxe do Lérez

21/03/2018
Pontevedra

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou este mércores no Parlamento que a Xunta ten a vontade de levar adiante o proxecto de dragaxe do Lérez, pero sempre, subliñou, "supeditada ao cumprimento da lexislación e da tramitación, ao respecto ambiental e á salvagarda da actividade marisqueira da área da ría". Neste...

PontevedraViva
Patricia Vilán e Tino Fernández, do PSOE, amosan como o lodo está cegando a ría

O PSOE preguntará á conselleira de Medio Ambiente que pasa co dragado do fondo da ría

19/03/2018
Pontevedra

A deputada socialista Patricia Vilán formulará a través do grupo parlamentario do PSOE unha pregunta para que a conselleira de Medio Ambiente responda sobre o proxecto para a dragaxe e a rexeneración do fondo da ría de Pontevedra. Este luns, Patricia Vilán e o voceiro do grupo municipal socialista Tino Fernández...

Anxo Lourido
Zona na que se prevé realizar a dragaxe do río Lérez e a ría de Pontevedra

O BNG esixe á Xunta que licite a dragaxe do Lérez no primeiro semestre de 2018

05/02/2018
Pontevedra

Que as obras comecen no presente ano 2018. É o obxectivo co que Luis Bará vén de rexistrar varias iniciativas parlamentarias sobre o atraso que acumula o proxecto de dragaxe do río Lérez. O deputado do BNG esixe á Xunta que licite esta actuación no primeiro semestre. Bará recorda que esta...

PontevedraViva
Zona na que se prevé realizar a dragaxe do río Lérez e a ría de Pontevedra

A APDR ve incertezas na dragaxe do Lérez que "recomendan non levala a cabo"

25/02/2017
Pontevedra

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) presentou alegacións ao estudo de impacto ambiental para a dragaxe do río Lérez ao entender que tanto este informe como o proxecto en si "revelan evidencias e incertezas" que "recomendan non levala a cabo", polo menos mentres non se teña a...

PontevedraViva
Algas

Marea Pontevedra, contraria á dragaxe do Lérez, presenta alegacións ao proxecto

22/02/2017
Pontevedra

O voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei, presentou as alegacións ao anteproxecto e o estudo impacto ambiental para o proxecto de dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no Río Lérez, que calificou como "perigoso e inútil" porque "falamos dunha actuación moi agresiva e custosa que non soluciona ningunha...

Oskar Viéitez
Magín Froiz e David Cal recollen lodo no río Lérez

O BNG só logra o apoio do PSOE para pedir que a dragaxe da ría non espere a 2018

17/01/2017
Pontevedra

A dragaxe da Ría de Pontevedra longamente demandada deberá agardar ata o ano 2018. Xa era unha noticia anunciada nas últimas semanas, pero este martes recibiu a confirmación no Parlamento de Galicia durante o debate na comisión de Ordenación do Territorio da proposición non de lei presentada polo BNG para reclamar...

PontevedraViva
Instalacións do Clube Naval de Pontevedra

Así será a dragaxe do Lérez

15/01/2017
Pontevedra

Esta semana foi publicado no Diario Oficial de Galicia o anteproxecto de dragaxe do río Lérez e o estudo de impacto ambiental. Portos de Galicia sométeos a información pública polo que xa está aberto o prazo para a presentación de alegacións. O obxectivo é conseguir calados entre tres e sete metros...

Oskar Viéitez
Zona na que se prevé realizar a dragaxe do río Lérez e a ría de Pontevedra

A dragaxe da ría acometerase no 2018

22/12/2016
Pontevedra

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acudiu este xoves ao concello de Pontevedra para explicar persoalmente ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o estado do proxecto de dragaxe da ría de Pontevedra. É un proxecto "certamente importante" que pola súa dimensión "é das máis complexas que levan feito...

Oskar Viéitez
Carlos Paz, nas instalacións do náutico xunto a piragüistas do club

O Club Naval, a Marea: "No sabemos qué pretenden estos señores con sus infundios"

19/11/2016
Pontevedra

A moción que presentará Marea ao próximo pleno, esixindo que non se faga a dragaxe do Lérez e suxerindo que o porto deportivo debería ser desmantelado, molestou profundamente á directiva do Club Naval. Os seus membros non dubidaron en defenderse dos "infundios" que, segundo a súa interpretación, están a divulgar...

Alejandro Espiño
Instalacións do Clube Naval de Pontevedra

Marea Pontevedra quere evitar o dragado do río Lérez

18/11/2016
Pontevedra

Marea Pontevedra presentou esta semana unha proposta, que será debatida no pleno deste luns 21 de novembro, para evitar o dragado do río Lérez. Entenden que dragar é "caro, inútil e contraproducente" xa que implica gravísimos danos para o ecosistema. Entre outras razóns, argumentan que "o río non só é a auga...

