Caso Sonia Iglesias

Manifestación de lembranza a Sonia Iglesias

Sonia Iglesias, declarada oficialmente morta desde xaneiro de 2021

17/01/2022
Pontevedra

Hai un ano e 17 días, o 1 de xaneiro de 2021. Desde ese día, Sonia Iglesias  Eirín está oficialmente morte. Así o determinou o Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, que o pasado mes de maio ditou un auto polo que decidiu a data de falecemento legal...

Natalia Puga
Manifestación de lembranza a Sonia Iglesias

O BOE publica o expediente da declaración de falecemento de Sonia Iglesias

24/02/2021
Pontevedra

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores 24 de febreiro un oficio do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra sobre o expediente de declaración de falecemento de Sonia Pilar Iglesias Eirín, a pontevedresa desaparecida o 18 de agosto de 2010. A letrada da Administración de Xustiza, Gema...

PontevedraViva
Manifestación en recordo de Sonia Iglesias polo quinto aniversario da súa desaparición

Inician os trámites para que Sonia Iglesias sexa declarada oficialmente morta

30/11/2020
Pontevedra

A familia de Sonia Iglesias Eirín iniciou os trámites para que un xulgado declare oficialmente morta á muller, desaparecida o 18 de agosto de 2010 no centro de Pontevedra cando tiña 37 anos de idade e un fillo de 9. Os trámites púxoos en marcha hai dúas semanas o fillo da...

Natalia Puga
Julio Araújo, tras declarar na comisaría de Pontevedra

Morre Julio Araújo, parella de Sonia Iglesias e único investigado pola súa desaparición

09/09/2020
Pontevedra

Julio Araújo, parella da pontevedresa Sonia Iglesias -desaparecida en agosto de 2010- faleceu nas últimas horas no seu domicilio de Pontevedra. Padecía desde hai anos un cancro de pulmón que, segundo fontes próximas a el, agravouse nos últimos meses. El foi no seu momento o único investigado -a nova figura xurídica...

PontevedraViva
Manifestación de lembranza a Sonia Iglesias

Dez anos sen saber de Sonia Iglesias

18/08/2020
Pontevedra

Un día como hoxe hai dez anos a familia Iglesias recibía a peor das noticias, a desaparición de Sonia. Desde entón, os seus achegados non paran no seu empeño de atopar o seu corpo e dar cos culpables da súa desaparición.  Este ano pola situación sanitaria, os seus parentes máis próximos...

Manu Otero
Manifestación de lembranza a Sonia Iglesias

Nove anos reclamando xustiza pola desaparición de Sonia Iglesias

30/08/2019
Pontevedra

Mari Carmen Iglesias, irmá de Sonia, foi a encargada de dar lectura a un comunicado antes de que centos de persoas realizaran un percorrido por varias rúas do centro de Pontevedra lembrando a Sonia Iglesias, a pontevedresa desaparecida o 18 de agosto de 2010. A súa irmá indicou que despois de...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Busca de restos humanos na casa de San Amaro con Julio Araújo presente

A chispa do caso Sonia Iglesias reavivouse

30/12/2018
Pontevedra

En menos de medio ano deste 2018 chegaron as mellores e as peores noticias na investigación sobre a desaparición de Sonia Iglesias o 18 de agosto de 2010. O 20 de febreiro amencía cun amplo operativo policial despregado nunha casa propiedade da familia de Julio Araújo -ex parella de Sonia- no...

Natalia Puga
Unidades Especiais de Subsolo e Protección Ambiental frente a Comisaría de Pontevedra

Especialistas en subsolo da Policía Nacional buscan novas pistas sobre a desaparición de Sonia Iglesias en dous pozos e unha tumba

21/09/2018
Pontevedra

Unidades Especiais de Subsolo e Protección Ambiental, departamento do Corpo Nacional de Policía encargado de intervir en zonas de subsolo, buscaron durante a xornada deste xoves en Pontevedra novas pistas sobre o paradoiro Sonia Iglesias máis de oito anos despois da súa desaparición. Esta unidade especializada desprazouse desde Madrid para, xunto...

Diego Espiño
Diego Espiño
Manifestación en recordo de Sonia Iglesias polo quinto aniversario da súa desaparición

Unha manifestación lembrará a desaparición de Sonia Iglesias hai oito anos

22/08/2018
Pontevedra

A familia, os amigos e os compañeiros de traballo de Sonia Iglesias Eirín chaman a todos os cidadáns que o que desexen a participar na manifestación convocada para o vindeiro venres 24, con motivo do cumprimento dos oito anos da desaparición da moza pontevedresa o 18 de agosto de 2010. Baixo...

