Fondo Norte Podcast. Rúa da Llorería número 7

Fondo Norte Podcast
25 de marzo 2025
Fondo Norte Podcast
Fondo Norte Podcast

Acumúlase o traballo nesta edición de 'Fondo Norte Podcast' porque hai dous encontros, e importantes, que comentan Pablo Cacheda, Manu Quiroga, Manu Otero e Alexandre Dávila.

Dunha parte, o celebrado o pasado mércores fronte ao Numancia e que concluíu con vitoria dos granates ante o equipo soriano.

E doutra, o partido do pasado domingo contra o Coruxo FC  que se resolveu igualmente con resultado a favor dos pontevedreses.

En resumo, o Pontevedra CF é líder e logrou ampliar a diferenza fronte aos seus seguidores.

Pero non quedes no resumo, dálle ao play porque hai máis cuestións dentro do programa e como afección granate, deberías sabelas.