Detémonos no universo das chamadas “revistas femininas” para analizar como se constrúe desde elas o “ideal de muller” e ver se é posible subverter o código, reapropiarnos do seu discurso, e utilizalas como vehículo a través do cal poder construír comunidade. Entrevistamos a María Rosón e Raquel Osborne con motivo da exposición “Mujeres bajo sospecha. Memoria y sexualidad 1930-1980″ para analizar que imaxe de muller proxectaban publicacións como Revista E da Sección Feminina.
Analizamos o mellor e o peor de revistas adolescentes como SuperPop, Bravo ou Loka. Seguro que lembras eses test de personalidade nos que a revista che aconsellaba como achegarche ao mozo que che gusta sen morrer no intento. Convidámosche a que completes un connosco e a que che cuestiones se as túas respostas cambiaron moito despois de 20 anos!
E espazo a revistas femininas como Vogue e Cosmopolitan. Abordamos a primeira por medio do documental “ The September issue”, analizando o fenómeno que supuxo a edición do 2007, ao bater todos os récords de extensión e exemplares vendidos; e a segunda, nunha comparativa coa famosa “revista masculina” Playboy, que enfronta os modelos de muller que podemos atopar en cada unha delas.