Arde Galicia

Bombardeo de palla de trigo contra a erosión e as riadas tras o lume de Ponte Caldelas

07/10/2013
Ponte Caldelas

Técnicos do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán xunto cun equipo do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (CSIC) en colaboración con edafólogos da Universidade de Santiago aplicarán esta semana en Ponte Caldelas un tratamento a base de palla de trigo para evitar a erosión e as riadas tras os...

Oskar Viéitez
Fiscal xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro

A Fiscalía prevé un incremento dos delitos de incendios forestais tras este verán

04/10/2013
Pontevedra

Durante o ano 2012 os fiscais da Audiencia Provincial de Pontevedra tramitaron 152 procedementos relacionados con delitos de incendios forestais. A cifra non supón unha gran variación con respecto aos incoados durante o ano anterior, pero todo parece indicar que experimentará un crecemento cando se pechen as estatísticas deste ano...

Natalia Puga
Mónica Patxot

Xa poden pedirse permisos de queima

01/10/2013
Pontevedra

A Consellería do Medio Rural informou de que, dende este martes, 1 de outubro, pódense volver solicitar os permisos de queima de restos agrarios ou forestais en terreo agrícola, de acordo coa normativa vixente e posto que finalizou oficialmente a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia. De acordo...

PontevedraViva

Deteñen ao presunto autor de nove incendios intencionados en Meis, Barro e Portas

24/09/2013
Umia

O equipo de investigación de incendios da Xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra vén de informar da detención do presunto autor de nove lumes intencionados na provincia de Pontevedra. Os lumes tiveron lugar entre o 5 de agosto e o 18 de setembro deste ano. Sete no concello de Meis, un...

PontevedraViva

A Operación 'Centinela Gallego' péchase cun balance de máis de 200 avisos

17/09/2013
Pontevedra

Unidades da Brilat de Pontevedra, Asturias e Valladolid, ademais de membros da Armada pertencentes ao Tercio Norte de Infantería de Marina de Ferrol concluíron a súa participación na Operación 'Centinela Gallego', mediante a cal patrullan as zonas montañosas e arboradas de Galicia para loitar contra os incendios. O fin da campaña,...

PontevedraViva

Susto por un incendio forestal a 100 metros das casas en Marcón

17/09/2013
Pontevedra

Un incendio forestal declarado pouco antes das 22.30 horas da noite deste luns calcinou varios terreos agrícolas da parroquia pontevedresa de Marcón, e provocou o susto entre os veciños ao aproximarse a uns 100 metros das casas. Testemuñas presenciais indicaron que as lapas xurdiron nunha zona situada entre os lugares de...

PontevedraViva

Un incendio queima media hectárea de arborado en Samieira

13/09/2013
Ponte Caldelas

Un incendio forestal arrasou este venres máis de media hectárea de superficie arborada do Concello de Poio. Permanece controlado, aínda que non extinguido, dende as 15.14 horas e xerou grande expectación entre veciños e condutores. Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume comezou na parroquia de...

PontevedraViva

Ponte Caldelas volve a estar pendente do lume por un incendio na Esfarrapada

12/09/2013
Ponte Caldelas

Ponte Caldelas volve a estar pendente do lume tras declararse un novo incendio forestal no municipio, esta vez no lugar da Esfarrapada, na parroquia de Anceu. O lume iniciouse minutos despois das 16:30 horas, sendo declarado o nivel 1 de alerta ás 17:23 pola súa proximidade ás casas. Segundo informa a Consellería...

PontevedraViva

Despregan 17 medios aéreos para controlar dous incendios en Caldas e Moraña

11/09/2013
Umia

Un incendio forestal que tardou en controlarse menos de dúas horas en Caldas de Reis e outro que permanece sen controlar as 20.00 horas en Moraña supuxeron na tarde deste mércores o despregamento de 17 medios aéreos de extinción da Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e...

PontevedraViva

Dous incendios forestais iniciados de madrugada axexan o norte de Cuntis

11/09/2013
Umia

O norte de Cuntis viuse asediado na madrugada do martes ao mércores por dous incendios que se iniciaron con dúas horas e media de diferenza, pero coincidiron activos durante cinco horas seguidas. O primeiro afectou á parroquia de Piñeiro e está extinguido dende primeira hora da mañá O segundo iniciouse...

Natalia Puga

Unha ducia de incendiarios actúa na zona de Pontevedra, segundo Anova

10/09/2013
Pontevedra

Segundo Anova "ao redor dunha ducia de incendiarios actúa na zona de Pontevedra", conformada ésta por 29 municipios que engloban as bisbarras de Pontevedra, Salnés, Arousa e O Morrazo. O perfil destes incendiarios, segundo explicou Claudio Quintillán da Coordinadora Nacional de Anova, "a maioría dos puntos de inicio dos incendios corresponden...

Oskar Viéitez

Vuelve el fuego a Ponte Caldelas

09/09/2013
Ponte Caldelas

Cando apenas pasaron tres días do incendio de Barbudo en Ponte Caldelas, as chamas volveron incendiar os montes deste concello. Pasadas as 18:15 desta tarde de luns 9 de setembro, os veciños volvían detectar lume no lugar de Santa Eulalia en Pazos. Polo momento, a superficie queimada non alcanza as...

PontevedraViva
Incendio declarado en Cornazo, Vilagarcía

Un incendio activo dúas horas cerca o asentamento xitano de Cornazo

09/09/2013
O Salnés

Un incendio forestal asediou este luns tres casas de Cornazo, en Vilagarcía. Forman parte dun asentamento xitano situado e os seus veciños viron as lapas a menos de cinco metros e tiveron que acudir con mangueiras e cubos para atallalas de forma directa. Pouco despois chegaron os medios de extinción...

PontevedraViva
Aitana Vidal

Un incendio próximo a vivendas fai saltar as alarmas en Lourizán

09/09/2013
Pontevedra

Un incendio forestal iniciado nun terreo situado a uns 500 metros das vivendas fixo saltar todas as alarmas este luns na parroquia de Lourizán, na zona do Regueiriño. Os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural e do Mar indican que se iniciou sobre as 13.30 horas e quedou controlado menos...

PontevedraViva

Sufocado un conato de incendio na Illa de Arousa

08/09/2013
O Salnés

Unha columna de fume alertou ás tres e media da tarde a veciños e veraneantes da illa de Arousa. Grazas á rápida intervención dos equipos de emerxencias, o lume quedou en conato. As chamas iniciáronse nas inmediacións do campo de futbol. Nestes labores de extinción participaron medios aéreos e terrestres da Xunta de...

PontevedraViva

Extinguido o incendio forestal de Ponte Caldelas tras calcinar unhas 600 hectáreas

07/09/2013
Ponte Caldelas

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten informado da extinción do incendio forestal rexistrado no concello de Ponte Caldelas, que calcinou unha superficie estimada de 600 hectáreas. O lume, iniciado o mércores ás 20.25 horas na parroquia de Castro Barbudo, deuse por extinguido ás 13.00 horas deste sábado. Segundo as...

PontevedraViva

O incendio de Ponte Caldelas segue activo 37 horas despois

06/09/2013
Ponte Caldelas

O incendio forestal iniciado ás 20.25 horas do mércores en Castro Barbudo, en ponte Caldelas, segue activou máis de 37 horas despois, pero cumpre xa máis de 20 horas establizado. Neste tempo arrasou unha superficie estimada de 600 hectáreas de polo menos catro parroquias e cinco núcleos de poboación do...

PontevedraViva

Perfecto Rodríguez, sobre o incendio de Ponte Caldelas: "Buscaban hacer daño"

05/09/2013
Ponte Caldelas

O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, non dubidou un minuto ao afirmar que o lume que arrasou parte do seu municipio foi intencionado. Varias son as razóns que lle levan a esta conclusión, entre outras, a hora á que se iniciou o lume, ao caer a noite cando os medios...

