Culturgal 2017

Espectáculo (I)migrantes, do Centro Dramático de Viana do Castelo

Portugal, un pouco máis preto a través do Centro Dramático de Viana do Castelo

04/12/2017
Pontevedra

As actividades da Feira ds Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, saíron este domingo do seu 'campamento base', o Pazo da Cultura, e desprazáronse ao centro da cidade co dobre logro de achegar Pontevedra a Portugal e ao Culturgal aos cidadáns. A localización elixida foi o Teatro Principal e a acción, o...

Diego Torrado
Acto recordatorio no Culturgal do pintor Manuel Moldes, no día do seu falecemento

Máis de 14.000 persoas pasaron por Culturgal 17, que pechou cunha homenaxe a Moldes

04/12/2017
Pontevedra

A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, pechou este domingo as súas portas despois de recibir unha cifra aproximada de máis de 14.000 visitantes durante os seus tres días de duración e cunha homenaxe de última ahora ao pintor pontevedrés Manuel Moldes, falecido este mesmo domingo en Pontevedra aos...

PontevedraViva
Presentación da programación 'Nadal no Gaiás' no Culturgal

Culturgal, un aperitivo dos plans que ofrece o 'Nadal no Gaiás'

04/12/2017
cultura

Este Nadal, un dos mellores plans está no Gaiás, en Santiago de Compostela, a tan só 40 minutos de Pontevedra. Así o mantivo este domingo a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo, durante a súa participación na Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, o escaparate...

Noticia patrocinada
Espectáculo 'Eu cociño, ti cociñas?', de Mama Cabra, no Culturgal

Música para aprender a cociñar con Mamá Cabra e 'Eu cociño, ti cociñas?'

03/12/2017
cultura

O grupo de música infantil Mamá Cabra púxolle ritmo este domingo á programación do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, cun concerto no auditorio do Pazo da Cultura no que presentaron o seu novo traballo, Eu cociño, ti cociñas?. Trátase dun novo libro cheo da música e diversión habituais de Mamá...

Diego Torrado
Concerto de Andrea Pousa no Culturgal

Andrea Pousa presenta 'Respirar' no Culturgal

03/12/2017
Pontevedra

A cantante e actriz Andrea Pousa foi este sábado una das protagonistas indiscutibles do Culturgal, a Feira das Industrias Musicais de Galicia, ao presentar no auditorio do Pazo da Cultura o seu novo disco, o primeiro en solitario, 'Respirar'.  A artista presentou un espectáculo adaptado para o Culturgal e fixo un...

Diego Torrado
Actividades do sábado no Culturgal 2017

Culturgal, unha frenética fin de semana imaxinando e vivindo cultura

02/12/2017
Pontevedra

A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, pechou este sábado as súas portas deixando atrás unha frenética xornada na que milleiros de persoas pasaron polo recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra. Aínda queda por diante a xornada deste domingo, que se agarda igual de intensa en canto a...

PontevedraViva
Diego Torrado
Presentación do Salón do Libro no Culturgal

Empezamos a contar os días para o Salón do Libro!

02/12/2017
cultura

Orbil, a famosa mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, paseouse este sábado polo recinto feiral con motivo do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que, desde hai anos, serve tamén de presentación dos avances da programación do Salón. Este ano, ademais, a cita cultural serviu...

PontevedraViva
Visita a Culturgal 2017

Sábado de axitada axenda de actividades no Culturgal

02/12/2017
Pontevedra

Tras unha primeira xornada con ampla participación de público de centros escolares, este sábado agárdase unha afluencia masiva de visitantes ao recinto feiral do Pazo da Cultura para asistir a Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, que se desenvolve durante estes tres días de decembro en Pontevedra. As actividades comezan este...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Inauguración do Culturgal 2017 (II)

Benvidos ao Culturgal 10, a feira cultural máis integradora e dinámica

01/12/2017
Pontevedra

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, era o encargado de inaugurar a décima edición do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, no recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra este venres, que ofrece máis de 130 actividades artísticas, para todo tipo de público infantil e adulto, durante esta primeira...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Presentación do Calendario do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Gloria Fuertes, Pippi Mediaslongas e Mary Poppins, no calendario do Salón do Libro

