As persoas que se achegaron á Culturgal durante a fin de semana atopaban unha exposición que percorría os quince anos da Feira a través do traballo gráficos cos carteis de todas as edicións.
Pero ademais a organización do evento non quixo deixar pasar este aniversario sen facer un acto de agradecemento...
Este domingo no Espazo Libro da Culturgal a editora de Cuarto de Inverno Andrea Jamardo deu a coñecer o nome do gañador do V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil: Nee Barros, estudante, escritor e youtuber.
Andrea Jamardo estivo acompañada neste acto de Luz Gallego, membro do xurado e tamén...
O Centro Dramático Galego protagonizou na tarde este sábado en Pontevedra unha das presentacións da terceira xornada da feira Culturgal para detallar as diferentes accións de internacionalización da escena galega impulsadas pola unidade de produción teatral da Xunta, así como para avanzar os proxectos que porá en marcha en 2023...
A Deputación de Pontevedra celebrará un 2023 de "Cultura cos pés na terra". A institución escolleu este lema para a súa programación cultural do vindeiro ano, que foi presentada este sábado no marco da feira Culturgal pola presidenta Carmela Silva, xunto a deputada de Cultura, Victoria Alonso.
O acto contou con...
#CulturgalSon15 foi a proposta musical especial deste aniversario da Culturgal; unha iniciativa da man de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) co apoio de Agadi-Xunta de Galicia para reunir no escenario a catro dos novos talentos da música galega do momento: Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore.
Antía Muíño, compostelá...
O carballo de Santa Margarida é unha das nove árbores do Estado español que compiten por representar a España na elección da Árbore Europea do Ano 2023.
As votacións están abertas a toda a cidadanía ata o vindeiro 10 de decembro na web https://www.arbolybosquedelaño.es/votar-arbol-y-bosque-del-ano-en-espana-2023/
No momento de redactar esta información, o carballo...
A cita anual da cultura galega, Culturgal, celebra a súa décimo quinta edición neste 2022 baixo o lema '15 anos cos fíos da cultura'. Durante esta fin de semana, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle os profesionais que traballan na xestión cultural e aos seus públicos.
Culturgal é un lugar...
A quince edición da feira da industrias culturais de Galicia, Culturgal, abría as súas portas ao público este venres 25 de novembro co lema '15 anos cos fíos da cultura'.
Un día antes, o xoves 24, estreábase a feira cunha xornada profesional de encontros de negocios entre os representantes das empresas...
O Pazo da Cultura de Pontevedra estreou este xoves o programa de actividades do Culturgal cunha primeira xornada reservada aos axentes do sector cultural.
A colectivos Escena Galega e Asociación Galega de Empresas Musicais organizan este primeiro encontro da 15ª edición da feira, co apoio da Xunta de Galicia.
A xornada reuniu máis...
O carballo de Santa Margarida é un dos nove árbores do Estado español que compiten por representar a España na elección da Árbore Europea do Ano 2023.
Por ese motivo, o Concello de Pontevedra colaborará para conseguir máis votos para esta candidatura e colocará unha mesa petitoria no centro da cidade...
Co lema '15 anos cos fíos da Cultura' iniciarase o xoves 24 a 15 edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, no Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra. Este venres, Eva Alonso, directora desta edición, presentaba a programación que se desenvolverá ata o domingo 27.
Nesta...
A Concellería de Cultura do Concello de Sanxenxo, dirixida por Paz Lago, formalizou este martes ante a Deputación de Pontevedra a proposta de Sanxenxo para participar no Culturgal co proxecto da Festa do Jato da man da asociación Rúa dos Viños de Portonovo. A cita enmárcase dentro das actividades programadas...
Culturgal apostará pola danza como unha das súas grandes bazas para a súa edición de 2022. Será cun espectáculo dobre que pon ao límite a linguaxe corporal e que o público poderá ver no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra o venres 25 de novembro.
A partir das nove da...
Sete películas integrarán este ano a programación que a feira Culturgal dedicará ao cine. O grande atractivo será a estrea da película O corpo aberto, que se exhibirá en Pontevedra dúas semanas antes de que chegue ás pantallas de toda España.
O corpo aberto, dirixida por Ángeles Huerta, poderá verse o...
Desde este xoves 27 de outubro pódense adquirir as entradas para o concerto especial do Culturgal 2022, o #CulturgalSon15.
Trátase dun evento que reunirá a artistas como Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore e que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 26 de novembro a partir...
Xuntar boa parte do novo talento musical do país. Ese é o espírito do concerto #CulturgalSon15, o que será un dos grandes espectáculos que ofrecerá este ano a feira Culturgal, que se celebrará en Pontevedra entre os días 24 e 27 de novembro.
Na noite do sábado 26, o Culturgal converterase...
O Recinto Feiral volverá converterse a finais de novembro no punto de referencia para a cultura de Galicia. Desde o xoves 24 ata o domingo 27, Culturgal celebrará os seus quince anos de existencia cunha programación de actividades e coa presenza de postos de venda e expositores das distintas modalidades...