Oskar Viéitez

O incendio de Ponte Caldelas arrasa polo menos 600 hectáreas en 18 horas

05/09/2013
Ponte Caldelas

O incendio iniciado ás 20.25 horas do mércores en Castro Barbudo, en Ponte Caldelas, arrasou xa polo menos 600 hectáreas tras 18 horas activo e estendeuse por polo menos tres parroquias e cinco núcleos de poboación do municipio. A última estimación de superficie queimada realizada pola Consellería do Medio Rural e...

PontevedraViva

Noite en vela en Barbudo pola ameaza dun incendio que xa queimou 250 hectáreas

05/09/2013
Ponte Caldelas

Os veciños de Barbudo e Chaín, en Ponte Caldelas, pasaron a noite en vela e o amanecer sorprendeunos pendentes das chamas. Levan en alerta dende que ás 20.25 horas do mércores se declarou un incendio na zona de Castro Barbudo e a partir das 21.40 horas temeron mesmo polas súas...

PontevedraViva
PontevedraViva

A UME aumenta os militares destacados en Marín polo maior risco de incendios

04/09/2013
Marín

O destacamento da Unidade Militar de Emerxencias (UME) fixado na Escola Naval Militar de Marín incrementarase con motivo do aumento de risco de incendios forestais. Segundo indicou o Ministerio de Defensa, haberá 22 militares máis. A Escola Naval apoiaralles "co aloxamento e a manutención que se precise", todo dentro das directrices...

PontevedraViva
Incendio no monte Xiabre

Arde Xiabre, outra vez

02/09/2013
O Salnés

ÿ o cuarto intento. Os incendiarios xa prenderon lume nas últimas semanas ao monte Xiabre dende Saiar, en Caldas de Reis e en dúas ocasións máis dende Catoira que se levaron por diante máis de 20 hectáreas de terreo e o outro 35. De novo aproveitando que coa noite, eran as...

Aitana Vidal

Rápida extinción de dous incendios forestais en Canicouba e San Tomé de Piñeiro

02/09/2013
Pontevedra

En pouco menos dunha hora os efectivos da Xunta de Galicia lograron extinguir dous incendios forestais na parroquia pontevedresa da Canicouba e na marinense de San Tomé de Piñeiro En canto ao de San Tomé de Piñeiro, en Marín, segundo informaron dende a Consellería de Medio Rural nas tarefas de extinción...

PontevedraViva

O incendio forestal da Insua queda extinguido tras queimar 30 hectáreas

02/09/2013
Ponte Caldelas

Un incendio forestal iniciado ás 21.18 horas do domingo e extinguido 22 horas despois, ás 19.38 horas do luns, arrasou 30 hectáreas no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas, segundo as últimas estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural e do Mar. Segundo informou a Xunta, o lume afecta á parroquia da...

PontevedraViva

Un incendio forestal arrasa 20 hectáreas en Ponte Caldelas

02/09/2013
Ponte Caldelas

Un incendio forestal iniciado ás 21.18 horas deste domingo arrasou unhas 20 hectáreas no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas e supuxo o despregamento de medios de extinción da Xunta de Galicia. Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume, que segue activo, afecta á parroquia da Insua....

PontevedraViva

Un incendio arrasa 1,2 hectáreas de arborado en Castroagudín

30/08/2013
O Salnés

Un incendio forestal decretado na zona do encoro de Castroagudín, en Vilagarcía, arrasou na tarde deste venres 1,25 hectáreas de terreo. A zona queimada pertence á parroquia de Cea e é unha superficie arborada, segundo indicou a Consellería de Medio Rural e do Mar. A consellería dá o lume por extinguido e...