Oskar Viéitez
Algas

O BNG insta á Xunta a que acometa o dragado da ría de Pontevedra

14/11/2016
Pontevedra

O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentará unha proposición non de lei pedindo á Xunta que dote unha partida orzamentaria e axilice a aprobación do dragado da ría de Pontevedra. A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, iniciou en 2011 a tramitación dun proxecto para o dragado...

Oskar Viéitez
María Pierres e concelleiros socialistas xunto os directivos do Club Naval

A dragaxe do Lérez segue a ser "prioritario" para o PSdeG-PSOE

05/09/2016
Pontevedra

Unha década despois, Pontevedra segue esperando por unha dragaxe do Lérez que permita retirar os sedimentos acumulados e aumentar o calado da canle de entrada á cidade por mar. Trátase dunha actuación que o PSdeG-PSOE segue considerando "prioritaria", segundo confirmaron os socialistas aos representantes do Club Naval. Así llo trasladou a...

PontevedraViva
Reunión dos representantes do Clube Naval coa presidenta da Deputación

A Deputación súmase á petición do Clube Naval de dragado do río Lérez

10/11/2015
Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou este luns o seu apoio á reclamación que lle fixo o Clube Naval de Pontevedra sobre o dragado do río Lérez. Silva sumouse así a petición que vén facendo o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, a Portos de Galicia para...

PontevedraViva
Desembocadura do río Lérez á altura da ponte da autoestrada

Portos comprométese coas confrarías ao dragado do Lérez para o 2016

11/04/2015
Pontevedra

As tres confrarías do fondo da ría de Pontevedra lograron este venres o compromiso dos responsables de Portos de Galicia para iniciar o dragado do Lérez na primeira metade do ano 2016. Segundo informou a patroa maior de Lourizán, María del Carmen Vázquez, o proxecto está pendente do estudo sobre o...

Oskar Viéitez
Lodos que se ven no fondo do río Lérez cando baixa a marea

Lores insta a reivindicar "todos xuntos" a dragaxe urxente do río Lérez á Xunta

09/03/2015
Pontevedra

Cando baixa a marea, gran parte das instalacións do Club Naval de Pontevedra quedan inutilizadas. Nalgunhas zonas, a lama supera a altura dos xeonllos e a navegación faise case unha misión imposible. Os seus usuarios lévano demandando dende o ano 2005 e, recentemente, eles mesmos baixaron ao río para retirar a...

PontevedraViva
Ao baixar a marea o río queda sen calado

Volven reclamar a Portos de Galicia o dragado urxente da ría de Pontevedra

17/02/2015
Pontevedra

O grupo municipal socialista expresou o seu apoio ao Club Naval nas súas reivindicacións sobre o saneamento integral da ría, na contorna dos pantaláns do porto deportivo. O PSdeG-PSOE recorda que presentou unha moción ao Pleno do Concello do pasado mes de xuño de 2013, que foi aprobada por unanimidade. O acordo...

PontevedraViva
Peirao da Canteira, Combarro

Portos de Galicia limpará os residuos depositados no fondo do porto de Combarro

25/04/2014
Pontevedra

O porto de Combarro (Poio) vivirá ao longo dos meses de maio ou xuño un proceso de limpeza co fin de retirar os residuos depositados no fondo mariño para matener o ámbito limpo e eliminar todo tipo de obxectos que poidan resultar un obstáculo para a navegación. Esta actuación enmárcase na segunda fase do programa...

PontevedraViva
Xuntanza da directiva do Club Naval co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

Alerta do Club Naval: "Si no se draga el río Lérez podemos llegar a desaparecer"

06/03/2014
Pontevedra

O Club Naval Pontevedra teno claro. Ou se executa a ansiada dragaxe do río Lérez ou a entidade, fundada en 1932, podería chegar a desaparecer. Así de delicada é a situación, segundo o seu presidente, Carlos Paz. A acumulación de lodos inhabilitou practicamente un dos pantaláns, o máis próximo a...

Alejandro Espiño
Zona na que se prevé realizar a dragaxe do río Lérez e a ría de Pontevedra

A dragaxe do río Lérez, condicionado pola realización de prospeccións arqueolóxicas

26/02/2014
Pontevedra

Un novo trámite ameaza con atrasar aínda máis a ansiada dragaxe do río Lérez, un proxecto ampliamente demandado, entre outros, polo goberno municipal e o Club Naval de Pontevedra. Ao estudo ambiental encargado por Portos de Galicia en 2012 únese agora a realización dunha prospección arqueolóxica subacuática no tramo do...

Alejandro Espiño