30/11/2017
cultura

A imaxe de mulleres relacionadas co mundo da literatura que influíron na ilustradora viguesa Ana Villegas centran o cartaz gañador do Concurso Internacional do Salón do Libro e converteuse na portada do calendario que se edita con motivo deste evento cultural.  Este xoves presentábase na Deputación de Pontevedra este calendario no...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Posto da Deputación no Culturgal 2016

Os concellos promocionarán a lingua galega no posto da Deputación no Culturgal

30/11/2017
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra colocou un posto institucional no Culturgal, a Feira da Industria Cultural que comeza no Pazo da Cultura o 1 de decembro, para dar cabida ás propostas dos concellos da provincia con iniciativas que se relacionarán coa promoción da lingua galega con motivo da celebración do 'Ano...

PontevedraViva
Culturgal 2016

A Xunta amósase en Culturgal como promotora dunha vintena de actividades

29/11/2017
Pontevedra

A Xunta de Galicia colabora coa décima edición de Culturgal, que terá lugar en Pontevedra do venres 1 ao domingo 3 de decembro, tanto en calidade de principal entidade patrocinadora do evento, como a través dunha vintena de actividades organizadas pola Consellería de Cultura e Educación dentro do programa xeral...

PontevedraViva
Público en Play-Doc

O Premio do Público Culturgal 2017 é para Play-Doc, festival documental de Tui

28/11/2017
Pontevedra

O Festival documental de Tui, Play-Doc, converteuse no gañador do Público Culturgal 2017 con 678 votos, impoñéndose ás outras dúas candidaturas, o FIOT de Carballo e o Portal das Palabras. Desde o 13 ata o 27 de novembro máis de 1.200 persoas participaron nas votacións da edición deste ano entre as...

PontevedraViva
Presentación do Culturgal 2017

Culturgal 2017 ábrese a Portugal e á arte contemporánea

20/11/2017
Pontevedra

O Culturgal chega á súa décima edición con máis casetas que nunca e con novas propostas. Do 1 ao 3 de decembro, o recinto feiral do Pazo da Cultura acollerá esta feira da industria cultural, que seguirá presentando actividades renovadas, visuais e optimistas, segundo apuntaba Manuel Bragado, presidente da Fundación...

Anxo Lourido
Unha das sesións do festival PlayDoc

O Premio do Público do Culturgal, entre lingua, artes escénicas e cinema documental

13/11/2017
Pontevedra

O Premio do Público Culturgal 2017 recaerá este ano 2017 nos proxectos Portal das Palabras, FIOT (Carballo) ou Play-Doc. Foron as tres candidaturas escollidas polas asociacións gremiais que forman parte de Culturgal e agora o público da feira nas redes ten que se decidir cal elixen. Xa se pode votar...

PontevedraViva
Andrea Pousa

Andrea Pousa presentará no Culturgal o seu primeiro álbum en solitario

11/11/2017
Pontevedra

O Cullturgal vén de desvelar o que será un dos espectáculos principais da súa décima edición. Trátase do concerto de Andrea Pousa, que presentará en directo os temas que se inclúen no disco Respirar, o seu primeiro traballo musical en solitario. Será o 2 de decembro no auditorio do Pazo...

PontevedraViva
Reunión de Xosé Leal cos concellos

A Deputación dedicará o ano 2018 á lingua galega

09/10/2017
Pontevedra

O deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, anunciou este luns nunha reunión cos concellos da provincia que o 2018 será "o Ano da Lingua" no que a primeira cita para poñer en valor os programas de promoción do galego será a próxima edición do Culturgal,...

Oskar Viéitez
Terceira xornada do Culturgal 2016

Un espazo de arte contemporánea, novidade para a décima edición do Culturgal

20/06/2017
Pontevedra

O Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, amplía os seus horizontes. De cara á súa décima edición, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, incorporará un espazo de arte contemporánea. Este espazo, que ocupará a sala de exposicións do Pazo da...

Alejandro Espiño
Terceira xornada do Culturgal 2016

Culturgal pecha as súas portas consolidando as 15.000 visitas e pensando en 2017

04/12/2016
Pontevedra

A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, pecha este domingo as portas da súa novena edición cunhas cifras de participación e balance de actividade que xa permiten confirmar que está consolidada como todo un referente en Galicia. A media tarde desta terceira xornada xa pasaron polo recinto feiral de...

Natalia Puga
Natalia Puga