Rumboia #29: Anubía

Radio
27 de novembro 2024

Anubía - Segredo a voces.

Rumboia #29: Anubía /
Rumboia #29: Anubía
Rumboia #29: Anubía

Este grupo de pandereteiras aparece na escea do folk galego no ano 1998 e publican o seu primeiro traballo no ano 2001 baixo o título Segredo a Voces. Despois de colaborar como pandereteiras de Cantigas e Agarimos, no primeiro traballo discográfico de Berrogüetto (Navicularia - 1996), apostan por ser protagonistas da súa propia historia musical e gravan este Segredo a Voces baixo a produción de Pancho Álvarez e cos arranxos musicais de Pablo Pérez (ex integrante de Fía na Roca). Conpoñen o grupo: Eva Blanco,  Ana Blanco, Patricia Blanco, Teresa Trians, Maite Castro e Isabel Vilaseco.