Rumboia #76: Cuarteto Caramuxo

Radio
09 de xullo 2019

Cuarteto Caramuxo – 'Arrieiros somos'.

Rumboia #76: Cuarteto Caramuxo /
Rumboia #76: Cuarteto Caramuxo
Rumboia #76: Cuarteto Caramuxo

Frescura, orixinalidade e esmero. É o que nos regala o Cuarteto Caramuxo nos dez temas que forman 'Arrieiros somos'. Este segundo traballo discográfico editado no ano 2015, sucede a 'Tiruriru'  o primeiro disco editado polo Cuarteto Caramuxo no ano 2009. Felipe Agell (clarinete en Si bemol), Xoán Carlos Vázquez (clarinete en Si bemol), Óscar Prieto (clarinete en Si bemol e baixo), Fernando Abreu (clarinete baixo e requinto en Mi bemol), Patricia Cela (percusión) e Alonso Caxade (acordeón) súbense ao escenario para reinterpretar melodías tradicionais recollidas nos cancioneiros galegos, xunto con composicións de autores contemporáneos da Galiza feitas expresamente para o grupo, e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop.