A Deputación de Pontevedra abre o próximo luns, 11 de marzo, o prazo para presentar traballos ao concurso escolar "E ti, que pensas da igualdade?", unha iniciativa que se promove este ano por vez primeira e se enmarca na programación deseñada pola institución provincial para conmemorar o 8 de marzo,...
'Feminismo organizado, patriarcado derrotado', ese foi o lema da gran manifestación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Pontevedra.
A unidade marcou este acto reivindicativo que xuntou a diferentes colectivos feministas ademáis de sindicatos e partidos políticos.
Por citar algúns, nesta mobilización, convocada polo Colectivo Feminista de Pontevedra, participaron a...
Rosalía Outón, de Raxó; Elena Padín, de Samieira; Marina Buceta, de Combarro; Milagros Pérez, de San Xoán, e Peregrina Nores, de San Salvador. Son as cinco mulleres que son "orgullo e exemplo de Poio" e que foron homenaxeadas este 8M, Día da Muller.
Foi nun transcurso dun acto que se celebrou...
A lectura dun manifesto, a cargo da concelleira Trinidad Fernández Oubiña, foi este venres o acto central do Concello da Lama para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Foi un discurso centrado na necesidade de eliminar as desigualdades, a discriminación e a violencia contra as mulleres.
Este acto conmemorativo,...
A Casa do Priorado de Arra acolleu este 8M, Día da Muller, un dos principais actos que impulsou o Concello de Sanxenxo para conmemorar esta efemérides.
Alí celebrouse un almorzo con coloquio coas Asociacións de Mulleres Rurais, ANPAS e mulleres de distintos colectivos do municipio.
Tras a lectura dun manifesto compartido entre...
O centro cultural Antonio Fraguas acolleu este 8M, Día da Muller, a homenaxe que o goberno municipal de Cerdedo-Cotobade quixo facer á traxectoria de cinco mulleres emprendedoras da vila, pioneiras á hora de compaxinar a dirección dun negocio con sacar adiante ás súas familias.
As mulleres homenaxeadas foron Marina Fontenla Enríquez,...
María 'A das mil flores' ou tamén coñecida como María 'A Coxa" xa ten presenza nas rúas de Soutomaior. O acto conmemorativo do 8M en Soutomaior, que homenaxeu a esta veciña tan querida do municipio, incluíu a inauguración dunha placa no edificio no que vivía.
Finou no ano 1989, pero todos...
Desde Emilia Barreiro, a primeira muller en Galicia en licenciarse en Farmacia no ano 1901, ata Ana Touriño, una das farmacéuticas actuais do municipio. As mulleres deste sector foron as grandes protagonistas dos actos celebrados en Marín polo 8M, Día da Muller.
Marín decidiu este ano visibilizar e reivindicar o papel...
Cunha homenaxe á Asociación de Mulleres Rurais, colectivo que celebra trinta anos de vida, o Concello de Bueu conmemorou este 8M, Día da Muller, no que desde o municipio reclamaron que a igualdade real entre homes e mulleres "deixe de ser un espellismo".
No acto participaron o alcalde e concelleiras e...
A presidenta da Asociación Empresarias Galicia, Susana Pérez Iglesias, foi a encargada de ler o manifesto no acto institucional organizado este venres pola Deputación de Pontevedra con motivo do 8 de Marzo, Día da Muller no que advertiu de que a igualdade "se debilita coa confrontación e vólvese poderosa cando...
Oito estudantes do instituto Sánchez Cantón de Pontevedra protagonizaron este venres o acto institucional celebrado na Subdelegación do Goberno con motivo do 8M, Día da Muller. Nel, reivindicaron o "firme compromiso" da sociedade cun "país feminista".
"Nada nin ninguén pode impedir que España se consolide, ano tras ano, como un país...
Como cada 8 de marzo, a CIG convocou a un nutrido grupo de persoas, fundamentalmente mulleres, para percorrer durante a mañá deste venres as principais rúas de Pontevedra.
"Saímos a reivindicar que a fenda salarial segue incrementándose", indicou a responsable da muller na comarca de Pontevedra, Diana Rodríguez. "Rompeuse a tendencia...
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Fiscalía de Galicia fixo balance da presenza feminina da institución, co resultado de que 100 dos 151 fiscais que traballan na comunidade son mulleres, un 66% do total. Isto implica que case sete de cada dez fiscais...
Ata 284 mulleres estranxeiras están a ser atendidas na provincia de Pontevedra debido á violencia de xénero. É un dos datos que reportou o subdelegado do Goberno, Abel Losada, durante a clausura dunha xornada sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero e con motivo...
O Concello de Marín continúa coa programación prevista ao longo desta semana con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. No propio día sinalado, este 8 de marzo ás 12.00 horas no Museo Manuel Torres procederase á lectura da declaración institucional dedicada ás mulleres farmacéuticas de Marín. Elas tomarán...
O Concello de Moraña previu convocatorias reivindicativas e de carácter máis lúdico para conmemorar este venres o Día Internacional da Muller.
"Aínda que é fundamental traballar na construción e consecución da igualdade todos os días do ano, non podemos deixar pasar esta data simbólica e autoesixirnos todo o que queda por...
A perspectiva de xénero foi o eixo condutor da conferencia ofrecida este xoves 7 na Escola de Enfermería a pedimento da Deputación de Pontevedra e con motivo da celebración do 8M. A acción formativa correu a cargo da politóloga Priscila Retamozo e abríaa a deputada de Igualdade, Sandra Bastos.
Bastos sinalou...
'Arquetipos femininos' é o nome da actividade especial en exclusiva para mulleres que o programa Noites Abertas poñerá en marcha dentro das súas propostas para esta fin de semana con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
Esta iniciativa desenvolverase o venres 8 ás 21.00 horas na Casa Azul.
Medicina Integrativa...
Varios obradoiros relacionados cos estereotipos de xénero, coa igualdade no traballo e coas tarefas do fogar, que terán como protagonistas ao alumnado de educación infantil e primaria, será a principal acción que incluirá a programación do 8M, Día da Muller, na Lama.
En todos os talleres manterase unha liña de traballo...
Con motivo da conmemoración, este venres 8, do Día Internacional da Muller, a Facultade de Dirección e Xestión Pública acolleu nesta xornada a lectura dun manifesto, elaborado polo alumnado, no que se puña o foco na importancia de "seguir traballando na consecución da igualdade de xénero".
Nun acto no que participou...
Isabel Seoane, a última ostreira de Arcade, será homenaxeada no marco da Festa da Ostra, que se celebrará en abril. Así o decidiu o Consello Feminista Municipal na súa primeira xuntanza.
Trátase dun recoñecemento que o goberno municipal outorgará de maneira anual a diferentes mulleres que teñan feito durante a súa...
O Centro Agarimo de Príncipe Felipe loce nas súas paredes un novo mural da artista viguesa Pilar Alonso. Unha iniciativa enmarcada dentro da programación "Seguimos con todas e para todas", que a Deputación de Pontevedra ten en marcha para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para "reafirmar que o...
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou este martes o acto de homenaxe a cinco mulleres emprendedoras que terá lugar o vindeiro venres 8 de marzo no Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo, a partir das 12:15 horas, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller.
A Federación...
O Concello de Vilaboa súmase á conmemoración do 8M, Día Internacional das Mulleres, asumindo como seu o lema escollido este ano polas Nacións Unidas: "Investir nas mulleres: acelerar o progreso".
Neste 8M o Concello de Vilaboa insiste en que o reto máis importante do século XXI é acabar coa desigualdade entre...
A corporación municipal de Bueu celebrou este luns, 4 de marzo, a sesión plenaria ordinaria, na que se aprobou por unanimidade unha moción polo Día Internacional das Mulleres que se conmemora o próximo 8 de marzo.
A proposta, presentada polos grupos do goberno (BNG e PSOE), incide no "compromiso firme de...
O Concello de Cuntis vén de presentar as actividades coas que se conmemorará o vindeiro venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Ao longo desa data está previsto que se desenvolva a programación deseñada polo goberno local, a través do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado...
A Unión comarcal de UGT Pontevedra-Arousa-Deza entregará o Premio 8 de Marzo deste sindicato a Montserrat Lamas Castro, unha traballadora de servizos funerarios, sector moi masculinizado, no que exerceu como delegada sindical durante oito anos.
A proposta procede da Federación UXT-Servizos Públicos Pontevedra e o premio será entregado este xoves 7...
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, participou este luns, xunto á secretaria xeral da Subdelegación do Goberno, María Isabel Alonso, e outras traballadoras do organismo estatal, na colocación dunha pancarta con motivo do Día Internacional da Muller. O distintivo quedará pendurado no exterior da fachada principal do edificio...
O Liceo Casino de Pontevedra súmase á convocatoria de propostas con motivo do Día Internacional da Muller e faio coa actuación de Rogelia dos Outeiros e o seu monólogo 'Soa'. Será o propio venres 8 de marzo a partir das 20.30 horas no edificio de Manuel Quiroga. A entrada, con...
O Club Aromon Pontevedra súmase á programación do Día Internacional da Muller propoñendo para o sábado 9 de marzo unha xornada de promoción da escalada e a orientación deportiva para nenas e mulleres de todas as idades que se celebrará no pavillón Multiusos e na Illa das Esculturas.
A actividada, presentada...
Da man da Organización de Produtores de Pesca do Porto de Marín (Opromar), o museo Manuel Torres de Marín deu o pistoletazo de saída este venres ao certame 'Mulleres do Mar, inspiradoras de arte', onde dez mulleres e tres homes inspiráronse para reflectir en trece obras pictóricas o traballo das...
