Para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, os dous partidos da oposición están a desempeñar o que el denominou "democracia negativa". Ambos tomaron a decisión de "non permitir que se aprobasen os orzamentos", obstaculizando o labor municipal.
"Póñense de acordo para destruír e para que as cousas non funcionen",...
Non houbo sorpresas. Á segunda tampouco foi a vencida. Os orzamentos de Pontevedra para 2024 volveron a ser rexeitados. A corporación municipal non renovou a confianza depositada no alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, hai apenas seis meses.
A cuestión de confianza que Fernández Lores vinculou ás contas para 2024 atopouse co...
O portavoz do grupo municipal do PSOE, Iván Puentes, respondeu á carta que este sábado enviou o alcalde.
Os socialistas difundiron esa resposta na rede social Twitter (agora chamada X) coa seguinte mensaxe "e cando pensabamos que xa tocara fondo nos seus despóticos delirios de cacique autócrata, este señor continúa a tentar intimidarnos...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernándes Lores, remitiu este sábado, 6 de xaneiro, unha carta aos voceiros do Partido Popular do PSOE, Rafa Domínguez e Iván Puentes, respectivamente.
A misiva do alcalde ten como obxectivo reiterar, desta vez por escrito directo, "a chamada á responsabilidade para desbloquear" unha "posible situación...
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez compareceu este venres en rolda de prensa para facer unha serie de consideracións con respecto ao pleno do Concello de Pontevedra do próximo luns 8 no que se votará a moción de confianza presentada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores...
Á primeira hora deste mércores reuniuse a Xunta de Portavoces do Concello de Pontevedra para preparar o pleno do próximo luns día 8, ás once da mañá, no Teatro Principal cun único punto na orde do día a moción de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais que presentou o...
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores fixo este martes un chamamento aos grupos municipais do Partido Popular e Partido Socialista para que "garantan a gobernabilidade" no Concello de Pontevedra.
"O meu chamamento hoxe é a que os grupos, e falo dos dous grupos, garantan a gobernabilidade. E senón, pois, obviamente, terán...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores anunciou a convocatoria para o vindeiro mércores 3 de xaneiro dunha reunión da Xunta de Goberno Local para presentar unha moción de confianza que probablemente se debaterá o próximo día 8 de xaneiro.
O rexedor nacionalista fixo este anuncio unha vez que o...
No pleno deste venres 29 de decembro debaterase o orzamento municipal do Concello de Pontevedra para 2024. Ata o momento non existe acordo entre o BNG e o PSOE para sacar adiante ese documento elaborado polo goberno nacionalista que lidera Miguel Anxo Fernández Lores.
Ante esta situación, este mércores o alcalde...
O tan citado espírito do Nadal brillou pola súa ausencia no pleno municipal deste luns. Foi unha sesión rifada e chea de tensión, que deixou en evidencia a distancia que separa actualmente ao BNG non só co PP, senón tamén cos seus ex socios do goberno, o PSOE.
As hostilidades entre...
Ante o que considera unha situación "inédita", que o BNG goberne en minoría sen ser a forza máis votada, Rafa Domínguez lanza unha luva ao executivo municipal. Asegura estar "disposto" a aprobar os orzamentos de 2024 e as modificacións de crédito pendentes.
Iso daríalle ao goberno de Miguel Anxo Fernández Lores...