PontevedraViva
Segunda xornada de rexistros na casa da familia Araújo en San Amaro

Arquivan de novo a causa xudicial aberta pola desaparición de Sonia Iglesias

28/06/2018
Pontevedra

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra volveu arquivar provisionalmente a causa xudicial que mantiña aberta desde o pasado ano 2017 para investigar a desaparición de Sonia Iglesias.  Fontes próximas ao caso confirmaron a PontevedraViva que o xulgado comunicou este mesmo xoves o arquivo da causa nun auto no que...

Natalia Puga
Segunda xornada de rexistros na casa da familia Araújo en San Amaro

Sen avances no caso Sonia Iglesias, no que maio será un mes clave

01/05/2018
Pontevedra

Máis de dous meses despois dos rechamantes rexistros que volveron poñer de actualidade o caso da desaparición de Sonia Iglesias, a investigación segue sen avances notorios e con todas as miradas dos investigadores postas nunha data: o próximo 15 de maio. Ese día termínase o segredo das actuacións que afecta...

Natalia Puga
Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia

A investigación do caso Sonia Iglesias, pendente da análise dunha "serie de datos"

06/03/2018
Pontevedra

A investigación policial e xudicial para aclarar a desaparición de Sonia Iglesias continúa a ritmo lento, pero intenso. O caso reabriuse meses atrás, pero é mantivo baixo un total mutismo ata que o pasado 20 de febreiro realizouse un rexistro exhaustivo e visible da cada da familia de Julio Araújo,...

Natalia Puga
Julio Araújo, á súa saída da Comisaría tras declarar como investigado

Julio Araújo, investigado polo homicidio de Sonia Iglesias

21/02/2018
Pontevedra

Julio Araújo, ex parella de Sonia Iglesias, está investigado por un delito de homicidio nas indagacións abertas para aclarar a desaparición da pontevedresa en agosto de 2010. Hai anos, ata o arquivo da causa no ano 2015, estivera investigado neste caso por un delito de detención ilegal e cando este...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Alejandro Espiño
Segunda xornada de rexistros na casa da familia Araújo en San Amaro

Julio Araújo e o seu irmán, citados a declarar como investigados polo caso Sonia Iglesias

21/02/2018
Pontevedra

Xiro á investigación do caso pola desaparición de Sonia Iglesias. Julio Araújo foi chamado a declarar en calidade de investigado. Non o fixo só. Tamén tivo que acudir á comisaría da Policía Nacional de Pontevedra o seu irmán, David Araújo. Ambos chegaron a pé minutos antes das cinco da tarde. Os...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Alejandro Espiño
Manifestación polo sétimo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias

Maricarmen Iglesias: "Las expectativas son altas, pero el escepticismo también"

21/02/2018
Pontevedra

A noticia da reapertura do caso de Sonia Iglesias foi toda unha sorpresa para a súa familia. A súa irmá, Maricarmen Iglesias, asegura que non sabían nin que o caso leva meses reaberto nin que este martes realizaríase un rexistro na vivenda da familia de Julio Araújo en San Amaro. Enteráronse...

Natalia Puga
Buscan o corpo de Sonia Iglesias nunha casa da familia Araújo en San Amaro

A causa pola desaparición de Sonia Iglesias, reaberta pero declarada segreda

20/02/2018
Pontevedra

A causa aberta no ano 2010 no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra para investigar a desaparición de Sonia Iglesias está reaberta. A reapertura non é recente, pero non transcendeu ata este martes, cando a Policía Nacional comezou un rexistro nunha vivenda propiedade da ex parella da moza, Julio...

Natalia Puga
Buscan o corpo de Sonia Iglesias nunha casa da familia Araújo en San Amaro

Buscan o corpo de Sonia Iglesias nunha leira de San Amaro

20/02/2018
Pontevedra

Axentes da Policía Científica, cun laboratorio móbil chegado desde Madrid, están investigando desde primeira hora da mañá nas inmediacións da capela de San Amaro, tentando localizar vestixios en relación co caso da desaparición de Sonia Iglesias. A investigación está a levarse a cabo na casa, propiedade da familia Araújo, que se...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Alejandro Espiño
Manifestación polo sétimo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias

"Nunca deixaremos de buscarte, Sonia"

11/08/2017
Xeral

Sete anos sen Sonia Iglesias. É o tempo que leva desaparecida esta pontevedresa, á que se lle perdeu o rastro o 18 de agosto de 2010. Para manter vivo o seu recordo e esixir ás autoridades que sigan investigando o caso, centos de persoas arrouparon á súa familia cunha manifestación...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Concentración no sexto aniversario da desaparición de Sonia Iglesias

Pontevedra volve arroupar á familia de Sonia Iglesias no seu "cumpleaños negro"

24/08/2016
Pontevedra

O 18 de agosto cumpríronse seis anos da misteriosa desaparición de Sonia Iglesias Eirín e a súa familia quixo volver saír á rúa para lembrar este "cumpleaños negro" para seguir demandando "respuestas" ao ocorrido á moza pontevedresa e agradecer a amigos e familiares o seu apoio en todos estes anos. Na...

PontevedraViva
Diego Torrado
Canción dedicada a Sonia Iglesias: 'Sonia, te espero'

Dedican unha canción a Sonia Iglesias para manter a súa lembranza: 'Sonia te espero'

13/08/2015
Pontevedra

Cando se vai cumprir o quinto aniversario da desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias, un compositor da cidade decidiu crear unha canción en recordo desta muller co obxectivo de que se difunda e se converta no himno da memoria de Sonia. O compositor Enrique Alvite en colaboración con outros pontevedreses afectados por...

PontevedraViva
Manifestación con motivo da desaparición, hai 4 anos, de Sonia Iglesias

A Audiencia de Pontevedra arquiva o caso pola desaparición de Sonia Iglesias

21/04/2015
Pontevedra

Arquívase a causa da desaparición de Sonia Iglesias. A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou os recursos presentados pola Fiscalía e a familia da moza. Ambas as dúas partes recorreran o auto do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, especializado na Violencia contra a Muller, que acordou...

Oskar Viéitez
Manifestación polo segundo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias

O xulgado mantén a súa decisión de arquivar o caso de Sonia Iglesias

22/11/2014
Pontevedra

A xuíza titular do Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra acaba de emitir un auto no que ratifica a súa decisión de arquivar o caso da desaparición de Sonia Iglesias "xa que as probas existentes non constitúen indicios sólidos para acordar a continuación do procedemento". A decisión do xulgado non...

PontevedraViva
Manifestación con motivo da desaparición, hai 4 anos, de Sonia Iglesias

A familia de Sonia Iglesias critica a falta de presión policial sobre Julio Araújo

22/08/2014
Pontevedra

Transcorreron catro anos dende a desaparición de Sonia Iglesias pero os pontevedreses seguen mostrando o seu apoio á familia da muller desaparecida e así decenas de cidadáns sumáronse á concentración que este venres 22 se desenvolveu na Praza da Ferrería, seguida por unha manifestación polo centro da cidade cunha parada...

PontevedraViva
Manifestación polo segundo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias

Catro anos despois, sen noticias de Sonia Iglesias

18/08/2014
Pontevedra

O 18 de agosto de 2010 Sonia Iglesias Eirín debía incorporarse ao seu traballo como encargada na tenda de roupa Massimo Dutti despois das súas vacacións de verán, pero nunca chegou. Dende entón, non se lle volveu ver. As últimas noticias que se teñen dela é que esa mañá almorzou...

Natalia Puga
Manifestación polo segundo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias

A familia de Sonia Iglesias recorrerá o arquivo de toda a causa pola desaparición

11/08/2014
Pontevedra

A familia de Sonia Iglesias Eirín recorrerá o auto dado a coñecer nos últimos días polo que o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra arquiva a causa aberta para aclarar a desaparición da pontevedresa o 18 de agosto de 2010. A irmá da desaparecida, Maricarmen Iglesias, recoñece que a...

Natalia Puga
Julio Araújo á súa chegada aos xulgados da Parda

Arquivan a imputación de Julio Araújo pola desaparición de Sonia Iglesias

09/08/2014
Pontevedra

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra decidiu sobreser provisionalmente a imputación de Julio Araujo pola desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias Eirín en agosto de 2010. Segundo publican este sábado La Voz de Galicia e Diario de Pontevedra, o arquivo asinouse este mesmo venres. O xulgado que levaba a causa...

PontevedraViva
Chegada aos Xulgados da Parda de Jesús Santaló, avogado de Julio Araújo

Os vídeos das cámaras de seguridade non aportan luz ao caso de Sonia Iglesias

22/07/2014
Pontevedra

O avogado Jesús Santaló, encargado da defensa de Julio Araújo, o único imputado no caso da desaparición de Sonia Iglesias, acudiu ao Xulgado de Violencia de xénero no edificio da Parda para revisar os vídeos das cámaras de gravación de seguridade, que forman parte da investigación xudicial, para comprobar que...

PontevedraViva
Fotografía de Sonia Iglesias

A Audiencia rexeita o uso de xeorradar no Monte Castrove para buscar a Sonia Iglesias

30/05/2014
Pontevedra

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra confirma a decisión do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra que no mes de xaneiro rexeitou o uso de xeorradar no Monte Castrove para buscar posibles restos humanos que se poidan corresponder co cadáver de Sonia Iglesias, desaparecida dende o 18 de agosto de 2010. A familia de Sonia...

