A edición número 11 da feira das industrias culturais de Galicia, Culturgal, pechou este domingo as súas portas revalidando a resposta do público noutros anos. En 14.500 persoas situou a organización a cifra provisional de visitantes.
O que xa saben seguro é que Culturgal 2019 terá lugar os días 29 e...
Un ano máis o Concello de Pontevedra, sede de Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, conta cun espazo dentro da mesma onde levar a cabo a súa propia e variada programación.
Teatro, música, roteiros, actividades para a cativada e a presentación de diferentes proxectos como o ciclo Novos Cinemas que...
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao editor Henrique Alvarellos, o arqueólogo e coautor, Rafael Rodríguez, presentou este domingo no marco de Culturgal o libro "Galaicos, un pobo entre dous mundos".
A obra recolle a ambiciosa exposición que desde o pasado outubro pódese ver no Museo Arqueolóxico Nacional...
Remata Culturgal 2018 este domingo 2 e faino con cincuenta actividades no seu programa.
Dous espectáculos especiais para público familiar e infantil: "Paio e o poder da música" de OVIRAVAI (12 horas) e Xoán Curiel e a Banda do Verán con A Casa do Terror (18 horas) representaranse no auditorio do...
A Deputación de Pontevedra volveu colocar un posto institucional no Culturgal para dar cabida ás propostas dos concellos da provincia, que nesta edición versaron sobre iniciativas musicais. Foron 10 as micropresentancións que realizaron un total de 12 concellos, en dous bloques durante a xornada do sábado, nunha zona do posto...
Un programa moi diverso e un tempo meteorolóxico que levaba o nome de Culturgal 2018 (nin choiva, nin sol) fixo que a feira se ateigara de xente o sábado 1. O Pazo da Cultura acolleu a milleiros de persoas nunha xornada de reivindicación da diversidade, de visita de moitos escritores...
A Fundación Cidade da Cultura presentou este sábado no Culturgal, a feira das industrias creativas, un avance da súa programación de inverno, na que os máis pequenos da casa terán un papel destacado, especialmente nos meses do Nadal.
Obradoiros creativos, cinema e unha grande árbore de Nadal para decorar en común...
"Cine máis comprometido, crítico, alternativo, que nas máis das veces non entran nos circuítos comerciais, cinema feito dende a excelencia". Nestes termos falou de Novos Cinemas a concelleira de Cultura, Carme Fouces, para engadir que o Concello aposta de xeito claro polo Festival Internacional de Cinema de Pontevedra: "sería unha...
Culturgal 2018 abre as portas na súa segunda xornada de feira con máis de sesenta actividades en programa máis as organizadas polos propios expositores dentro do recinto.
Unha xornada, a do sábado, que se clausura co concerto de Carlos Núñez no Auditorio do Pazo da Cultura ás 21:30 horas dentro da...
Este venres 30 de novembro o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura achegábase ata o Culturgal para dar a coñecer o seu programa de apoio ao emprendemento, e en especial os Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que veñen de celebrar a súa sexta edición co patrocinio de Afundación, a Obra Social de...
A undécima edición do Culturgal quedaba inaugurada na mañá deste venres no Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra. Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; e Xosé Leal, deputado responsable de Cultura, eran as primeiras autoridades encargadas de visitar os máis de 80 postos...
Xa ocupaba un lugar privilexiado no mapa cultural galego pero, a partir de agora, a Casa de Rosalía poderá presumir dun novo recoñecemento. Recibirá o Premio do Público na próxima edición da feira Culturgal, que se celebrará en Pontevedra a finais deste mes.
Case 1.200 persoas participaron na votación online que...
Un servizo de autobuses desde as principais cidades de Galicia, billeteira electrónica e un novo espazo gastronómico con food trucks completarán este ano os xa de por si completos atractivos da Feira das Industrias Culturais de Galicia, o Culturgal. Os organizadores e principais patrocinadores do evento presentaron este venres a...
A organización da Feira das Industrias Culturais de Galicia, o Culturgal, empeza a debullar detalles da programación que encherá o Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro próximos. No que ten que ver co público infantil, un dos protagonistas fundamentais da iniciativa,...
A Casa de Rosalía, o Chanfaina Lab e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. Son os tres candidatos para gañar o Premio do Público Culturgal 2018.
As asociacións gremiais que forman parte de Culturgal escolleron estas tres iniciativas polas que o público da feira nas redes ten que se decidir....
A Feira das Industrias Culturais de Galicia (Culturgal) puxo á venda as entradas para a súa undécima edición, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra.
As entradas xerais para a feira poden adquirirse na web www.culturgal.com a un prezo de 3 euros para o público...
Culturgal cederá o protagonismo ao público na súa undécima edición, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra entre os días 30 de novembro e 2 de decembro. A xente é, segundo os seus organizadores, "a razón do éxito" deste evento que, engadiron, é o "buque insignia" que representa...
Culturgal xa ten decidido cales serán os catro espectáculos que, na súa duodécima edición, integrarán a programación escénica da feira, que nesta ocasión celebrarase en Pontevedra entre os días 30 de novembro e 2 de decembro.
O gran protagonista será Carlos Núñez, que actuará en directo no auditorio do Pazo da...
Culturgal 2018 madruga e abre no mes de abril a convocatoria para os espectáculos especiais da que será a décimo primeira edición da Feira, do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A partir do 3 de abril e até o 29 dese mesmo mes,...