PontevedraViva
Uns homes lanzando foguetes

Imputan un veciño de Meis por causar un incendio forestal ao lanzar cohetes de forma imprudente

28/08/2013
O Salnés

A Policía Autonómica ven de informar da detención de tres persoas coma presuntos autores de incendios forestais en Pobra do Caramiñal (A Coruña), Meis (Pontevedra) e Barbadás, na provincia de Ourense. No caso do concello pontevedrés, axentes da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra procederon a imputar a un veciño...

PontevedraViva

Dous incendios xa controlados arrasan 32 hectáreas na mesma parroquia de Cotobade

27/08/2013
Cerdedo-Cotobade

Ás 14.50 horas deste martes a Consellería do Medio Rural e do Mar deu por controlado o incendio forestal que se declarou ás 21.29 horas da noite do luns na parroquia de Tenorio, no Concello de Cotobade. As estimacións provisionais da Consellería sinalan que o lume arrasou 21 hectáreas de superficie...

Natalia Puga

Un incendio arrasa xa 20 hectáreas de monte en Cotobade

27/08/2013
Cerdedo-Cotobade

Un incendio forestal arrasou xa 20 hectáreas de monte no Concello de Cotobade e, segundo as estimacións iniciais da Consellería do Medio Rural e do Mar, podería mesmo chegar a superalas nas próximas horas. Segundo informou a Consellería, o lume iniciouse ás 3.30 horas desta madrugada na parroquia de Tenorio e...

Natalia Puga

As lapas dun incendio forestal ameazan unhas casas en Cerponzóns

26/08/2013
Pontevedra

Coas últimas luces do día quedaba este luns apagado un incendio forestal no lugar de Tilve, na parroquia de Cerponzóns. Nun principio temeuse pola seguridade dun grupo de casas, ameazadas pola proximidade das chamas, pero o vento afastou o lume cara ao monte. Curiosamente este non foi o único golpe de sorte...

Oskar Viéitez

Extinguido un perigoso incendio forestal en Meis

26/08/2013
O Salnés

Sobre as seis e media da tarde saltaban todas as alarmas ao detectarse un incendio forestal no lugar de Santo Tomé de Nogueira en Meis. Os servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia trasladáronse de inmediato á zona, sendo determinante a actuación dos helicópteros para sufocar as chamas que...

PontevedraViva

Extinguido o incendio de Saiar despois de calcinar 35 hectáreas

20/08/2013
Umia

O incendio forestal rexistrado na noite do luns en Saiar, en Caldas de Reis, calcinou finalmente preto de 35,5 hectáreas de monte, segundo a estimación provisional da Consellería de Medio Rural. O lume, declarado sobre as 21:00 horas do luns no monte Xiabre, fora dado por controlado polas brigadas de extinción...

PontevedraViva

Un incendio queima arredor de 40 hectáreas do monte Xiabre

20/08/2013
Umia

Máis de 20 hectáreas do monte Xiabre arderon xa dende que durante a tarde deste luns se iniciara un incendio forestal. O primeiro foco rexistrábase na parroquia de Dimo en Catoira pero ao longo da tarde apareceron novos focos, o último rexistrábase entre Cea (Vilagarcía)y Saiar (Caldas), segundo informa o...

Aitana Vidal

Deteñen un operario polo incendio de Salcedo, que arrasou 8,5 hectáreas

19/08/2013
Pontevedra

A Policía Autonómica de Pontevedra detivo o presunto autor do incendio forestal rexistrado o 14 de agosto na parroquia de San Martiño de Salcedo, nunha parcela propiedade da comunidade de montes e destinada a ser nun futuro campo de maniobras da Brigada de Infantería Lixeira (Brilat). Segundo informou a Consellería de...

Natalia Puga

Despregamento de medios terrestres e aéreos por un incendio forestal en Salcedo

14/08/2013
Pontevedra

Un incendio forestal permanece activo dende as 16.40 horas deste mércores na parroquia pontevedresa de Salcedo e xerou un despregamento de medios terrestres e aéreos de extinción da Xunta de Galicia. A nube de fume vese dende distintos puntos da cidade de Pontevedra e dende municipios próximos como Marín, Vilaboa e...

