Rumboia #236: Os D'Abaixo

Radio
04 de outubro 2022

Os D'Abaixo - 'Somos a pedra' (2021)

Rumboia #236: Os D'Abaixo /
Rumboia #236: Os D'Abaixo
Rumboia #236: Os D'Abaixo

Os D’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza, como por outro provintes de bandas folk de amplia traxectoria como son Berrogüetto ou Fía na Roca.

En Somos a pedra,o disco que presenta esta Rumboia, a liña tradicional que caracteriza a Os d´Abaixo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia. Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua, Os D'Abaixo pretenden permanecer firmes coma a pedra, configurada por un material tan duro que a fai quen de soportar o paso dos anos e das adversidades sen desaparecer, coidando así do que é noso.