Cara a cara #614. Santiago Díaz e 'Los nueve reinos'

Cara a cara
06 de decembro 2024
'Los nueve reinos' é a última novela de Santiago Díaz
'Los nueve reinos' é a última novela de Santiago Díaz /

Durante mil cincocentos anos, os descendentes dos homes e mulleres que arribaron no século I A.C. á illa de Tenerife, crearon unha civilización illada do mundo ata que os nove reinos do territorio guanche pasaron a ser obxectivo dos Reis Católicos.

O escritor e guionista de cine e televisión, Santiago Díaz, cambia de rexistro tras publicar novela xuvenil e negra coa exitosa serie da inspectora Indira Ramos.

Coa publicación de 'Los nueve reinos' trae unha "novela histórica á miña maneira". Isto é, "a ritmo de thriller", explica durante a conversación que mantén neste podcast.

Constrúe a chegada duns escravos á illa canaria, a súa idiosincrasia e resistencia á Coroa de Castela, a procura das orixes dunha escrava que foxe de Valencia, a España do século XV.

En definitiva, recrea coa liberdade da escritura un episodio escasamente coñecido da historia española e dunha civilización desaparecida.

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura