Paisajes progresivos #20. Rock progresivo francés de onte e hoxe (I)

Paisajes progresivos
02 de febreiro 2025
Primeira incursión ao rock progresivo francés
Primeira incursión ao rock progresivo francés / PontevedraViva

Para esta edición Alberto Pazo propón unha primeira viaxe a Francia para coñecer o moito que se fixo no ámbito destas músicas marabillosas que configuran o universo do rock progresivo.

Nesta incursión conta con clásicos que transcenderon as súas fronteiras, como Ange, Pulsar ou Shylock.

Eses nomes comparten espazo con novas - e non tan novas - bandas de gran calidade: Xang, Nemo (non confundir co grupo do mesmo nome dos 70), Lazuli, Minimum Vtal ou XII Alfonso.

E como resumo, a súa conclusión: "eu creo que, si non os coñecedes, vanvos a sorprender gratamente. Que o gocedes".