A andaina de Banda Baile Asalto comeza en xuño de 2011 coa súa participación no Vl Festival Folk de Muxía. A intención deste grupo pontevedrés é conseguir a interacción co público a través dun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes. Ademais dun profundo coñecemento sobre a música tradicional galega, unha particular visión artística, o seu gusto e coñecemento polas músicas doutros países e estilos, fan que a Banda se converta nun proxecto apetecible e inetiquetable.
Banda Baile Asalto está integrado por seis músicos de diferentes estilos que buscan unha linguaxe única. Son Javier Rabanal (baixo eléctrico), Franc Gorriz (batería e percusións), Sarunas Pupelis (saxo barítono e alto), Samuel Macía (bouzouki e voz), Jaime Rebollo (zanfona electroacústica e saxo soprano) e Miguel Fraguas (gaitas e percusións).
Rumboia #233: Banda Baile Asalto
Radio
13
de setembro
2022
Banda Baile Asalto - 'Banda Baile Asalto' (2013)
Máis novidades