Paisajes progresivos. Pendragon (1)

Paisajes progresivos
13 de abril 2025

Pendragon (1)

Pendragon nos 'Paisajes progresivos'
Pendragon nos 'Paisajes progresivos' / PontevedraViva

Alberto Pazo segue achegándonos o universo da música progresiva.

"Hoxe realizamos unha primeira aproximación a unha das bandas de referencia do rock progresivo das últimas tres décadas, os británicos Pendragon".

Nesta primeira entrega "centrámonos nos discos que van desde 1985 até 2001".

Trátase dunha etapa na que "forxan o seu son característico con obras impresionantes como 'The Window of Life', 'The Masquerade Overture' ou 'Not of this World', entre outras".

"Abanderados do subxénero neoprogresivo, ou encasillados nel, máis ben, souberon crear escola baseándose no seu bo facer, honestidade e ética de traballo para superar múltiples dificultades".

E como consello final: "se non os coñecedes, é o momento de gozar cos seus mundos máxicos e de ilusión".