Crime machista de Ponte Sampaio

Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', tras a lectura do veredicto de culpabilidade na Audiencia

O TSXG descarta que houbese arrebato no crime machista de Conchi en Ponte Sampaio

14/07/2017
Pontevedra

Os intentos de Juan Antonio Lusquiños, coñecido como 'Coco', de reducir a súa condena polo asasinato da súa ex noiva en Ponte Sampaio caeron en saco roto. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso que presentou contra a sentenza previa da Audiencia Provincial de Pontevedra, que...

Natalia Puga
Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', na segunda xornada do xuízo polo crime machista de Ponte Sampaio

20 anos de cárcere para Juan Antonio Lusquiños, o asasino de Conchi Reguera

10/01/2017
Pontevedra

A xustiza ditou sentenza contra Juan Antonio Lusquiños, o autor do asasinato en outubro de 2015 da súa ex moza, Conchi Reguera, un crime machista cometido en Ponte Sampaio. A Audiencia de Pontevedra resolveu condenalo a vinte anos de prisión. A sentenza da sección segunda da Audiencia pontevedresa considera probado que...

Alejandro Espiño
José Luis Cortiñas, acusado do asasinato da súa muller, 'Lupe' Jiménez

A violencia machista, ante o xurado

31/12/2016
Pontevedra

Os crimes machistas de 'Lupe' Jiménez en 2014 e Conchi Reguera en 2015 en Ponte Sampaio marcaron a actualidade xudicial do ano 2016. Os seus asasinos, José Luis Cortiñas e Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', sentaron no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra, ambos para ser xulgados por un xurado. O...

PontevedraViva
Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', durante a lectura do veredicto de culpabilidade na Audiencia

O xurado declara culpable de asasinato ao acusado do crime machista de Conchi

14/12/2016
Pontevedra

O xurado declarou culpable dun delito de asasinato a Juan Antonio Lusquiños, coñecido como 'Coco', polo crime machista da súa ex moza, Conchi Reguera Peón, en Ponte Sampaio na madrugada do 24 de outubro de 2015. Por unanimidade de todos os seus membros, considerou probado que o acusado é responsable de...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Un cuñado de Conchi increpa ao seu asasino confeso á saída do xuízo

VÍDEO.- Tensión no xuízo polo crime de Conchi: "Asesino"

12/12/2016
Pontevedra

"Saca la capucha, asesino. Saca la capucha, cabrón, hijo de puta, asesino de mierda (...) Asesino". É o berro desesperado dun cuñado de Conchi Reguera Peón e o destinatario da súa rabia, Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', o seu presunto asasino. A escena viviuse este luns á saída do edificio da Audiencia...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Juan Antonio Lusquiños, 'Coco', no xuízo polo crime machista de Ponte Sampaio

O acusado do crime de Ponte Sampaio pide perdón á familia e volve confesar: "Me cegué"

12/12/2016
Pontevedra

Juan Antonio Lusquiños, coñecido como 'Coco', volveu confesar este luns que o 24 de outubro de 2015 matou a puñaladas á súa ex noiva, Concepción Reguera Peón, Conchi, na parroquia de Ponte Sampaio. Xa o recoñecera tras a súa detención ante a Policía Nacional e no Xulgado de Garda, pero...

Natalia Puga
Mónica Patxot
José Antonio Lusquiños Bustelo, coñecido como 'Coco', logo da súa detención

O autor confeso do crime machista de Ponte Sampaio, a xuízo

12/12/2016
Pontevedra

A piques de cumprirse 14 meses do crime machista de Conchi Reguera Peón o 24 de outubro de 2015 na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, o seu autor confeso sentará a partir deste luns no banco dos acusados. José Antonio Lusquiños Bustelo, 'Coco', será xulgado ata o venres por un...

Natalia Puga
Reunión de traballo do Colectivo Feminista de Pontevedra

Un poema para Conchi (e contra a violencia machista) no seu cabodano

25/10/2016
Pontevedra

Un ano despois do seu asasinato, Concepción Reguera, 'Conchi' para os seus, segue moi presente na memoria dos seus familiares e amigos, pero tamén do resto da sociedade e, en concreto, do Colectivo Feminista de Pontevedra. Esta vítima de violencia de xénero á que o seu verdugo cortoulle a vida...

PontevedraViva
Acción da Plataforma Feminista Galega en Pontevedra con motivo do 25-N

Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio

26/11/2015
Pontevedra

Conchi. 38 años. Ponte Sampaio. Pontevedra.  Podería ser un cartel máis, podería falar dunha infinidade de persoas, pero este mércores todos sabían a quen se refería e o sentido de que se mostrase en público na praza da Peregrina. Formaba parte dunha acción reivindicativa organizada pola Plataforma Feminista Galega en Pontevedra...

