Fondo Norte Podcast volve coa actualidade do equipo granate.
Dun lado na segunda volta da competición ligueira saldábase no último partido tras o Nadal cun empate a ceros fronte ao Real Valladolid Promesas.
Pablo Cacheda, Manu Quiroga, Alexandre Davila e Manu Otero debullan o encontro en terras castelás.
E doutro lado, falan igualmente do encontro que este mércores 15 xoga o Pontevedra en Copa do Rei e que arrincará ás 19.30 horas en Pasarón.
O pertinente sorteo fixo que sexa o Getafe CF quen ocupe o terreo de xogo pontevedrés. No programa deixan voar unha pregunta: e si si?.