Natalia Puga
Natalia Puga

As patrullas militares contra os incendios percorren 200.000 quilómetros de monte nun mes

12/08/2013
Pontevedra

As patrullas militares que comezaron o 15 de xullo a operación 'Sentinela Galega' percorreron xa 200.000 quilómetros de monte por toda Galicia na súa misión de prevención de incendios forestais. As patrullas están conformadas por militares da Brilat e do Tercio Norte de Infantería de Marina de la Armada con sede...

Natalia Puga

Un incendio obriga a cortar un carril da AP-9 e pon en perigo unha casa en Vilaboa

09/08/2013
Vilaboa

A Garda Civil viuse obrigada a cortar un carril de circulación da autoestrada AP-9 en dirección de Pontevedra a Vigo ao declararse un lume forestal. O incendio mantén en risco unha vivenda no Concello de Vilaboa. Fontes da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra explicaron que este carril está cortado para...

PontevedraViva

Policías a galope contra os incendiarios

19/07/2013
Pontevedra

Seis axentes da Policía Nacional percorren a cabalo o monte dende o 1 de xullo coa misión de previr os incendios forestais. Teñen a súa base de operacións na Comisaría de Pontevedra e de alí parten cada día moi cedo, ás 7.30 horas da mañá, a distintas zonas da provincia...

Natalia Puga
Parroquia de Ponte Sampaio

Policía Local, Protección Civil e Bombeiros farán vixiancia para detectar lumes

10/07/2013
Pontevedra

A Concellaría de Protección Cidadá mantivo este mércores unha reunión operativa con todos os corpos de emerxencia da cidade para analizar o risco de incendio forestal en Pontevedra, e as posibles actuacións. A reunión estivo dirixida pola concelleira Carme da Silva e asistiu o xefe de Bombeiros, Manuel Torres, o...

PontevedraViva
Efectivos da Brilat durante a campaña 'Centinela Gallego'

A Brilat activará o 15 de xullo a campaña contra os incendios forestais

09/07/2013
Pontevedra

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o director xeral de Política de Defensa, o Almirante Juan Francisco Martínez Núñez, asinaron este martes o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa para a prevención de incendios forestais na Comunidade. A Consellería...

Oskar Viéitez
Unidade de Cabalería da Policía Nacional que colaboran coa ⿿Operación Lumes'

A loita contra os incendios forestais tamén se libra a cabalo

06/07/2013
Pontevedra

Doce xinetes, dous axentes de apoio e un subinspector ao mando. Son os efectivos da Unidade de Cabalería da Policía Nacional que colaborarán este verán coa denominada 'Operación Lumes', posta en marcha para reforzar as tarefas de vixilancia e prevención de incendios forestais en Galicia. Chegaron a Galicia, procedentes de...

PontevedraViva

Extinguido o incendio forestal de Caldas, primeiro do verán na bisbarra

29/06/2013
Umia

A tempada de incendios iniciouse na bisbarra cun lume no monte Xiabre, en Caldas de Reis, que se declarou ás 16:24 horas deste sábado, non quedando controlado ata as 21:40 horas e extinguido ata as 4:00 da madrugada, segundo informa a Consellería de Medio Rural. As brigadas de extinción traballaron durante toda...

PontevedraViva

A época de perigo alto de incendios chega o luns

28/06/2013
Pontevedra

A época de perigo alto de lumes forestais chega o luns. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na edición deste venres unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2013...

PontevedraViva

Desembarcan en Marín 32 helicópteros para loitar contra o lume

07/06/2013
Marín

O Porto de Marín converteuse un ano máis en centro de recepción de helicópteros procedentes de Sudamérica a través de CCNI (Compañía Chilena de Navegación), unha das liñas regulares transoceánicas coas que conta o Porto. No prazo de 3 días descargáronse nos peiraos Adolfo Reboredo ata 32 naves que estiveron...

PontevedraViva