Cuarteto Caramuxo é o único cuarteto -do que se ten noticia-, composto por seis membros. Son unha das formacións máis interesantes na nosa música dos últimos anos. Inicialmente formado por catro clarinetes: Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu, -tamén Cándido Lorenzo estivo no grupo algún tempo-.
Mudaron a sexteto coa entrada da percusionista Patricia Cela e do acordeonista Alonso Caxade, mais decidiron non cambiar o nome e si virar de vez o seu repertorio cara á reinterpretación de pezas da tradición musical, pescudando nos cancioneiros populares galegos e botando man de compositores actuais para recoller as súas melodías.
No 2008 gañaron o concurso Festival Folk Cancioneiros convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, o que lle valeu poder gravar o seu disco de estrea, 'Tiruriru', (Falcatruada, 2009). No ano 2015 gravarían o seu segundo disco 'Arrieiros somos' (Nakra,2015). Este septiembre han quedado finalistas en la categoría folk de la IX edición de los Premios Martín Códax da Música, cuxos premios se coñecerán o 5 de outubro nunha gala que se celebrará en Pontevedra.