Despois dunha obrigada pausa volve 'Rock Machine' con Txus Tankian ao fronte. Pero esta vez non está só, regresa acompañado de Paula Sánchez máis 'El Botas'.
Reformula igualmente o formato, pasando a ser un faladoiro entre amigos no que debuxan a escena rock e metal nacional e internacional.
E como presentación desta nova tempada, traen un programa especial cos mellores discos do ano 2024.
Seleccionados e votados polos oíntes do programa. No ámbito internacional aparecen case unha vintena de bandas, entre eles, os cinco primeiros: Judast Priest 'Invicible shield', Accept 'Humanoid', Saxon Hell 'Fire and damnation', Helloween 'Live at budokan', Linkin Park 'From zero'.
Máis de trinta grupos seleccionan os seguidores de 'Rock Machine' dentro de España e Latinoamérica. Os cinco primeiros: In Vain 'Back to nowhere, Vhäldemar 'Sanctuary of death', Badana 'Alén das cousas, a este lado da nada', Soziedad Alkoholika 'Confrontación', Celtian 'Secretos de amor e morte'.
Txus, Paula máis 'El Botas' tamén falan dos seus. Dúas horas de rock e metal para que o goces xa.