Despois do despregamento da pancarta na Casa Consistorial, na que está reflectido que "o 44% dos homes cre que se chegou demasiado lonxe na promoción da igualdade (CIS, 2023). Ábrelle a porta ao feminismo", Anabel Gulías, concelleira de igualdade, explicou a mensaxe que queren lanzar con esa frase ademáis dos actos...
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, falou da programación posta en marcha pola administración provincial con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, sinalando que "esta Deputación non vai dar ningún paso atrás en igualdade", e que "vai abrir as portas para que moita máis xente, de...
A cociñeira Toñi Vicente e a Asociación de Mulleres Rurais de Bueu recibirán senllas homenaxes este ano con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, en Bueu.
Así figura na programación que o Concello de Bueu que presentou este venres a concelleira de igualdade e benestar social,...
"Mulleres que fan Poio, as que abriron camiño" centrará a programación do Concello para conmemorar o 8 de Marzo, Día da Muller.
Trátase dunha homenaxe a cinco veciñas, unha de cada parroquia, que se desenvolverá o propio venres, día 8, no Palacete Besada a partir das 19.30 horas, na que tamén...
A ilustradora e ceramista viguesa Abi Castillo é a encargada de ofrecer a imaxe institucional da Deputación de Pontevedra con motivo da programación de actos previstos para o 8M, Día Internacional das Mulleres.
O exterior do Pazo Provincial mostraba a ilustración que, segundo a artista, reflicte a unha muller empoderada, madura...
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Barro contará cunha "orixinal actividade" programada pola concellería de Igualdade, que dirixe Lía Rodríguez.
Esa gran novidade chegará ás 21.30 horas no Pazo da Crega cunha acción lúdica que se celebrará baixo o título de 'As mulleres de Barro... bailamos, voamos!', un espectáculo...
As escaleiras de entrada ao Teatro Principal convertéronse en escenario para a presentación, este mércores 28, da sétima edición do encontro de mulleres xornalistas 'As mulleres que opinan son perigosas', que se celebrará o venres 15 e o sábado 16 de marzo en Pontevedra.
A xornalista Diana López, que con Susana...
A programación de primavera do Museo de Pontevedra bota a andar esta semana coa segunda edición do seminario 'Mulleres, feminismos, canon'.
Co tema 'Outras historias da arte', as tres conferencias deste ano achegaranse aos estereotipos ligados á muller nas manifestacións artísticas da Historia antiga e medieval e no papel dos museos...
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez, a técnica de Igualdade, Marga Taboada e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Cristina García, presentaron "Abrindo costuras", a campaña do 8M que neste 2024 está centrada na historia das mulleres costureiras do concello.
Con esta campaña...
O Concello de Sanxenxo conmemorará o 8M cunha mesa redonda sobre 'A igualdade no deporte'.
Será un dos actos principais da xornada. Terá lugar no Hotel Carlos I Silgar ás 20.30 horas e contará coa entrega de recoñecementos a 24 entidades deportivas locais por colaborar no impulso do deporte feminino.
Na mesa...
Carmen Babiano Méndez-Núñez, coñecida como "a artista na gaiola", foi unha pontevedresa pioneira na arte feminina de finais do século XIX.
Beatriz de San Ildefonso, conservadora do Museo de Pontevedra, foi a encargada de relatar a historia desta muller pintora, nai das coñecidas irmás Mendoza. Esta muller coñecía varios idiomas e...
O Concello de Meis deseñou un programa de actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo.
Son actividades que pretenden impulsar a igualdade de xéneros, promover a reflexión sobre os estereotipos que aínda persisten ou as causas que os orixinan e visibilizar a traxectoria...
Antes do inicio do pleno municipal a corporación asistiu á lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller.
O Concello de Pontevedra tomou o acordo de que o manifesto fora elaborado polo Consello da Muller Nova, e este ano foi a súa autora quen o leu: Martiña Alexandra Riobó Touriño, alumna...
A Deputación de Pontevedra lanza a segunda colección de 'Aquí Faltan Páxinas', programa que enxalza a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia. Pero, nesta ocasión, chega envolta na polémica por acusacións de censura de varias das poñentes.
Nesta segunda edición incluirase por vez primeira a unha muller...
Con motivo da conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia, o Concello de Sanxenxo iniciará a próxima semana nos centros educativos a programación de actividades para que o alumnado coñeza a figura de mulleres científicas galegas.
A actividade 'Con ciencia de muller' é a primeira das previstas nos...
En Marín xa está todo preparado para que den comezo os actos polo Día da Muller, que se conmemora o vindeiro 8 de marzo.
Na vila marinense arrancarán a partir do 1 de marzo para visibilizar este mes como o referente para a loita da igualdade da muller e o seu...
O Museo de Pontevedra ofrecerá a finais de febreiro e durante o mes de marzo no Edificio Castelao varias conferencias que abordarán temáticas variadas relacionadas cos fondos da institución, coa historia local e coa relectura desde o feminismo do papel dos museos.
Esta programación arranca xa o 29 de febreiro coa...