Alberto Pazo, produtor e condutor deste podcast, engade outra interesante proposta musical para seguir coñecendo o rock progresivo.
Esta vez lévanos entre os denominados supergrupos, é dicir, agrupacións de estrelas recoñecidas nas súas propias bandas, que unen esforzos para construír traballos colectivos, normalmente con bastante proxección e éxito de crítica.
Arrinca con "o primeiro supergrupo de rock progresivo da historia, Emerson Lake and Palmer, pero tamén Asia, GTR, Transatlantic, Kino, Frost, The Tangent e UK".
Explica que "algúns dos músicos que os forman aparecen de forma recorrente en varios proxectos, co que se pode trazar un certo fío condutor que os enlaza dun modo case inevitable, coma se estivesen destinados a atoparse, coma se a música fose un ente superior, un demiurgo que os atrae e diríxeos cara a un mesmo fin. Espero que o gocedes".
Emerson, Lake & Palmer apareceron en Londres en 1970, nesta mesma década xorden UK. Tamén en Londres e algo máis dunha década despois aparecía Asia e GTR. Tres nacionalidades confluían con Transatlantic (USA, Reino Unido e Suecia).
Na Unión Soviética dos 80 xurdiu Kino. Xa entrados no século XXI aparecían os británicos Frost e The Tangent.