Despois de tres semanas de actividades e diversión, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra despediu este venres a súa XX edición no Pazo da Cultura, nun ano marcado pola influencia da lusofonía.
Ao longo de todos estes días foron preto de 26.000 as persoas de todas as idades,...
O Salón do Libro festexaba este martes a celebración do Día Internacional da Literatura infantil e xuvenil. O Seminario Permanente de Jazz e as actrices María Lado e Lucía Aldao ofreceron o espectáculo orixinal e exclusivo 'Po e Xía'.
Durante a mañá, máis de medio milleiro de estudantes asistían a esta...
O escritor Antonio García Teijeiro será este martes o protagonista da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o salón programou diferentes actividades específicas entre as que cabe destacar a homenaxe ao profesor, escritor e...
O IES Torrente Ballester pon en marcha a II Feira de Libros Usados que se celebrará o domingo 7 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra de 11:00 horas a 14:00 horas como actividade integrada na programación do Salón do Libro.
Debido ao éxito que consideran que tivo esta iniciativa...
O II Congreso Internacional de Mediación Lectora converteuse nunha peza fundamental da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no que a formación se refire. A boa resposta na pasada edición motivou ampliar a duración nun día e o aforo ata as 150 prazas, que se cubriron...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abriu este sábado o seu XX edición coa súa habitual vitalidade.
"Un libro é un mar eterno de revolución e ilusión, e así foi a chegada do Salón a Pontevedra hai dúas décadas", sinalou no acto de inauguración a concelleira de Cultura,...
O Salón do Libro inaugurou na mañá deste venres "Motim", unha exposición de ilustración infantil e xuvenil que reúne a obra de 38 artistas portugueses no Museo de Pontevedra.
Motim estará aberta do 22 de marzo ao 28 de abril, no que se espera sexa un acto que reúna á mocidade,...
A compañía pontevedresa Baobab Teatro presenta o seu novo espectáculo "Mai Mai" no Auditorio do Pazo da Cultura, a cita é este domingo 24 de marzo ás 19:00 horas. As entradas á venda no Pazo da Cultura unha hora antes da función, e de maneira anticipada na billeteira da Casa...
O Salón do Libro suma vinte anos de historias compartidas en familia e de momentos xunto a Orbil, a xa lexendaria mascota lobezna deste evento literario para toda la familia. A revolución e a cultura lusófona serán os eixos principais desta edición.
Carmen Fouces, concelleira de Cultura, presentaba este mércores a...
O Salón do Libro volve ser, un ano máis, unha "fiestra aberta ao mundo" e servirá como un "punto de encontro" entre culturas. Nesta ocasión, apostará por un idioma irmán do galego: a lusofonía. Unha delegación de 23 profesionais chegados de Brasil, Portugal, Angola, Cabo Verde ou Mozambique participarán nun...
O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio recibiu este luns a visita de Orbil, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O Salón, que cumpre vinte anos, celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo da Cultura e estará dedicado á revolución.
Esta visita de...
O II Congreso Internacional de Mediación Lectora xirará, este año, arredor do tema das revolucións, vistas dende diferentes prismas pero co fío condutor que supoñen as comunidades lusófonas. Marcan, revolución e lusofonía, o carácter destas xornadas, que pretenden facer homenaxe ao vixésimo aniversario do Salón do Libro.
Preténdese, a través do...
As ilustracións, peza fundamental na literatura infantil e xuvenil, cobran relevancia por si mesmas no calendario do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que aspira a converterse nun escaparate do mellor da produción desta disciplina neste país e a nivel internacional.
O calendario, do que se editaron 2.000 exemplares,...
A concelleira de Cultura, Carmen Fouces, e o escritor Antonio García Teijeiro falaban este luns da homenaxe que este autor, premio nacional de literatura infantil e xuvenil polo seu libro 'Poemar o mar', recibirá durante a próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrará durante o...
Miles de persoas pasan a diario pola libraría Lello do Porto, considerada por moitos como a máis bonita do mundo. Aguantan longas colas -e o pago dunha entrada de cinco euros- para coñecer un establecemento que, segundo din, inspirou á escritora J. K. Rowling para crear parte do universo de...
A biblioteca do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra empezou este xoves un percorrido polas parroquias da cidade para presentar a vindeira edición da cita cultural e recoller as suxestións dos cativos a través dunha serie de furnas que distribuirá o propio Orbil.
Esta etapa de itinerancia partiu na tarde...
Un traballo presentado pola artista estoniana Tiiu Kitsik é o gañador da segunda edición do Premio Internacional de Ilustración convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para elixir o cartel para a súa vixésima edición.
A súa proposta, escollida entre 115 traballos chegados de 25 países, será a imaxe...
O vixésimo aniversario do Salón do Libro Infantil e Xuvenil xa conta con datas de celebración e con temática. A revolución será a gran protagonista entre o 22 de marzo e o 12 de abril das actividades previstas no Pazo da Cultura con motivo desta efeméride.
Este mércores, a concelleira de...