Natalia Puga
Xulgados da Parda

O xulgado rexeita o emprego dun xeorradar para buscar a Sonia Iglesias en Monte Castrove

23/01/2014
Pontevedra

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, especializado en asuntos de violencia de xénero, rexeitou por segunda vez a petición da familia de Sonia Iglesias de empregar o xeorradar para buscar a pontevedresa desaparecida en Monte Castrove. A familia Iglesias Eirín sinala Monte Castrove xa que neste enclave atópase situada...

PontevedraViva

Testemuñas do caso Sonia Iglesias: "estaba triste y tenía intención de separarse"

16/12/2013
Pontevedra

Entre oito e nove meses antes da súa desaparición Sonia Iglesias Eirín reuniuse coa presidenta da Asociación de Mulleres Maltratadas Luz nunha cafetaría e díxolle "que tiña intención de separarse. A súa interlocutora notoulle "triste" e percibiu que había "algo que no contaba". A muller, que xa non é presidenta do...

Natalia Puga
Julio Araújo nunha comparecencia no Xulgado

Julio Araújo recorre a súa imputación entre críticas á investigación policial

24/10/2013
Pontevedra

O avogado defensor de Julio Araújo xa formalizou ante o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra a solicitude de sobresemento parcial do caso aberto para aclarar a desaparición de Sonia Iglesias Eirín o 18 de agosto de 2010. O letrado acudiu este xoves aos xulgados da Parda para presentar un...

PontevedraViva
Fiscal xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro

A Fiscalía prevé un incremento dos delitos de incendios forestais tras este verán

04/10/2013
Pontevedra

Durante o ano 2012 os fiscais da Audiencia Provincial de Pontevedra tramitaron 152 procedementos relacionados con delitos de incendios forestais. A cifra non supón unha gran variación con respecto aos incoados durante o ano anterior, pero todo parece indicar que experimentará un crecemento cando se pechen as estatísticas deste ano...

Natalia Puga
Mónica Patxot

O xulgado de violencia sobre a muller asume o caso de Sonia Iglesias

18/09/2013
Pontevedra

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra decidiu que o xulgado especializado en Violencia sobre a Muller asuma o caso xudicial aberto pola desaparición de Sonia Iglesias Eirín hai máis de tres anos. A familia Iglesias Eirín acolle con agrado esta decisión xa que espera que marque un punto...

Oskar Viéitez

A Audiencia decidirá o 17 de setembro o futuro do caso de Sonia Iglesias

04/09/2013
Pontevedra

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra decidirá o próximo 17 de setembro o futuro do caso xudicial aberto para esclarecer a desaparición de Sonia Iglesias Eirín hai máis de tres anos, o 18 de agosto de 2010. A investigación sobre a desaparición leva máis dun ano sen novidades...

Natalia Puga

Tres mil persoas piden na rúa "saber qué le pasó a Sonia" Iglesias tres anos despois

28/08/2013
Pontevedra

A voz quebrada, interrompida en reiteradas ocasións polos choros e obrigada a parar o seu discurso polos aplausos dos presentes. Mari Carmen Iglesias dirixiuse este mércores ás ao redor de 3.000 persoas que acudiron á concentración convocada para recordar o terceiro aniversario da desaparición da súa irmá Sonia Iglesias Eirín...

PontevedraViva

A familia de Sonia Iglesias colga carteis para a manifestación do 28 de agosto

22/08/2013
Pontevedra

Tenda a tenda, a familia de Sonia Iglesias, percorre estes días a cidade de Pontevedra repartindo medio millar de carteis coa convocatoria dunha manifestación para o próximo mércores 28 de agosto. A sociedade pontevedresa segue tendo moi presente o caso de Sonia Iglesias, desaparecida pola 18 de agosto do 2010, así...

PontevedraViva
Fotografía de Sonia Iglesias

Cúmprense 3 anos da desaparición de Sonia Iglesias

18/08/2013
Pontevedra

Este domingo 18 de agosto cúmprense 3 anos da desaparición de Sonia Iglesias Eirín. A súa familia convocou unha manifestación para o próximo mércores 28 de agosto. A través deste acto pretenden que o caso non quede no esquecemento porque, a pesar de que hai tempo que perderon a esperanza...

PontevedraViva

"Julio Araújo no te da explicaciones ni se exaspera cuando lo interrogamos por Sonia Iglesias"

15/04/2013
Pontevedra

Serafín Castro, ex comisario responsable da Unidade de Delitos Violentos da Policía (UDEV) e encargado das primeiras investigacións da desaparición da pontevedresa Sonia Iglesias, revelou este luns como foron os interrogatorios realizados ata agora ao único imputado e principal sospeitoso do caso, Julio Araújo. Asegura que cando chega o momento...

PontevedraViva