Cara a cara #634. Mónica Fernández-Aceytuno e 'Mañana es tarde'

Cara a cara
29 de marzo 2025
'Mañana es tarde' de Mónica Fernández-Aceytuno
'Mañana es tarde' de Mónica Fernández-Aceytuno / PontevedraViva

Mónica Fernández-Aceytuno é bióloga e divulgadora. Conseguiu que a palabra influencer tamén esté no ámbito da sustentabilidade. A última das palabras do Dicionario Aceytuno que recollemos nos seus perfís en redes sociais: 'anemocoria', isto é: dispersión das sementes polo vento.

Charlamos con ela sobre 'Mañana es tarde. Sin la Naturaleza no hay Sostenibilidad'. Un libro con setenta capítulos encabezados por un termo. Acción preventiva, adaptación ao cambio climático, ben común, biosfera, bo goberno, cambio climático, ciclo da vida, comportamento sostible, ecoloxía, enerxía renovable, pegada de carbono, transición ecolóxica... para terminar con universo.

A autora explica o significado real de cada un deses termos, que en ocasións non coincide co que se aplica ou se pretende facer significar. Tamén reflexiona e provoca a reflexión; e suma a todo o anterior vivencias persoais dos últimos trinta anos que leva residindo nunha aldea de Oza-Cesuras, en Galicia.

Unha Galicia da que fala constantemente nestas páxinas, a través de palabras que describen a súa natureza, deses termos mencionados e sen pór nomes propios, de actualidade: "somos un exemplo, estamos a facer o primeiro capitulo do libro, a acción preventiva".

Un libro necesario e como di a autora: "un libro sobre todo de amor" para que mañá non sexa tarde, non só para a natureza, tamén para as persoas.

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura