Rumboia #232: Os Morenos de Lavadores

Radio
06 de setembro 2022

Os Morenos de Lavadores – 'Aires da Nosa Terra' (1970)

Rumboia #232: Os Morenos de Lavadores /
Rumboia #232: Os Morenos de Lavadores
Rumboia #232: Os Morenos de Lavadores

 Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Manuel e Ángel Barciela, Miloroà sentaron os alicerces para que dous gaiteiros mozos, Manuel e José, os Oliveira Blanco, formasen en 1933, xunto ao Firma e a Román na percusión, o cuarteto Os Morenos de Lavadores. Aqueles dous morenos irmáns ían gozar cos anos da compaña na percusión de Luis O Coxo, O Palas, Andrés, Ito, Paco, O Balocas, Mon, O Chato, Alfonso, Pedroà e durante máis de vinte anos, da parella de Olimpio Alonso e José Suárez, a que gravaría ao final dos sesenta os discos cos que o estilo destes músicos, o seu toque, quedaría inmortalizado. 

Cando en 1973 o grupo decidiu disolverse, atrás quedaban un milleiro de festas, romarías e bailes por todo o país, moitos Entroidos alá no Hío, un feixe de inauguracións, varios concursos, a participación en dous filmes, dúas gravacións discográficas, unha viaxe a París acompañando ao Ballet Nacional Español e moita, moita vida e moita música.