Natalia Puga
Natalia Puga
Cruzamento de Ponte Sampaio onde se produciu o crime

A asociación Mulleres en pé acudirá como acusación á causa pola morte de Conchi Reguera

25/11/2015
Pontevedra

A asociación Mulleres en pé de vítimas de violencia de xénero acudirá como acusación particular ao proceso xudicial aberto polo crime machista do 24 de outubro en Ponte Sampaio, no que a vítima foi Concepción Reguera Peón, 'Conchi'.  Segundo informou este mércores a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, desde o...

PontevedraViva
Concentración en Pontevedra polo asasinato machista de Conchi Reguera

A Xunta persónase como acusación particular no caso do crime machista de Ponte Sampaio

19/11/2015
Pontevedra

A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia presentouse como acción popular no caso aberto polo crime machista do 24 de outubro en Ponte Sampaio, no que a vítima foi Concepción Reguera Peón, 'Conchi'. Os letrados da Xunta de Galicia compareceron nas dilixencias previas abertas no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, que...

PontevedraViva
Cruzamento de Ponte Sampaio onde se produciu o crime

A vítima do crime de Ponte Sampaio tiña feridas por terse defendido do seu agresor

29/10/2015
Pontevedra

Conchi Reguera Peón, vítima do crime machista do 24 de outubro na parroquia de Ponte Sampaio, tentou defenderse do seu agresor cando a atacou pouco antes das catro da madrugada no cruzamento que comunica o centro da localidade con Acevedo. Segundo se desprende dos poucos datos que transcenderon da autopsia...

Natalia Puga
José Antonio Lusquiños Bustelo, coñecido como 'Coco', logo da súa detención

Como é o detido polo crime de Ponte Sampaio?

27/10/2015
Pontevedra

Unha das hipóteses que manexan os investigadores do crime machista de Ponte Sampaio é que o detido, José Antonio Lusquiños Bustelo, 'Coco', non aceptaba que a súa ex noiva terminase a relación que mantiveran durante uns meses e acabou sacándolle a vida apuñalándoa varias veces cunha navalla, extremos que el...

Natalia Puga
Acto contra a violencia de xénero no Colexio de Ponte Sampaio

O colexio de Ponte Sampaio onde estudara Conchi lembra á vítima do crime machista

27/10/2015
Pontevedra

Este luns respírase consternación na parroquia de Ponte Sampaio. O asasinato de Conchi Reguera presuntamente a mans do seu ex parella José Antonio Lusquiños durante a fin de semana esténdese pola localidade na que un ramo de flores dos veciños lembra á vítima no cruzamento cara ao lugar de Acevedo,...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Concentración en Pontevedra polo asasinato machista de Conchi Reguera

Pontevedra, unida pola dor e a rabia: "Conchi, no noso corazón para sempre"

26/10/2015
Pontevedra

"Conchi, no noso corazón para sempre". Ese foi o berro unánime dos centos de pontevedreses que se concentraron diante da Audiencia Provincial este luns para mostrar a súa repulsa a un asasinato, o desta veciña de Ponte Sampaio, ao que moitos aínda non lle atopan explicación e esixir que a...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Vehículo policial no que trasladaron a José Antonio Lusquiños unha vez que se decretou o ingreso en prisión

Prisión comunicada e sen fianza para o detenido polo crime machista de Ponte Sampaio

25/10/2015
Pontevedra

O Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra enviou a prisión a José Antonio Lusquiños Bustelo, 'Coco', como presunto autor da morte a coiteladas da súa ex noiva en Ponche Sampaio. O home, de 34 anos, pasou a disposición xudicial na mañá deste domingo e, tras dúas horas de comparecencia,...

Natalia Puga
Coche no que escapou o presunto homicida de Ponte Sampaio

A fuxida frustrada do presunto asasino de Conchi

25/10/2015
Pontevedra

Herminia levantouse cedo como cada mañá e saíu a pasear ao seu can pola zona da 'carballeira' de Ameán, pero este sábado un Peugeot 205 de cor branca interpúxose no seu camiño. Reside nas proximidades, no lugar de Vilar, na parroquia de Ponte Sampaio, e coñece todos os coches dos...

Natalia Puga
Diego Torrado
Lugar de Ponte Sampaio onde foi localizado o corpo da falecida

Flores e candeas en Ponte Sampaio para recordar a Conchi

24/10/2015
Pontevedra

Os veciños da parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio amosarán este domingo a súa repulsa pública polo falecemento de Conchi Reguera Peón, a veciña da parroquia morta este sábado presuntamente acoitelada polo seu ex mozo. Teñen convocada unha concentración de protesta ás 11.30 horas diante do domicilio familiar da falecida, no...

Natalia Puga
Diego Torrado
Praia fluvial de Ponte Sampaio

Unha muller de 38 anos morre apuñalada en Ponte Sampaio

24/10/2015
Pontevedra

Unha muller de 38 faleceu na madrugada deste sábado na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio vítima dunha puñalada nun posible caso de violencia de xénero. Ata o momento non hai detidos por estes feitos, pero a Policía Nacional e a Garda Civil teñen establecido un completo operativo de procura para...

Natalia Puga